Precariedad laboral
As repercusións da externalización dos servizos públicos na Coruña

A folga organizada polas traballadoras das bibliotecas da Coruña volveu deixar de manifesto os efectos da crecente política de externalización de servizos, e reaviva o debate sobre o que supón que empresas privadas xestionen os servizos públicos.
10 ago 2022 10:00

Era só cuestión de tempo. Os problemas eran tan evidentes que, nos primeiros días de xullo, o murmurio das ondas converteuse en estrondo ao se romper en forma de berros diante do concello da Coruña. Tratábase da manifestación das traballadoras do sector bibliotecario que deixaron de percibir o seu salario e a súa respectiva paga extraordinaria. Mais aínda tiveron que pasar cerca de dous meses para que as traballadora recibisen o seu salario e a súa paga extra. Como é que se chegou a esa situación? Que revela en materia de dereitos laborais e como afecta ao resto de servizos públicos?


O caso das bibliotecas 
No último informe sobre o estado das bibliotecas públicas, presentado pola Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia, amósase a problemática xeral que están a atravesar as persoas que traballan nas bibliotecas públicas. Segundo esta valoración: “En persoal equivalente a tempo completo (ETC), tivemos 546 en 2019 e 545 en 2020. Unha persoa traballadora menos. En total, desde o ano 2016, hai 39 persoas menos traballando nas bibliotecas públicas galegas. Isto debido á inestabilidade laboral: contratos a tempo parcial e de curta duración, bolseiros…”.

Mais o modelo de xestión do sector bibliotecario da cidade da Coruña é un caso particular que agrava as condicións e os dereitos laborais. Das dez bibliotecas coruñesas, sete son xestionadas por unha empresa privada e as tres restantes pertencen á rede de bibliotecas municipais. Non é casualidade que aquelas bibliotecarias que experimentan problemas ou atrasos no seu cobramento sexan aquelas que traballan nas bibliotecas cunha xestión externalizada.  

Nesta liña, a presidenta do comité de servizos bibliotecarios, Elisabeth Rodríguez, resalta: “O que se pon na mesa é o modelo de xestión das bibliotecas da cidade. Este modelo de xestión dual leva anos arrastrándose e anos traendo complicacións. O impagamento de nóminas, que é o inicio do conflito actual, pon enriba da mesa este problema de fondo: a externalización de servizos públicos e uns pregos precarios por parte da Administración”.

O que supón a privatización 
A externalización da xestión de servizos públicos non é outra cousa que un xeito de privatización. A Administración pública deixa de ter a xestión directa, o que entre outras cousas significa que todos os conflitos que poidan xurdir coas traballadoras son responsabilidade da empresa que ofrece o servizo. “Ao non levar a xestión directa [a administración pública] non se preocupa de facer ningún tipo de seguimento nos contratos”, comenta Transi Fernández, secretaria nacional da Federación de Servizos da CIG. 

Mais, aínda que o caso do sector bibliotecario foi o último en ter certa resonancia nos medios de información e redes sociais, os problemas derivados da externalización comezan a suceder de xeito sistemático en gran parte dos servizos públicos. 

Só no Concello da Coruña hai varios precedentes de conflitos de xestión e de violación de dereitos laborais. Entre os últimos sectores que presentaron problemas tanto de impagamento como de atraso nos salarios, destacan as traballadoras dos museos científicos, as vixilantes das salas de exposicións -que levan desde decembro sen pagamento- e as persoas que traballan no servizo de axuda a domicilio.  

Ofreceron unha oferta económica extremadamente baixa, que logo se resentiu tanto no servizo, como nas condicións laborais.

Para María García, voceira da Marea Atlántica no Concello da Coruña, un dos principais factores que posibilita estes conflitos ocorre durante o proceso de selección das empresas que van xestionar os servizos. “Licítanse os contratos a prezo, entón seleccionan as ofertas máis baixas e logo dan moitos problemas á hora de execución. A min tocoume xestionar os parques e xardíns, que foi un exemplo moi semellante. Ofreceron unha oferta económica extremadamente baixa, que logo se resentiu tanto no servizo, como nas condicións laborais”.  

Elisabeth Rodríguez conta que desde o comité de servizos bibliotecarios intentaron denunciar ao ver ameazados os seus dereitos laborais. “O prego en vixencia fíxose efectivo en novembro de 2021. Só cando se publicou, para que as empresas puidesen concursar nas licitacións, foi cando o comité e as traballadoras o puidemos consultar. Entón, cando saíu publicado, fixemos unha reclamación no Tribunal de contratos públicos de Galicia porque xa viamos que era un prego moi complicado de cumprir, moi á baixa en termos económicos e con diversas cuestións que desde as asesorías dos sindicatos non entendiamos. Mesmo entraba en contradicións co convenio que temos en vigor os traballadores e a empresa”. 

A resolución final da reclamación deulles a razón. Con todo, a resposta foi desmoralizante: “Dixéronnos que os comités de empresas non son un órgano competente para facer ese tipo de reclamacións, que as teñen que facer as empresas que se presentan”, relata Rodríguez. Finalmente, o prego licitouse e o primeiro de novembro entrou en vigor. 

Os servizos de coidado 
Ángeles Blanco é presidenta do comité dunha das empresas que presta o servizo de axuda a domicilio. Entre as tarefas que realiza diariamente para atender as persoas en situación de dependencia están os aseos encamados, a limpeza doméstica, exercicios menores de rehabilitación, acompañamento en xestións bancarias, cociñar, lavar a roupa, pasar o ferro, etc.  

Con todo, Ángeles Blanco atopa unha pexa inherente á externalización dos servizos do sector de coidados. “Como traballadora, tes un tempo e tarefas estipuladas que che marca a Xunta ou o concello e que logo deriva a unha empresa. Estas fan outra valoración que non adoita coincidir nunca coas valoracións das auxiliares. Cando imos ao domicilio, non é o que nos presentaran. Porque, como tardan as tramitacións, empeora a saúde das persoas. Logo, o problema que atopamos e que a maioría dos domicilios non están nas condicións propicias para prestar eses servizos de coidado. A Xunta bota balóns ao concello e os concellos á xunta. Logo están as empresas. Ao seren privadas, cada unha traballa da súa maneira e están para gañar diñeiro, non son unha ONG. Entón ese é un dos nosos grandes lastres”. 

Transi Fernández estima que 70% dos concursos de licitación que se anuncian no territorio galego para o servizo de axuda no fogar teñen pregos fóra da lei

Mais o problema dos impagamentos tamén está presente neste sector. Blanco menciona que hai empresas que actualmente están a deberlles o seu salario ás traballadoras. Sobre isto mesmo, Transi Fernández estima que 70% dos concursos de licitación que se anuncian no territorio galego para o servizo de axuda no fogar teñen pregos fóra da lei ao presentar un prezo máis baixo do que marca o convenio colectivo.  

Aínda así, este servizo atopa outro inconveniente no momento de asegurar as condicións laborais. “Cada vez que facemos un servizo a domicilio, entramos a un sitio privado. Entón non hai maneira de avaliar riscos. Isto é imposible porque non está permitido por lei. Tivemos conflitos pola non negociación de convenios e fixemos mobilizacións e as seguiremos a facer”, di Ángeles Blanco.  

Os efectos colaterais 
Contar con cadros de persoal precarizados e obrigados a loitar polos seus dereitos laborais máis básicos repercute non só na calidade, senón na propia garantía de contar cos servizos esenciais que corresponden á cidadanía. 

Ao veren vulneradas as súas condicións, as traballadoras comentan: “Xa non vas traballar da mesma maneira. Cando non se está a gusto nun traballo, xa non vas do mesmo xeito e, ao final, quen o paga é o usuario. Se unha mesma está mal, non pode darlle algo ben ao outro. Polos anos que levo a traballar neste sector de axuda a domicilio -que me encanta-  vexo que o servizo deteriorouse moitísimo. E todo isto repercute nas familias. Non é unha tarefa mecánica. Estamos a tratar con seres humanos, coas súas doenzas, cos seus costumes, coas súas manías. Non son obxectos. É complicado”, lamenta Ángeles Blanco. 

Malia os constantes conflitos laborais que supón, a externalización dos servizos públicos continúa a ser a tendencia elixida como modelo de xestión. “A maioría -e eu atreveríame a dicir que máis do 80 por cento- dos concellos teñen case todos os servizos privatizados. E falo mesmo de concellos que teñen entre 30.000 e 50.000 habitantes. Póñoche un exemplo: en Vigo teñen privatizada até a xestión de multas e do cobro retributivo desas multas. Non é o propio concello quen o fai, senón que manda unha empresa, unha terceira”, comenta Transi Fernández. 

Na procura de solucións reais 
A denuncia feita polo comité de servizos bibliotecarios previra os conflitos que estalaron o pasado mes de xuño, sen contar aqueles que a empresa coa licitación, LTM Servizos Bibliotecarios, xa anunciara desde finais de 2021. 

“Xa en decembro, a empresa tivo un atraso cos pagamentos extra. Posteriormente manifestou que economicamente lles está a resultar moi complicado, que non lle ven moita viabilidade. Pasan os meses e a empresa continúa a trasladar esta problemática económica. O pasado 10 de xuño, o comité empresarial tivo unha reunión. Despois, avisáronos de que a situación económica da empresa realmente era crítica e que vían dificultades para poder rematar o prego”, relata Rodríguez.  

Así, o pasado 20 de xuño, as traballadoras comezaron a se organizar para exixir os seus salarios. Mais non terminaba de esclarecerse quen tiña a responsabilidade do conflito.  

“O que vemos é que a Administración paga a unha empresa e se despreocupa. Non lle importa se temos un conflito derivado dunha concesionaria como pasou en Vigo ou en Santiago, co servizo da recollida de lixo. Neste último caso chegouse a un acordo, aínda que o concello dixera que se trataba de conflitos laborais e que eles non tiñan ningunha relación coas traballadoras. E alí veñen os problemas sindicais e os problemas de xestión porque non hai control. Os concellos saben canto lixo se recolle?, se se cumpre a limpeza das beirarrúas? Non”, comenta Fernández. 

Desde hai moitos anos, os servizos públicos  privatízanse e externalízanse. No caso do segundo, nós exiximos que se faga con pregos en condicións, nos que non fomenten a precariedade.

Case dous meses despois, entre conflitos de comunicación das tres partes implicadas –o Concello da Coruña, a empresa e o comité- as afectadas recibiron o seu salario, mais a solución ao problema está lonxe de se achar. Pois, certamente, o modelo de xestión é a única constante nos problemas dos distintos sectores.  

Para Ángeles Blanco, a remunicipalización do servizo de axuda a domicilio sería “un paso importantísimo”. Nisto coincide Elisabeth Rodríguez, quen, ao respecto, comenta que é "unha cuestión de ética ou de posicionamento político e ideolóxico. A privatización dos servizos está alí. Todos a coñecemos e persoalmente non a comparto. Desde hai moitos anos, os servizos públicos  privatízanse e externalízanse. No caso do segundo, nós exiximos que se faga con pregos en condicións, nos que non fomenten a precariedade. O modelo dual que temos está a xerar problemas desde hai moitos anos. Evidentemente é unha decisión política. Nós entendemos que o mellor sería unha xestión pública, pero nós non decidimos.” 

*** 

O pasado 29 de xullo, o persoal dos Centros Socioculturais de Compostela concentrouse diante do Pazo de Raxoi para defender os seus dereitos e para que as novas concesionarias -Serviplus e Nor’integra- manteñan o convenio colectivo propio. Entre as súas exixencias, solicitaban a intervención do Concello no conflito para achar unha solución rápida e así poder brindar o servizo á cidadanía. 

Neste novo conflito, que non deixa de formar parte das pexas da privatización, resoan as palabras de Transi Rodríguez, para quen é importante lembrar que a administración ten unha responsabilidade política coa cidadanía: “Teñen que arranxar calquera problema que xurda do pagamento dunha concesión que sae dos cartos de todas nós. Parece que os concellos se botan fóra, pero non o poden facer porque teñen unha responsabilidade civil”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Servicios públicos
Servicios Públicos Miles de andaluzas se manifiestan para defender los servicios públicos contra las políticas de Moreno Bonilla
Miles de andaluzas salen a la calle durante la jornada del sábado para defender los servicios públicos frente a las políticas privatizadoras de la Junta de Andalucía
Sanidad
Sanidad pública de gestión privada El Hospital del Vinalopó seguirá privatizado pese a las 15.000 firmas en contra
Este viernes 31 de mayo finaliza el plazo para que se inicien los trámites de reversión al sistema público que el gobierno de Mazón no activará pese a la ausencia de informes que avalen la prórroga de la concesión.
Educación
Recortes en Educación Mendigando plazos y plazas
Sobre dos casos recientes en Alburquerque que reflejan la tendencia a cerrar servicios públicos sin previo aviso, como la Escuela Hogar y el ciclo superior de Administración y Finanzas.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.