Medio rural
Como rachar as ás da mocidade

A mobilidade é só a punta do iceberg da carencia de servizos básicos no rural que nos obriga a emigrar e que se mantén grazas á normalización da precariedade.
8 may 2021 09:34

Guiada por un anhelo,  por un ideal que quizabes pecaba de ser demasiado bucólico, mudeime a unha pequena aldea no medio do monte. A maioría das cousas que procuraba fixéronse presentes en canto cheguei: tranquilidade, natureza, silencio e ar limpo. Os primeiros días semellaba que este novo espazo, tan diferente ás grandes cidades en que vivín, tíñao todo para que eu desenvolvese unha vida digna. Iso, até que apareceron as inevitables tarefas de reprodución da vida.

Ninguén mo advertira antes, mais agora ninguén deixaba de mo repetir: “Sen coche aquí non vas a ningures”. E era certo. A única liña de bus que pasaba pola aldea só ten un horario de ida e volta. Baixa cara á vila ás sete da mañá e volve sobre as sete da tarde. Fóra diso, só queda camiñar máis dunha hora para chegar a outro sitio onde se pode abordar outro bus para ir cara á cidade más próxima.

Ao cabo de poucos días, logo de que me asentei e coñecín á miña nova veciñanza, notei que estaba por comezar a vivir nun estado de illamento. Non tiña cartos para sacar un permiso de conducir e moito menos para custear, mercar e manter un coche. Aínda que fose de segunda man. De súpeto, revelóuseme, moi pola contra do que pensara ao chegar, que, paradoxicamente, mudarse da cidade ao rural hoxe en día é algo ao que só pode acceder certo sector da poboación. Aqueles cun certo nivel adquisitivo que poden pagar o transporte (sexa público ou privado) e atopan o xeito de aproveitar todos os demais servizos básicos que no rural non son tan accesibles como o son na cidade.

Así, sen coche particular e sen ganas de camiñar a diario unha hora de ida e outra de volta, tiven fronte a min dúas opcións para conectarme co mundo alén da aldea:

  1. Volverme unha experta dos horarios das liñas de bus. E non só aprender de memoria os que pasan pola aldea e polo meu consello, senón os de todas as vilas dos arredores que conectan coa cidade. Logo, os desa cidade cos das outras cidades. Para iso, tenae que controlar os tempos de traxecto para poder coordinar os enlaces entre liñas e crear os itinerarios do día. De aldea a vila, da vila a outra vila, desa segunda vila á cidade e desa cidade, se é o caso, a outra.

  2. Depender da veciñanza. Consiste en ir preguntando –primeiro á veciñanza coa que tes máis confianza e logo, nun acto de desesperación, con aquela da que só oíches falar e só coñeces o seu nome- quen baixa ou sobe da vila a certa hora ou a certo día. Mais optar por esta alternativa é asumir a perda de certa autonomía: dependes do tempo das demais persoas, dos seus ritmos, horarios...

Para ambas opcións tes que adaptarte e facerte á idea de que –xa sexa para coller o bus ou para chegar á hora establecida polo veciño- vas ter que cortar os teus plans á metade ou que vas terminar esperando por horas, á deriva, até que apareza o medio que te levará a casa.  

Até agora, uso ambas alternativas se quero saír da aldea, aínda que cada vez opto máis pola primeira opción e utilizo o pouco transporte público que hai. Con todo, sei que terminarei gastando moitas horas de vida dentro e á espera do bus alén de todos os cartos que supón. Porque o prezo do transporte non reflicte ao seu carácter “público”. Ao longo de todo o rural, tanto os horarios coma as liñas de bus continúan a desaparecer malia que as empresas concesionadas están subvencionadas , xa que estas seguen a avaliar a viabilidade do transporte en termos económicos. Se só unha ou dúas persoas usan a liña, prefiren optar por quitala porque non dá cartos suficientes e fano sen sequera pensar no que isto supón para toda unha comunidade. Deste xeito, as políticas implementadas para “repoboar” o rural terminan por ser contraproducentes. ¿Alguén pensou que a xente non usa a liña porque os horarios son incompatibles ao xeito de vida? O meu campo está cheo de serpes que se morden a cola.

Os esforzos por sobrevivir

Nestas condicións de illamento e inmobilidade, pregunto: que tipo de traballo se pode  atopar? Onde? En que condicións? Na aldea, alén da panadería, a tenda, o xornal ou teletraballar, non hai oferta laboral. Isto, xunto coa carencia de servizos, é o que fai que na vila máis próxima, a mocidade dos arredores acepte traballar por tres euros a hora no único supermercado da zona (declarando máis á facenda, por suposto). Onde máis se vai traballar se os desprazamentos son tan complicados? As denuncias están fóra da cuestión pois 3 euros son máis que ningún e, ademais, os donos son tamén parte da veciñanza. Védela? A pantasma do éxodo comeza a aparecer.   

Secasí, a vida constitúese de moito máis que de cartos e traballo. No tempo de lecer, quen non procura algo que lle enche un pouco o espírito? Mais neste ámbito volvémonos a atopar contra a parede. Non hai ofertas culturais, educativas nin de ocio. Non as hai nas aldeas e son absolutamente insuficientes nos concellos. Unha vez máis: hai que saír a procuralas. E como vas tomar un obradoiro ou ir a un concerto se non podes regresar a casa porque o único bus cara á aldea sae da cidade ás 17 horas?

Ao cabo dun tempo, resígnaste un pouco. Quedas en casa. Reprimes a nostalxia por certo estilo de vida dicindo para ti: “isto é vivir no rural, isto son as súas implicacións”. Como se vivir no rural fose excluínte de ter acceso aos servizos básicos. “Non hai boa recepción de teléfono. Non temos acceso á fibra óptica Facer a compra é un suplicio. Natural: é o rural. Que esperabas?”. A carencia dos servizos xustifícase co feito de vivir no campo. O grave disto non é só a actitude de resignación que termina por imperar e borrar as ganas de mirar alén do horizonte, senón que termina por normalizar a pobreza, a precariedade, ao tempo que se lle etiqueta eufemisticamente coa lenda “estilo de vida”.

Se non hai “futuro” no rural, como se acostuma dicir mesmo na mesa aldea, non é por falta de aptitude nin de carácter. Non é porque non haxa mocidade á que non lle interese nin porque á que está aquí precisa de esforzarse máis. Os proxectos rurais que logran sobresaír e subsistir son unha excepción, unha aspiración, mais non a norma. Non nos rebaixemos a pensalo en termos meritocráticos. Se non hai futuro é porque ráchannos as ás. Non porque nazamos sen elas.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Los entornos escolares suspenden en calidad del aire
Un informe analiza 114 entornos escolares de cinco provincias y los resultados son alarmantes: ninguno cumple las recomendaciones de la OMS. Solo una quincena de municipios de los 149 obligados a ello ha implantado su zona de bajas emisiones.
Infraestructuras
Infraestructuras públicas La Junta y el Gobierno se enfrentan por el mérito del metro de Sevilla borrando el legado de la lucha vecinal
Pedro Sánchez y Juanma Moreno inauguran la nueva infraestructura buscando anotarse el tanto de un proyecto elaborado entre ambas administraciones mientras borran de golpe los años de lucha vecinal para que esta infraestructura se hiciese realidad.
#89346
8/5/2021 13:11

Meus parabens por este artigo.... O do transporte e aberrante e totalmente certo, moverse por Galiza rural en transporte pùblico è misiòn imposible e non pode quedar na posibilidade de ter un coche propio, màis a estas alturas do cambio climàtico...Imprescindible visibilizar como as politicas pùblicas aillaron e aillan o rural en Galiza para apuntar a raìz do problema.. Noutros lugares como Euskadi os pobos estan ben conectados e con servizos de todo tipo asi que se aqui e noutros mundos rurais non è asi e coa intenciòn de obrigar a migrar..

5
0
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Esta investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El famoso expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Más noticias
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.