Teatro
“Retirar os orzamentos culturais tamén é unha política para acabar cos discursos”

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense cumpre 25 anos en medio dun proceso de desmantelamento cultural por parte do Concello de Ourense.

Fernando Dacosta en Ourense
O director da MITEU, Fernando Dacosta Sara Guerrero Alfaro
2 jul 2020 22:38

Desde 1996, cada vez que chegaba a primavera, a cidade de Ourense florecía de espírito teatral. A MITEU converteuse a través dos anos nunha referencia do teatro universitario, abrindo as portas da cidade galega a proxectos de todos os continentes. Este ano a pandemia impediu que a mostra se celebrara nas datas previstas, mais cumprir un cuarto de século non é algo que se poida deixar pasar e a programación pasou ao verán.   

Secasí, a negación do apoio do Concello ourensán por primeira vez na historia da mostra, así como as violentas declaracións por parte do alcalde Jácome sobre a MITEU, obstaculizaron, atrasaron e comprometeron a dimensión do encontro teatral.

Fernando Dacosta, o director da MITEU,  fala sobre a traxectoria da mesma ao longo das 25 edicións e sobre o que é resistir a políticas sen sensibilidade nin interese cultural. 

Como xurde a MITEU? 
Cando nace a Universidade de Vigo, a compañía Sarabela preséntalle un proxecto de formación teatral para os universitarios e así xorde a aula de teatro universitaria de Ourense en 1991 dirixida por Ánxeles Cuña.   

No ano 96, propuxemos un proxecto máis ambicioso á vicerreitoría da universidade: o proxecto MITEU. Nun principio naceu como Mostra Ibérica de Teatro. O ano seguinte tornouse nunha mostra Iberoamericana e logo xa se internacionalizou. Ao longo destes 25 anos pasaron pola mostra 47 países dos cinco continentes.   

A idea inicial é a que procuramos manter: que o estudantado universitario que está con nós nas aulas teña a posibilidade de ver procesos e traballos de distintos lugares, tanto universitarios, coma profesionais. Pensamos que era unha boa mestura. Un pouco como Avignon, salvando as distancias, onde se pode ver teatro amateur e teatro profesional. Ademais, nun principio tiñamos actividades paralelas: obradoiros, charlas... despois incluímos danza, música. Queriamos que fora como un núcleo cultural na primavera.   

Todo iso foi facéndose máis grande e decidimos abrir a mostra ao resto da cidadanía. É dicir, agora mesmo a MITEU está aberta a todo o mundo a prezos populares. Pero co incremento do número de representacións (chegou haber trinta), as actividades paralelas xa non eran posibles. Entón acabouse establecendo un punto de encontro aos remates das funcións polas noites nalgún local onde adoitan ir os espectadores e as compañías de maneira informal para falar dos procesos creativos. A idea é: non só ocupar o teatro principal, o auditorio (que este ano non vai a ser porque o xestiona o Concello) e o campus... senón tamén a rúa e distintos locais da cidade, que durante dúas semanas se viva na cidade o que é a mostra de teatro.  

Como mostra, cal é a súa tarefa? 
Mostrar o traballo das aulas, traer espectáculos doutras partes do mundo que doutro xeito normalmente non pasan por unha cidade como Ourense. Pero tamén que a xente, co que supón un tícket moi barato, poida viaxar. Que coñeza realidades doutros lugares. Hai un apartado da mostra que se chama Voces Acaladas. Por exemplo, o ano pasado, México presentou  a obra Papá está en la Atlántida, que ía sobre migración e falaba das realidades sociais do país. A MITEU ten un compoñente social moi importante, é algo que nos interesa. E tamén temos outra liña de humor. Humor divertido e branco algunhas veces, pero tamén corrosivo e crítico, como pasa este ano con Carlos Blanco ou a compañía andaluza La Líquida. Impórtanos ofrecer obras que promovan reflexións sobre o ser humano e a apertura de mentes.  

Despois de 25 edicións e con todo este alcance que me mencionas, ti que cres que representa a MITEU para a Galiza? 
Pois eu non o sei. É unha das mostras máis veteranas neste momento dentro da asociación de festivais xunto coa de Cangas e a de Ribadavia. Hai outras mostras en distintos sitios pero quizais non con tantos espectáculos. Pola MITEU ten pasado moita profesión galega como Quico Cadaval ou Leo Bassi , que cada que estrea un espectáculo acaba pasando por aquí... Quero dicir que é un sitio onde se poden ver espectáculos distintos. Mais tamén os universitarios acompañan aos grupos, están con eles, cóntanlles o que fan, pero, sobre todo, aprenden dos distintos procesos tanto de outras universidades, como de profesionais.   

O teatro universitario acostuma ser un espazo onde aparecen espectáculos con moita máis liberdade creativa. Ti velo así, ou en que radica a importancia destas creacións? 
Si, hai varios aspectos. Hai persoas que saíron da aula de teatro e se dedicaron profesionalmente ao teatro. Hai outras, a maioría, que non se van dedicar profesionalmente ao teatro, pero estar na aula axúdalles de cara a exposicións públicas, a falar en público, a ter un tipo de relación distinta, a empatizar, a educarse na democracia, que é fundamental porque no teatro sempre hai puntos de vista distintos; de desenvolver a creatividade no sentido de que as cousas non son o que parecen, que sempre hai que darlles voltas e que non podemos quedarnos co obvio, coa aparencia das cousas. 

E logo, respecto ao teatro profesional, ten unha vantaxe que é o elenco, o numero de persoas que poden participar. É difícil hoxe en día ver un elenco de nove ou 15 actores como a veces pasa no teatro universitario. Iso permite afrontar distintos textos. O teatro profesional ten que salvagardar dalgunha maneira o que é a parte empresarial. Nese sentido podemos ser máis kamikazes no tipo de texto que se elixe. Na aula de Ourense adoita haber un compoñente político social. Este ano presentamos unha obra a partir dun texto de Brecht que se chama A resistible ascensión de Arturo Ui, á que nós lle chamámos Imperator. Ten que ver co ascenso do fascismo ao poder, unha cuestión totalmente evitable pero logo chega Trump ou Bolsonaro ou o caso tan estraño e extraordinario que temos aquí mesmo no goberno municipal. Entón queremos reflexionar por que chega alguén así ao poder e pode exercer o seu cargo de maneira tiránica en vez de sentirse un servidor da sociedade.  

Ti cres que o feito de que se trate dun programa internacional inflúa nas creacións de teatro na Galiza? 
Si, mais tamén creo que enriquece ao público. Ter a posibilidade de ver a un grupo de Iraq mentres o país está en conflito e que os actores che conten que cando paran as bombas eles inmediatamente saen á rúa a poñer libros de poesía sobre os coches... é moi impáctante. Caen os estereotipos e os ves dunha maneira diferente.  

Tamén veu a muller que inspirou a película de Osama, Nadia Ghulam, unha rapaza que durante 10 anos se fixo pasar por un rapaz para poder sobrevivir. Cando estivo na mostra contou a realidade dos talibáns e, claro, todo iso enriquece. Inflúen as distintas maneiras de ver, de facer, os xeitos de contar historias e claro que che acaba chegando.  

Nesta edición hai algunha temática seleccionada en particular? 
Non houbo ocasión por como se desenvolveron os acontecementos. A migración e a opresión sempre están presentes. Neste ano varias obras que veñen coinciden na preocupación polo ascenso do fascismo.  

A diminución dos orzamentos de parte do Concello é algo que viña ocorrendo de anos atrás, antes de que o apoio fora nulo como sucedeu este ano. A que o atribúes? 
A verdade é que non o sei. Pode ser que sexa unha cuestión e descoñecemento. O Outono Fotográfico levaba moitísimos anos e o Concello deixou de apoialo, así como ao Festival Pórtico do Paraíso. Logo contrataron á coordinadora do festival Enclave de Cámara para que o ciclo pasara a ser xestionado polo Concello. Aparentemente queren facerse cargo das mostras e o habitual é que unha vez que o fan, a actividade empeza a diminuír en presencia para acabar desaparecendo baixo a xustificación de falta de público ou de que sinxelamente non funciona.  

Entón, volvendo á pregunta inicial: pode ser por descoñecemento, pero creo que tamén é unha política de acabar cos discursos. Eles poden programar: teñen o diñeiro, as posibilidades, os medios para facer que todo chegue á cidade... pero non teñen a idea. Ti podes programar porque si a un grupo que ven e marcha pero un festival é outra cousa: vai orientado cara a un sitio, as persoas quedan na cidade, pasan varios días aquí... hai moitas persoas de España e Portugal  que volveron a Ourense para pasarse uns dias. Mais tamén creo que detrás da súa falta de apoio hai unha base, un fundamento ideolóxico incompatible cos nosos postulados pola lingua ou coa ideoloxía que se pode transmitir na mostra. É que doutra maneira non son capaz de entendelo.  

Se a axuda económica xa foi retirada doutros festivais e eventos, todo apunta a que a cultura en Ourense corre perigo... 
Claro, corre perigo, si. Porque podes facer o que fan eles: regalar un libro. Pero o caso é sentar as bases de algo importante que quede e reverta en beneficio da cidade.  

Como se pode facer fronte a este panorama de desmantelamento da infraestrutura cultural? 
É moi difícil porque nun prazo, ao mellor non moi longo, podemos desaparecer. Nós agora publicamente acabamos de obter o respaldo da Universidade de Vigo e da Deputación para o ano que ven. Entón podería haber MITEU. Pero sempre sería unha mostra máis pequena. Cando ti tes un proxecto por 25 anos, consegues ser unha referencia de teatro universitario e logo empeza a decrecer, hai un problema. Este ano, polas circunstancias do virus, moitos grupos universitarios non puideron estrear sequera. Colleulles a pandemia e tiveron que suspender ensaios. Pero para o ano que ven, non poderei manter o nivel de intercambio que había porque os cartos non nos van dar. Entón unha de dúas: ou desaparece o espazo profesional do MITEU ou recortas moito o que ten que ver cos grupos universitarios. Pero é que tamén terían que quitarse as actividades paralelas. Este ano xa non fixemos algún concerto fora de horas ou exposicións ou proxeccións de documentais como outros anos porque non nos dá para iso.   

Entón, véxoo moi complicado. Un espazo que vai ser central este ano para nós é o teatro principal e, se pasa a mans do concello, quedamos sen ningún espazo na cidade, sen ningunha posibilidade porque todos os espazos pasarían a depender do concello cando ata agora polo menos un dependía da deputación. Ter o concello enfrontado é como pelexar contra un xigante. Non é unha broma. As cousas que di o noso alcalde poden ser tomadas como broma pero ao final terminan afectando a moitísimas persoas. E aínda por enriba cando tratas de facerllo ver e criticar o que fai é insultar. E logo acabas metido nunha guerra que non me interesa nada. Por exemplo, no noso caso dixo que eramos un monopolio. Un monopolio significa que desenvolves unha actividade comercial e non permites que outros a desenvolvan. Entón, ou ignora o que é a palabra monopolio, que é grave para un alcalde, ou ben sabe o que é pero di iso que non é certo para danar a nosa imaxe. Creo que está tratando de menoscabar ese prestixio.  

O alcalde declarou prefirir optar por outras apostas con «máis repercusión», poñendo como exemplo a Noite Meigas de outubro do ano pasado, que segundo el «tivo moita máis forza que a MITEU»... 
Si, alí hai unha confusión por parte do alcalde. A Noite Meiga entra nun ciclo festivo, non cultural. Confunde os festexos coa cultura. E aínda por enriba, cando foi a noite meiga, desde a Concelleira da Cultura do Concello de Ourense, chamáronse a grupos e asociacións preguntando se podían participar de maneira gratuíta. Iso é menosprezar o traballo da xente que fai calquera cuestión cultural. Ao final acabaron pagándolle a algún grupo pero á maioría non. Claro que podes sacar actividades culturais e facer un Belén como o que fixeron... pero esas son políticas e son eleccións. Eleccións que fan eles nas que se gastan a veces máis diñeiro porque paréceme entender que só a Noite Meiga custou 18mil euros. E co MITEU estamos falando dun evento de case tres semanas cun impacto en medios de comunicación e que atrae a cantidade de xente. Este ano chegaremos, ao longo das 25 edicións, ao espectador 200 mil.  

Que consecuencias podería traer o desarme do sector cultural en Ourense? 
Unha cidade máis pobre, máis gris, menos crítica. Unha cidade que crea todas as cousas que di alguén nas súas redes sociais. Unha cidade que poda ser semellante aos modelos, insisto, da política de Trump ou de Bolsonaro. Unha cidade que se goberna desde o desquicie, desde a incoherencia e desde o insulto, desde a crispación. En vez dunha cidade habitable, reflexiva e culturalmente potente. Hai algo que lles gusta moito a estes políticos: cando a xente está morta e non dá problemas. Teñen necrofilia. Agora están falando do centenario da xeración Nós. Mais, alguén que é incapaz de dicir Ourense e di que somos de Orense, ten importancia porque acaba calando. Da mesma maneira que temos unha identidade segundo falamos, pois temos unha identidade polas cousas que facemos, as cousas que vemos, as cousas que escoitamos, e todo iso acaba sendo unha parado moi importante. Entón, temos que facer un chamamento á cidadanía en xeral e a outras forzas políticas para que digan si o que queren é unha cidade enfrontada que viva no medio do desquicie ou se queren un mínimo de sensatez. Poden facelo, as distintas forzas políticas poden facer cambiar o que hai hoxe.

A MITEU celebrarase do 2 ao 15 de xullo. Para consultar a programación, consulta a súa páxina web: http://www.miteu.es/ 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Investigación
Investigación Un cargo de Sumar levou seis millóns para xestionar unha residencia pública cunha empresa con cinco días de antigüidade
Unha das persoas clave de Yolanda Díaz en Galiza, Iván Olmos, recibiu da súa nai a concesión tras gañar un concurso millonario do Concello de Verín (PSOE) ao que só se presentou ela para xestionar un centro de día durante 15 anos.
Fotogalería
Fotogalería A manifestación que desbordou A Ulloa contra a celulosa que Altri e a Xunta queren para Galiza
Máis de 20.000 persoas debordan o corazón xeográfico do país para berrar contra o potencial atentado medioambiental que a multinacional papeleira quere cometer nesta comarca lucense.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.
Tribuna
Tribuna No es suficiente (la CRUE ante el genocidio)
No quedan universidades en Gaza y va quedando menos credibilidad académica en las instituciones que no se atreven a posicionarse más que emitiendo tibios comunicados llenos de ambivalencia y paternalismo.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Genocidio
Genocidio palestino Las organizaciones humanitarias llaman a declarar oficialmente la hambruna en Gaza
Hamás ha lanzado cohetes de largo alcance sobre Tel Aviv, algo que no realizaba desde hace cuatro meses, sin que se hayan registrado bajas. El ejército israelí ha asesinado a 81 personas solo este sábado en Rafah y otras zonas de la Franja.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.

Últimas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Mucho más que mascotas
Episodio 23 del podcast familiar Caleidoscopio, en el que los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan lo mejor de tener animales en casa.
La vida y ya
La vida y ya Perras
Cuando una perra ladra en medio de la noche sucede siempre que despierta a otras perras, de eso no cabe duda.
Genocidio
Tribuna 18 noches en el lado correcto de la historia
VV.AA.
Entre infantilizaciones y denuncias de radicalización, desde la Acampada por Palestina de Madrid reclamamos con voz propia una ruptura de relaciones con Israel.

Recomendadas

Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.