Sanidad pública
Colapso (intencionado) na sanidade pública galega

A xestión sanitaria da Xunta destaca polo seu carácter privatizador, que pon os intereses das empresas por riba dos pacientes. O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic.

ilustración sanidade
Ilustración: Miguel Peralta.

Un multimillonario dono dunha farmacéutica doa parte do seu patrimonio a un hospital tras perder ao seu pai, enfermo de Alzheimer. Para o hospital, esta noticia incríbel permite mellorar as instalacións, facéndoas máis eficientes e, o máis importante, sen dar nada a cambio. Só un médico ve algo raro detrás dunha doazón tan xenerosa e aparentemente altruísta. Como é posíbel que un empresario multimillonario regale os seus cartos? Non se equivoca. Ao tempo, todas as decisións teñen que pasar polo millonario, decidindo a quen curar segundo os gastos que supoña, esixindo que se proben os medicamentos da súa farmacéutica e despedindo a traballadoras –entre elas a este médico– por non estar de acordo coa procura do máximo beneficio no canto de velar polos enfermos.

O multimillonario Edward Vogler e o doutor Gregory House son dúas personaxes da coñecida serie House M.D. Con todo, en Galiza acontece algo non moi diferente que non ten nada de ficción. Estamos a ser testemuñas dunha privatización lenta –mais implacábel– da sanidade pública que podería rematar con décadas de loita a prol dunha sanidade universal.

Sanidad pública
“Imos cara a unha sanidade ‘yankee’ na que a promoción da saúde non importa”
Luisa Lores foi directora do Complexo Hospitalario de Pontevedra, é experta en procesos de privatización sanitaria e activista da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).

A historia da sanidade en Galiza

A sanidade pública no estado español non ten nin medio século de existencia mais neste tempo chegou a ser unha das mellores do mundo. En 1986, a Ley General de Sanidad e o Sistema Nacional de Salud (SNS) modernizaron uns hospitais obsoletos, froito da ditadura, e melloraron a atención coa creación dos centros de saúde e da atención primaria.

“No Estado hai plataformas que repiten as falacias neoliberais: que a sanidade pública é insostíbel, que a xestión privada é máis eficiente e que a financiación debe ser pública mais a provisión dos servizos debe ser privada.

En Galiza, coa chegada do PP á Xunta nos anos 90, a sanidade universal e gratuíta comezou o seu declive, sendo atacada desde o poder coa escusa de non ser sustentábel, con medidas de corte privatizador. No blogue Pavillón de Repouso, Pablo Vaamonde, médico e fundador da revista Cadernos de Atención Primaria, denuncia este ataque. “Hai unha estratexia internacional para converter a sanidade nunha parcela de negocio. Desde o FMI, o BCE ou o poderoso Club Bilderberg, os poderes económicos teñen a mirada posta sobre o SNS e manobran para facerse con el. No Estado hai plataformas (FAES, SEDISA, Club Gertech) que repiten as falacias neoliberais (recollidas no Informe Abril en 1992): que a sanidade pública é insostíbel, que a xestión privada é máis eficiente e que a financiación debe ser pública mais a provisión dos servizos debe ser privada”.

Feijóo foi responsábel do Sergas nos 90, cando se leva a cabo un dos primeiros intentos privatizadores —as fundacións— que remataron ‘rescatadas’ con diñeiro público. 

Con todo, a sanidade pública é sostíbel e, para moitas, o problema son os recortes e o mal uso do orzamento que se fai desde moitos gobernos. O PP de Núñez Feijóo é dos que semellan crer nesa falsa falta de solvencia, malia erixirse coma defensor do sistema público e de culpar da situación a “críticos destrutivos da esquerda”. Feijóo foi responsábel do Sergas nos 90, cando se leva a cabo un dos primeiros intentos privatizadores —as fundacións— que remataron ‘rescatadas’ con diñeiro público. Desde a súa chegada á presidencia da Xunta, Feijóo está a contribuír a un constante deterioro do sistema, lexislando a favor dos intereses privados. Un exemplo é a nova Lei Galega de Saúde, que supón para moitas un retroceso implacábel, mais non o único. Son exemplos disto a paralización de hospitais públicos como o de Vigo, transformado nun hospital semiprivado xestionado pola multinacional Concessia; a paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria, que rematou tamén coa autonomía na xestión nesta especialidade; ou a Instrución 1/2018, que deriva pacientes a hospitais privados e castiga a quen se nega.

O 9 de xaneiro unha manifestación percorreu as rúas de Compostela na defensa dunhas urxencias sanitarias dignas.
O 9 de xaneiro unha manifestación percorreu as rúas de Compostela na defensa dunhas urxencias sanitarias dignas. Pablo Santiago

Redución orzamentaria, recortes de persoal, desaparición de áreas sanitarias —que acentúa o problema demográfico—, colapsos en urxencias provocados polo deterioro da atención primaria... Nin rastro dunha política sanitaria a favor dos pacientes, que sofren de maiores listas de espera e dunha peor calidade na súa atención. Os PAC de diferentes áreas sanitarias levan meses de protestas ante a falta de persoal, causa da morte dunha persoa no PAC d’A Estrada en agosto.

En canto aos complexos hospitalarios, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), baixo a xerencia de Eloina Núñez –curmá de Feijóo– desde o ano pasado, é un exemplo do que está a pasar na sanidade galega: tanto pola infiltración de empresas como por verse afectado polas políticas do PP.

medtronic, con voz e voto no CHUS

Medtronic, empresa estadounidense de tecnoloxía, servizos e solucións médicas, é unha das maiores empresas adicadas a este ámbito. Segundo o libro A saúde como negocio, coordinado por Vaamonde e coa participación do voceiro de SOS Sanidade Pública de Galiza, Manuel Martín, Medtronic está “vinculada ao capital risco, á industria farmacéutica e á industria da alimentación”. Ademais, o libro recolle que forman parte do consello de administración de Medtronic o xerente do grupo estadounidense Apollo –beneficiado por Feijoo coa adxudicación de EVO Banco (Novagalicia)– e o Director Xeral de Trexton, empresa mundial de aeronaves –incluíndo avións de guerra–. Por outra banda, é socia da Sociedade Española de Cardioloxía.

Segundo unha investigación do ICIJ, Medtronic “tivo que pagar 6700 millóns de dólares para resolver querelas xudiciais de 20.000 pacientes entre 2008 e 2017” xa que que os seus produtos “están relacionados coa morte de 9300 persoas e coas lesións de 292.000.

Medtronic entrou con éxito en bolsa en 1985, mais en 2008 tiña perdas millonarias. Segundo unha investigación do Consorcio Internacional de Xornalistas (ICIJ), “tivo que pagar 6700 millóns de dólares para resolver querelas xudiciais de 20.000 pacientes entre 2008 e 2017” xa que que os seus produtos “están relacionados coa morte de 9300 persoas e coas lesións de 292.000”. De feito, no Estado español, unha bomba de insulina desta multinacional, a Minimed 640G, foi retirada do mercado tras un aviso de mal funcionamento da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.

En 2014, os autores de A saúde como negocio xa advertían que Medtronic levaba anos interesada en entrar na sanidade do estado español, concretamente na área cardiovascular, por estratexia empresarial. Malia o seu historial de erros e mala praxe entraron na sanidade catalá no 2015, e no ano 2016 logrou un convenio co Sergas, precisamente na área cardiovascular. Mais, a diferencia do caso catalán, a Xunta ocultou as cláusulas do acordo.

Sanidad pública
Non é a gripe, son os recortes
Os hospitais e centros de saúde galegos rexistraron situacións de colapso, coincidindo co habitual pico da enfermidade.
Malia o seu historial de erros e mala praxe entraron na sanidade catalá no 2015, e no ano 2016 logrou un convenio co Sergas, precisamente na área cardiovascular. Solicitamos ver o acordo e a Consellería de Sanidade rexeitouno alegando que había segredos “vinculados á propiedade industrial”, denuncia Fernando Abraldes, da Asociación de Pacientes do CHUS. “Fixemos un recurso ante a Valedora do Pobo e deunos a razón. Medtronic contestou que non tiña ningún problema e tiveron que darnos a información. A Xunta foi máis opaca que a propia empresa”. Abraldes di que a Xunta non quería revelar o contido deses convenios polo alcance que ten a intervención sobre a sanidade pública por parte do sector privado e das multinacionais de instrumentos e software sanitarios.

Malia o historial de erros e mala praxe de Medtronic, no ano 2016 logrou un convenio co Sergas na área cardiovascular. O Sergas e a Xunta negaron facer público o acordo alegando “segredos vinculados á propiedade industrial.

Finalmente, os traballadores do CHUS tiveron aceso ao convenio, mais a información é pouco precisa. Para Fernando Abraldes, o perigo está en darlle tanto poder a unha empresa privada dentro dun hospital público. “Sorprende que a administración pública dea tal capacidade de intervención a unha multinacional americana a través de convenios que non requiren de concorrencia nin ningún requisito previo, nin acreditación de competencias, nin solvencia económica ou profesional... nada. Se os elementos que forman parte do convenio se fixeran mediante un procedemento público no que se permitira concorrencia, os problemas de Medtronic no pasado poderían ser motivos de exclusión do procedemento de contratación”.

ilustración sanidade galiza
Ilustración: Miguel Peralta.

Por outra banda, o acordo de “colaboración”, sen intercambio económico (0 euros), evidencia que a empresa obterá algún outro tipo de beneficio co acordo. “No convenio Medtronic deixa claro cal é o seu obxectivo para o futuro: que os produtos que ofrezan ao mercado teñan un valor engadido ao estar avalados por hospitais públicos. Non é o mesmo ter un instrumento de control remoto para persoas con dificuldades cardíacas, testado nun hospital público que diga que funciona perfectamente, a non telo. Con ese aval, gañas unha posición predominante no mercado”, denuncia Abraldes. Prodúcese ademais “unha dependencia tecnolóxica cara a esta empresa, que implica que cando o hospital precise calquera compoñente, a quen ten que recorrer é a Medtronic”. Abraldes recorda tamén que Medtronic está a utilizar o patrimonio público, os medios técnicos do CHUS, o persoal do Sergas e aos pacientes para testar os produtos con liberdade.

Fernando Abraldes: “No convenio Medtronic deixa claro cal é o seu obxectivo para o futuro: que os produtos que ofrezan ao mercado teñan un valor engadido ao estar avalados por hospitais públicos.

Ademais, Medtronic ten presenza física nas áreas de cardioloxía destes hospitais e no dixestivo de Lugo, con asesores que controlan o que pasa no hospital e o cumprimento do acordo. Para Fernando Abraldes “este é o verdadeiro cabalo de Troia da sanidade; hai outros xeitos de privatizar mais isto ten unha implicación de tal calibre que quedamos moi alarmados. Incluso se prevé que os plans de formación do persoal –sobre todo médicos residentes– corran a cargo de Medtronic, e tamén a utilización dos seus elementos técnicos. É incrible”. 

A privatización desde abaixo

A perda de personal nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e a falta de recursos na atención primaria por mor dos recortes deterioraron a atención aos pacientes, chegando ás 60 consultas ao día, segundo denunciaron varios profesionais. Ante unha atención primaria masificada, moita xente acaba buscando resposta nas urxencias.

“Hai listas de espera de dez días. A xente busca a atención onde lla poidan proporcionar no momento” afirma María Míguez, da Asociación Galega de Médicos e médica do PAC de Santiago, para quen a situación é insostíbel. “Se a atención primaria tivera os medios e o persoal precisos, moitas urxencias e domicilios que cubrimos os PAC, serían resoltos na atención ordinaria e reducirían a carga de traballo”. 

Manifestación Sanidade Vigo en decembro 2018
A manifestación foi encabezada polos xefes dos centros de saúde de Vigo que demitiron a comezos de decembro. Raúl Novoa González

As traballadoras dos PAC reivindican desde hai meses á Consellería once melloras nas súas condicións. “É un chiste, concederon a menos importante das reivindicacións que tiñamos”, di Marisé López, tamén médica do PAC. “É unha burla cara o noso traballo. Nin sequera convocaron ao comité de folga”. María Míguez engade: “din que os centros están suficientemente dotados e que non o consideran importante, mais tiñan que verse eles no momento dunha urxencia cunha persoa soa para atendela. O outro día en Vigo, unha médica estaba soa e tivo que pedir axuda ás persoas que estaban na sala de espera. Este sábado en Santiago, por exemplo, entraron case 50 persoas nunha hora”.

“No noso PAC privatizaron o almacén e agora é un desastre. As gasas, por exemplo, son dun material malísimo, ou as luvas, que se gastan moitísimo e non fan a súa función. Moitas veces deciden eles o que fai e non fai falta...

Marisé e María coinciden en que a intención é privatizar alegando que a sanidade pública non cumpre e que a privada é mellor. “No noso PAC privatizaron o almacén e agora é un desastre. As gasas, por exemplo, son dun material malísimo, ou as luvas, que se gastan moitísimo e non fan a súa función. Moitas veces deciden eles o que fai e non fai falta... Por exemplo co Urbason –que é un corticoide básico en moitos tratamentos– atopámonos con que case non hai porque no almacén din que non é necesario ou que gastamos moito”.

Sanidad pública
Peche de 24h para denunciar a situación nos PAC
O persoal dos PAC de Ferrolterra organiza un peche no Marcide para visibilizar as súas reinvindicacións e “garantir unha atención de calidade aos doentes”.
Ao colapso nos PAC súmaselle a falta de persoal nas urxencias dos hospitais, facendo que a situación sexa aínda peor. “Desde 2010 a 2019 en Urxencias houbo que ampliar espazos con padiolas, boxes ou cubículos sen aumentar o persoal. Estamos reclamando persoal para atender eses espazos”, di Camilo Agulleiro, da Comisión de Centro do CHUS. “Non reclamamos unha subida retributiva, reclamamos máis persoal para tratar aos pacientes con celeridade, para non saturar Urxencias”.

manifestación sanidade compostela 3
A manifestación foi convocada pola Comisión de Centro do CHUS. Pablo Santiago

Ante a situación desesperada nas Urxencias, a Xunta e o Sergas alegan que non hai persoal suficiente para cubrir as baixas e as xubilacións, dicindo ademais que a xente nova prefire marchar a quedarse en Galiza. “Isto é mentira”, denuncia Agulleiro. “Cando se convoca unha OPE en Galiza para prazas estábeis, preséntase moitísima xente e incluso vén xente doutras comunidades. Agora os médicos cando rematan o MIR están con contratos día a día cambiando de centro, polo que acaban por marchar a outro sitio cunha maior estabilidade”.

Sanidad pública
Compostela mobilízase por unhas urxencias dignas
As urxencias compostelás reclaman máis persoal e novo material de traballo para poder prestar uns servizos sanitarios dignos.

Fernando Abraldes cre que o problema é “querer incrementar a produtividade co mesmo volume de persoal, que non é posíbel. Ao final, os pacientes son as vítimas, vendo a súa saúde deteriorada e permanecendo nos corredores e despois morrendo a última hora nun cubículo porque non te atenderon antes”, en referencia ás dúas persoas mortas nas Urxencias do CHUS en xaneiro.

A situación está chegando ao punto de cuestionar a universalidade e gratuidade da sanidade pública. Con todo, e parafraseando á Doctora Cuddy —da serie House M.D.—, a solución pasa polas nosas mans. “Se facedes todo o que Vogler di porque tedes medo de que marche cos seus cartos, entón el ten razón, é o voso dono. Pero aínda podedes escoller. E probabelmente sexa a última vez que poderedes facelo”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sanidad pública
Opinión No diga colaboración público-privada, diga expolio a la sanidad pública
La Ley 15/97, camuflada como colaboración público-privada, ha abierto las puertas a la privatización y corrupción en la sanidad. En lugar de mejorar la eficiencia, ha enriquecido a políticos y empresas privadas a costa del bienestar público.
Huelga
Laboral El profesorado andaluz, en huelga contra los recortes en la educación pública de la Junta de Andalucía
El 60% del profesorado, según los sindicatos convocantes, se une a la huelga educativa contra los recortes en la educación pública emprendidos por el gobierno de Juanma Moreno Bonilla.
Educación
Educación Pública La educación andaluza a prueba: filtraciones, segregación y llamadas al boicot a las puertas de la huelga
Sindicatos educativos llaman al boicot de las pruebas diagnósticas “segregadoras” que ha rescatado la Junta de Andalucía, tras más de 10 años sin realizarse, a menos de una semana de la huelga del próximo 14 de mayo
#33422
24/4/2019 15:49

Menud@s malnacid@s est@s da Xunta!!!! Algo que xa sabíamos, por outra banda.
Lume con el@s!!!

0
0
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Más noticias
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.