Cadena de montaje de Toyota
Cadea de montaxe de Toyota.

Energía
O baño de realismo do presidente de Toyota sobre o coche eléctrico

As polémicas declaracións de Akio Toyoda contradín toda a propaganda oficial e empresarial acerca do futuro do coche eléctrico.

Coordinador do Instituto Resiliencia

4 ene 2021 13:33

“Cantos máis coches eléctricos se constrúen, peor se pon o dióxido de carbono”. “Os coches eléctricos non van ser para o cidadán medio”. Quen fixo estas declaracións non é ningún dos sospeitosos habituais do decrecentismo europeo e tampouco Greta Thunberg nin ningún outro membro de Fridays For Future ou Extinction Rebellion. Foi Akio Toyoda, presidente da primeira compañía automobilística en comercializar de maneira masiva coches alternativos aos de combustión. O neto do fundador da Toyota, fixo estas explosivas declaracións o pasado día 17 de decembro na conferencia anual de prensa da asociación xaponesa da automoción, e foron reproducidas por diversos medios a nivel internacional comenzando polo propio medio de referencia do capitalismo estadounidense, The Wall Street Journal.

Toyoda criticou que os partidarios da substitución do parque móbil actual por vehículos eléctricos (EV nas súas siglas en inglés) non están a ter en conta nin as emisións producidas pola construción dos coches nin as asociadas á produción da electricidade que precisan para se moveren, desenmascarando así a hipocrisía do zero emissions da que outros fabricantes adoitan presumir coa complicidade necesaria das autoridades estatais reguladoras da publicidade. Non debería ser algo sorprendente para as persoas lectoras habituais deste blog, mais si que choca moito escoitalo de boca dun dos máximos representantes da industria.

A partir das declaracións do empresario nipón outros fabricantes e mais os gobernos da Transición Enerxética van ter algo máis difícil vender a idea de que os coches eléctricos representan unha “mobilidade sustentable” ou “verde” e que calquera persoa que hoxe se despraza queimando derivados do petróleo vai poder facelo nuns anos cun coche movido cunha batería eléctrica.

Segundo o presidente da Toyota os coches eléctricos implican importantes emisións de efecto invernadoiro e non poden estar ao alcance de todos

Aínda que si que houbo algunha réplica desde a súa competencia, non coñecemos polo de agora declaracións en resposta a Toyoda desde ningún goberno nin desde os sindicatos da industria do automóbil, que confían tamén o seu futuro ao éxito masivo do mobilidade privada eléctrica, trala súa resistencia inicial. Nun mundo ideal as cuestións suscitadas polo presidente da Toyota debera estar ao día seguinte en boca de todos os xornalistas nas roldas de prensa gobernativas de todos os países industrializados, nomeadamente daqueles coma o noso que anunciaron todo tipo de medidas reguladoras, fiscais e económicas para promover unha extensión masiva duns coches que agora confesa o seu maior fabricante, só van ser para uns poucos.

Mais polo de agora, só hai un silencio vergoñento ante un mito que quedou exposto, traizoado desde dentro por quen debería ser, na teoría, un dos seus maiores defensores. Tan só se publicaron críticas desde algúns medios apoloxéticos da EV revolution que reaccionaron ao torpedo lanzado polo presidente da compañía nipona contra a liña de flotación da nova encarnación eléctrica do mito do progreso, acusándoo de “arrogante”, de “falta de visión” e de “espallar desinformación”, pouco menos ca fake news, en definitiva. Tamén lanzan sospeitas sobre as súas intencións reais ser a promoción do coche movido por célula de hidróxeno e os híbridos (convencionais ou enchufables) como alternativas ao eléctrico de batería, polo cal a súa empresa está apostando moito máis mornamente ca outros competidores. E apoiaría este cuestionamento das verdadeiras motivacións do empresario nipón o feito de que este ano superaron en vendas a nivel mundial, por vez primeira, os EV de batería aos híbridos, nos que precisamente fora pioneira Toyota. E aínda que é razoable pensar no interese competitivo detrás das declaracións de Toyoda, non parece moi razoable que non botara este as súas propias contas sobre as emisións asociadas á fabricación e ao funcionamento dos outros vehículos que vende a súa propia empresa.

Tamén se ten argumentado que as emisións asociadas aos coches eléctricos en Xapón non son extrapolables a outras partes do mundo, debido á alta dependencia deste país con respecto aos combustibles fósiles para xeraren electricidade, sobre todo despois do accidente de Fukushima Daiichi, cando se pararon case todas as plantas nucleares do país. Porén, estas réplicas non teñen en conta dous datos: o primeiro é que boa parte das emisións da vida útil dun coche eléctrico se producen durante o seu proceso de fabricación (así como no das súas baterías, que non se pode esquecer que hai que reemprazar cada poucos anos, co cal implican unhas emisións periódicas durante a vida útil do coche); e o segundo, que tanto nun país cun 10% de xeración eléctrica renovable (caso do Xapón) coma en calquera outro mentres non chegue ao 100%, as recargas do parque móbil eléctrico van emitir, si ou si, CO2, e xa que logo, a afirmación de Toyoda de “cantos máis coches eléctricos, máis emisións”, é rigorosamente certa.

Os plans estatais de descarbonización da mobilidade non son cribles, segundo os cálculos de Akio Toyoda

Precisamente o goberno xaponés acaba de anunciar un paquete de medidas en sintonía coa moda do crecemento verde, un de cuxos obxectivos vai ser a electrificación total da mobilidade privada en 15 anos, apoiándose nunha enerxía nuclear que xa mostrou claramente ao país os seus riscos co incidente aínda non resolto en Fukushima. Segundo Toyoda, se o Xapón tivese que mover todo o seu parque móbil con electricidade, a xeración nacional non alcanzaría en épocas coma o verán, aínda que o goberno xaponés considera que só aumentaría a demanda nun 50%, algo que contrasta coa duplicación da demanda que recoñece o principal paladín dos EVs, Elon Musk. O custo estimado por Toyoda para esta substitución está entre os 14 e os 37 billóns de iens, mentres que o primeiro ministro nipón anunciou un “fondo verde” de apenas 2 billóns para realizar a descarbonización de toda a economía. Sobre a viabilidade destes plans tamén se amosou moi escéptico outro sobranceiro industrial do país, Eiji Hashimoto, presidente da principal empresa siderúrxica do país.

Akio Toyoda tamén anuncia que, coa desaparición dos coches movidos con derivados do petróleo, a industria vai perder millóns de postos de traballo. Xapón está previsto que proximamente anuncie a prohibición da venda de novos coches de gasolina ou gasóleo a partir de 2035, seguindo o exemplo de California ou o Reino Unido, unha intención tamén compartida polo goberno español. O presidente da empresa de automoción critica a falta de realismo dos gobernantes das súas apostas demasiado optimistas sobre estes vehículos: “Cando os políticos din que imos desfacernos de todos os coches de gasolina, xa entenden o que están a dicir?” E no caso do seu país criticou tamén que os plans para a mobilidade eléctrica non veñan acompañados dunha profunda transformación enerxética do país.

Ás advertencias lanzadas por Toyota é preciso engadirlle a consciencia do declive terminal do petróleo

A todo isto faltaría engadir a conciencia do declive terminal do petróleo, algo co que evidentemente non está a contar o directivo xaponés, pois non deixa de facer unha defensa da continuidade dos vehículos de gasolina. Se sumamos ese dato á ecuación, o panorama que temos por diante estaría caracterizado en primeiro lugar por unha moito menor mobilidade, xa que a gasolina — e antes ca ela o diésel — ten os días contados, e os eléctricos non van poder reemprazar máis ca unha fracción dos coches actuais, por moi diversos motivos; en segundo lugar, unha necesaria redución da industria, cunhas enormes perdas de emprego, xa que se van fabricar moitos menos coches; en terceiro lugar, como consecuencia desta menor mobilidade, vaise facer imprescindible unha relocalización de todas as actividades que hoxe obrigan ou incitan á mobilidade en coche particular (traballo, lecer, compras, turismo, sanidade, etc.) en paralelo a unha necesaria multiplicación da dispoñibilidade de transporte público, para que non suceda o efecto chalecos amarelos, ao quitar ou desaparecer a posibilidade da mobilidade contaminante privada e non ofrecer unha mobilidade pública ampliada e máis sustentable.

Estes cabos aínda non parece que os comezase a atar a prensa xeneralista, que acepta acriticamente (e amosando grande anumerismo en moitas ocasións) calquera anuncio propagandístico dos gobernos que veña acompañado das palabras verde, renovable, transición ou similares, sen botar contas nin consultar con quen as ten botado, o cal inclúe agora non só os estudosos da Transición Enerxética senón tamén o presidente da Toyota. E tampouco parece que causaran efecto ningún no discurso tecnooptimista da nosa clase dirixente. Se despois da xente da ciencia e dos activistas ecosociais agora tamén voces sobranceiras da propia industria poñen en dúbida a factibilidade dos soños eléctricos dos nosos políticos, quen máis llelo terá que dicir para que esperten e acheguen algo de realismo aos plans nos que están a gastar o diñeiro e mais o futuro de todas nós?

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Energía
Transición energética ¿Puede Europa incorporar una mirada feminista al sector energético?
Las elecciones del 9 de junio definirán el futuro del sector energético europeo y español. Para garantizar una transición social y ambientalmente justa, es necesaria una mirada feminista que garantice vidas dignas para todas las personas.
Energía nuclear
Corrupción ¿Más corrupción nuclear?
Georgia se suma a la lista de Estados que actúan en contra de los intereses de los contribuyentes.
#88798
5/5/2021 10:23

Hai varias imprecisións neste artigo que gostaría de destacar. Cando fala de trocar as baterías dos BEV cada poucos anos, de onde extrae ese dato? e qué entende por poucos anos? Sabe o autor que xa hai circulando BEVs con máis de 300.000 km coa batería orixinal e inclusive algún con perto de 1.000.000 de km? Cando fala das emisións para a producción da enerxía, suxire que transportar en barcos enormes, co risco de verquidos engadido, o petróleo produce menos emisións? tendo en conta que é unha pequena parte do proceso de transformación do crudo en combustibles, todo o cal é moi contaminante, inclusive en destino coas refinerías, como sabemos ben en Galicia. Finalmente, cando fala das emisións que se producen durante a construcción dos BEVs, refírese á diferencia con respecto a construir un vehículo de combustión interna? Sabe que fabricantes comprometidos como Tesla teñen factorías completamente cubertas de placas fotovoltaicas, sendo algunha delas completamente independente e 0 emisións? Incluso BMW ten unha fábrica de BEVs en transición cara a iso e o seu modelo i3 ten unha porcentaxe de material reciclado e reciclable por riba do 90%. Tamén quero lembrar que Toyota aposta por unha hibridación mínima, que non resolve ningún problema das emisións dos vehículos de combustión pero si consegue manter a maior parte do seu negocio en base a mantementos e reparacións de seus motores, que ademáis teñen moita menos esperanza de vida que os eléctricos. Grazas.

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Bustinduy avanza con su plan para prohibir la publicidad de pisos turísticos ilegales
El Ministerio de Derechos Sociales y Consumo inicia una investigación de la publicidad de pisos vacacionales ilegales en Airbnb y otras plataformas.
Unión Europea
Elecciones para el Parlamento Europeo Manu Pineda: “La Unión Europea ya no puede ocultar su rostro más autoritario y belicista”
Número 4 de Sumar para las elecciones del 9 de junio, Pineda lleva desde 2019 ejerciendo como eurodiputado, tras formar parte de las listas de Unidas Podemos. Integrante de IU y el PCE, denuncia la complicidad de la UE con el genocidio sionista.
Sphera
Vídeo ¿Qué nos jugamos en materia de clima y medio ambiente en las próximas elecciones europeas?
Como uno de los actores gubernamentales que más empujan hacia la descarbonización, la Unión Europea deberá revisar sus objetivos climáticos a futuro. E
Derecho a la vivienda
Derechos a la vivienda Los inquilinos que tratan con inmobiliarias son los que más sufren las subidas de precio del alquiler
Un estudio de IDRA encuentra una regla infalible: a mayor intermediación más discriminación, más cláusulas abusivas, más insatisfacción, más problemas con el propietario, más subidas de precio, más inestabilidad y más desinformación.
Unión Europea
Unión Europea La agricultura europea: un campo de explotación de personas migrantes
Una investigación realizada en nueve países europeos muestra cómo las personas migrantes, que supondrían al menos un cuarto de quienes trabajan en el sector agrícola, sufren violencia, jornadas extenuantes de trabajo y pagos insuficientes.
Evasión fiscal
Impuestos Hacienda aprueba el impuesto mínimo del 15% a las grandes multinacionales
Las empresas que facturan más de 750 millones de euros tendrán que pagar el mínimo si sus filiales no lo satisfacen en otros territorios.
Unión Europea
Ultraderecha en Europa La ciudad belga que se ha convertido en un símbolo de la extrema derecha
En Ninove, Flandes, una lista local del Vlaams Belang, los nacionalistas flamencos favoritos en las elecciones parlamentarias belgas del 9 de junio se prepara para gobernar en solitario.

Últimas

Fondos buitre
Derecho a la vivienda en Madrid Brigadas Inquilinas: la lucha por llegar al barrio antes que los fondos buitre
El Sindicato de Inquilinas expande sus piquetes informativos desde Puerta del Ángel para crear tejido y adelantarse a la expansión de fondo e inmobiliarias a barrios donde se están dejando deteriorar viviendas como el vecino Lucero
Genocidio
Alto el fuego Aumenta la presión sobre Netanyahu para que acepte el plan de Biden
El primer ministro enfrenta las críticas tanto de la plataforma de familiares de rehenes, que le exigen que acepte el plan de alto el fuego propuesto por EE UU, como de sus socios de Gobierno, que amenazan con romper la coalición si lo adopta.
Más noticias
Política
Nota Nota de rectificación de Iván Olmos
En cumplimiento de la ley Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora del derecho de rectificación, publicamos esta nota enviada por Iván Olmos Ferreiro a la redacción de El Salto.
Opinión
Opinión El ruido y la Luna
Todavía en pijama, y sintiéndome un poco débil porque acaban de extraerme la vesícula, un órgano menor que hacía que mi cuerpo desafinase, le pregunto a mi madre qué es eso de la Luna y la Tierra.
Tribuna
Tribuna Ni guerra entre pueblos, ni paz entre clases
Cuando se habla de guerra en la retaguardia a las clases trabajadoras se nos está anunciando que debemos renunciar a subir sueldos, a aceptar una mayor intensidad del trabajo, más explotación, en beneficio de una economía dirigida a la guerra.
Sphera
Vídeo ¿Qué nos jugamos en materia de clima y medio ambiente en las próximas elecciones europeas?
Como uno de los actores gubernamentales que más empujan hacia la descarbonización, la Unión Europea deberá revisar sus objetivos climáticos a futuro. E
Urbanismo
Arboricidio Revuelta vecinal contra la tala de árboles en Alicante
Las obras de reacondicionamiento del parque de San Blas se llevan por delante árboles de 30 años de antigüedad contradiciendo un informe técnico del propio ayuntamiento.

Recomendadas

Poesía
Belén Soto “Tenemos mucha agencia desde la observación, la intuición, la experiencia y la sensibilidad”
El primer libro de Belén Soto gira en torno a algunas aristas actuales como el binomio poliamor/monogamia, la crítica al necrocapitalismo, la muerte, el suicidio y el reposicionamiento de los lazos familiares.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.