Precariedad laboral
Abai confirma o ERTE vía email e sms ás 70 traballadoras da plataforma da Coruña

O pasado 21 de xuño rematou o período de negociación sen acordo, o venres comunicaron o ERTE via email e sms ás 70 traballadoras afectadas na Coruña. Dende os sindicatos apuntan a unha estratexia premeditada para desviar chamadas cara outros centros e traballo e poder xustificar así o ERTE.
Abai Movistar Culpables
Imaxe da concentración do persoal laboral de Abai o pasado día 19 de xuno no Obelisco da Coruña | Foto: CGT
27 jun 2023 07:00

Era o mes de xullo de 2021 cando a Xunta de Galicia asignaba o primeiro gran contrato para o rastrexo da COVID-19 por valor de case 13,8 millóns de euros, tramitado pola vía de emerxencia e de xeito opaco como denunciaron no seu momento os sindicatos e empresas competidoras. A empresa adxudicataria foi Extel Contact Center, agora chamada Abai Business Solution. A pesares de presentar unha oferta considerada peor a nivel técnico pola propia mesa de contratación, pero “significativamente” máis barata que a da súa competidora. Lembremos que a propia adxudicación foi denunciada ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia que desestimou a mesma no mes de setembro de 2021.

Nesa altura, aínda estaban a organizar o traballo para cubrir o servizo de rastrexo, como nos conta unha das traballadoras coas que falamos para esta reportaxe e que prefire gardar o anonimato, “o servizo debeu comezar en novembro de 2021 ata xullo de 2022, apenas 9 meses. Fomos obrigadas a realizar o servizo de maneira presencial, cando naquela altura todas traballabamos dende a casa. Ademais non había quendas de horarios, foi un caos. O día que comezamos co servizo tardamos moito en conectarnos, no tiñamos chaves para todas. Non nos deran ningún curso de formación previo, porque moitas viñamos de traballar para Movistar e nunca estiveramos nese tipo de servizo.”

A cousa non mellorou nas vindeiras semanas continúa: “avisaban dun día para outro á xente para vir traballar, traballabamos fins de semana, festivos, etc. Algunhas compañeiras acumulaban 7 e 11 días seguidos de traballo, outras ata o mesmo día non sabían se renovaban o contrato ou non”. Pois durante os primeiros dous meses a empresa foi facendo contratos temporais mes a mes a pesares de contar cunha adxudicación que garantía o servizo por un ano. “Eu apenas estiven dous meses traballando neste servizo, ao que tiven que ír de xeito obrigatorio, cando levaba case 17 anos no servizo de atención de Movistar... iso si, para distintan empresas, primeiro foi Eurocent, logo Adecco, máis tarde Extel e finalmente Abai na actualidade” confirma outras das traballadoras consultadas. A partir de decembro as cousas foron mellorando grazas a presión sindical, comentan as dúas traballadoras.

As condicións laborais cada vez máis precarias

As traballadoras coas que falamos para esta reportaxe, levan máis de 12 anos traballando neste Call Center situado na cidade herculina para a campaña de atención o cliente da empresa e telecomunicacións Movistar, e que como xa apuntaron foi cambiando de empresa ao longo destes anos. Unha delas comenta que “os incentivos cada vez se pagan peor, non cobras case nada polas ventas...por exemplo un mes din que cobras 3€ por venta e ao seguinte xa te din que 1,20€. Ademais na época de Extel, xa hai anos, sancionaban se non cumples os obxectivos de venta...ao principio son sancións verbais, pero ían presionando ata chegar a suspender de emprego e soldo.” Recoñece que agora con Abai isto xa non sucede e que son máis flexibles no momento de pedir unha hora libre ou un cambio de horario, “nas anteriores empresas tiñas que buscar a unha persoa do mesmo turno que te sustituise, era máis complicado. Se cadra foi a única cousa na que melloramos, o demais segue igual ou peor”.

Non podo aguantar no ERTE, terei que procurar outro emprego e quedarei sen liquidación

Nese senso, a súa compañeira sinala que “agora se chega aos 100 € de incentivos ao mes aplaudo cos orellas, cando hai anos podías chegar aos 300€”. Lembremos que o convenio sectorial garante un salario de xornada completa un pouco por riba do SMI (uns 1.180€). Sen embargo, a maioría das persoas teñen xornadas parciais onde acaban cobrando uns 800€ ao mes. Das 70 persoas afectadas polo ERTE en Coruña, todas superan unha década de traballo na plataforma, pero non “imos poder aguantar 12 meses cobrando o 70% e logo de 6 meses pasar ao 60% da base reguladora. Eu polo menos imposible, terei que procurar outro emprego e quedarei sen liquidación.”

Pola súa banda, a outra compañeira non ten tanta sorte, ela comenta que “o mellor mes igual gaño 50€ en incentivos, sempre foi así. Date conta que moitos dos servizos que ofertamos a xente non os quere, ou ben son servizos para protestar ou dar queixas… E como o incentivo depende da valoración do cliente… a xente chama enfadada coa empresa, pero quen recebe unha mala valoración eres ti, polo tanto non cobras eses incentivos”. As dúas destacan tamén como agora xa non vendes só móviles ou paquetes de comunicación “agora vendes vajillas, consolas, televisións, seguros de hogar con PROSEGUR ou ben placas solares con REPSOL… xa somos un mercadillo.”

O papel de Movistar á hora de destruír emprego

As dúas empregadas consultadas insisten en que unha porcentaxe elevada de persoas traballadoras afectadas polo ERTE na Coruña estiveron, coma elas, durante moitos anos na campaña de Movistar, no servizo de atención ao cliente. O prazo de negociación rematou o pasado mércores 21 de xuño, a empresa confirmou a súa intención de aplicar o ERTE ás 70 persoas afectadas na Coruña, 341 en todo o estado, insisten en que “moitas non imos aguantar sen emprego os 12 meses e procuraremos outro traballo, co cal marcharemos sen liquidación, no meu caso logo de 17 anos de traballo, e a empresa aforra os custos de despido.”

Logo de 17 anos de traballo a empresa vai aforrar os custos de despido

As dúas insisten en que existe unha estratexia premeditada da empresa para aforrar os custos de despido e falan da complicidade de Movistar pois “hai uns meses desactivaron as nosas chaves persoais para poder acceder ás diferentes aplicacións da empresa, foi todo de un día para outro”. Lembremos que xa o Comité de empresa denunciara días atrás este feito, que a compañía Abai botara balóns fóra e falara dunha decisión da empresa de comunicacións. Aínda que logo cambiaran a versión, recoñecendo que o motivo foi una decisión empresarial propia. “Non sabería decir moi ben que aconteceu, o que teño claro que onte na negociación dixéronlle aos sindicatos que non había marcha atrás, que o ERTE ía concretarse nos vindeiros días.”

Non están deixando coller vacacións ata setembro e ademais están pedindo aumentar as xornadas de traballo ao persoal

Resulta curioso, porque segundo confirma a súa compañeira “din que non hai traballo, que Movistar reduciu o número de servizos, pero non presentan ningún documento que o acredite e, por riba, non están deixando coller vacacións ata setembro e ademais están pedindo aumentar as xornadas de traballo ao persoal. En que quedamos? Hai ou non hai traballo?”

Pola súa banda, Adrian Seijas presidente do Comité de empresa, lembra como Movistar estivo nos últimos tempos desviando chamadas cara outros centros de traballo, co fin de xustificar a aplicación do ERTE. Pois ben, o pasado venres 23 de xuño, por volta das 14 horas e con moitas das persoas afectadas traballando ao lado da responsable de recursos humanos da empresa, comezaron a chegar email e sms coa confirmación do ERTE a partires do vindeiro 1 de xullo. “Foi incríbel a maneira de comunicalo, como a quen lle toca un premio, enviaron un sms. É unha proba más da estratexia de deshumanización da empresa cara as súas traballadoras, moitas con máis de 15 anos de traballo no mesmo call center” sinalou o presidente do comité de empresa.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sphera
Sphera Vídeo: ¿Qué nos jugamos en políticas de igualdad en las próximas elecciones europeas?
El Parlamento Europeo aprobó hace unas semanas una directiva sobre violencia contra las mujeres. Las políticas públicas contra las violencias machistas son un asunto sobre el que las instituciones europeas pueden incidir. Pero hay otros.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.