Agresiones sexuales
“Despois de denunciar teño unha curiosa sensación de triunfo”

Iria Pinheiro denuncia os meses de acoso que sufriu por parte de José Luís Viñas Orta, o director do programa "Con amor e compañía" emitido en TVG.

Iria Pinheiro (Ourense, 1978) defínese como unha cabareteira corrente. Artista con todas as letras: actriz, cantante, presentadora de televisión, guionista, compositora, videocreadora, mestra de cabaré, etc. Produtora dos seus propios espectáculos, hai tempo xira co seu alter ego DandyLady, onde traballa o eido da poesía escénica, mesturando, por exemplo, cabaré con economía.

En 2009 recibiu o premio como Mellor Actriz no certame Curtas na Rede, en 2012 protagoniza Dos fragmentos/Eva (Ángel Santos), que recibe a Mention Spéciale du Jury Jeune no Festival de Annecy. En 2015 coprotagoniza Kauflanders, de Olaia Sendón, seleccionada no festival de cine de Málaga de 2016. Vocalista na banda Os modernos, na actualidade vai estrear Uralita, novo espectáculo de Dandylady e está a traballar na preparación de Anatomía dunha Serea dentro da Berberecheira, a residencia artística ofrecida por Chévere.

Pero sobre todas as cousas, Iria é un amor, unha muller forte ao mesmo tempo que sensible, unha persoa comprometida con mellorar o mundo no que vivimos coa ironía e o humor intelixente dos seus espectáculos. Iria vén de presentar no Xulgado de Garda número 3 de Santiago de Compostela unha denuncia onde relata os tres meses de acoso que sufriu por parte do director do programa Con amor e compañía —emitido na TVG—, José Luís Viñas Orta.

Traballando como presentadora no programa aturou tocamentos, insinuacións, humillacións e comentarios por parte do director que acabaron por xerarlle un cadro de ansiedade e insomnio. Todo comezou en marzo do ano pasado cando o referido director dirixiuse a ela diante de máis compañeiros: “non quero que agoches as túas curvas na televisión, que xa che pillei o truco... eres una mujer bandera, oito de cada dez espectadores vanse querer deitar contigo cando te vexan no programa”. Interpelada pola actriz, Ficción Producciones, a compañía produtora do programa, por única resposta pediulle que seguise no programa, e ofreceulle un novo posto de menor categoría para a tempada seguinte.

Como te sentes nestes momentos? Tes o noso apoio incuestionable, estás notando o mesmo en todo o sector? Tiveches novas de TVG, da produtora ou do propio director?
Grazas por preguntar, síntome serena e segura, teño unha curiosa sensación de triunfo, de pequena vitoria. Grazas tamén polo voso apoio e o de todo o sector que tivo a valentía de manifestar a súa repulsión ante os feitos que relatei na miña denuncia. Todas estas mostras de afecto e de forza en común son moi importantes, non só para min, senón para outras posibles vítimas de acoso así coma para toda a sociedade. Axudan a modificar o sistema radicalmente.

Asina o manifesto da rede femimista solidaria en apoio a Iria Pinheiro.

Non tiven ningunha chamada desde a CRTVG, soamente vin que retiraban cautelosamente ao director do seu traballo e que se amparaban na súa presunción de inocencia. Pola contra, desde esa mesma contorna, recibín o apoio total e inmediato do Comité Intercentros da CRTVG e da Secretaría da Muller da CUT.

Coa produtora e co director non tiven máis trato, pero chamoume un antigo compañeiro do programa para dicirme que debía paralizar o proceso porque disque lle estraguei a vida ao meu acosador denunciándoo. Tratei de facelo entrar en razón, pero por desgraza hai xente que pensa así, non é o único. Polo menos foi educado cando me falou.

Como foi o proceso que pasaches desde que decidiches tomar a decisión de denunciar? Tiveches oportunidade de denunciar desde o primeiro momento? Debeuse a algo concreto que non fixeras públicos os feitos ata agora?
O proceso non foi doado, quixen denunciar ao remate da primeira tempada do programa, cando finalizara o meu contrato. Daquela descoñecía a opción de solicitar unha rescisión de contrato presentando unha demanda ante o Xulgado do Social, así que cando finalizamos o último programa acudín á Asociación de Actrices e Actores de Galicia para solicitar axuda xurídica.

Foron moi agarimosos e discretos, pero a avogada non o viu claro, valorou en detalle e, ao ver que non había probas e que as testemuñas non ían falar, recomendoume non seguir, para protexerme. Cando me chamaron para seguir na segunda tempada, con menos categoría “porque al parecer no te entendiste con el director”, confeseille á produtora xefa o acontecido, dixo que investigaría e falaría… e pediume que por favor seguise no programa. Tomei un tempo para pensalo e ao ver que non había cambios en canto á dirección da nova tempada, rexeitei continuar.

A precariedade do sector inflúe moitísimo para quedar inmobilizadas ante isto ou ante calquera outra demanda da profesión, hai un medo terrible a “e se non me volven chamar?” Eu por sorte mantéñome con traballo constante desde 2005, o malo é cando tardan en pagarche meses ou anos... aí desfaise a túa economía e veñen os problemas.

CIMA chama a elaboración dun protocolo “para a prevención do acoso sexual” e outras entidades do tecido audiovisual manifestáronche publicamente o seu apoio mais, que accións concretas están tomando as institucións do audiovisual galego que impidan estas situacións?
Cando lin o manifesto da comunidade audiovisual emocioneime porque me pareceu ilusionante, formulaba cuestións prácticas, vin unha vontade de traballar unidas nunha nova vía. Espero que non decaia este ánimo, sería un verdadeiro cambio social se desta comunidade de persoas que se uniron dun xeito histórico a raíz do meu caso saísen accións concretas para implantar no sector. Por outra banda, urxe que as produtoras e a propia CRTVG poñan en práctica os protocolos para a prevención do acoso no traballo (sexual, psicolóxico ou por razón de sexo), falta a implantación destes sistemas e tamén información.

Consideras que a industria audiovisual ten capacidade para facer fronte a estas situacións de asoballamento ás cales estamos expostas a mulleres deste sector, nomeadamente as actrices?
Ten capacidade de sobra, coma calquera outra industria. Igual que temos normas de tráfico que todas e todos cumprimos, nas relacións laborais temos que estar atentas e cumprir a Lei de Prevención de Riscos Laborais, na cal se encadra o acoso. Non vale ollar cara a outro lado e minimizar as secuelas das vítimas.

Co tempo comprobei que nas esquerdas hai moita autocompracencia


Atopaches ‘aliados’ no camiño, compañeiros de militancia, nas esquerdas, ou máis do mesmo en todas partes disfrazados de activistas dos movementos de base?
Atopei aliadas e aliados en xente achegada, persoas de diferentes sectores laborais que se decatan de que o que me pasou vulnera os dereitos fundamentais das persoas traballadoras. Tamén recibín apoios da Secretaría de Mulleres da CUT, En Marea, BNG e de grupos feministas.

En canto aos compañeiros activistas comprobei co tempo que nas esquerdas hai moita autocompracencia e que o máis parecido a un machista de dereitas é un machista de esquerdas, así, resumindo. Estou a falar desde o punto de vista da miña experiencia persoal e non teño resentimento, só decepción. As redes sociais son moi perigosas para o ego e dadas a crear trampulladas. Pero este tema merece outra entrevista completa… (risos).

A Academia Galega do Audiovisual publicou hai tempo unha reportaxe de Montse Dopico que conclúe que o audiovisual galego está lonxe da igualdade de xénero. Cal é túa opinión ao respecto?
Estou de acordo, non só no audiovisual, tamén na música e no teatro. Seguimos a cumprir os patróns establecidos que forman parte dun mandato do pasado. Vese con desconfianza a unha muller que lidera un equipo, que manexa un instrumento musical, cables… Parece que se nos teñen asignados traballos máis achegados ao emocional que ao intelectual, os nosos quefaceres con frecuencia teñen un matiz maternal, no sentido retrógrado da palabra. Como actrices estudamos un papel e investigamos, preparámonos, ensaiamos… pero a derradeira palabra tena o director, case sempre. Na produción facemos o catering, traemos e levamos xente, recordamos as convocatorias, organizamos ao persoal; no departamento de vestiario mesmo recollemos roupa que nos deixan tirada no chan, lavamos e pasamos o fero na roupa, etc. Solucionamos a papeleta, pero non nos poñemos moitas medallas en público, non hai oco para o noso recoñecemento.

Cres que o audiovisual é un sector especialmente golpeado por esta realidade machista e androcéntrica? A túa denuncia podería ser a punta de lanza para que outras compañeiras decidan dar o paso e denunciar acoso laboral e abuso sexual?
O audiovisual galego, aínda que está comezando a cambiar, ten un lastre realmente machista que hai que liquidar entre todas e todos. En Galicia existen moitas persoas da primeira xeración aínda en activo, de cando naceu a televisión autonómica, que funcionan baixo un modus operandi empoderado, o malo é cando as xeracións seguintes toman o modelo androcéntrico coma bo e así se van pasando o relevo nos mandos.

Sería fantástico que esta denuncia e o meu ofrecemento público a axudar a quen o precise sirva para que outras mulleres dean o paso. Nestes días chegáronme todo tipo de queixas sobre o director a quen denuncio, xente que me di que traballa na TVG comentoume “ai, se todas falásemos…”. Ante esta realidade, como pode haber quen asine un comunicado dicindo que minto nas miñas declaracións?!

Cres que en Galicia son coñecidos os abusos e ninguén está facendo nada?
En Galicia, de sempre, sábense cousas e casos, ninguén fai nada porque se toman como peaxe obrigatoria da profesión, e mírase cara outro lado. Mentres non cheguemos a violacións contra unha parede, todo o demais “é o de toda a vida”, “non nos pagan por pensar”, “non te metas” “a saber que fixo ela”, “el ten moito poder”, “non foi para tanto”. A solución sería facerlle fronte co feminismo armado por mulleres e homes. Por desgraza levo recibindo paus desde o principio, algúns máis sutís e outros con peores consecuencias como o que agora nos atinxe. Pero isto pásanos a todas!

Ás veces podes neutralizar ao acosador soa ou con axuda doutras compañeiras, pero eles adoitan ter poder e testosterona por un tubo, a súa actitude atrae tanto que ninguén che cre cando te queixas de que fulano che arrimou o pene erecto en pleno escenario… Ou que che deron patadas no cu para que proxectes máis a voz no teatro... Ou que che dixeron diante de todo o mundo que “es coma a virxe do Corpiño porque non te deixas tocar”. Penso que este relato confirma que hai un problema sistémico e sistematizado.

Cres que temos os nosos propios ‘Harvey Weinstein’, que quedan moitos por saíren?
Penso que hai moitos nomes que todas coñecemos e que tarde ou cedo sairán, por denuncias ou porque as mulleres nos tomemos a xustiza pola man. Non falo só de directores, hai produtores, actores, técnicos...

Sei de casos enrevesados que se cadra nunca sairán á luz, homes de familia acomplexados que a “montan parda” fóra da casa… Casos de “esquerdosos” que aproveitan o seu discurso para poñerte nun compromiso. Este problema ten moitas máscaras, os acosadores non só teñen o lado malo, tamén poden ser carismáticos, o que os fai máis perigosos.

Falemos do teu traballo, ti es unha profesional con producións propias, unha prolífica carreira de máis de 20 anos na cal fixeches cabaré, videopoesía, música, dobraxe, danza, televisión e cinema. Con que xénero estás máis a gusto? Cal supón menor esforzo para sacalo adiante sen unha grande produtora detrás como no teu caso?
A estas alturas non teño preferencias, gozo tanto unha gala como dun filme de baixo orzamento. Cando comecei devecía polo cine pero o cabaré era máis rendible e inmediato, e collín o camiño do trato directo co público, que me deu estabilidade creativa e económica.

A autoxestión é a mellor vía no meu caso, pois así non teño que agardar a que me chamen e podo traballar en rede con total liberdade con xente con quen me sinto a gusto. Porque, por exemplo, as subvencións teñen unha dobre cara que me parece moi estresante para os e as creadoras, penso que habería que repensar esta fórmula.

Nos espectáculos de Iria Pinheiro conxúgase o íntimo e colectivo, hai moita conciencia social e tamén humor. É debido a unha aposta persoal, diriamos política, para promover a transformación social ou explicase máis polo teu carácter?
Imaxino que unha cousa vai coa outra, din que teño empatía e a maiores eu creo na transformación social por medio das artes escénicas ou plásticas. Vin como a creatividade mudaba personalidades moi duras e as facía afables, e iso é e beneficioso para a comunidade. Soño con cambiar o mundo co meu próximo espectáculo, no cal se fala de violencia obstétrica, teño un cálculo matemático da cantidade de cerebros que van saír reprogramados despois cada función, hahahahaha!

Hai moitas menos directoras en xeral e poucas que reciben premios, tanto en cinema como no teatro. As directoras teñen menos visibilidade, e ao seu cinema adoitan encaixarlle a etiqueta de “cine de mulleres”, que pensas sobre isto e como mudar a situación? Pola túa experiencia como actriz en producións alleas, cres que todas as personaxes femininas están estereotipadas xa desde o guión?
Co tempo esta tendencia parece que está cambiando, pero dáme medo de que precisamente acabe en moda, “queda guai premiar tías”. É coma na poesía, actualmente hai un batallón de mulleres poetas de calidade en Galicia, e ás veces parece que as xuntan en recitais porque son lindas e falan de cousas de “chicas”. Na música tamén acontece algo similar… A situación cambiaría se houbese máis programadoras en todos os campos, mulleres en cargos de responsabilidade con confianza no seu criterio. E si, as personaxes femininas escritas por homes acostuman ser un clixé. Cando traballo con mulleres a cousa cambia, tamén coas directoras noto que me dan máis liberdade e dese xeito a personaxe enriquécese.

É posible chegar a ter estabilidade económica cando, moitas veces, o traballo no sector é estacional? É posible a conciliación familiar?
É moi difícil, conséguese con traballo de formiga, con moita constancia, e desenvolvendo moitas actividades: fas tele, teatro, algo de cinema, galas, cabaré, poesía escénica, produción, concertos, das clases de teatro, etc.

A autoxestión e o contacto directo co público para min foron o sistema que mellor me aquelou. A conciliación... Ai… Sobre o meu cadáver. Tes que ter unha tribo ou un fondo monetario familiar para as coidadoras, sobre todo no noso caso, que vivimos no rural, lonxe das nosas familias de orixe e sendo os dous cabareteiros. Por sorte hai asociacións actorais coma Aisge que contan cun fondo asistencial para a maternidade, crianza e vellez dos e das socias. Para a miña familia foi unha axuda moi importante, pois o nacemento do neno colleunos nunha desas etapas nas que as facturas tardaban en chegar e ao mesmo tempo tiñamos moitas actuacións.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

La vida y ya
La vida y ya Una línea imaginaria
Querían que supieran lo que les pasa. El miedo. La llave en la mano en el camino de vuelta de noche. El mirar atrás. El caminar deprisa. El mensaje de: “Ya llegué a casa”.
Violencia machista
Violencia machista La Audiencia Nacional prima el derecho a la información al olvido que reclamaba el asesino de Nagore Laffage
“El mundo tiene que saber que fue por un no”, resalta Asun Casasola, madre de Nagore Laffage. El psiquiatra José Diego Yllanes Vizcay la mató de una paliza en los Sanfermines de 2008 tras intentar violarla.
Justicia
Agresión sexual La Audiencia de Barcelona acuerda la libertad de Dani Alves a cambio de una fianza del 1,82% de su patrimonio
La fianza es de un millón de euros. La decisión no ha sido unánime, uno de los tres magistrados prefería mantener al condenado en prisión, hasta que se resuelvan los recursos de su caso.
#11700
23/3/2018 21:06

Que valente e que necesaria! Ese "se todas falásemos..." está hoxe máis perto. Adiante!

4
0
#11691
23/3/2018 19:37

Moita forza para Íria que foi quen de denunciar e sinalar ao acosador.
E uns lentes graduados para avogadas e avogados que ven pouco.
Contra a agresión...castración!!

4
0
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Sanidad pública
Sanidad pública “Sanidad de calidad, eso sí es libertad”: miles de personas protestan contra Díaz Ayuso
Una nueva gran marcha recorre Madrid para denunciar el abandono de la sanidad pública y el apoyo del Gobierno regional de Isabel Díaz Ayuso a la privada.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.