Movilidad
“A bici tamén pode servir para rachar e cuestionar o machismo, para tomar o espazo público”

Ter acceso a unha boa mobilidade é un dereito, mais para algunhas persoas parecera ser unha cuestión de privilexios. O colectivo Mulleres Bicivisíbeis loita contra as desigualdades de xénero no uso da bicicleta.

Mulleres Biciivisbeis 1
Parte do colectivo feminista nunha rodada polas rúas de Vigo. Arquvio Mulleres Bicivisíbeis
28 jun 2020 13:55

Coller unha bicicleta e saír á rúa sendo muller, non é tan doado como podería parecer. O exceso e o perigo do tráfico, o acoso sexual constante nas rúas e a falta de tempo para empregar nunha mesma, son algunhas das causas polas que as estatísticas marcan que as mulleres usan moito menos a bicicleta que os homes.  

Falamos con Iria Vázquez, integrante do colectivo Mulleres Bicivisíbeis sobre a masculinización do ciclismo, o activismo feminista, os obstáculos das mulleres para acceder á bicicleta en Vigo e sobre as posíbeis medidas para rachar a fenda de xénero no uso deste velocípede.  

Por que o uso da bicicleta é unha cuestión que pode ser analizada criticamente desde un enfoque de xénero? 
Por unha cuestión clara: o uso da bici como medio de transporte está masculinizado. Hai estudos en diversas cidades do Estado español que avalían que as mulleres somos un 35% das usuarias, como en Sevilla ou Pamplona, ou, incluso, baixa até o 25% en Granada. Aínda non temos datos exactos do contexto galego, pero parécenos evidente que non hai un uso igualitario entre mulleres e homes. Sendo as mulleres a metade da poboación e vivindo nun sistema patriarcal, o lóxico para nós é comezar a facernos preguntas de que está acontecendo. 

O certo é que sempre que nos atopamos cunha desigualdade tan clara, temos que aplicar un enfoque feminista para rachar con ela. Non só usamos menos a bici, senón que ás veces facemos un uso diferente dela: os homes úsana máis para longas distancias e ocio, en cambio, as mulleres facemos percorridos máis curtos porque temos menos tempo libre, pero tamén porque aínda somos as responsábeis principais de facer os recados, as compras, os coidados, etc. Isto se reflexa no tipo de mobilidade que facemos nas vilas e cidades, e reprodúcese tamén no tipo de movemento que facemos na bici. 

A que se debe esta fenda estatística do uso da bicicleta segundo o sexo?
A resposta non é sinxela. Sempre que temos unha desigualdade de xénero é preciso facer unha diagnose rigorosa, que abarque a estrutura social e tamén o imaxinario colectivo.  

Indo ás causas concretas, aínda que pareza obvia, unha das razóns ten que ver con que hai máis mulleres que non sabemos andar en bici que homes; na última enquisa feita pola Rede Cidades para a bicicleta, móstrase que un 15% das mulleres non sabemos andar na bici, fronte a un 5% dos homes. É claro que precisamos escolas da bici para todas as persoas, pero especialmente para as mulleres, hai exemplos chulos que se levaron a cabo en concellos como Allariz, onde se fixo unha intervención para que as mulleres maiores aprenderan a andar en bici. 

A falta de referentes femininos dificulta ás veces que se incorporen mulleres a actividades que están masculinizadas.

Por outra banda, moitas mulleres percibimos un maior risco e perigosidade para movernos en bicicleta, porque certamente, moitas vilas e cidades aínda teñen moito que mellorar para facilitar a mobilidade en bici; esa mesma enquisa que mencionamos apunta que un 8,6% das mulleres non a usan porque hai moito tráfico de coches e resúltalles perigoso, triplicando a porcentaxe de homes que sinalan esta mesma resposta. 

Tampouco hai que esquecer unha terceira causa, o que comentabamos arriba, que as mulleres somos máis pobres en tempo que os homes. Segundo o INE empregamos, de media a dúas horas máis ao día en todo o traballo doméstico e de coidados que os homes.  

Por outra banda, unha cuarta causa xa ten que ver con algo xeral no patriarcado en relación a case calquera actividade: a falta de referentes femininos dificulta ás veces que se incorporen mulleres a actividades que están masculinizadas.   

A violencia e o acoso sexual son determinantes á hora na que unha muller decide usar ou non a bicicleta como medio de transporte?
Debatendo esta pregunta no grupo de Mulleres Bicivisíbeis comezaron a saír unha cantidade de violencias que temos que enfrontar: varias de nós tivemos que sufrir a violencia por parte de grupos de homes, nunha ocasión chegaron a tirar a unha compañeira da bicicleta ao chan. O acoso vai desde insinuacións, acosos, brincadeiras que non son graciosas, até chegar a puntos moi lamentábeis. 

As violencias machistas están presentes na nosa sociedade, e cando as mulleres soas ou en grupo tomamos o espazo público pois topámonos de fronte, e non poucas veces, cunha masculinidade hexemónica que semella querer demostrarse a través do acoso, e que tenta dicirnos que a rúa non é tan nosa. 

Queremos rachar coa idea de que o activismo ciclista está tomado por homes novos e deportistas. Somos máis diversas e queremos facernos máis visíbeis.

Pero tamén, desde distintos colectivos, estamos a tentar darlle un xiro diferente. A bici tamén pode servir para xustamente rachar e cuestionar ese machismo, para tomar o espazo, para movernos por el, para transitalo. A nivel histórico, moitas feministas tomaron a bici como unha ferramenta de empoderamento. Moitas sufraxistas reivindicaron a bici, por toda a libertade de movementos que supuña para as mulleres, de alí a famosa frase da sufraxista e abolicionista do escravismo Elisabeth Stanton: “As mulleres están a pedalear cara o sufraxio”. 

Que é Mulleres bicivisíbeis? Con que obxectivos se crea? 
Mulleres Bicivisíbeis xurdiu como un grupo de traballo dentro dunha Plataforma polo uso da bici que se creou este ano en Vigo conformada por A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e persoas a nivel individual. Para nós, o enfoque feminista ten que estar presente, porque se algo nos ensina a historia, é que precisamos facer activismo feminista para que as desigualdades patriarcais non continúen a reproducirse. 

A verdade que no eido dos activismos da bici, xa sexa a Masa crítica, ou asociacións locais da bici, os son movementos bastante masculinizados. Entón as mulleres temos que organizarnos para dalgún xeito visibilizar que aquí estamos, que queremos, que precisamos ser máis… é un pouco o que antes comentabamos, que o patriarcado tende a reproducirse, e é por iso que precisamos organizarnos para tentar sobrevivir en activismos tan masculinizados. Non é fácil. Tampouco é cuestión de falar aquí dos debates sobre a dobre militancia ou a militancia exclusivamente feminista, pero o que é claro é que desde o noso punto de vista, as mulleres precisamos organizarnos para que se escoite a nosa voz. Queremos rachar coa idea de que o activismo ciclista está tomado por homes novos e deportistas. Somos máis diversas, e queremos facernos máis visíbeis.  

Mulleres biciivisbeis 2
Arquivo Mulleres Bicivisíbeis

Que actividades realizades? 
Estamos comezando. Estamos analizando as propostas que se lanzan ao concello desde unha perspectiva de xénero, tamén estamos comezando a facer rodadas feministas na bici e de cara o futuro, queremos facer unha escola feminista da bici, un obradoiro de empoderamento na bici “coas mans na graxa”. A nivel estatal hai un grupos feministas moi interesantes cos que estamos en contacto como Bielas Salvajes en Zaragoza o Cicliques en Barcelona, que nos aportan boas ideas para continuar. Se algunha muller está interesada en unirse, pode escribirnos a mulleresbicivisibeis@gmail.com 

En que consisten as rodadas?  
Pois queremos xuntarnos mulleres e rodar pola cidade, nin máis nin menos ca iso. Facer rutas, moverse xuntas, coñecer novos traxectos por Vigo. Como diciamos antes, que as mulleres tomemos o espazo público é xa un acto de rebeldía ante o patriarcado.  

De que xeito pode beneficiar un maior uso da bicicleta ás mulleres? 
A bici é un medio de transporte ecolóxico, saudábel, eficiente e tamén divertido! Cremos que nos beneficia ás mulleres, pero tamén ao planeta. O noso activismo vai da man dunha cidade máis ecolóxica, respectuosa tamén coas peóns, que aposta polo transporte público en detrimento dos coches, e quere un tipo de mobilidade menos cochista para Vigo…  

Ademais, pensamos que nos beneficia ás mulleres no sentido do que comentabamos na anterior pregunta: visibilizarnos na bici tamén crea referentes femininos de cara a que novas mulleres se sumen á bici. Cada vez que unha muller toma o espazo público, damos un paso cara adiante. Non queremos ficar fóra de algo tan bo como ir en bici e para iso hai que facer políticas activas para que as mulleres nos sumemos. Cantas máis mulleres na bici existan, máis se van sumar, é o círculo virtuosos da “masa crítica”.  

Mulleres biciivisbeis 3
Arquivo Mulleres Bicivisíbeis

Cales son os obstáculos actuais do acceso feminino á bicicleta en Vigo? 
O obstáculo máis importante  é o tipo de tráfico que ten. Vigo ten unha cultura moi “cochista” que nos fai pensar na necesidade de facer máis campañas de sensibilización neste eido, e ademais ten un importante volume de atropelos a peóns (no mes de xaneiro houbo 24 atropelos).  

O que máis precisamos nese senso é pacificar o tráfico, baixar as velocidades dos carros, que se respecte máis a mobilidade na bici como un medio de transporte e facilitar a intermodalidade con outros transportes colectivos (buses, tren, barco). Os ciclocarrís están xenial, pero tamén precisamos que de modo xeral nas vilas, nas cidades, consigamos baixar dunha vez as velocidades dos carros a 30 Kms para poder convivir coa bicicleta. 

A miúdo sae nas conversas o tema das costas de Vigo. Nós cremos que pode subsanarse con “trucos” como ir facendo percorridos alternativos que salven as costas; hai estudos en Vigo que mostran que máis importante que a altitude é ter rutas nas que nos sintamos seguras e cómodas. Non precisamos ser deportistas para coller a bici, queremos eliminar esa idea; é un medio saudábel e ecolóxico, iso é o que máis nos interesa…   

É a bici unha alternativa “segura” durante a nova normalidade
Por suposto! Mantés a distancia de seguridade co resto das persoas, ademais que non contaminas! E de paso, aproveitamos esta pregunta para lembrar que para que os coches adianten ás bicis é obrigatorio deixar un espazo mínimo de metro e medio.  

Como podemos incrementar o uso feminino da bicicleta? 
Unha primeira cousa que temos que dicir é que isto non se vai solucionar con dicir: “a ver se se animan as mulleres a coller a bici”; senón que precisamos repensar todo o sistema de mobilidade e tamén os activismos da bici para que poidamos mellorar a presencia de mulleres na bici. 

O certo é que precisamos máis igualdade social entre mulleres e homes para que isto se plasme tamén nun maior empoderamento das mulleres na bici, pero precisamos tamén máis intervención municipal e da administración pública en xeral, no fomento seguro da bici para que as mulleres poidamos usala máis.  

Ten que haber un xiro no tipo de políticas activas de fomento da bici. Temos que facer un esforzo moi potente en facer máis seguras as cidades para o uso da bici (e tamén para as peóns), fomentar os ciclocarrís, e baixar as velocidades dos carros a 30Kms para pacificar o tráfico; precisamos restar espazo aos coches en xeral, facilitar a combinación da bici co transporte público e tamén facer campañas de uso da bici onde estamos presentes as mulleres. Hai moitas cousas a facer, entre elas, temos que mudar ese imaxinario colectivo no que é un home o que sempre está enriba da bici: nós tamén estamos! 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Transporte
transporte La necropolítica de desmantelar carriles bici
Es muy triste percibir en todas las declaraciones de intenciones del PP o de Vox una falta absoluta de compromiso con la biosfera, la ecología y nuestro futuro.
Movilidad
Urbanismo Movilidad en València o la transformación de una ciudad más allá de los carriles bici
Los proyectos de peatonalización, así como la ampliación y mejora de carriles bici, han sido dos de las principales líneas de trabajo del Ayuntamiento de València en los últimos años para reducir los índices de contaminación de la ciudad. Sin embargo, movimientos sociales y colectivos de la ciudad piden más: expandir estas políticas a todos los barrios, ampliar las zonas escolares seguras, reducir el empleo de vehículo privado y proteger las áreas no urbanizables.
Educación
Ciudades saludables Al cole caminando o en bici: cómo acabar con “la generación del asiento de atrás”
La revuelta escolar, los caminos escolares seguros o los bicibuses: florecen las iniciativas para conseguir entornos escolares libres de humos.
#64218
28/6/2020 21:02

Que tiene que ver el tocino con la velocidad. Articulo de becario/a

0
1
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El famoso expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sidecar
Sidecar Fantasmas de 1968
Las universidades estadounidenses se han transformado paulatinamente en organizaciones policiales y carcelarias público-privadas, que responden ante los benefactores y los políticos, no ante los estudiantes ni el profesorado.
Neocolonialismo
Francia El níquel, la batería detrás del proyecto de recolonización de Macron en Nueva Caledonia
Las protestas de la población canaca se producen contra una reforma electoral que beneficiará aún más a los colonos asentados recientemente en la isla. De fondo están los beneficios de la minería de níquel, que la metrópolis quiere acaparar.

Recomendadas

LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.