Salto a contenido Salto a navegación Contenidos portada Accesibilidad
image/svg+xml

Feminismos
Renovación por embarazo ou salario mínimo: o convenio inédito do Burela de futsal feminino

A sección feminina do club da Mariña vén de asinar un convenio sen igual na súa modalidade que garante a renovación en caso de embarazo ou contempla axudas para a formación das xogadoras máis novas. O Pescados Rubén Burela FS é o actual líder da Primeira División femenina Liga Foro 16, unha competición que xa conquistou en varias ocasións. Tres das súas xogadoras disputaron a final da primeira Eurocopa desta modalidade.


Futsal Burela 1
Vistalegre, un pavillón onde están acostumados a ver futsal de primeiro nivel dende hai ben anos. Denís Iglesias
11 mar 2019 12:00

Hai unhas semanas a selección española de fútbol sala proclamábase campioa da primeira Eurocopa desta modalidade, logo de derrotar 4-0 a Portugal. De súpeto, como acontece con todos os éxitos deportivos ultimamente, e máis se son femininos, chegou unha borrasca de felicitacións de políticos de todo signo. Unha especie que actúa ante este tipo de sucesos coma cando pos un corrosco ao carón dun grupo de pombas. Horas despois desa acalorada mostra de patriotismo e suposta igualdade, as protagonistas deste fito pasaron a un segundo plano.

A ‘noraboa’ efémera non reparou na situación que estas deportistas viven no seu día a día. Detrás dos rostros de inmensa felicidade hai días pedidos no traballo para poder xogar, comidas preparadas para aforrar os gastos ás equipas e moitas carreiras e cálculos. Como a meirande parte das modalidades femininas, o futsal aínda ten camiño por percorrer para profesionalizarse, para que saltar á cancha sexa a forma de vida, en todos os sentidos. Como acontece nunha equipa galega, o CD Pescados Rubén Burela FS (fundado en 2001), un auténtico oasis no que se vén de asinar un convenio inédito para as súas xogadoras. Non ten igual nesta disciplina e tampouco no fútbol 11.

Non hai unha estrutura como a do equipo da Mariña, cunha forte aposta polo fútbol base, cunha ampla masa social e cun forte patrocinador

O documento recolle cuestións como un salario mínimo, a renovación automática en caso de embarazo, axudas para as que teñan menores ou anciáns ao seu cargo, seguridade laboral fronte ás lesións, fomento da formación entre as máis novas… Un conxunto de medidas que certifican que a equipa mariñá está á vangarda social dun deporte que xa dominan nos pavillóns. Son líderes da Primera División Liga Foro 16 feminina, competición que conquistaron en varias ocasións. Para calquera futbolista, recibir a chamada do Burela é unha garantía de éxito. De feito, na selección feminina que foi campioa estiveron convocadas dúas xogadoras laranxas (a cor desta equipa), Patricia González ‘Peque’ e Luci Gómez. E non só iso, no outro combinado que chegou á final, Portugal, xoga, Jenny Santos, a outra representante das ‘Guerreiras Laranxas’, o alcume que reciben.

“As compañeiras senten envexa da nosa situación. Este é o meu primeiro ano como profesional, pero noutras equipas nos que estiven a situación non era nin semellante. Dábanche unha axuda e grazas”, relata a coruñesa Luci. “Hai unha diferenza abismal entre este clube e o resto. Nós xa eramos profesionais, tiñamos moitos dereitos, só que agora estamos aínda máis aseguradas”, engade a salmantina Bea Mateos. Ela é unha das veteranas, ademais dunha das capitás do Burela no que leva dende o 2013, e polo tanto unha das voces máis autorizadas. Como tamén o é a brasileira Dany Domingos, no Burela dende o 2015: “Fainos sentir aínda máis profesionais. De seguro que o resto o tomará como un exemplo. E tamén é un aliciente para que aínda máis xogadoras queiran vir a Burela”.

Renovación automática en caso de embarazo

As tres, antes de convertérense en profesionais, tiveron que compatibilizar o deporte con outras actividades. Bea Mateos estudou para ser auxiliar de enfermaría e traballou no sector servizos. Dany estivo na hostalería e foi técnica en Raios X. Luci, a máis nova das tres, estudou Administración e Dirección de Empresas e non descarta opositar. Un dos puntos do convenio é o fomento da formación nas xogadoras máis novas. Sexa como for o seu futuro, todas teñen asegurado o seu presente. En primeiro lugar, cun salario mínimo de 900 euros ó que se lle engadirían primas e outros emolumentos. Se o salario mínimo interprofesional é superior a esta cantidade, elevaríase na mesma contía.

Futsal Burela 2
Peque, de costas, é outra das xogadoras do Burela campioas de Europa. Vén de ser convocada de novo, xunto coas tamén laranxas Luci e Cristina Pérez. Denís Iglesias

Teñen 30 días de vacacións retribuídas, xornadas de libre disposición e indemnizacións en caso de accidente. No caso de que teñan unha lesión grave, non poderán ser despedidas. Tamén se consideraría nulo o despedimento se se bota á rúa a unha xogadora por ficar embarazada. Todo o contrario, nese suposto a futbolista renovaría automáticamente por un ano. O clube acadaría unha licenza extraordinaria para fichar un recambio, podendo reasignar á xogadora noutras tarefas. Evitaránse casos como os de Jessica Jineth, xogadora colombiana do Poio Pescamar, que botou a tempada pasada en branco logo de ter a súa filla. Alén desta renovación, o convenio contempla axudas de 500 euros anuais para as nais e outras subvencións para as que coiden a persoas dependentes maiores de 65. Incluso se lles ofrece ás xogadoras a posibilidade de anticipar nóminas, sen que isto teña un recargo para elas.

O convenio recolle cuestións coma un salario mínimo, a renovación automática en caso de embarazo, seguridade laboral fronte ás lesións, fomento da formación entre as máis novas

“Todo isto permítenos non ter que elixir. Nós aquí podemos vivir disto, pero hai moitas mulleres que non, porque chegan a casa e teñen que facer todas as tarefas. Non hai quen lles faga a comida ou lles lave a roupa”, defende Dany, quen opina que en Brasil a situación é aínda peor, “porque se hai crise política, a inversión córtase. E, por suposto, o primeiro damnificado é o deporte feminino”. Mais en ningún outro país o futsal de mulleres está 100% profesionalizado. Algunhas xogadoras españolas optaron por emigrar a Italia, pero Bea Mateos di que moitas ofertas son cantos de serea que logo non se cumpren. Sinala que, en todo caso, son números detrás dos que non hai unha estrutura como a do equipo da Mariña, cunha forte aposta polo fútbol base, cunha ampla masa social e cun forte patrocinador como é Pescados Rubén.

“Chamábannos marimachos”

E por que en Burela? A resposta ofrécea Rocío Corral, responsable de prensa da equipa: “Porque en Burela respírase fútbol sala”. E como tal, os implicados neste ambiente procuran que o aire sexa o máis osixenado e limpo posible para todos as ‘pataqueiras’, outro dos nomes cos que se coñece á veciñanza de Burela. Entre as teorías, a que conta que os mariñeiros desta vila ían buscar patacas ó interior para cargalas nos barcos onde pasarían días e días de marea. “Aí veñen os pataqueiros”, dicíanlles os veciños da Mariña. De feito, o principal grupo de animación do clube é a Pataca Laranxa. A voz dun Municipal de Vista Alegre que se converte cada fin de semana no punto neurálxico deportivo da comarca. Tanto nos partidos da equipa masculina, que loita este ano por regresar á Primeira, coma do feminino.

Agardo que sexamos un exemplo e que ás rapazas non se lles diga máis que elas teñen que facer ballet ou volei

Non hai outra entidade estatal con semellante representación. Iso amósase na masa social: perto dun milleiro de persoas asociadas nunha vila que non chega aos 10.000 habitantes. E se ambas as seccións xogan o mesmo día os seus partidos como local, a festa é dobre. Ten lugar entón o que se da en chamar a ‘Tarde Laranxa’, unha cita á que acudimos, e que está amenizada con sorteos, gaitas, xantares… E o que xurda nun pavillón no que se vive o deporte como antes, coa proximidade que aportan os homes e as mulleres dun Pescados Rubén Burela FS ós que toda a vila lles sabe poñer cara.

“Estou encantada de vivir aquí. Saes á rúa e atopas a xente que semella da túa familia”, afirma Bea Mateos. “Antes de chegar tiña prexuízos. Dicíanme que era un sitio onde non había nada. Agora estou encantada”, sostén Luci. “O pobo é unha pasada, ama este deporte, e iso dános motivación para traballar”, recoñece Dany, quen lembra como os seus inicios non tiveron precisamente unha alfombra vermella. “Comecei vendo aos meus irmáns xogar na rúa. Mais os rapaces nunca querían que xogásemos con eles. E amolábaos moito que tiveramos calidade. Cando perdían chamábannos ‘marimachos’ e dicían que para que xogabamos ao fútbol, se iso non era para nós. Mais xa vedes, con persistencia e fortaleza chégase a todo. Agardo que sexamos un exemplo e que ás rapazas non se lles diga máis que elas teñen que facer ballet ou volei…”.

Paternalismo dos árbitros

Malia ser das mellores no seu, aínda perciben certas actitudes paternalistas por parte, por exemplo, dos colexiados, homes na súa maioría. “Pensan que o deporte feminino é máis frouxo e que non hai contacto. Se unha xogadora cae, xa ten que ser falta. Non teñen o mesmo criterio que no masculino. Ti ves un partido de rapaces nos que lle berran na cara aos árbitros e non pasa nada. Pero se ti preguntas algo...acto seguido amósanche tarxeta”, argumenta a xogadora brasileira.

Faltan mulleres na arbitraxe, pero tamén nos bancos ou nas directivas. “Aínda que cada vez máis rapazas están facendo o curso de adestradora. A seleccionadora española é Claudia Pons, equipas como o Majadahonda teñen unha muller dirixindo (Raquel Mondoruza ‘Mondo’). Fica moito, mais é cousa nosa. Ninguén nos impide poñernos mans á obra”, defende Bea Mateos. Na mesma liña exprésase a súa compañeira brasileira: “Non hai que agardar a que alguén saia na televisión para seguir o seu exemplo”. As xogadoras pataqueiras ven no que fan outro xeito de empoderamento feminino. “Xogamos a isto porque nos gusta, mais é un xeito de facer fincapé sobre a igualdade a través do deporte”, verbaliza Luci, membro dunha xeración que pode ser a primeira en vivir enteiramente como profesional a súa carreira.

Futsal Burela 3
As xogadoras quéixanse de que os colexiados non as tratan por igual que ós seus compañeiros. Denís Iglesias

Cando remata o partido e as rapazas do Burela fan estiramentos, un feixe de pequenas e pequenos arrodéanas para pedirlles autógrafos ou un agarimo. A maioría, da canteira do equipo laranxa, que as toman como exemplo a seguir. “Intentamos deixar sempre todo na pista para amosarlle ás máis pequenas que poden facer coa súa vida o que queiran”, defende Dany. Nas paredes de Vista Alegre hai un montón de imaxes dos éxitos da equipa feminina. Por toda a bancada hai cativas con camisolas laranxas e algunhas levan o dorsal e o nome das futbolistas. Un dos días grandes nas escolas da Mariña é o da visita dos primeiros equipos.

Estas horas de visita están incluídas no convenio, que recolle unha xornada máxima ao día de sete horas e de 40 á semana. Tamén se contemplan outros actos sociais como as campañas solidarias que fixeron coa Cruz Vermella, os actos con diferentes fundacións, demostracións de primeiros auxilios, xornadas contra a violencia de xénero… “Estamos en todos os actos que teñen que ver coa vida da comarca. Somos a entidade social e deportiva máis importante da Mariña”, di Rocío Corral, á cabeza dun departamento de comunicación profesionalizado.

As xogadoras pataqueiras ven no que fan outro xeito de empoderamento feminino

Con este apoio non é de estrañar que Luci fale de que sente unha “enorme responsabilidade ao vestir esta camiseta, xa non só polo pobo, senón porque é un club importante cun amplo palmarés a nivel nacional”. Un sentir semellante ó de Dany, quen vive con orgullo poder levar o nome de Burela a centos de quilómetros da que xa é a súa casa. Xa que logo, aínda se entende mellor a resposta que da Bea Mateos cando se lle pregunta sobre os obxectivos para a presente tempada: “Que pregunta é esa? Aspiramos a todo. Estamos no Burela, eh!?”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Videovigilancia
Derechos y libertades Videovigilancia algorítmica en nombre de la seguridad de los Juegos Olímpicos de París
Aunque las autoridades francesas aseguran que no se utilizará el reconocimiento facial durante los Juegos Olímpicos de París, existe el temor de que el uso de la videovigilancia algorítmica se convierta en permanente.
Deportes
Deporte Quiero que seas como Beckham
Sobre los Premios Diputación Contigoy las consecuencias de premiar la “excelencia” en el deporte infantil y juvenil.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Más noticias
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.