Migración
Efectos colaterais da política de estranxeiría: migrantes vítimas do lucro

Cantas posibilidades ten unha persoa migrante de regularizar a súa situación no Estado español? Onde e como se accede á información sobre a lexislación de estranxeiría? Quen acompaña, explica, asesora ao colectivo migrante? Hai algo máis aleatorio que bater na porta de alguén que teña a sensibilidade e os coñecementos necesarios para dar axuda? Que acontece cando tocas na porta equivocada?

25 oct 2020 10:00

Unha política migratoria no contexto actual debería de comezar por (re)construírse ao redor da garantía dos dereitos humanos das persoas migrantes. Ademais da violencia, as irregularidades e privacións que se documentaron nos Centros de Internamento de Estranxeiros e nas fronteiras, o colectivo migrante sofre vulneracións sistemáticas a través de procesos aparentemente legais. Tanto a burocratización dos trámites de estranxeiría como a diminución dos orzamentos autonómicos destinados a auxiliar as persoas migrantes son exemplos dos pequenos detalles ao pé da lei que obstaculizan que as persoas migrantes no Estado español exerzan e coñezan os seus dereitos. Ante a barreira idiomática, entre o choque cultural e o descoñecemento do sistema xudicial, como se accede á Lei de Estranxeiría por conta propia? Que oportunidades hai realmente de iniciar un proceso de regularización?

A febleza das institucións galegas

Luís, de 24 anos, chegou a Galiza en 2017. Atopou pola súa conta, na páxina web oficial do Ministerio de Estranxeiría, que podía regularizar a súa situación legal a través dun “arraigamento familiar”, xa que é fillo dunha emigrante española. Contodo, ao cabo dun ano perdeu dita residencia por non conseguir un contrato de traballo. Ningunha asesoría xurídica nin institución pública ás que acudiu lle mencionaron que tiña dereito a esixir a nacionalidade por opción. Ainda que o seu caso poda considerarse “privilexiado” respecto ao da maioría pola súa ascendencia directa, Luís leva dous anos sen poder saír da súa situación irregular, en parte polo inadmisible descoñecemento da lexislatura por parte das institucións, en parte polo atraso na resolución do trámite.

Lonxe fica o período compreendido entre 2003 e o 2009, no que o Goberno autonómico desenvolveu con forza unha política de integración de migrantes. Nesa etapa creouse a Dirección Xeral de Apoio á Inmigración, púxose en marcha o Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración, ademais da activación de organismos especializados en integración de inmigrantes a nivel local. Nese mesmo período creouse o Observatorio Galego dá Inmigración e Loita contra ou Racismo e Xenofobia adscrito á Consellería de Emigración.

Hoxe, a Xunta de Galicia non ten ningún programa nin organismo específico en materia de inmigración

É a partir do 2009, como consecuencia dunha iniciativa política de austeridade fronte a crise económica, que o Goberno de Núñez Feijóo recalibrou as súas prioridades en materia de política social e centrou a súa atención na emigración galega. Eliminouse o Observatorio mencionado, diminuíronse os orzamentos destinados á atención da poboación estranxeira. Ademais, o orzamento autonómico destinado a subvencionar programas de atención a inmigrantes, levados a cabo por Concellos e entidades sen ánimo de lucro, reduciuse un 92%: de case 6,8 millóns de euros anuais en 2009 a 500.000 euros para o ano 2015.

Hoxe, a Xunta de Galicia non ten ningún programa nin organismo específico en materia de inmigración. Tampouco se renovan os plans autonómicos e descenden os recursos técnicos administrativos da Xunta nesta área. A escandalosa diminución de orzamentos e, polo tanto, de entidades especializadas, obstaculiza o cumprimento dos dereitos da poboación estranxeira. A pouca difusión da reducida oferta de servizos de ensino de idiomas oficiais, métodos de integración ou asesoramento legal, fai da situación de irregularidade un estado do que é complexo saír e no que se vulneran sistematicamente os dereitos das persoas migrantes.

Dereitos “dispostos”

Segundo o artigo 22 da Lei Orgánica 4/2000, as persoas estranxeiras en España teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta nas mesmas condicións que os “cidadáns españois”, ademais de asistencia de intérprete en caso de non dominaren a lingua oficial do territorio no que se atopen. Segundo a lei ditas asistencias serán gratuítas cando, segundo os criterios establecidos, poida demostrarse que as persoas estranxeiras non teñen os recursos económicos suficientes para acudir a unha asistencia privada.

Clara Gómez, asesora xurídica de Diversidades Acolle, unha asociación que atende a persoas en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, confirma que “o Estado español ofrece asesoramento legal e representación gratuíta ao colectivo migrante en tanto que a outra persoa. É unha garantía social inquebrantábel.”

A pesar de que esa información sexa de libre acceso, de todas as persoas migrantes entrevistadas para este artigo, só unha, Esthela Kuri, sabía da devandita garantía e fixo uso dos servizos de asesoramento legal gratuíto para migrantes que ofrece o Estado. Contodo, hai que sinalar que Esthela se vinculou cunha ONG que atendía a estranxeiros, o que fai do seu acceso á información un caso particular: “Eu vin estudar un máster en Xestión Cultural. Cando quedei sen documentación, dei cunha fundación de traballo social que me deu emprego. Aí aprendín moito de migración e desde entón, cando tiven necesidade, fun cos avogados que che dá o Estado.”

As persoas estranxeiras en España teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta nas mesmas condicións que os “cidadáns españois”

Sonia Mendes dá Silva, socióloga especializada en migracións internacionais que actualmente traballa en SOS Racismo A Coruña, atopa no servizo de asesoramento xurídico inconvenientes, pois non atenden aos prazos aos que están suxeitos varios trámites de estranxeiría. Mende sinala que a pesar de que “a xustiza gratuíta é unha garantía obrigatoria recollida na lexislción”, non sempre opera de maneira óptima para quen demanda a asistencia: “O que pasa é que se tes un servizo que é tan necesario e solicitado, as listas de espera son moito máis grandes e é máis complexo”.

Aínda así, a saturación dos servizos de asistencia xurídica gratuíta da que pode facer uso toda a cidadanía do territorio español non é sempre a única razón pola que as persoas migrantes non adoitan acudir ás ofertas das institucións públicas. A maior parte das veces este colectivo descoñece a súa existencia.

Efectos colaterales de la política de extranjería 2

Lexislacións inasequíbeis

Laura Bautista, migrante mexicana residente no territorio español desde hai máis de sete anos, conta que, para regularizar a súa situación, non se achegou a unha asesoría xurídica gratuíta por elección, senón porque non sabía da súa existencia: "Cando cheguei non coñecía ningún servizo, asociación ou ONG, xa que traballaba no servizo doméstico como interna. Entón tiña moi pouco trato con xente do meu país ou de Latinoamérica. Ía por vía libre”.

Os portais nos que se difunde información de estranxeiría útil para as persoas migrantes, a páxina oficial do Ministerio de Estranxeiría e a do Boletín Oficial do Estado (BOE), non destacan pola accesibilidade. Luís, por exemplo, comenta que tardou máis de tres meses tan só en atopar os trámites que lle correspondían á súa situación migratoria.

Ademais, diversas fontes sinalaron a “confusión" que sentían ao leren a información que está publicada na páxina do Ministerio de Estranxeiría. Laura Bautista compartiu que a información sobre o trámite que quería levar a cabo era “moi confusa. Debes reler varias veces e hai ocasións nas que non se ten o tempo para facelo”.

Na lexislación non se está a ter en conta a diversidade lingüística porque todo está en castelán

Contrario ás experiencias recollidas das persoas migrantes, a avogada Clara Gómez ten outra impresión. Para ela, a lexislación non tería por que resultar difícil de comprender: “Para o cidadán do montón podería resultar confusa pero non tería por que. Quero dicir que é algo accesíbel, que calquera persoa pode atopar no BOE, que todo o mundo pode ler e informarse”.

Aínda así, Gómez recoñece que un dos maiores obstáculos para garantir o acceso á información é o feito de que ningunha lexislación está “en linguas estranxeiras. Non é unha obriga legal. Seriamos nós, as asociacións e as ONG, a que teriamos que facilitar esa información a aquelas persoas que a precisen”.

Ademais do descoñecemento das ferramentas das que o Estado dispón para o colectivo migrante e da confusión de quen accede a elas, Sonia Mendes sinala que os portais de información pública “non están a ter en conta que moita xente non ten o mesmo nivel no campo das novas tecnoloxías ou a mesma facilidade para acceder a internet, ou non teñen un computador. Iso é unha traba. Limita e volve máis complicado o acceso a esa información. A política migratoria tamén é excluínte con respecto á idade: a xente maior está a ficar atrás neste tipo de cousas. Para nada se está a ter en conta a diversidade lingüística porque todo está en castelán”. A socióloga engade que atender estas cuestións “facilitaría moitísimo que a xente puidese polo menos ter ese acceso á información e así poder empoderarse dalgunha maneira".

A burocracia

Santos é unha migrante latinoamericana que reside en territorio español desde hai 4 anos. Para regularizar a súa situación legal decidiu casar coa súa parella, que é cidadán comunitario. Por cuestións burocráticas, a súa unión —e o seu estado legal— tardaron anos en resolverse.

“Primeiro tentamos casarnos no Rexistro Civil e non foi posíbel porque tiñamos que esperar dous anos mínimo porque eu non tiña NIE e o meu esposo é comunitario, mais non español. Foi a primeira traba que achamos. Dous anos despois decidimos facernos parella de feito. Os requisitos en principio parecen sinxelos, pero cando fomos á notaría puxeron de pretexto que, como eu era latina e o meu esposo só comunitario, non podía facer o trámite porque aquí en Cataluña non se permite iso. Volvimos tentar casarnos despois diso, pero no Rexistro Civil non nos deixaron ou non nos quixeron aceptar: puxéronme mil e un pretextos. Dicían que a miña acta de soltería apostilada non servía. Mandáronme ao consulado, o consulado deume un documento onde eles dicían que aí non expedían ese tipo de documento. Logo viron data da miña TIE e notaron que a sacara recentemente… O meu esposo ten NIE comunitario permanente e dixéronlle que iso non valía, que querían o seu pasaporte, pero este xa estaba caducado... Así foi pasando o tempo até que caducou por segunda vez a miña acta de nacemento apostilada. Ao final, despois de rogar no consulado de Portugal, puidémonos casar. A burocracia é moi neglixente. Eu até no seu momento o sentin como racismo...”

A vexación da que foi obxecto Santos non é un caso illado. O maltrato que recibe o colectivo migrante por parte de funcionarios públicos foi documentado en varias ocasións. O feito de que procesos de regularización sexan obstaculizados ou até impedidos por simple neglixencia burocrática alerta sobre a falta de sensibilidade de quen traballa nalgunha instancia da administración de Estranxeiría, que non poden dimensionar os efectos que os seus actos teñen sobre a vida das persoas migrantes máis vulnerábeis.

O maltrato que recibe o colectivo migrante por parte de funcionarios públicos foi documentado en varias ocasións

Esthela Kuri, con máis de 17 anos vivindo no Estado español, denuncia que “na burocracia hai ignorancia sobre o tema migratorio. Non comprenden o que é a migración. Se nunca saíron... pois non a comprenden, non saben por que nos imos. Eu non teño unha migración forzada, pero en todos os trámites que fixen atópome con funcionarios que tratan moi mal ás outras persoas ou que, se atenden a alguén que non fala español ou correctamente o catalán, non fan un esforzo por entendela, senón que se poñen de malas. O trato é pésimo. Non hai un perfil de empregado para ese sector que tanto o necesita. Nese senso, sempre que vou a unha destas oficinas, saio co corazón esnaquizado”.

O lucro da vulnerabilidade migrante

Ante a urxencia de atopar traballo, poder alugar unha vivenda e ter seguridade social, a vía que parece ser máis sinxela, máis rápida (e que promete resultados favorábeis) para resolver os trámites de estranxeiría é a de contratar avogados privados.

Os prezos dalgúns bufetes pódense atopar na internet. A consulta telefónica está ao redor de 50 euros ademais do cobro por minuto que ronda un euro con cincuenta. A análise dos casos particulares, tamén vía telefónica, pode oscilar entre os 85 e 250 euros. A resolución de trámites, doutra banda, poden atoparse desde os 500 euros ata os 1000. Sen ningunha garantía de resultados favorables.

Aínda que Esthela non recorrese a estes servizos, conta que coñeceu “a moita xente que paga fortunas. A migración é un negocio. Móvese moito diñeiro na migración e isto é unha mágoa porque os desafortunados son os que non teñen. O que cobran os avogados non é equitativo co que gaña un migrante, sobre todo se está indocumentado ou en situación irregular. Cando estudei migración entrevistei a moita xente e si: moita xente paga mil cincocentos ou dous mil euros para que lles consigan os papeis.”

O que cobran os avogados non é equitativo co que gaña un migrante, sobre todo se está indocumentado ou en situación irregular

Sobre este mercado con prezos excesivos, Clara Gómez menciona que “non hai unha regulación legal de prezos. Non é un sistema arancelario. Iso significa que a avogacía non ten os seus prezos marcados nunha lei. É unha cuestión de libre competencia de mercado. Un bufete privado que non pertenza a unha administración pública non ten ningunha limitación. É como calquera outro establecemento: venda de bens ou servizos”.

Ante a confusión que lle ocasionaron as páxinas oficiais de estranxeiría, Laura optou por recorrer a avogados privados para solucionar o seu caso. Conta que ela coñeceu a unha avogada coa que lle pareceu “máis fácil facer eses trámites”. Co paso do tempo, Laura ten as condicións para reflexionar sobre o servizo: “Iso foi hai anos e (o prezo) vino normal porque non sabía moito do tema, pero agora que coñezo máis avogados e máis sobre os trámites a realizar, vin que me cobraron un prezo moi alto”.

Ademais do rango de prezos que se adoita manexar este negocio, é común que existan fraudes, como comenta Clara Gómez cando lembra os casos dos usuarios de Diversidades: “Algunhas persoas cóntannos que lles fixeron facer un trámite que nós vemos que non é necesario ou unha acta notarial”. Tal foi o caso de Santos que, na pescuda de lograr contraer matrimonio, foi estafada nunha notaría.

Nadia chegou a vivir a Barcelona fai sete anos e o seu trámite de nacionalidade está pendente desde hai tres. A pesar do tempo que leva vivindo en territorio español, decidiu recorrer a un avogado privado. Ela comenta que “se non fose pola situación persoal na que estou, non recorrería a ningún avogado. Creo que atopei o menos abusivo, pero a migración é un negocio. Os avogados de estranxeiría fan demasiado negocio coa nosa vulnerabilidade”.

Por un compromiso real

As testemuñas recompiladas sobre a experiencia nos procedementos e trámites de migratorios contrastan coa impresión que ten Clara Gómez respecto ao alcance da política migratoria: “Eu creo que o principio de publicidade normativa cúmprese: o acceso á información está garantido. Outra cousa é que a xente saiba da existencia deste tipo de entidades, pero iso xa non é cousa do Estado. Non é a súa obrigación informar sobre as entidades sociais que non pertencen a unha administración pública.” A avogada abre unha cuestión cuxa resposta debería de ser clara: de quen é a responsabilidade da eficacia da accesibilidade á información?

A pesar de que a nivel lexislativo as vías cara á regularización das persoas indocumentadas sexan aparentemente claras, accesíbeis e sinxelas, a experiencia do colectivo migrante amosa o contrario. Sorprende que, mesmo cando unha persoa logra cumprir con todos os requirimentos establecidos no regulamento da lexislación de estranxeiría, o proceso de regularización estea tan obstaculizado por varios factores. A falta de compromiso e o desdén por parte das institucións e a súa burocracia, vulnera sistematicamente a vida de miles de persoas e isto, como efecto colateral, crea un mercado que abusa da devandita vulnerabilidade e acrecéntaa.

Para Esthela Kuri a existencia destes negocios xurídicos son unha consecuencia da explotación sistemática dos países do Norte Global aos do Sur: “Os prezos son inverosímeis, pero non só aquí. Eu creo que en todas as partes do mundo. As migrantes máis explotadas, con máis necesidade de consellos e de saber cales son as leis do país ao que se chega somos quen migramos dos países subdesenvolvidos aos desenvolvidos. E os prezos sempre serán moi abusivos para nós.”

O recorte de orzamentos públicos destinados á atención do colectivo migrante incide directamente na vida de persoas

Sobre o tipo de directrices que poden axudar a crear unha política migratoria máis xusta e comprometida co colectivo migrante, Sonia Mendes comparte: “Díxose que ían crear unidades especiais de atención á poboación migrante. O ideal é que, de existir estas unidades, tivesen en conta o feito de que unha persoa puidese ter unha diversidade funcional, o feito de que unha persoa só entenda o árabe ou o wolof. Quero dicir: facelo accesíbel para todo o mundo e non só para quen conte con certos privilexios; que sexa algo máis da sociedade, non como está agora mesmo.”

O recorte de orzamentos públicos destinados á atención do colectivo migrante incide directamente na vida de persoas. O que para algún burócrata pode ser só “un atraso” ou “outra negativa” na resolución de trámites, para alguén supón unha prolongación de condicións de vida infames. Fai falta unha reforma lexislativa que se comprometa a garantir os dereitos da poboación migrante e responsabilícese dela en tanto calquera outro cidadán.

Nese senso, entre as directrices tamén debería de estar o aumento de orzamentos a instancias públicas especializadas en temas migratorios, así como a capacitación do persoal burocrático en todos os niveis para debida atención e solución dos casos das persoas migrantes.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Migración
Migración Maternidades migrantes: criar entre la precariedad laboral y la ley de extranjería
Sin redes familiares en las que sostenerse y en un contexto laboral enfrentado con la conciliación, las madres migrantes se ven especialmente expuestas a la precariedad.
Melilla
Fronteras Denuncian expulsiones sin respaldo legal en el CETI de Melilla
La organización Solidary Wheels cuestiona las expulsiones recurrentes de solicitantes de asilo del Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes en la ciudad autónoma.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Esta investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El famoso expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Más noticias
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.