Medio rural
Illamento na vellez: efectos dun sistema de mobilidade deficiente

As persoas maiores son as máis afectadas por un sistema de transporte que non as toma en conta, as reclúe e quítalles autonomía.
Mujer entorno rural
DAVID F. SABADELL David F. Sabadell
27 mar 2021 23:02

Vou no asento do copiloto e o meu veciño Antonio, ao volante, está a contarme sobre a súa mocidade na aldea. Son historias que xa escoitei dabondo, mais non llo digo. “Antigamente todo era máis complicado. Non había baños nin auga nas casas. Se querías lavar unha manta ou mesmo beber, tiñas que baixar á fonte do Val, a que está por alí, abaixo de todo. Mesmo para facer a compra, as mulleres tiñan que camiñar cada domingo até a praza de Mondariz (a uns cinco quilómetros de distancia da aldea na que vivimos) para facer a compra; logo traíana ao lombo ou na cabeza. Mesmo se querían ir ao médico. Mesmo chegaban a ir até Ponteareas (a uns 10 km dende o mesmo punto). Ida e volta. Todo a pé. Algúns tiñan burros, mais moitas mulleres levaban todo ás costas”, e remata, como se non fose eu capaz de imaxinalo: “Daquela non había coches”.

Agora si que hai coches. Mais non todos teñen un. As viúvas, que son maioría na miña aldea, por exemplo, ou non saben conducir ou xa non contan coas capacidades  físicas para facelo. E, por iso mesmo, unha andaina queda fóra da cuestión: os xeonllos xa non son o que foran, as pernas xa non están afeitas, as costas non soportarían o peso da compra nunha andaina de más e dúas horas.

MOBILIDADE INACCESIBLE

A carencia de horarios de bus que cheguen a miña aldea está xustificada co feito de que ninguén fai uso dela, co índice de poboación. Parece que a falta de demanda escusa a limitación do servizo. Apenas un bus chega á sete da mañá e regresa ata as seis da tarde. Sumado ao feito de que en moitas ocasións o servizo queda suspendido por causas extraordinarias.

Con todo, unha cousa é verdade: case ninguén usa a liña de bus. Mais non porque non se precise, senón porque o seu servizo non está adaptado ás necesidades nin aos hábitos da xente do rural.

O primeiro problema é saber o itinerario do bus. As follas de información só se atopan na vila. Aínda así, están feitos de forma tan confusa que, para terminar de comprender a lóxica e a relación das horas e os destinos, tes que pasar horas a escudriñar a folla de papel. A tipografía, a organización da información e o deseño non se fixeron tomando en consideración ás persoas maiores, quen serían os principais usuarios do servizo.

Ao ser as liñas de asistencia ao cliente tan ineficientes, a información relativa aos prezos, os cambios de horarios e calquera anuncio sobre un imprevisto ou a suspensión do servizo atópase (e isto só a veces) no internet. E é claro que isto afecta e deixa desinformada á gran parte da poboación do rural: a xente maior que non ten acceso á rede. Así, non é estraño ver a alguén ás sete da mañá a esperar o bus sen ter a certeza de se vai pasar ou non. Quen vai confiar e optar por usar o bus para ir a unha cita médica se quizabes non vai pasar desta vez?

Emporiso, o maior problema é a alta limitación do servizo. As persoas teñen que esperar case dez horas para coller o bus que os levaría de volta ao seu fogar. Iso fai ao servizo case inoperante. A maior parte das tarefas polas que se sae da aldea apenas levan tres ou catro horas e non merece a pena esperar seis horas máis para ir de volta.

O feito de que só exista unha hora para saír implica resolver todas as tarefas de coidado antes de coller o bus ás sete da mañá. Fai, dunha actividade tan ordinaria como subir ao transporte, un acontecemento que merece unha importante xestión. O mesmo pasa coa volta: o usuario ten que organizar o seu itinerario de acordo co horario do transporte público, e prácticas tan simples como a alimentación supoñen certos obstáculos.

DEPENDENCIA

Segundo o que contan, a muller que vivía hai máis de cincuenta anos na casa na que agora vivo eu odiaba pedir favores e depender da veciñanza para resolver calquera problema. Aínda que se llo ofreceran, sempre ía andando á vila cando o precisaba.

Agora, unha das nenas que esa muller coidaba ten máis de setenta anos. Quedou viúva hai máis de dez anos e vive soa, no barrio máis alto de aldea, alá onde o autobús non chega. Cada semana ten que esperar a que o seu fillo lle mande a compra nun taxi. Cando ten que ir ao médico ten que ir sempre “a molestar”, como ela di, ao seu veciño do seu carón porque non hai quen a leve. Vive illada na aldea e, se non fose polos demais, nunca sairía da casa.

A comunidade responde ante o conflito e organízase para que aqueles que posúen coche o compartan con aqueles que non  o teñen. Ata non hai moito tempo, a práctica do “dedo” era moi habitual na aldea e mesmo a comunidade coñecía a traxectoria e os horarios de aqueles que podían transportar a outros. Con todo, e coa progresiva carencia de automóbiles dispoñibles, as persoas con maiores carencias comezan a sentirse incomodas pola constante dependencia que gardan cos outros e optan por quedar na casa ou, no último caso, resolver doutro xeito ás súas necesidades. Algo tan sinxelo como podería ser ir á feira os domingo, convértese nunha fervente loita pola autonomía.

MALLAR A VITALIDADE

A miña veciña Hortensia quedou viúva hai máis de trinta anos. Como o seu único fillo reside noutra cidade, agora vive soa na xigantesca casa que construíu cos cartos que ela e máis o seu home gañaron en Suíza.

Como toda a xente da aldea, Hortensia acostumaba ter vacas, ovellas, galiñas e, na segunda metade do ano, un porco. Mais co tempo, é natural que se fose desfacendo pouco a pouco dos seus animais. Aos seus 70 anos, só ten algunha galiña e a unha cadela. Así, sen xa ningunha responsabilidade que a ate á casa, gústalle pasar os días visitando veciñas e camiñando polo monte. É a única veciña que usa a liña de bus polo menos unha vez á semana. Vai todos os domingos a misa e deitase cedo para espertar coa luz do sol. Móvese presto, como se estivese a fuxir da soidade, do encerro, das catro paredes da cociña da súa casa.

O illamento das nosas persoas maiores é a resposta á falta do seu dereito á mobilidade. Hortensia, ao igual que moitas persoas no contexto rural, busca un espazo para compartir con outra xente. A solución atópala no seu propio barrio, pero tamén fai evidente que desexa  achegarse a outras vilas, outras persoas ou a outros espazos de lecer. Con todo, está suxeita ao servizo de transporte que ofrece o concello.

A mobilidade da xente maior parece estar reducida ao desprazamento relativo ás visitas médicas ou, nalgúns casos, á compra no supermercado. O traslado fóra da aldea queda limitado a aquilo que é estritamente necesario porque require un conxunto de esforzos importantes. A experiencia de mobilidade, que supón a oportunidade de habitar novos espazos, é apenas  un engadido: o que ve na ventá do bus ou o que apenas escoita desde a sala de espera do consultorio.

O custe afectivo da exclusión é moi grave. A maior parte das mulleres maiores na aldea precisan de axuda para exercer o seu dereito á mobilidade.  De tal xeito que o seu acceso a servizos fundamentais tamén está condicionado pola precaria rede de servizo de transporte que cobre estas zonas.

***

Xa é habitual que se escoite: “aquí sen coche non fas nada”. Mais recoñecer que o automóbil privado é a única resposta á mobilidade humana implica asumir unha importante marxe de exclusión. Representa pasar por alto a persoas maiores, a mozas precarizadas ou a persoas sen a capacidade  para conducir. O papel dunha rede de transporte público funcional garante procesos moi significativos e fai un pouco máis habitable o espazo rural.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Los entornos escolares suspenden en calidad del aire
Un informe analiza 114 entornos escolares de cinco provincias y los resultados son alarmantes: ninguno cumple las recomendaciones de la OMS. Solo una quincena de municipios de los 149 obligados a ello ha implantado su zona de bajas emisiones.
Infraestructuras
Infraestructuras públicas La Junta y el Gobierno se enfrentan por el mérito del metro de Sevilla borrando el legado de la lucha vecinal
Pedro Sánchez y Juanma Moreno inauguran la nueva infraestructura buscando anotarse el tanto de un proyecto elaborado entre ambas administraciones mientras borran de golpe los años de lucha vecinal para que esta infraestructura se hiciese realidad.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.