Tecnología 5G
Progreso ou insensatez?

A quinta xeración de telefonía móbil promete marabillas, mais... a que custo?

Antenas 5G
Antenas 5G en Pittsburgh, EUA. Imaxe de Tony Webster na Wikimedia.

Coordinador do Instituto Resiliencia

11 mar 2020 06:03

Desde o pasado ano 2019 estase xa a introducir no Estado Español a quinta xeración de telefonía móbil ou celular, a chamada 5G. Esta nova xeración vai operar en diferentes bandas de frecuencia, desde unhas similares ás do 4G até a banda das chamadas frecuencias extremadamente altas, que xa abandonan a franxa das microondas e achéganse á luz infravermella. Nestas frecuencias máis altas podería acadar até os 20 Gbps (milleiros de millóns de bits por segundo; aínda que as primeiras probas en España deron velocidades de apenas 700 Mbps de media, fronte aos 25 Mbps con 4G e 6 Mbps con 3G). A industria prevé unha plena implementación para 2025 a nivel mundial e anuncian para entón o que chaman a Sociedade do Xigabit (por segundo, cabe entender). Mais a Comisión Europea ten fixado como obxectivo para 2025 que soamente certos lugares como universidades, hospitais, servizos públicos, empresas altamente dixitalizadas, etc. dispoñan de 1 Gbps e o resto da poboación, 100 Mbps, e acaba de cursar recentemente a orde para que os diversos países membros o poñan a andar, algo que xa están a facer a maioría deles, España incluída. Grazas a este desenvolvemento da 5G, crearíanse case 2,5 millóns de novos empregos ademais de centos de milleiros de millóns de euros de negocio cada ano, segundo un estudo encargado pola Comisión.

Son coñecidas as preocupacións que desde hai décadas rodean as tecnoloxías de telefonía móbil, mais coa 5G apareceron algunhas sombras, algunhas críticas que son novas ou que, cando menos, amplifican de maneira importante as preocupacións anteriores. A primeira cuestión é se realmente precisamos unha nova xeración de móbiles, e para que concretamente. Aquí comezan a aparecer voces críticas que poñen en cuestión se realmente o que nos van ofrecer compensa o custo enerxético (moi elevado no caso das TIC, por moito que se vencellen coa suposta desmaterialización da economía), o custo ambiental e mais o consumo de recursos finitos, que desde unha óptica consciente do batemento cos límites biosféricos leva á consciencia de que o que utilicemos para levantar a 5G vainos privar de solucionar outras cuestións máis perentorias (acceso universal á electricidade, ou a unha Internet básica, por exemplo).

Decrecimiento
O consumo da economía desmaterializada

A desmaterialización da economía converteuse nun mantra da política moderna que agacha unha gran mentira.

Desde numerosos sectores xa se sinalaron os riscos do 5G: activistas polos ciberdereitos e pola saúde, ecoloxistas, expertos en seguridade, e mesmo profesionais da astronomía ou da medicina

En segundo lugar, xa se sinalou a importante elevación no nivel de risco que vai supor a nivel de seguridade persoal ou nacional, e o curioso é que esas alertas proceden tanto das autoridades de defensa (o coñecido caso dos EUA contra Huawei) e dos servizos de intelixencia (caso do anterior xefe do CNI o ano pasado) como do campo do activismo. Así, o activista ecosocial Adrián Almazán alertou de que: “Hoxe, máis ca nunca, precisamos opornos aos delirios tecnoutópicos dunha sociedade da información destinada ou a bater de fociños cos límites metabólicos ou a se converter no instrumento de dominación dunha elite internacional e conectada”. E a xornalista especializada en ciberseguridade Marta Peirano definiu a 5G como unha “necesidade creada” e chegou a afirmar que é “unha trampa para espiarnos a todos”.

Tecnología 5G
Las manos visibles del capitalismo echan un pulso por el control del 5G

El fracaso de la estrategia punitiva de Trump con China podría llevar a Estados Unidos a buscar alianzas puntuales entre sus empresas y otros gigantes europeos.

Por outro lado, proxectos como o de Elon Musk (e outros) de ocupar os ceos (ben común da Humanidade) con milleiros de novos satélites para facilitar o despregamento desta tecnoloxía, ocultando con eles a visión de non poucas estrelas do firmamento nocturno e enchendo a órbita planetaria de futuro lixo perigoso que antes ou despois nos ha caer nas nosas cabezas ou nas dos nosos descendentes, xa levantou protestas de comunidades ben pouco sospeitosas de tecnofobia, coma a dos astrónomos.

E finalmente, está a importante cuestión da saúde, que ten diversos aspectos. Un deles sería saber até que punto é ou non saudable encher as nosas rúas de antenas a cada 100 metros, como sería preciso para cumprir as máximas expectativas da 5G, con millóns de repetidores dentro dos edificios disparando ademais o consumo eléctrico (estímase como mínimo que multiplicaría por 9 o consumo eléctrico da 4G, contando só as antenas). Fálase de que soamente nas rúas terá que haber 800 estacións base por quilómetro cadrado. E tamén cabe preguntármonos: se o abuso dos teléfonos 3G e 4G xa está a provocar unha redución das capacidades intelectuais das persoas, de verdade queremos profundar máis nese deterioro cunha nova xeración aínda máis potente? Entre os efectos neurolóxicos da masiva utilización dos smartphones está o que algúns especialistas denominan “epidemia de ciberadición”.

Imos sacrificar a nosa saúde e os escasos recursos materiais e enerxéticos a cambio dunha tecnoloxía que nos pode traer máis riscos ca beneficios?

Todos estes aspectos sumados constitúen un inmenso interrogante que poderiamos resumir da seguinte forma: realmente queremos sacrificar a nosa saúde e os recursos que imos precisar desesperadamente para manter servizos básicos nun futuro de escaseza material e enerxética a cambio de algo que nos pode traer máis riscos ca beneficios?

Porque, alén das loanzas baleiras das empresas do sector, cales son concretamente os beneficios que nos promete a 5G? Unha das xustificacións deste novo salto tecnolóxico que nos vende a industria das TICs é a chamada Internet das cousas, na que serían os nosos aparellos domésticos ou os coches autónomos quen precisarían unha telefonía máis avanzada e potente, non se sabe moi ben para que nin por que, xa que a comunicación de datos non audiovisuais precisa de pouca largura de faixa. Aparentemente, como xa ten sucedido en saltos tecnolóxicos anteriores (caso da RDSI, por exemplo), estamos diante doutro caso de solución á procura dun problema? Mais é signo dos tempos, nos que a dixitalización, o moderno, o novo, o high-tech, é algo que se considera bo por si mesmo, de maneira totalmente acrítica, como se ve claramente en calquera discurso político ou empresarial e que mesmo contaxiou desde hai tempo a boa parte do mundo sindical ou do activismo social. O pasado 2 de marzo o presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, de visita en Lugo, chegou ao punto de afirmar que facía falta a 5G para deter o despoboamento rural.

Coa 5G prométennos empregos, negocios, a Internet das cousas, descargas instantáneas e mesmo o repoboamento do noso campo

Tecnólogos como o enxeñeiro Pedro Prieto, experto en telecomunicacións e enerxía, ou físicos como Antonio Turiel, xa denunciaron que na 5G hai moito de bluff e de “venda de fume”, pois todas as marabillas que prometen dependen das altas velocidades que precisan dunha alta frecuencia (polo Teorema de Shannon), pero polo de agora só se licitou a frecuencia máis baixa de emisión, que ofrece velocidades que en pouco difiren das da 4G. Así, os 10 Gbps non son polo de agora máis ca un soño, pois precisan da franxa de 26 GHz, que aínda está sen licitar.

Mais retomando o problema da radiación, que se prevé aumente de maneira masiva se se cumpren os plans anunciados de implantación, debemos poñer o foco no Principio de Precaución. Así, existen dúbidas máis ca razoables sobre o efecto das radiacións de electrofrecuencia en xeral sobre a saúde: velaí a clasificación realizada en 2011 pola OMS destas ondas como “potencialmente canceríxenas”, tras un estudo que levou dez anos. Ben, pois agora, para conseguir estas altísimas velocidades de transmisión de datos que nos anuncia o a 5G, é preciso aumentar a frecuencia de transmisión, como xa dixemos. Isto, por unha banda fai que penetren menos nos nosos corpos, o cal nos protexe; mais, polo outro lado, tamén fai que lles custe máis ás ondas atravesar paredes e outros obstáculos para chegar aos terminais situados dentro dos edificios ou vehículos, o cal fai preciso aumentar a potencia de emisión e instalar antenas cada moi poucos metros. Hai pouco publicouse un informe ao Parlamento Europeo titulado Efectos da comunicación inalámbrica 5G sobre a saúde humana que advertía de que a 5G implica aumentar a densidade das antenas en áreas urbanas e alertaba de que a normativa europea de emisións ten 20 anos de antigüidade e non contempla o que vai implicar a 5G, e que as súas frecuencias non foron estudadas ao respecto da súa inocuidade. É dicir, están advertindo de que coas decisións das altas instancias europeas e dos diversos gobernos a prol da 5G se está a vulnerar o Principio de Precaución.

Tecnología 5G
Organizaciones médicas, ecologistas y científicas reclaman paralizar la instalación del 5G

Una resolución del Defensor del Pueblo reconoce que la implantación de la tecnología 5G en España no ha sido objeto de evaluación ambiental previa. Tampoco se ha hecho en el caso del Plan 5G ni de los proyectos piloto derivados del mismo, en los que se va a utilizar una banda de frecuencias para las que aún no se han fijado los límites de exposición seguros. 

E non se trata precisamente de preocupacións magufas. A propia Axencia Europea do Medio Ambiente leva tempo reclamando que se informe máis á cidadanía sobre estes riscos da radiación electromagnética, sobre todo os riscos para as criaturas, e o Parlamento Europeo e mais o Consello de Europa sumáronse aos organismos a reclamar precaución. En España a única figura da Administración en sumarse ás voces que reclaman prudencia é o Defensor del Pueblo. E malia que os nosos gobernantes non fagan caso destas advertencias e non falen máis ca marabillas da 5G, hai lugares que comezan a pisar o freo. Así, un dos países que estaban máis avanzados na colocación das antenas para a 5G, Suíza, decidiu paralizala nalgúns dos seus cantóns e municipios mediante unha moratoria, pola preocupación ante os efectos sobre a saúde, a partir da presión cidadá (con manifestacións de milleiros de persoas nas principais cidades da Confederación Helvética) e dunha comunicación da súa Oficina Federal para o Medio Ambiente. Esta comunicación oficial advertía de que necesitaban máis tempo para probar estas novas antenas e os efectos que producían, porque os científicos recoñecen que non hai aínda datos fiables. De feito, existe unha petición cursada ante a ONU e a UE por case 300 científicos e médicos pedindo unha moratoria até que estean claros os efectos sobre a saúde que provocaría a 5G. Eslovenia paralizou o despregamento en xaneiro, e tamén en Totnes, Reino Unido, a meca das Localidades en transición,  aprobouse unha moratoria. E na propia capital comunitaria aplicaron unha medida similar hai un ano.

As radiacións de electrofrecuencia preocupan á OMS, ao Parlamento Europeo, ao Consello de Europa e fixeron que xa algúns países paralizasen o desenvolvemento da 5G.

A Convención dos Dereitos Humanos e mais os Acordos de Helsinki de 1975 requiren “o consentimento informado da poboación ante calquera actuación que poida afectar á súa saúde”. Mais semella que igual ca no caso histórico do tabaco, no máis recente dos disruptores endócrinos e en moitos outros ao longo da historia da civilización industrial, os intereses da industria priman sobre calquera dereito das persoas. Lamentablemente moitos gobernos están a colaborar entusiastamente con estas industrias, deixando de lado as leis que os obrigan a protexeren a súa cidadanía por riba de calquera outra cuestión.

Salud
Disrupción endócrina e sustentabilidade

O emerxente problema dos disruptores endócrinos ten relación directa con varios aspectos do proceso de colapso ecosocial.

No fondo trátase da mesma eiva cultural que subxace a outros problemas ecosociais da nosa época: non sabemos poñernos límites, dicir “xa temos abondo”. Porque se ca 4G xa podemos descargar e ver unha película nun móbil ou nunha tablet na meirande parte do territorio, realmente é preciso agora gastar máis de 2 billóns de euros e milleiros de millóns de toneladas de minerais escasos e de combustibles tamén escasos para ter unha 5G e poder facer esa descarga nun segundo? O sentido común deberíanos facernos ver que, sexa como for, habemos tardar 1 hora e media ou 2 horas en ver esa película.

Semella que nos fai falla recuperar bastante sentido común e unha ollada menos cegada e máis crítica ante a cuestión tecnolóxica. Poñer na balanza dun debate social e democrático, dun lado o valor engadido que traería este novo paso das TIC, e doutro o seu custo económico, material, social, ecolóxico e en termos de saúde humana e non humana. As famosas análises custo-beneficio, pero feitas dunha maneira integral, holística. As palabras de Pedro Prieto poden servir de resumo do máis que probable resultado que tería tal análise, abordada con honestidade: “A 5-G paréceme un chanzo máis da estupidez humana na súa fuxida cara a adiante, aumentando considerablemente a complexidade social e mais o gasto enerxético, sen achegar nada, absolutamente nada esencial, ás necesidades humanas básicas”.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Publicidad
Cinismo publicitario Tres #chistespublicitarios más
Segunda entrega de #ChistesPublicitarios con tres campañas de grandes empresas relacionadas con la tecnología… Por cierto, estas campañas no las verás en El Salto.
Tecnología 5G
Medio ambiente Miénteme y di que no hay 5G malo

Las locas conspiraciones en torno a la nueva generación de redes digitales son música para los oídos de las multinacionales encargadas de implantarlas, porque ridiculizan los fundamentados discursos sobre la agonía ambiental a golpe de clic.

#57985
22/4/2020 4:32

Son seguidor e lector habitual do Salto Diario e non podo máis que quedar parvo diante deste artigo. Mesturades o mal uso que poida ter a tecnoloxía 5G (que nos espíen, vaia) algo que, obviamente, non é culpa da tecnoloxía senón do uso que se lle dea con afirmacións "magufas" -decides que non, pero si o son- como que a OMS declarou "potencialmente canceríxenas" os campos electromagnéticos de radiofrecuencia (CEM-RF) despois dun estudo que durou 10 anos. Isto non é correcto. Hai un estudo que analizou os efectos sobre un grupo de 4000 persoas que dixeron ter usado o móbil durante 30 minutos durante os 10 anos anteriores. O que non é o mesmo. Estudo, dato moi importante, que acaba dicindo "a incerteza dos nosos resultados require a realización de máis estudos para afirmar que poida existir relación causal entre o uso do celular e a aparición do glioma". Por certo, este é o link ao estudo, non o que poñedes vós a un póster da OMS: https://oem.bmj.com/content/68/9/631
Eses estudos posteriores existen (por exemplo, un cun millón de persoas en UK, outro con 350.000 en Dinamarca) e chegaron á conclusión de que non había relación entre os CEM-RF e ningún tipo de cancro. Aquí o explican ben: http://radiandando.es/2019/07/11/el-movil-produce-cancer-lo-dijo-la-oms/

Dicides tamén que a normativa europea de emisión ten 20 anos. Incorrecto outra vez. Se ben a publicación da nova normativa coincide coa publicación deste artigo, marzo 2020, o borrador xa estaba dispoñible desde 2018. Aquí tedes a nova normativa do ICNIRP: https://www.icnirp.org/en/activities/news/news-article/rf-guidelines-2020-published.html
"Acertades", sinto non poder dicilo doutro xeito, cando dicides que o aumento da frecuencia implica menos penetración no noso corpo pero non entendedes como funciona o 5G cando sinalades como dato "negativo" o aumento da densidade de antenas ou falades do aumento da potencia de emisión. Sobre o da potencia de emisión, un dato só. Unha antena de telefonía móbil actual (4G, 3G) anda sobre os 300-500 W. Os telefónos sobre 2W de potencia máxima. A densidade de potencia (os W/cm2 que recibimos) diminúe exponencialmente coa distancia. Se a 2 metros pode ser de 0,1 miliwatts/cm2 a 25 metros tan só é de 0,003 miliwatts/cm2 para unha antena de 300W, colocándonos (isto é importante) á mesma altura da antena, non por baixo onde é moitísimo menor. Aínda así, equivale a densidade de potencia provocada por unha bombilla de 100 watts (das que sempre houbo nas casas) colocada a uns 100 metros de nós, emitindo ademais a bombilla unha radiación que ten 1000 veces máis enerxía. Creo que non precisa máis comentarios. E obviamente, a máis antenas, menor potencia de emisión na antena e nos celulares. Iso sen contar que o 5G é moito máis eficiente e non vai "bañarnos" en radiación, como fan agora as ondas de radio ou TV (que por certo usan, a TDT, rangos de frecuencia que agora van ir para o 5G, por iso hai que resintonizar a TV...ou aproveitar para deixar de mirala) senón que son moito máis direccionais. Esta imagen es muy gráfica: https://i2.wp.com/radiandando.es/wp-content/uploads/2018/07/pc_pic_5g_technology.jpg?w=742
Por que se paraliza entón o 5G neses lugares de Europa? Pois porque os que lexislan son políticos, non científicos e se os electores apertan, eles recúan. O Principio de Precaución do que falades é claro exemplo, como pon o voso link á wikipedia: "Cuando una evaluación pluridisciplinaria, contradictoria, independiente y transparente, realizada sobre la base de datos disponibles, no permite concluir con certeza sobre un cierto nivel de riesgo, entonces las medidas de gestión del riesgo deben ser tomadas sobre la base de una apreciación POLÍTICA que determine el nivel de protección buscado."
Para rematar, sobre os chamamentos de "científicos" a paralizar o 5G recomendo este link, da mesma web do profesor Nájera que explica moi ben que negocio e que persoas están atrás de todo isto: http://radiandando.es/2018/09/24/llamamiento-internacional-contra-los-campos-electromagneticos-otro-mas/

0
1
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Más noticias
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño
Violencia machista
Precariedad laboral Huelga de 24 horas en el servicio de atención a las víctimas de violencia machista en Madrid
Las trabajadoras denuncian que el problema, que ya provocó paros parciales y concentraciones, se enquista. Las trabajadoras de la red denuncian falta de personal, de medios y de alojamientos para atender a las mujeres y sus hijos e hijas.
Sanidad
Sanidad pública de gestión privada El Hospital del Vinalopó seguirá privatizado pese a las 15.000 firmas en contra
Este viernes 31 de mayo finaliza el plazo para que se inicien los trámites de reversión al sistema público que el gobierno de Mazón no activará pese a la ausencia de informes que avalen la prórroga de la concesión.
Palestina
Acampadas Universitarias Palestina “Hay que seguir dando pasos para hacerle sentir a Israel como nos sentimos nosotros: solos y abandonados”
Muawia y Juan, palestino e israelí, han encontrado en la acampada por Palestina de la Universidad de Jaén, un espacio de encuentro que difícilmente podrían tener en su tierra. Un lugar seguro para resistir conjuntamente los envites de la ocupación y

Recomendadas

Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.