O prelo
Saltar fóra da páxina: as personaxes femininas e a transformación extraliteraria

Inma Otero Varela volve a crear unha ponte entre a filosofía e a literatura para resolver que tan reais podemos considerar as personaxes e, por outra banda, que tipo de representación feminina se está a construír na literatura galega contemporánea.
22 dic 2022 18:29

En 442 a.C. Sófocles fixo a primeira transcrición da que teñamos noticia do mito de Antígona. Foi o punto de partida para unha personaxe que mantén unha presenza persistente na cultura occidental en todos os xéneros artísticos. Nos últimos anos e no ámbito literario, sería a escritora mexicana Sara Uribe, quen lle daría un novo xiro ao mito para, a través del, falar da guerra contra o narcotráfico en México e das persoas desaparecidas durante esta. Así, cando a Uribe pregunta: “¿Quién es Antígona dentro de esta escena y qué / vamos a hacer con sus palabras? / ¿Quién es Antígona González y qué vamos a hacer / con todas las demás Antígonas? / No quería ser una Antígona / pero me tocó.”, fai evidente como as personaxes posibilitan procesos de transmisión e transcenden os campos da reflexión filosófica, antropolóxica e política. Mais tamén fan unha inmersión ao noso propio campo sentimental. Como é que as personaxes nos fan sentir? Ou, máis ben, como é que se expanden ao campo do real, do material? 

A materialidade das fillas de Lupa fai un percorrido pola filosofía para explicar como é que as personaxes literarias poden ser consideradas obxectos sociais, e presenta tamén un estudo sobre as características das personaxes femininas na literatura galega contemporánea.  

A autora, Inma Otero Varela (Carral, 1976), actualmente traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio. Entre o 2003 e 2008, foi lectora de galego na Universidade La Sapienza de Roma. Como crítica literaria, colabora en Grial, Nós Diario e a web Insula Europea. Como investigadora, profunda na intersección da literatura e a filosofía. No 2014 publicou o ensaio A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 6 (Vigo: Euseino?). E no 2017 traduciu o libro de Maurizio Ferraris, Emerxencia (Vigo: Euseino?).   

Nunha tradición literaria como a galega, que Mario Regueira denomina “literatura maronda”, en tanto que forma parte dun sistema cultural que a mantén nunha condición de marxinalidade, ademais do contexto sociolingüístico en que se inscribe, ábrese ao espazo para que xurdan personaxes que non corresponden as normas heteronormativas. Con todo, Inma Otero sinala que, aínda así, até este século, estas personaxes eran maioritariamente masculinos.  

Vencellando isto co feito de que a crítica feminista á literatura galega chegou cun retraso por priorizar outro tipo de lecturas, como expón Helena González no seu libro, Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005). A materialidade das fillas de Lupa convértese ipso facto nunha lectura pertinente e necesaria para continuar a estudar a literatura galega desde unha perspectiva crítica que atenda a todas aquelas corporalidades que, xa sexa nas obras, como no seu estudo, ficaron fóra das discusións. 

O libro toma como base conceptual a proposta de Maurizio Ferraris coñecida como Novo Realismo, unha orientación filosófica que pon en cuestión o relativismo que veu co posmodernismo, pois este “pasouse dunha doxa baseada en afirmacións categóricas que se converten en verdades a unha doxa baseada nunha mentira lexítima, porque toda falsidade é relativa. O relativismo radical fomentaría os novos populismos, o mantemento das vellas inxustizas e a creación doutras novas”.  

Mais Otero Varela traslada toda esta nova corrente filosófica contemporánea aos estudos literarios. E, seguindo o xiro ontolóxico do Novo Realismo, constrúe a súa análise a partir da ontoloxía da arte. É dicir, deixa fóra ao suxeito artista (factor relevante se pensamos na consagración das autorías propias do eido artístico), e céntrase no estudo das obras en si mesmas. Mais, o que semella relevante é como a autora tende o ponte entre disciplinas para converter as personaxes de obras narrativas en entes reais. 

“Toda representación artística, unha vez inscrita no documento que é a obra convértese nun obxecto social. Igual que as personaxes, obxectos ficticios cunha entidade ontolóxica, as representacións da realidade histórica contemporánea, convértense de seu en obxectos sociais. (...)” 

O que se propón é que, en tanto obxectos, as personaxes xeran a capacidade de transformar o mundo e poñerse en relación connosco, por exemplo, a través dos sentimentos que nos provocan. Porque a rabia ou a desesperación coa que acompañamos a Antígona nos seus esforzos por soterrar ao seu irmán, son tan verdadeiros e forman parte da realidade tanto como Antígona mesma. Pero alén dos procesos individuais, concibir as personaxes como obxectos tamén abre outra posibilidade de lectura e demostra a importancia da literatura en certos contextos sociais. Porque as personaxes tamén foron relevantes nos procesos de restauración da dignidade colectiva ou ao instauraren novos paradigmas de representación e identidade que foron da man das mudanzas no eido sociopolítico. Pois, en tanto ambas forman parte da realidade, non hai xeito de que poidan ser independentes unha da outra.  

Dividido en tres capítulos, A materialidade das fillas de Lupa presenta os primeiros dous para sentar o campo conceptual en que se va a desenvolver a análise central do libro, que son as propiedades das personaxes femininas da narrativa do presente século. Para este exercicio, no terceiro capítulo faise un percorrido polas obras literarias publicadas nos últimos 22 anos da literatura galega.  

Entre as varias propiedades que presentan os obxectos ficcionais femininos estudados, cabe salientar o motivo da “memoria”. Inma Otero Varela non deixa pasar o uso masivo do vocábulo, o que, nalgúns casos levou a que se convertese nun significante baleiro. Con todo, os apuntamentos ao respecto do tratamento literario da memoria axudan a dilucidar a relación estreita entre o acto de facer memoria e a escrita feminista. 

“A memoria procura compensar aqueles grupos sociais que foron privados de voz, que foron borrados dos rexistros ou que o relato oficial restrinxiu ás marxes, entre eles o das mulleres”.  

Por outra banda, a parte referida ao “Eu cuantificado”, resulta moi interesante en tanto que facilmente poderíase tender unha nova ponte entre a lectura da autora, as personaxes e o Manifesto Cyborg de Donna Haraway.  

“O ‘eu cuantificado’ anexiona inscricións a partir da dixitalización da vida cotiá que permiten as novas tecnoloxías, Desde un dispositivo diminuto ou encaixado noutros dispositivos que xa forman parte da nosa rutina como o móbil, cuantifícanse os aspectos que teñen que ver cos parámetros biolóxicos. Monitorízanse as funcións do corpo, cóntanse os pasos ao camiñar, analízanse os ritmos cardíacos (...)”  

Así, o libro fai que nos preguntemos necesariamente por estas propiedades que están a aparecer nas personaxes femininas na literatura contemporánea. Como se nos está a representar e que aspiracións, necesidades ou opresións están a corporalizar? A autora deixa claro que a literatura de ficción tamén pode desvelar que reflexións sobre a identidade están a atravesarnos actualmente. 

Nese senso, a pesar de que en A materialidade das fillas de Lupa teña o foco nas personaxes femininas das obras literarias, é un estudio que transcende o ámbito literario até o punto de establecer unha relación directa coa nosa realidade (se é que algunha vez houbo unha separación). Se ben tampouco é un texto que consideraría divulgativo, senón que responde moito máis ao eido da especialidade, é o suficientemente accesíbel para darnos unha idea xeral do que está a suceder no ámbito da filosofía contemporánea, pero, sobre todo, no panorama actual da literatura galega.  

“Os trazos que marcan os obxectos ficcionais femininos como desconformes co lugar secundario ao cal son relegados impulsan o afloramento de inscricións subversivas respecto ás convencións de xénero, iguais ou moi parecidas ás inscricións diverxentes das que emerxen personaxes que non se axustan á división binaria, ou que non responden á heteronormatividade, é dicir, outros obxectos rebeldes”. 

Inma Otero Varela desprega ante nós un catálogo inmenso de personaxes, obras e autoras que non poden senón espertar unha nova curiosidade de coñecer obxectos literarios que non coñecíamos. Pero, sobre todo, dános as pistas para ler doutro xeito, con máis atención sobre o que as personaxes din e fan de nós.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Sphera
Sphera Vídeo: ¿Qué nos jugamos en políticas de igualdad en las próximas elecciones europeas?
El Parlamento Europeo aprobó hace unas semanas una directiva sobre violencia contra las mujeres. Las políticas públicas contra las violencias machistas son un asunto sobre el que las instituciones europeas pueden incidir. Pero hay otros.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.