Becarios
A FEUGA: contrato de formación ou explotación laboral encuberta?

A Fundación Empresa-Universidad Gallega é unha das opcións maioritarias dos titulados ao finalizaren os graos. A maioría dos que a fixeron denuncian un “abandono e falta de seguimento” por parte da institución e, outros, identifícana como “prexudicial” para os bolseiros e beneficiaria para os intereses empresariais.

Case a metade da mocidade galega segue sen traballo. Un 42,2% das mulleres e un 32,8% dos homes menores de 25 anos están en paro. A situación non mellora moito para quen realiza estudos superiores, cun 20% de desemprego. Ante este problema estrutural, moitos aceptan case calquer oferta coa fin de atopar un traballo estable no futuro e non ser do 15% de galegos que emigra por cuestións laborais. 

Na Galiza, destaca coma método de inserción laboral a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA). A institución semipública fundada en 1982, asegura que promove “a través de bolsas de formación a inserción laboral de estudantes e titulados universitarios e de Formación Profesional”. Tamén reiteran ser o “elemento condutor para que a transferencia de coñecementos circule entre os centros educativos e a empresa”. É dicir, o programa xestiona contratos de formación entre as empresas e a xuventude galega.

En contestación ás preguntas do Salto ao departamento de comunicación de FEUGA, en 2019 realizárona 3.235 persoas cunha inserción laboral dun 65,5%. Neste dato non indican en qué tipo de contratos se transforma —malia ser preguntados específicamente por iso—. Resulta chamativo comparalo con outros antecedentes; só un 21% dos contratos de formación ou en prácticas se transforman en indefinidos, segundo o informe ‘Contratos para la Formación y Contratos en Prácticas’, elaborado por CC.OO.

Un 81% dos titulados buscou emprego ao rematar o grao en 2012, dos que só o atoparon o 53%, cun tempo medio de atopar emprego de 10 meses segundo o  ‘Estudio de la inserción laboral de los titulados en el Sistema Universitario de Galicia 2011-2012’, realizado polo equipo de ACSUG e, segundo o mesmo estudo de 2013-2014, a bolsa FEUGA serve para un 7,54% para atopar o seu primeiro emprego.

“É inxusto, fas 8 horas ao día para unha empresa por menos do Salario Mínimo Interprofesional”, valora Eva Insua, estudante de ADE e beneficiaria da FEUGA durante un ano

A FEUGA é unha entidade semipública sen ánimo de lucro cunha dotación duns 16 millóns de euros anuais. O beneficiario da bolsa, recibe unha dotación mínima de 557 euros netos ao mes pagados pola institución, cun máximo dun ano prorrogable. “Acabas de saír dunha formación e ao principio ves con bos ollos eses cartos”, afirma Daniel Vázquez, quen percibiu a beca coma xornalista nun medio de comunicación. “É inxusto, ao final fas 8 horas ao día para unha empresa por menos do Salario Mínimo Interprofesional”, valora Eva Insua, estudante de ADE e beneficiaria da FEUGA durante un ano. Con este salario a independencia económica complícase, “é difícil ter unha estabilidade se co aluguer xa se che vai a metade”, critica Daniel Vázquez.

becario sombra empresario

Contrato de formación ≠ primeiro contrato 

No programa FEUGA, prohíbese a existencia de relación laboral entre o bolseiro e a empresa. “Os bolseiros quedarán suxeitos ás normas da Fundación e da empresa ou entidade colaboradora na que se desenvolva a súa formación práctica, sen que iso comporte a existencia de relación laboral algunha”, subliñan. Ademais, “as actividades do beneficiario serán formativas e de caracter práctico, sen que en ningún suposto vaia ostentar a condición de responsable, nin tan sequera de facto, da execución de calquer tipo de actividade”. Estipulan que o bolseiro debe estar sempre supervisado e controlado polo titor que se lle asigne, quen “vela porque o beneficiario aproveite con éxito o proceso de formación”. 

Na práctica, non é tan efectivo. Así aconteceu co caso de María —que prefire manter o seu anonimato—. Ela, percibiu a bolsa FEUGA durante un ano nunha empresa de márketing. “Viña de facer as prácticas curriculares do máster —non remunaradas— con eles e ofrecéronme a bolsa. Ao non querer ir fóra da Galiza, acepteina sen saber moi ben onde me metía”, explica. “O problema de FEUGA é que no imaxinario colectivo se ves como un primeiro contrato e non como un de formación, o que fai que un colla responsabilidades que non lle corresponden”, puntualiza.

“A empresa xeraba unha plusvalía enorme conmigo, pero por iso da cultura do esforzo aguantei”, xustifica a afectada por unha relación laboral coa empresa

“Puxéronme ao frente dun departamento de marketing creado coa miña chegada. As miñas funcións antes facíanas empresas externas ás que contrataban”, denuncia á vez que sinala que non contaba cun titor/a que supervisase as súas tarefas, xa que este tiña outro horario e apenas coincidían. “A empresa xeraba unha plusvalía enorme conmigo, pero por iso da cultura do esforzo aguantei”, xustifica.

Tras dous meses coa FEUGA, María queixouse polo alto volume de traballo, chegando as veces ás 10 horas diarias, sen pagar as extra. Na empresa dixéronlle que non a ían contratar até pasado un ano, pero que lle farían un a media xornada. “Pedín días libres por saturación e denegáronmos. Até lle pediron a FEUGA que mo explicase, xa que eu non sabía que non contaba con eles”. 

“O avogado de FEUGA loitaba en defensa da empresa cando o lóxico sería que fose esta institución quen denunciase pola miña parte”

“A partires de malos tratos continuados polos superiores estoupei”. María pediu unha Inspección de Traballo e, a partir dese momento, “o trato foi aínda peor: ignorábanme, non me saudaban e criticaban o meu traballo”. Pola parte de FEUGA, “púxose da súa parte e tentou até tranquilizalos. O seu avogado loitaba en defensa da empresa cando o lóxico sería que fose Feuga quen denunciase pola miña parte”. Ao final, a empresa buscou unha negociación con ela e “recoñerecéronme como traballadora e pagáronme todo o que me debían por eses meses”. Analiza que “houbos moitos meses de estrés, pero estou orgullosa de loitar polos meus dereitos”.

Segundo o avogado laboralista Fabián Valero  “as FEUGAs, como calquer tipo de bolsa, non son contratos laborais en sentido estrito, senón accions de tipo formativo, coa finalidade de que a persoa poida desenvolverse nun posto de traballo ordinario no futuro” . Admite que  “durante o transcurso da bolsa un debe ter unha etapa formativa intensa e que despois se acabe facendo tarefas do traballo”.

En ningún caso este tipo de contratos poden derivar nunha relación laboral, “acotío substitúense coas FEUGAS a traballadores ordinarios. No momento no que un fai tarefas do día a día dunha persoa do plantel, é un fraude”, sentencia o avogado.

Para evitar isto, segundo o avogado, un debe pedir unha inspección laboral. “O problema delas é que están infradotadas no Estado español, hai moi poucos medios”, lamenta. “Estiven a piques de ir a xuízo, pero sei que foi nun momento no que non tiña grandes ataduras económicas nin tiña fillos, nin unha hipoteca. Podía ‘permitirmo’. As inspeccións laborais deberían estar máis normalizadas”, defende María. “Moitas veces tes a esperanza de que che contraten e calas porque non hai traballo do teu”, apunta Daniel Vázquez quen lamenta que “traballas onde fai falta xente, non onde che gustaría formarte”.

Non se comece ben o seu funcionamento 

Moitos bolseiros denuncian a falta de información en canto aos seus dereitos laborais. Excepto por caridade da empresa, non teñen dereito a días libres ou vacacións. “Eramos sete na empresa e houbo unha época na que todos colleron vacacións excepto eu, que non podía. Houbo días nos que ficabamos só dúas persoas na oficina”, censura Carlos Riobó, beneficiario da FEUGA nunha empresa de marketing durante 6 meses. “Eu tiven tres días de vacacións por xenerosidade do meu xefe, pero estiven uns días no hospital que non cobrei”, critica Eva Insua.

Nos contratos, as testemuñas aseguran non saber moi ben o que asinaron. O tempo da FEUGA non cotiza, nin para prestación por desemprego, nin para xubilación. “Fixéronme asinar en medio do traballo e esixíronmo para o momento, despois pedín unha copia do contrato que me denegaron”, critica Vázquez. Denuncia tamén que moitas veces os traballadores nin sequera saben as responsabilidades reais dos beneficiarios. “Tiña bo trato con eles e algúns nin sequera sabían que estaba de FEUGA”, reproba. Aínda así, “traballaba o mesmo por menos salario”.

“Pagábanme a día 10. O meu único trato con FEUGA entre que asinei o acordo e finalicei o contrato foron correos e chamadas preguntando polos meus cartos”, critica Laura Casal

Por outra banda, hai quen reproba a tardanza nos cobros. “Pagábanme a día 10. O meu único trato con FEUGA entre que firmei o acordo e finalicei o contrato foron correos e chamadas preguntando polos meus cartos”, critica Laura Casal, quen realizou a súa FEUGA nunha empresa de márketing. “E nin sequera me responderon a todos os correos”, reprende. “Funciona moi parecido a unha ETT. Pon en contacto a traballadores con empresas e se pasa algo, lávanse os mans”, explica María, a afectada. 

Estudantes CUVI
Estudantes saíndo da Universidade de Vigo Miguel Núñez

ENQUISAS DE SATISFACCIÓN

Na páxina de FEUGA sorprende a alta porcentaxe de valoracións positivas durante o transcurso da bolsa. Expoñen ante as preguntas do Salto que “os bolseiros participantes no programa de bolsas manifestaron un nivel de satisfacción do 96,04%, que comprende os valores de bo, moi bo e excelente”. Para María, estas enquisas non son reais, “a xente non di a verdade cando as fai por medo a represalias na empresa”.

“Semella que un case ten que sentirse afortunado por ser bolseiro”, advirte Carlos Riobó

“Como levaba tantos meses buscando traballo e foron os que me deron a oportunidade os primeiros meses as miñas valoracións foron positivas, tamén pensando en renovar”, explica Carlos Riobó e prosegue, “arrepíntome, pero tampouco sabía se a empresa podía ver as puntuacións”. De todos xeitos, “agora estou con outra FEUGA na que me tratan mellor, pero semella que un case ten que sentirse afortunado por ser bolseiro”, advirte.

Todas as fontes consultadas nesta reportaxe coinciden coa limitación nas preguntas das enquisas. “Son demasiado xenéricas, no meu caso foi peor o problema de FEUGA que a experiencia na empresa”, relata Laura Casal. “Só había un apartado para avaliar á Fundación e estaba moi limitado, pero en xeral gustaríame poder ter unha maior amplitude de queixas”, demanda Eva Insua. 

En palabras da administración de FEUGA, o seguimento prevé unha evaluación final por parte do titor, así coma chamadas telefónicas aos bolseiros durante a etapa da práctica. “A min ninguén me chamou durante o período de duración”, contrapón Laura Casal.

Que se pode facer?

As empresas aprovéitanse da situación laboral xeral da mocidade, “excepto os que estudaron en universidades privadas, case todos os titulados que coñezo tiveron que recurrir a FEUGA para ter oportunidades de emprego”, quéixase Riobó. Hai “unha evidente bolsa de man de obra barata e estrutural”, que xeran as empresas grazas a este tipo de convenios. “Cando alguén entra nun posto de traballo no que, cando saes, se renova, estamos a falar dun posto de emprego e non dun contrato de formación”, explica Daniel Vázquez. “As empresas que acuden de forma intensiva fan sempre o mesmo e se aproveitan”, critica o avogado Fabián Valero.

“Cando alguén entra nun posto de traballo no que, cando saes, se renova, estamos a falar dun posto de emprego e non dun contrato de formación”, explica Daniel Vázquez

Ante esta situación, “a lexislación laboral xa responde a este problema, hai que controlar que as bolsas se fan para a súa finalidade legal”, reitera Valero. En troques de apelar á responsabilidade individual, “habería que contratar inspectores que vixíen o traballo que fan os bolseiros, que as empresas teñan que amosar e xustificar as funcións feitas de quen forman”, censura Carlos Riobó.

Tal e como está plantexada, “FEUGA debería garantir uns mínimos de dereitos laborais, coma dereito a cotización, vacacións, días libres…”, reclama Daniel Vázquez. “Podería haber bonificacións para que contraten a xente moza, un máximo 4 meses de formación e logo ter que contratalo. Hai que axudar ao traballador a atopar un posto”, reivindica a afectada pola relación laboral encuberta.

“Quen ofrece este tipo de bolsas é a empresa, non o traballador, a eles é a quen máis lle convén. Non nos beneficia nin coma sociedade nin coma país”.  “Podes estar até 4 anos con contratos de formación (FEUGA, FUAC…) , e atoparte con 30 anos sen cotizar un euro na Seguridade Social”, critica. “As FEUGAS non xeran impostos na sociedade. Cunha xeración que non é capaz de independizarse, quen vai pagar as pensións? É unha enorme contradicción capitalista”, conclúe María.

Desempleo
España, en el podio del desempleo juvenil en Europa
España lidera el ranking de desempleo juvenil entre los países europeos. Después de Lituania y Suecia, es el terecer país donde más ha aumentado en el último año.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Fútbol
Fútbol Dónde juegan quienes juegan
De mi infancia, casi recuerdo pasar más tiempo en las pistas de “futbito” del barrio que en el salón de mi casa.
Educación pública
Educación pública Segundo día de huelga del profesorado en la Comunidad de Madrid
Con gran visibilidad frente a los centros escolares cientos de docentes de la escuela pública de toda la región madrileña han enfrentado su segundo día de huelga
Palestina
Bloqueo israelí Activistas toman el embarcadero de El Retiro en favor de la Flotilla a Gaza, bloqueada por Israel
“La Flotilla, rompiendo el bloqueo”, han coreado activistas que han desplegado pancartas y banderas palestinas en el embarcadero del Retiro en un homenaje a la Flotilla de la Libertad.
Palestina
Palestina Misión incumplida: sobre la cobertura de El Salto de la Flotilla rumbo a Gaza
Queremos dar una pequeña explicación a nuestra comunidad y, especialmente, a las personas que con su suscripción permiten que un medio como el nuestro, que es una rara avis en el contexto político y social en el que vivimos, salga adelante.

Últimas

El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Galicia
Política autonómica Redes clientelares, falta de autogobierno y consensos neoliberales: las claves del Gobierno gallego sin Feijóo
Políticas y analistas desgranan la hoja de ruta de la primera legislatura gallega de la era post-Feijóo: reforzamiento de los hilos de poder locales, falta de vocación autonómica, complejo de inferioridad y una marcada agenda neoliberal.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Genocidio
Genocidio La Flotilla de la Libertad pospone el viaje a Gaza hasta un próximo intento
Las activistas internacionales que tienen previsto zarpar para llevar ayuda humanitaria hasta Palestina anuncian que volverán a intentar zarpar para romper el bloqueo israelí.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Paraguas o chubasquero
En algún momento aprendes que no da igual qué opción tomar. Aprendes que hacer las cosas de una u otra manera tiene repercusiones para otras personas, para el planeta.
Galicia
Galicia Muere a los 92 años la poeta, activista y revolucionaria Luz Fandiño
El fallecimiento ha sido anunciado públicamente por su amiga y alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.
Palestina
Palestina Estudiar y formarse mientras sobrevives a un genocidio
La destrucción generalizada de las infraestructuras ha tenido un impacto brutal en el sistema educativo palestino.

Recomendadas

México
América Latina México a las urnas: los claroscuros de AMLO y la primera presidenta
Todo apunta que el 2 de junio, por primera vez en la historia, una mujer llegará a la presidencia. Claudia Sheinbaum, sucesora de Andrés Manuel López Obrador, se presenta como “hija del 68” en un país todavía asolado por el conflicto interno.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Vivir y resistir en Andalucía, la comunidad con más desahucios del Estado español
En Andalucía, la comunidad con mayor número de desahucios, se producen 11 al día. En todo el territorio surgen experiencias que luchan por la vivienda digna en un lugar donde tener un techo “se ha vuelto una utopía”.
Cine
Estíbaliz Urresola “El cine no debe quedar impasible ante las atrocidades que suceden”
La directora de ‘20.000 especies de abejas’ sigue recibiendo reconocimientos por su película, pero pide que se transformen en aplicación de mejoras concretas para el colectivo trans.