O prelo
Cando as mulleres se fixeron individuos na literatura

Aínda que carga cos peores estigmas, a escritora feminista Louisa May Alcott escribiu un clásico que abriu novos horizontes aspiracionais para as mulleres.
11 jun 2021 22:36

Mociñas é un dos textos máis estigmatizados da historia da literatura. A pesar de que lograra consagrarse coma un “clásico” ao pouco tempo de saír do prelo, aínda até hoxe, máis de 150 anos despois da súa publicación, segue a cargar co peso do demérito por ser considerado como literatura feminina “sentimental”.

Mais Mociñas é moito máis que unha novela romántica, rosa ou sentimental. Por primeira vez na historia da literatura americana do século XIX, un libro daba a visión feminina dun periódo histórico concreto, por primeira vez aparecía unha novela escrita por unha muller que daba conta da poboación rural durante a guerra civil. Máis non só iso, o libro é considerado como un prototipo tanto da literatura feminista como do realismo.

***

Louisa May Alcott, a autora, comezou a escribir desde moi nova para axudar a súa familia a superar a súas dificultades económicas. Alcott formouse en casa, mais tomou clases con grandes figuras da literatura e filosofía como Henry D. Thoreau,  Ralph Emerson e Margaret Fuller. Ademais, esta escritora norteamericana foi abertamente abolicionista e feminista, e estivo activa en moitos movementos vinculados co sufraxio feminino.

Mociñas, na súa produción literaria, en realidade, foi un imprevisto para ela, pois a escribiu por encargo do seu editor, quen lle pediu un libro de nenas que servise como un manual de valores e comportamento. Ela fíxoo sen moito entusiasmo e o manuscrito final non rematou de compracer nin a autora nin ao seu editor. Se non fose pola sobriña do editor, quen leu o libro con satisfacción, quizabes o manuscrito nunca sairía do prelo. Mociñas foi publicada por primeira vez en 1868 e tivo un éxito inmediato e abraiador.

Mociñas converteuse nun acompañante de millóns de nenas ó longo dos anos. Foi un referente fundamental para varias mulleres, ó grao que autoras como Simone de Beauvoir, Margaret Atwood ou Patti Smith declararon que, se non fose polo libro de Louisa May Alcott, quizabes nunca concibirían a idea de converterse en escritoras.

“Envolvendo a súa cabeza no xornal, Jo deleitouse coa súa primeira historia publicada cunhas poucas bágoas porque ser independente e gañarse o eloxio daqueles aos que amaba eran os máis queridos desexos do seu corazón”.

Esta historia segue ás irmás March, (Meg, Jo, Beth e Amy) ó longo dos anos, xusto durante a súa transición á vida adulta. Este bildungsroman feminino está composto por máis dunha vintena de capítulos nos que vemos episodios da vida desta familia nos que aprenden leccións e se constitúen como individuos. Pois en Mociñas non lemos sobre catro nenas do século XIX cuxa perspectiva de vida esta centrada en contraer matrimonio, como se podería chegar a pensar. Non: son catro personaxes perfectamente deliñados, con intereses e paixóns propias que traballan polo benestar individual e colectivo nun ambiente coidadoso e rodeado de afecto.

Por outra banda, é innegable que a novela ten un claro carácter didáctico que se fai presente, sobre todo, a través da figura da nai, quen guía e aconsella ás súas fillas. Sen dúbida, a perspectiva xeral que seguen as personaxes está relacionado cunha moral cristiá que responde, á vez, ás normas sociais da época na que foi escrita. Con todo, o feito de que sexan personaxes con características, personalidades e ambicións tan distintas, fai que ese didactismo quede un tanto velado, pois a vida en comunidade fainos lembrar que non hai unha soa maneira de afrontar a vida.

“A riqueza é certamente unha cousa moi desexábel, pero a pobreza ten o seu lado asollado, e un dos doces usos da adversidade é a xenuína satisfacción que provés do traballo da cabeza ou da man e á inspiración da necesidade debemos a metade das sabias, belas e útiles beizóns do mundo Jo deixou de envexar ás mozas máis ricas, sentíndose cómoda ao saber que podía satisfacer as súas propias necesidades e non tiña que pedir un céntimo a ninguén”.

Louisa May Alcott logra profundizar nese xeito de “habitar” e a súa narrativa reconcilia a realización individual e as normas sociais: a súa mirada feminista logra facerse presente en medio de todas as normas patriacais nas que sitúa a diéxeses. Nos momentos nos que se podería considerar que está a facer unha romantización da pobreza, por exemplo, ao mesmo tempo fala e valora o pracer do traballo. Porque, aínda que as irmás March non traballen no sentido que hoxe concibimos o traballo remunerado, cada unha traballa de forma autodidacta, nun pasatempo. Ó final, Alcott amosa que as mulleres, por moi negado que tivesemos o acceso á educación ou ó mundo laboral, atopamos os xeitos de formarnos e de crear espazos de pensamento e reflexión. Tamén, continuamente ó longo do libro, faise fincapé en que o benestar persoal e as relacións afectivas son máis importantes que a riqueza material.

Con todo, non deixa de ser un libro que responde ás regras patriarcais e morais da época, mais por iso é moito máis destacable que a autora lograse abrir unha ventá ás limitacións impostas polo mercado editorial do seu contexto: Louisa May Alcott devela e critica certos mecanismos de opresión de tal xeito que incluso, nalgúns pasaxes da novela, trataos con certa ironía para deixar en evidencia o absurdo de certos ideais sociais.

“Rides de min cando digo que quero ser unha dama, pero refírome a unha verdadeira dama de pensamento e actos. (...) Quero estar por enriba das pequenas mesquindades e parvadas que estragan a tantas mulleres”.

Desta forma, alén da moral cristiá e de ensinar “os xeitos nos que debe comportarse unha dama”, o que realmente transcende na lectura de Mociñas é a importancia da realización individual, da xenerosidade e da empatía, así como a loita por unha independencia e a busca de relacións afectivas baseadas no respecto, no apoio mutuo e o coidado. Neste sentido, podería dicir que Mociñas é un libro revolucionario que abriu un novo horizonte aspiracional ás nenas lectoras, afastado da vaidade. As irmás March son referentes femininos intelixentes, complexos e ambiciosos, non superficiais nin pasivos.

Chama tamén a atención a infinidade de referencias bibliogáficas que o texto contén, que non só comproba a bagaxe cultural da autora, senón que dá carácter ás personaxes principais, cuxas lecturas son, fundamentalmente, a obra de escritoras feministas da súa época.

-Así que debemos tolerar as cousas e as persoas que detestamos, tan só porque non somos belas e millonarias, verdade? Bonito sentido da moralidade! 
-Non cho discuto pero así funciona o mundo. A xente que vai contracorrente só cnsegue que os demais se rías das súas desgrazas. 
-A min gústame e sereino se podo porque, malia que se rían, o mundo nunca prosperará sen eles. Ti conseguirás máis cousas pero eu pasareino mellor.

Mociñas irrompeu nun canon totalmente masculino como unha obra na que, por fin, as mulleres auto-representabanse na literatura. Nesa mesma liña, o libro posiciona o doméstico como escenario dramático posíbel nun sistema no que imperaba o personaxe masculino aventureiro que vai en busca e conquista doutros mundos. Louisa May Alcott dignifica ese espazo aos que se nos relegou ás mulleres e o volve un lugar onde tamén poden suceder cousas que paga a pena contar.

O éxito masivo do libro presionou a autora, quen, para a segunda parte da novela, viuse obrigada a levar ás personaxes a unha dirección máis convencional, afastada das premisas iniciais que nos presentaba no primeiro libro. Con todo, hai que ler por encima destes aspectos, que responden ó seu contexto, e recoñecer o que Mociñas significou na historia para as mulleres.

Agora, a 153 anos da súa primeira publicación, podemos acceder a este gran clásico na nosa lingua grazas á editorial Laiovento e a magnífica tradución realizada por Rocío Viéitez Ferro.  Esta edición de Mociñas, inaugura a nova colección Candemaia, que publicará textos traducidos escritos por mulleres que nos axuden a vivir e nos mostren que pode haber luz aínda nos momentos máis escuros.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación
Educación Como 15 anos de PP na Xunta aniquilaron a oferta de material educativo en galego
O decreto de plurilingüismo, impulsado por Feijóo e Rueda, castelanizou todas as etapas educativas e restrinxiu o mercado ás editoriais galegas: xa non hai libros de Tecnoloxía en galego.
Nacionalismo galego
Galeguismo Mercedes Docampo, a muller desterrada que axitou o feminismo no Partido Galeguista na Segunda República
No 90 aniversario da pronuncia dun dos discursos feministas de maior calado no seo do Partido Galeguista, recuperamos a memoria dunha muller que acabaría por inspirar a participación política de miles de mulleres en Galiza.
Redes sociales
Redes Sociais TikTok, a plataforma dos novos creadores de contido en galego
Conversamos con catro creadoras de contido en galego no TikTok para coñecer a súa percepción sobre a lingua nesta ferramenta.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.