Medio rural
Unha escola para coidarnos entre todas

O proxecto Doulas Sororas naceu coma unha proposta para formar as mulleres do medio rural, loitar contra a violencia machista e acompañar as vítimas. Hoxe, as doulas son 40 mulleres que se reúnen ao longo de Allariz para coidar e manter a calidade das relacións na súas parroquias.
Proxecto Doulas Sororas
Arquivo Concello de Allariz
17 feb 2021 14:43

As mulleres témonos xuntado para compartir, gozar, loitar, coidar e acompañarnos ao longo da historia. Ademais, ao sermos sistematicamente rexeitadas dos centros de transmisión de coñecemento durante séculos, tamén ideamos xeitos de xuntarnos para aprender. Pensemos, por exemplo, na academia que a poeta Safo formou para ensinar ás mulleres a escribir no ano 600 a.C., ou nos clubs de lectura que chegan até os nosos días coma parte dunha tradición centenaria.

Nesta inmensa e invisibilizada historia enmárcanse as Doulas Sororas, un proxecto co obxectivo de formar a mulleres do rural para que se convertan coma figuras de referencia nas súas comunidades, ás que acudir no caso de atopárense nunha situación de violencia de xénero.

Na súa orixe grecolatina, a palabra “doula” significaba “escrava” ou “serventa”, mais o concepto sufriu unha metamorfose ao longo do tempo. A día de hoxe, utilízase para se referir ás mulleres con experiencia na maternidade que dan apoio e formación durante o embarazo, parto e no posparto. Porén, no 2017, Ana Pérez Cardoso, técnica en educación e igualdade, retomou o sentido do termo que fai referencia ás mulleres coidadoras que acompañan a outras e, a partir desta idea, deu a luz ao seu proxecto educativo con perspectiva sexolóxica.

Reocupar a escola da aldea

Por máis veces que se teña dito, é importante repetir que as mulleres que viven en zonas rurais non son  vulnerábeis por si mesmas, senón que viven en territorios vulnerados pola escasa accesibilidade a dereitos e a desatención das institucións.

Para comezar, non hai análises nin datos referentes á violencia machista no medio rural e as campañas informativas que se incorporan a estes territorios están feitas desde perspectivas urbanas coas que as mulleres do rural non se identifican. Ademais, de haber un caso de violencia, en moitos concellos as denuncias só se poden facer na Garda Civil —e aquí hai que engadir o insuficiente servizo de mobilidade que sempre complica o desprazamento— .

Neste contexto, aparece Doulas Sororas. “Ven un pouco dunha análise autocrítica que se fixo dende a área de igualdade do concello de Allariz. Na vila faise un traballo moi importante en termos de igualdade e violencias, pero notabamos que se pasase algo ás catro da tarde nun sábado á veciña de Torneiros... a quen acode? O concello está pechado. Tamén, o proxecto xorde da necesidade de traballar sobre a violencia de xénero dende un punto de vista máis próximo porque o típico profesional que está sentado no seu despacho esperando a que veña alguén a dicirlle que é maltratada, escorrenta. É mellor ter a opción de ir cunha veciña que sabes que coñece como actuar nestas situacións. Dalgún xeito non te sentes invadida nin cuestionada pola túa decisión. É moito máis cómodo para unha muller. Nese senso, nas escolas de doulas traballamos desde unha actitude comprensiva porque sabemos que cada muller ten a súa maneira de vivir e xestionar a violencia”.

"A sororidade fai que esteamos moi a gusto todas e é algo necesario porque aquí a maioría son maiores e moitas ou son coidadoras ou son viúvas e están moi soas. Nos grupos acompañámonos entre nós”, comenta a doula Rosa Condemenor.

Cada ano, durante os meses de setembro a decembro, disponse unha escola que aporta formación e ferramentas para o coidado da comunidade a todas as mulleres que queiran participar. Para descentralizar a iniciativa, dos 22 asociacións veciñais, escolléronse estratexicamente catro pola súa localización (unha ao norte, outros ao sur, leste e oeste).

“O grupo de mulleres de Nanín xuntabase un día á semana na antiga escola, que agora é o centro social da parroquia, para tomar un café, botar unha partida, e estar xuntas un tempo. Como eu vivín moito tempo nunha cidade, cando regresei a Nanín xa estaba acostumada a estar con máis xente e uninme ao grupo. Alí foi onde coñecín a Ana (Pérez), que viña ao longo do ano a dar cursos e, nunha ocasión falou do de Doulas e gustounos a idea. Pareceume importante porque axudar alguén sempre é algo bo para a persoa que se axuda e para unha mesma tamén, sénteste satisfeita”, comenta sobre a súa experiencia Conchi Fernández, unha das 40 Doulas que hai até hoxe.

A expansión do coidado

Despois de 17 anos traballando coas mulleres das zonas rurais, Ana Pérez decatouse de que o quid do proxecto era algo inherente ás dinámicas comunitarias das aldeas. “Doulas Sororas empezou dedicado á prevención de violencias, pero era moito máis ambicioso por unha dinámica que xa existía no rural e que cada vez se perde máis neste contexto tan capitalista: o apoio mutuo.  É un valor do rural que xa é delas. A iniciativa vai de como cultivar esa maneira de facer comunidade, de intentar non perder ese coidado que hai nas relacións e aportarlles contidos que lles axuden a dar un plus a iso que xa hai”.

Así, ao tempo que se loita contra a soidade para fomentar as prácticas en comunidade, as Doulas ofrécenlles coñecementos que pretenden reducir as desigualdades que as atravesan: de xénero, territorial e edadismo. Durante o primeiro ano, traballouse especificamente sobre a violencia de xénero. Como produto dese traballo, lográronse identificar posibles casos de violencia de xénero, mais a dinámica de coidado da comunidade axiña abarcou outros aspectos da vida. Recibiron obradoiros de habilidades comunicativas, de enfermería para saber resolver dificultades domésticas, de coñecemento sexolóxico e diversidade sexual, ademais de contar cun “traballo de coidado persoal, de tal xeito que non se trate de coidar todo o tempo, senón de coidarme e coidar á comunidade. Empezou coma un traballo sobre algo moi específico e agora son como coidadoras e mantedoras da comunidade”, engade Pérez.

“Moitas veces é coma se as mulleres non existísemos. Non só no rural, pero aquí sobre todo, porque aquí só se está en función dos demais como coidadoras”, engade Manola Estévez.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), as mulleres maiores representan case o 70% das persoas que viven soas. A soidade no rural agrávase polo despoboamento. Nese sentido, alén do tipo de formación e actividades ás que poidan acceder as mulleres nos grupos de Doulas Sororas,  atopan un espazo que as achega a outras mulleres. “A sororidade fai que esteamos moi a gusto todas e é algo necesario porque aquí a maioría son maiores e moitas son coidadoras ou son viúvas e están moi soas. Nos grupos acompañámonos entre nós”, comenta a doula Rosa Condemenor.

Rachar os padróns

Recibir formación en grupo afianzou os lazos entre as mulleres, quen tiveron a iniciativa de facer actividades ao longo do todo o ano. Hoxe elas mesmas recoñécense moito máis animadas, críticas co seu entorno e conscientes do seu papel na sociedade.

“As mulleres que participan sentense a gusto, volven a coller ganas de facer cousas. A xente que viviu sempre aquí tamén transmite moitas ensinanzas. Eu creo que xuntar ás mulleres para conversar fai que comecen a quererse a si mesmas... Ese é un primeiro paso importante porque moitas veces é coma si as mulleres non existísemos. Non só no rural, pero aquí sobre todo, porque aquí só se está en función dos demais como coidadoras. Nunha cidade hai garderías, centros de día e unha serie de cousas que non hai no rural. Aquí todos eses traballos recaen na muller. Aquí o que aprendín foi a quererme a min, a ver o valor tan inmenso que teñen as mulleres, a querelas e a ver como sosteñen toda a vida do rural”, comparte Manola Estévez.

Así, o empoderamento individual e colectivo das mulleres comeza a facerse patente a través da ganancia de autonomía e consciencia sobre a desigualdade. Logo de catro anos coa iniciativa, algunhas Doulas comezan a ver cambios na súa contiandade e nas súas comunidades. Estévez comparte o xeito en que se teñen cuestionado os roles sociais.

“Doulas Sororas está a cambiarnos. Fainos pensar que ao mellor desde aquí si se poden mudar algúns dos roles tradicionais da muller no rural. Moitas veces  só o feito de ir ás actividades e saír da aldea fai que os homes asuman o seu rol de coidadores porque quedan coas nais, cos pais, ou cos netos, cousa que xeralmente estaba destinada só ás mulleres. A escola de Doulas pode ir cambiando cousas no medio rural, onde unha evolución a nivel feminista ou reivindicativa da muller é moi lenta porque o patriarcado aquí funciona dun xeito automático, está metido no sangue da xente, na súa educación”.

“As veces, as institucións planifican e propoñen cousas que son como impostadas, que parecen moi bonitas desde o despacho, pero que pouco teñen que ver coa realidade que teñen as persoas ás que vai dirixido ese proxecto”, opina Ana Pérez.

O proxecto que Pérez propuxera foi tomando vida propia. O nivel de formación excedeu a temática de violencia de xénero para tamén adquirir coñecementos que apoiasen e enriquecesen a convivencia nas comunidades, a nivel práctico, as Doulas non só están alertas para recoñecer e acompañar a mulleres vítimas do machismo. “Elas están atentas ás violencias, mais tamén están atentas ao veciño que non ten familia e dorme só. Hai quen se encarga de ver se ten a luz acendida para saber se espertou, por exemplo. Tamén está o caso dunha muller que está encamada, o seu fillo ten COVID e a súa filla só pode vela no fin de semana, entón as Doulas desa aldea organízanse e vai algunha pola noite metela na cama”, expón Ana Pérez.

O  ano pasado, o concello de O Grove fixo una petición formal para implantar na súa comarca esta iniciativa. Pérez considera que a estabilidade e éxito do proxecto débese a que foi construído a partir dos coñecementos e dinámicas propias das mulleres que viven nas zonas rurais. “As veces as institucións planifican e propoñen cousas que son como impostadas, que parecen moi bonitas desde o despacho, pero que pouco teñen que ver coa realidade que teñen as persoas ás que vai dirixido ese proxecto. Neste caso, pensouse en como atender os temas de violencia, pero despois me deixei empapar polo que elas me contan da súa vida no rural e dinme de conta que, en realidade, elas xa estaban facendo moitas cousas e que están constantemente apoiando a comunidade”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Esta investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El famoso expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Más noticias
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.