AGANTRO
Os rituais en tempos de pandemia

A Covid-19 provocou un freo na celebración dos ritos que marcan as estacións, ritos que os seres humanos precisamos para sentir que o tempo pasa.
Laza
Un peliqueiro no entroido de Laza. Brais Lorenzo Couto

Agantro

23 jul 2021 09:25

Falando coa xente un decátase que na nosa memoria non existen o ano 2020 e 2021; dende fai un tempo transitamos por un espazo temporal difuso, A Pandemia. Só despois dun grande esforzo mental podemos situar as lembranzas co noso interlocutor nunha referencia concreta de anos ou meses.

Isto sucede porque nesta Pandemia os fitos temporais relevantes mudaron. Contamos o número de vagas, a aparición das primeiras vacinas, o número de doses de familiares e a propia, os contaxios, as corentenas, as escaladas, as desescaladas. Se non fora todo tan lento parecería que estamos a falar dunha montaña rusa.

O noso vocabulario pandémico tamén medrou enormemente, inzando as conversas de terminoloxía médica, cousa que antes semellaba pertencer á idades máis avanzadas onde cos achaques se falaba de enfermidades, medicamentos, consultas médicas, etc.

Os diversos confinamentos variaron tamén o noso concepto do espazo e do tempo. Os que non puideron traballar nin saír da casa de repente tiveron máis tempo, libre? Moitos proxectos persoais puideron así saír adiante nestes tempos, outros tiveron que agardar. E máis tempo para matinar nas cousas que antes gozabamos sen pensar e que se converteron de súpeto nun privilexio porque o espazo persoal físico minguara: a liberdade dun paseo, unha viaxe, un xantar en familia ou cos amigos, unha festa, un concerto.

A supresión das referencias temporais comúns dun xeito traumático e a súa substitución por unhas novas sen ordenación clara provoca esta sensación de estar nun ‘continuum’ pandémico que semella non ter fin. Con semellanzas ao Día da Marmota da película Atrapado no tempo, de Harold Ramis con Bill Murray de actor principal.

A supresión das referencias temporais comúns dun xeito traumático provoca esta sensación de estar nun ‘continuum’ pandémico’

O ser humano necesita dos rituais para ordenar o ciclo anual, para darlle sentido ao transcurso do tempo. Todos estes fitos formarían parte dunha segmentación máis ampla da existencia humana, tanto social como individual, dende o nacemento ata a morte e máis alá. Algúns destes fitos rexíanse polo calendario agrícola das estacións: sementeira, colleita, vendima, magostos; Entroido, Os Maios, o San Xoán; outras serían as festas relixiosas e civís que poderíamos denominar tradicionais: Nadal, Semana Santa, festas de cada parroquia.

Segundo Durkheim os rituais non son cousa do pasado e de sociedades primitivas; todas as sociedades, tamén as modernas, teñen os seus propios rituais para os máis diversos fins, tanto civís e políticos coma relixiosos.

Nas sociedades actuais cada vez máis urbanas con profesións menos vinculadas ás estacións do ano algunhas das antigas festas mantéñense variando de significación. Tamén apareceron outras datas rituais novas, como por exemplo as rebaixas ou as vacacións. Ou as populares festas históricas recreacionistas e gastronómicas, de índole local, que xurdiron dende os anos noventa. Segundo Santiago Lamas estas teñen orixe norteamericano e obedecen a lugares sen historia nin acontecementos significativos que celebrar, como sería a historia borrosa de Galiza, e dos galegos como pobo subalterno dentro da historia de Iberia, xente sen historia como diría Eric Wolf.

Algúns fíxanse soamente no seu aspecto lúdico dándolle pouca relevancia antropolóxica, pero teñen tamén o seu propio valor e importancia ritual igual que as festas máis antigas e de avoengo, como por exemplo como mostra do poder desa localidade competindo coas veciñas.

Segundo Durkheim os rituais non son cousa  do pasado; todas as sociedades, tamén as modernas, teñen os seus propios rituais para os máis diversos fins

Non se poden esquecer tampouco os festivais e feiras da máis diversa índole, sobre todo en ámbitos máis urbanos. Xa sexan de teatro, cine, música, artesanía, etc. que tamén delimitan espazos e tempos ao cabo do ano. Cando conseguen perdurar convértense tamén nun sinal de identidade e orgullo máis para a comunidade e marcan, ao seu modo, o ritmo do ano.

Xa non só as grandes festas rituais foron suprimidas, coma o Entroido (o Santo Entroido pasou, pero non pasou por nós). Foi significativo ver localidades como Laza, de grande tradición entroideira, case desertas tomadas polas forzas púbicas, mantendo os lazanos un comportamento exemplar en todo momento nos actos que se fixeron. Moitas e moitos nos sentimos identificados neste ‘Non Entroido’ do 2021 cos sufrimentos de Porquins no The Porquins Show nº. 032 Especial Entroido (canle de youtube Televejo da Galiza). 

Tamén rituais máis individuais pero igualmente importantes foron afectados pola Pandemia. Só hai que pensar no grande problema que supuxo para as nenas e os nenos non poder celebrar os seus aniversarios cos seus compañeiros; festivais e viaxes de fin de curso, por citar algúns. Todas estas actividades compoñen un verdadeiro rito de pasaxe no sentido que dá Van Gennep ao termo marcando as transicións e delimitando as diferentes etapas da vida, dos grupos e categorías de idade.

Os ritos dan aos seus participantes un sentimento de comunidade, de pertenza ao grupo, por iso teñen un forte compoñente identitario. Transmiten a través deles o sistema simbólico das normas e valores que son importantes para unha determinada comunidade, facendo que permanezan no tempo. Iso non quere dicir que os ritos sexan eternos, están suxeitos a actualización, desaparición, recuperación, e mesmo invención.

Os ritos dan aos seus participantes un sentimento de comunidade, de pertenza ao grupo, por iso teñen un forte compoñente identitario

Teñen a súa razón de ser. Antes por mor da crise, agora por criterios de seguridade, pero tamén monetaristas de que a cultura debe ser rendible, os poderes políticos levan suprimindo e cancelando festas e actividades culturais dende fai tempo como ocorreu por exemplo no Concello de Ourense, sen asesoramento e ningunha xustificación clara. Isto implica ignorar a relevancia dos rituais e da cultura como vertebradora da existencia humana. Estes rituais sustentan grande parte das nosas relacións sociais, que non poden ser substituídas simplemente por relacións cibernéticas. O ser humano é un ser social e para desenvolverse necesita deses espazos, é axente e suxeito cultural. A cultura é segura, nunca é un gasto, en calquera caso sempre é unha inversión.

A pasada Noite de San Xoán tivemos oportunidade de participar na actividade organizada por Amigas das árbores de Ourense e San Breixo de Seixalbo de facer un percorrido en grupo polo monte para recoller as herbas de San Xoán necesarias para preparar a auga de San Xoán. Nese longo paseo de baño de bosque na natureza, ademais de aprender coñecementos de botánica e tradicións, un sente que tece comunidade formando parte do elo da cadea transmitida dende tempo inmemorial.


Herbas de San Xoán
Herbas para o día de San Xoán. Félix Castro Vicente

Como dicía Vicente Risco, “hai que volver anualmente ao monte, ao bosque, para renovar a nosa humanidade” porque xa nos temos apartado demasiado daquilo”. Algo semellante fan os pobos nómades sedentarizados que unha vez ao ano marchan coa súa ‘haima’ ao deserto para vivir como facían antigamente.

Tempo de parar, parar a tempo

A Antropoloxía do tempo é o campo da disciplina que estuda o tempo, que aínda que semella algo que nos ven dado de fora, da natureza, ten tamén un forte compoñente subxectivo, tanto comunitario como individual. É en grande medida unha construción social.

As culturas non entenden o tempo todas da mesma maneira. En algunhas é importante para ordenar a experiencia, para outras é algo secundario, case anecdótico. Hai culturas que o perciben como algo lineal, outras como circular. Teoricamente tense consolidado a visión de que hai dous tipos de tempo, un circular, repetitivo, relacionado coa vida cotiá; e outro lineal relacionado coa sucesión xeracional, coa historia. A concepción occidental do tempo expandiuse e colonizou gran parte do planeta.

Segundo Greenhouse as diversas concepcións do tempo están intimamente relacionadas coas relacións de poder e de control político e social das clases dominantes sobre as dominadas; así aos nosos paisanos chegáballes con quedar entre lusco e fusco ou á noitiña, ou traballar sen un tempo concreto salvo polo goberno das estacións e da luz solar.

A famosa puntualidade «británica» que se adoita ver hoxe como unha virtude ten máis que ver cunha imposición da maquinaria produtiva da sociedade industrial das fábricas sobre as clases traballadoras.

O concepto do tempo nunha cultura eminentemente rural non pode ser o mesmo que nunha cultura urbana e industrial. Naquela enténdese que cada cousa necesita o seu tempo, hai que deixalas madurar, que a rapidez non sempre é unha virtude, que as cousas precipitadas pódense estragar. Na concepción industrial os prazos poden acurtarse, poden producirse as cousas en menos tempo, non necesitan maduración. A produción artesanal comparte máis características da cultura rural tradicional que da concepción industrial da fabricación.

A famosa puntualidade «británica» que se adoita ver hoxe como unha virtude ten máis que ver cunha imposición da maquinaria produtiva sobre as clases traballadoras

Bo exemplo disto é a seguinte anécdota: cando lle encargamos ao artesán catalán Xavier Orriols unha frauta galega de tres buratos —reprodución dunha que se conserva no Museo de Montjuic—, comprometeuse a facérnola. Cada ano chamabámolo e botábamos un conto, de como fora o ano, das cousas da vida, etc. Pasadas bastantes chamadas, nunha delas díxonos, «igual este ano douvos unha sorpresa». E déunola. Ao cabo de mes e medio chegou por paquete postal a agardada frauta, grazas á relación paciente mantida no tempo entre ambas partes. Tamén nos contou o seu segredo: «a min grazas a Deus nunca me faltou traballo. Para ter sempre traballo, traballar pouco e amodo».

Os nosos avós tiñan unha idea de tempo diferente da nosa, sen ir máis lonxe non vían a morte como un corte radical do mesmo. Tiñan moitos refráns que amosaban o seu saber sobre o tempo nun contexto no que as cousas discorrían de vagar e non todo dependía dun. Como amosa a web do Refraneiro Galego: «todas as cousas teñen o seu tempo», «se queres vivir moito tempo, faite de mozo, vello», «mentres tempo non pase, anada non ven», «dar tempo ao tempo, é de bo senso», etc. En castelán son significativos os de «mucho y bien, busca a quién» e «vísteme despacio, que tengo prisa».

Estes conceptos e xeito de vida tradicionais non están lonxe dos movementos de ‘Slow Food’, orixinado polo chef italiano Carlo Petrini contra a invasión dos establecementos de ‘fast food’ norteamericanos, ou do movemento máis xeral do ‘Slow Life’, que se puxeron de actualidade para o público xeral cando a Pandemia fixo que moita xente repensase a súa relación coa contorna e o tipo de vida que quería levar. Amosou tamén a necesidade de superar o individualismo, a corresponsabilidade dun xeito transversal, o decrecemento cultural ou de poñer os coidados no centro da vida, tanto do autocoidado, como coidado dos demais e da contorna, como propón o ecofeminismo dende fai tempo.

A Pandemia deunos a oportunidade de volver ver a vida doutro xeito, non a desaproveitemos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro A fantástica integración e a deconstruente sociedade do porvire
Convén razoar que o declive demográfico galego pode mudar grazas ás persoas migrantes que son as que, nos últimos tempos, xa teñen alterado os números de natalidade. Iso para nós é un milagre.
AGANTRO
AGANTRO Antropologia, vida e terra: apontamentos acerca de uma agenda de pesquisa.
Acredito que antropologia: vida e terra, possa ser uma forma de enunciação de pautas que se estão impondo às pesquisas antropológicas em diferentes contextos contemporâneos, já seja na América Latina ou na Europa.
AGANTRO
Entrevista Astrid Ulloa: “O extractivismo en América Latina exacerbouse creando novas violencias cara as mulleres”
A profesora da Universidad Nacional de Colombia fala sobre extractivismo, a importancia das mulleres indíxenas na loita polo medio ambiente e Colombia e o concepto de xustiza ambiental relacional.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Más noticias
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.