Periodismo
Gonzo: “O migrante en televisión é unha persoa que sae para dar medo”

Falamos co codirector de Detrás del muro e novo presentador de Salvados sobre a problemática e mentiras xeradas en torno as migracións e sobre a viabilidade dos formatos de televisión de xornalismo social.

Gonzo Compmostela
Gonzo presentando o documental 'Detrás del Muro' no Araguaney de Compostela.
14 may 2019 09:00

Fernando González ‘Gonzo’ estivo en Compostela presentando o documental Detrás del muro, que conta a realidade da migración centroamericana cara os Estados Unidos. Falamos con el sobre migracións e sobre a viabilidade dos formatos de televisión de xornalismo social.

Nos medios acostumamos a falar tarde das migracións, como coa caravana migrante. Fálase pouco das causas que as provocan, dos estados en moitos casos errados de Centroamérica, do contexto de violencia, da falta de oportunidades... Como comunicar en televisión estas problemáticas tan complexas?
Penso que no documental conseguimos explicar eses motivos que levan á xente a migrar. Partimos dunha zona de Guatemala onde contabamos algo que sucede sobre todo nas zonas rurais de Centroamérica, que é a pobreza extrema, que provoca que os rapaces non poidan ter unha educación porque traballan nas fincas e como os poucos sinais de prosperidade veñen de casas onde hai algún familiar nos Estados Unidos. Como non vai querer marchar un rapaz cando ve que a única tele da comunidade está na casa dalgún familiar dunha persoa migrante? Despois tiñamos a historia de Wendy, que nos viña ben para contar a violencia estrutural. Non falamos especificamente das maras, pero en todas as historias están presentes. A Wendy pégalle un tiro un marero, José Eduardo emigra porque se non rematará nunha mara, Luis conta que só tiña tres opcións: ou meterse na igrexa, ou migrar ou acabar na mara.

“A premisa do documental é “que sabemos dos centroamericanos? Pois o que conta Trump”. A Trump velo en primeiro plano falando desta xente pero eles sempre saen en planos xerais.
Co documental o espectador pode decatarse de que hai unha violencia que o inunda todo, ademais da violencia política que hai en Honduras, El Salvador ou Guatemala e agora tamén Nicaragua. Explicar Centroamérica é complicado porque á xente aquí cústalle crer que isto estea a pasar. Non entenden que a violencia sexual contra as nenas é algo social. Hai que saber ben como contar Centroamérica pero é moi incómodo de escoitar. A premisa do documental é “que sabemos dos centroamericanos? Pois o que conta Trump”. A Trump velo en primeiro plano falando desta xente pero eles sempre saen en planos xerais. É fácil que digas desde aquí: “isto é unha invasión”. Hai que ver porque pasa, que en parte é por ser os veciños do sur dos Estados Unidos.
Migración
El éxodo centroamericano atraviesa México
Expulsados por la pobreza y la violencia, miles de centroamericanos marchan a través de México con la esperanza de poder llegar a EEUU
Faltáballes información sobre o proceso?
Si, de feito gran parte do éxito dun migrante que queira chegar aos EEUU depende da información que teña. José Eduardo pensaba que podía cruzar o deserto de Sonora camiñando 4 horas. Saía con 10 euros da casa. Preparando o documental decateime do importante saber por onde ir, coñecer a un ‘coyote’... En Guatemala, había un anuncio de ‘coyotes’ que viña dicindo algo así como: “Si quiere viajar a Estados Unidos pregunte en la tienda de Pedro. ¡Se puede enviar hasta usted!” Viaxar sen cartos significa que te van putear malamente, que para pasar a fronteira vas ter que ir cargado de cocaína ou marihuana. Todo é demasiado escuro.
gonzo detrás muro
Fotograma do documental 'Detrás del Muro'.
Quen ten que ver este documental?
Os embaixadores de Nicaragua, de El Salvador, de Honduras, de Guatemala e de México. A solución pasa por eses cinco países; é o que dicías ti: son estados ‘fallidos’, o estado non está presente na meirande parte do territorio. Todo pasa cara o norte pero tamén pasa moita merda para o sur, porque os residuos tóxicos que mandan para alí abaixo... iso non é normal.

Non axuda a relación cos EEUU...
Claro, quen andan armados alí? Por exemplo os zetas eran escuadróns que tiñan contratados a CIA. O que sabían facer era matar e montaron o cártel dos zetas. Nós condicionamos a rodaxe porque non podiamos ir polas zonas que controlaban e os xornalistas mexicanos non se atreven a contar o que fan. Queriamos ver outras zonas de México por onde se cruza a fronteira, pero era imposible. Gustaríame que un embaixador de Honduras ou Nicaragua viñera e escoitase as testemuñas das rapazas e preguntarlle como é posible que iso lle pase a milleiros delas todos os anos desde hai décadas sen que fagan nada.

“Gustaríame que un embaixador de Honduras ou Nicaragua viñera e escoitase as testemuñas das rapazas e preguntarlle como é posible que iso lle pase a milleiros delas todos os anos desde hai décadas sen que fagan nada.
O documental non cae nunha intencionalidade dramática forzada desde a linguaxe audiovisual. Como ves o tratamento informativo dos fluxos migratorios en televisión?
É un espectáculo. O migrante na televisión é unha persoa que sae para dar medo. Fálase de migrantes, non de persoas. Velas subidas no valo de Melilla, no Gurugú ou no medio de mar; só vemos desgracias e dis “bueno, se morre tampouco pasa nada”. Ese é o problema. A migración é un tema de actualidade do século XXI que permite controlar moi ben á poboación, entón é moito mellor meter ese medo que contar o que pasa. Hai unha situación brutal neste século coas migracións e hai que intentar contar de onde foxen, que tipo de persoas son... Algo que me gusta do documental é que lles preguntamos que soños teñen.

Hai quen pensa que non teñen soños, que veñen a Europa ou EEUU porque ‘son lo más’.
Como están acostumados a vivir nunha desgracia constante pensamos que non teñen soños. Unha nai guatemalteca indíxena e do rural tamén quere que as súas fillas estuden, viaxen e teñan unha boa vida. Os desexos humanos son universais. O que quere unha nai ou un pai para un fillo quéreo estea onde estea, sexa rico ou sexa pobre. Desde os medios de comunicación búscase deshumanizar ao migrante. Se humanizas ás persoas migrantes, como podes venderlle a un votante que vas poñer un valo con concertinas en Melilla? Teslle que dicir cuspen, que traen droga...

... que nos quitan o traballo...
Si! Eu cando me atopo con alguén racista gústame falar con el e pregúntolles: “algunha vez che botaron do traballo?” Contestan: “si”. “Substituíute algún negro?” Sempre din: “non”. Cando preguntas quen os botou, din que foi o seu xefe. “De onde é o teu xefe?” “De Cádiz”. A ti ‘jodeuche’ a vida un español, non un negro.

A mentira ten as patas moi curtas. 
Empregan argumentos que van á víscera, que é moito máis fácil que convencer ao cerebro. Díxome nunha entrevista John Carlin (escritor e xornalista británico): “Sabes onde hai máis xenofobia? Onde non hai migración. En Londres non lle temos medo aos negros, o noso alcalde é fillo dun pakistaní pero nas zonas rurais téñenlle un medo ao migrante da hostia.” Aí está o medo. Onde gaña votos VOX? No interior de Castilla la Mancha... ou en Almería, onde hai migración, pero en que condicións están os rapaces africanos que traballan alí? Porque os queren ter así. Se lles poden pagar 2€ en vez de 10 como hai que pagarlle a un ‘jornalero’ español... Pero para iso teñen que ser migrantes ilegais, chabolistas e téñeno que ter moi ‘jodido’. Así crean a imaxe de ghetto, de pobreza, de enfermidades... Quen ve iso di: “iso non o quero aquí”. Eu teño familia, se ao lado da miña casa viviran catro ratas que me pasan enfermidades tampouco os querería alí, pero é que fan por telos así para dar esa imaxe. En Huelva, cando fun á recollida da fresa, decateime de que estaba moi pensado. O campo de chabolas dos temporeiros e temporeiras irregulares está xusto en fronte do maior centro comercial de Lepe. Toda a xente de Lepe cando vai mercar alí ve iso. Como vas querer iso? O único que lle queda ao xornalista é contar estas historias. 

“Desde os medios de comunicación búscase deshumanizar ao migrante. Se humanizas ás persoas migrantes, como podes venderlle a un votante que vas poñer un valo con concertinas en Melilla? 
Fai falta máis xornalismo social, valla a redundancia. Como?
Contar, contar e contar. Este documental vírono case 1.200.000 persoas, un martes que competiamos con Supervivientes, en Antena 3 había un programa de cancións... e viuno unha morea de xente. A xente quere ver estas cousas se llas contas con respecto.

Éche ben curioso competir con Supervivientes, que se fai en Honduras. Formatos e visións ben diferentes de Centroamérica...
É moi representativo. Que é Honduras? Que é Centroamérica para o primeiro mundo? Materias primas. Que é o que molesta desa zona? A xente que vive alí, porque por culpa desa xente non poden facer o que lles dea a gana, por culpa de ‘Bertas’ Cáceres. A gran putada de Centroamérica é que é moi rica.

Pueblos originarios
El reality show ‘Supervivientes’ y el despojo de las tierras garífunas
El reality show Supervivientes no se rueda en una isla desierta. Sus habitantes, pertenecientes al pueblo garífuna, denuncian los efectos del rodaje en su forma de vida y su marginación en la toma de decisiones.
Xa para rematar, queríache preguntar por estes contidos máis reflexivos, como este documental ou Salvados. Hai espazo na televisión para estes formatos?
Pois vaino habendo...

Moitos pensabamos que a televisión morrera como medio para informar con calidade.
Porque interesaba. A ver, ao poder político e económico está claro que non lle interesa que haxa información. Xa teñen bastante control sobre as teles, pero por outro lado tamén teñen que coidar ao espectador. Salvados leva 11 anos en pantalla e a xente acode aí. El Intermedio é un programa que conta actualidade con humor e vennos un millón e pico de persoas ao día. A xente quere estar informada. Hai que loitar estes espazos. O outro día dicíame Jordi (Évole): “Cando empezamos a facer os Salvados máis repousadiños, estábao petando Callejeros”. Todo picadiño, a cámara movéndose... E en Salvados, un total de minuto e medio coa cámara quieta. A Jordi dicíanlle: “ides levar unha hostia...”. Pois levarémola, pero coa nosa aposta. Ao final, mira que hostia: 11 anos e programa de referencia. 

“Ao poder político e económico está claro que non lle interesa que haxa información. (...) . A xente quere estar informada. Hai que loitar estes espazos.
Salvados é case un milagre...
Non o creo. Pode ser que en parte, pero é que hai un espazo para estes programas. Mira La Sexta, por exemplo: é unha canle que nace para facer deportes e entretemento. Agora La Sexta é un 24 horas de información. Pódeche gustar como se contan as cousas ou non pero ás 11 está Ferreras, para un pouco e despois está Mamen, as noticias, El Intermedio... Ao final son 12 horas de información. Sempre que pasa algo, como o referendo en Catalunya, La Sexta ten unhas audiencias brutais. El Intermedio víano case 3 millóns de persoas porque a xente vai a quen sabe que está acostumado a informar. Despois, os formatos de información máis reflexiva, como dis ti; sen ‘tertulianos’ dicíndoche o que tes que pensar e que che contan o que pasa e ti xa verás o que pensas, aí andan. Netflix e estas cousas tamén axudan: hai máis documentais e acaban creando unha dinámica. As teles ven que iso funciona e claro, elas teñen que gañar cartos.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Centroamérica
América Central Guatemala sueña con una nueva “primavera democrática”
En una carrera contrarreloj, el gobierno del presidente Bernardo Arévalo enfrenta el desafío de desmontar una trama de corrupción enraizada en un país asolado por el despojo y con ansias de cambio.
El Salto Radio
El Salto Radio Salvar a El Salvador
Partiendo de la realidad del pueblo salvadoreño, abrimos una reflexión sobre modelos de gobierno que, tras el velo de la popularidad, practican políticas de represión y regresión.
#34349
17/5/2019 15:53

¿Podemos esperar cambios en Salvados despois do bochorno de Operación Palax e outros branqueamentos do fascismo?

2
0
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Más noticias
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.