O prelo
Habitar a contradición: as pégas do feminismo contemporáneo

O libro de Roxane Gay é unha intelixente crítica ao feminismo nun contexto en que a compaixón e a escoita parecen estar ausentes nas discusións.
27 ene 2022 21:18

Se cadra, auto-denominarse feminista é máis complicado hoxe que hai uns anos. A desaprobación e o descrédito da palabra “feminismo” quedaron atrás e, en gran medida, esas vellas connotacións foron absorbidas e remodeladas polo mercado. O capitalismo foi capaz de se apropiar das reivindicacións feministas para convertelas nun produto cun certo imaxinario aspiracional branco de clase alta. Aquel que, para falar do empoderamento feminino, toma como referencia a Hillary Clinton, e que mesmo podería chegar a conmemorar a Thatcher por ser das primeiras en rachar o teito de cristal da “alta” política británica.

Este fenómeno rematou por provocar fendas no feminismo que fixeron posible que a ultradereita e os partidos máis conservadores puidesen levar a cabo políticas neoliberais cunha retórica que desvirtuaba o feminismo mentres facía uso do seu nome. Sumado a isto, o ambiente de crítica e discusión nas redes sociais e nos medios masivos públicos e privados xerou dinámicas baseadas no ostracismo como consecuencia última da incapacidade de manter diálogos entre distintas comunidades e identidades.

E parecese que esas discusións, esas plataformas encargadas de difundir os grandes ideais morais do feminismo adoitan pornos nun conflito emocional cada vez que atopamos certas contradicións entre o que pensamos e o que cremos que “deberíamos” pensar na procura de congruencia. E poden ser contradicións tan básicas como gustar de certo tipo de películas aínda que reforcen estereotipos machistas ou como recoñecer os nosos privilexios e o racismo nos nosos modos de actuar. Como sexa, estas contradicións poden levarnos á parálise, a un estado de dubida eterna. Pero, a auto-análise abre outra posibilidade e pode levarnos á pregunta máis pertinente: como vivir?

Roxane Gay (Nebraska, 1974) é profesora na Universidade de Purdue en Estados Unidos. Escribe columnas de xeito regular para The New York Times ou The Guardian. Así mesmo, é fundadora da editorial Tiny Hardcore Press e é coeditora de PANK, unha organización de colectivos de artes literarias. Publicou a colección de contos Aytiti (2011) e a novela An Untamed State (2014), mais é mundialmente recoñecida polo seu traballo ensaístico en Mala Feminista (2014) e Hunger (2016).

Traducida ao galego por María Fe González, Mala Feminista forma parte da Colección Púrpura de Hércules de Ediciones, unha liña editorial adicada á tradución de textos feministas contemporáneos de todo o mundo.

A pesar de que este libro foi publicado por primeira vez hai case dez anos, as problemáticas expostas continúan a ser vixentes en tanto que, de súpeto, comezaron a gañar visibilidade varias voces que se din chamar feministas mentres van contra os mesmos valores do feminismo ao xerar posturas racistas, trans-excluíntes, ou ben, que tenden a un punitivísimo acrítico, a unha dinámica de ataques cegos que apenas comeza a ser cuestionada.

A través da análise e da crítica á produtos culturais, Roxane Gay expón como inflúen certas narrativas na nosa vida e na nosa formación moral.

Roxane Gay fala ao respecto do que supón que a palabra feminismo comezase a ser explotada como unha tendencia e sobre como podemos relacionarnos con isto: “O problema cos movementos é que, con maior frecuencia do normal, se asocian coas súas figuras máis visibles. (...) Os desacertos do feminismo non significan que debamos rexeitalo por completo. A xente fai cousas mal todo o tempo e non por iso renegamos da nosa humanidade.”

O libro Mala Feminista está composto por unha morea de textos heteroxéneos nos que atopamos memorias, críticas, listaxes de consellos e columnas de opinión. A autora flúe entre diversos xéneros escritos en primeira persoa para nos presentar escritas sobre como son abordadas as cuestións relacionadas co xénero, a sexualidade, o racismo, a política e os dereitos humanos nos discursos cos que nos atopamos na cotiandade.

Así, a través da análise de acontecementos concretos ou da crítica dos produtos culturais hexemónicos, Roxane Gay expón como inflúen certas narrativas na nosa vida e na nosa formación moral, as implicacións políticas que teñen e como nos relacionamos con elas.

“Unha cultura que trata ás mulleres como obxectos, que apoia alegremente o entretemento, que moitas veces degrada á muller que fomenta a erosión da autonomía, do espazo persoal desta, é a mesma cultura que elixe lexisladores estatais que traballan sen descanso para promulgar leis que restrinxen o aborto. Ou será que os lexisladores estatais que traballan sen descanso para promulgar leis que restrinxan o aborto animan os seus votantes a tratas as mulleres como obxectos? Quizabes se trate dunha misoxinia por goteo. Que foi primeiro, o ovo ou a galiña?”

Para establecer isto, ao longo do libro, Roxane Gay fala dunha serie de referencias da cultura popular: series de televisión, como Girls de HBO, libros como os de Caitlin Moran, películas, como Django, 12 anos escravo ou The Help, por mencionar algúns dos produtos con maior proxección internacional. A autora ispe as súas estruturas, pasa por alto as boas intencións e sinala mecanismos que perpetúan estereotipos e normalizan opresións.

O exercicio de análise que fai Roxane Gay agudiza o noso ollar e alimenta o noso propio pensamento crítico.

Mais tamén utiliza, como exemplos, declaracións de importantes figuras políticas ou escándalos de celebridades estadounidenses. É dicir, referencias que poden ser descoñecidas e  alleas para as lectoras que viven fóra dos Estados Unidos. Nese sentido, Roxane Gay exixe algo máis de nós porque require que pasemos da lectura superficial para  prestar atención ao que hai detrás do exemplo. Mala Feminista logra sortear a fronteira cultural e propón un exercicio imprescindible: de que xeito se relaciona ese texto co meu contexto? de que xeito o racismo en Estados Unidos se reflicte onde vivo? como ler con responsabilidade, desde unha Europa branca, sobre realidades e experiencias que non habito polos meus privilexios?

Por outra banda, o exercicio de análise e crítica que fai Roxane Gay é tan transparente, que resulta didáctico. Agudiza o noso ollar e alimenta o noso propio pensamento crítico.

Mala Feminista é produto directo do seu contexto: a era dixital onde as opinións poden espallarse publicamente nun segundo, onde cada vez é máis complicado definir o que é o feminismo e o que entendemos por xustiza. Unha era onde estamos sometidos á falta de privacidade e na que estamos expostas á critica todo o tempo. Gay só pode estar á altura ao compartirnos a súa perspectiva con intelixencia e humor. Non se limita a mirar as cousas desde unha perspectiva, senón que trata de complexizar ó máximo posible cada situación. Para iso, ensínanos a habitar as nosas propias constradicións para darnos unha alternativa ao esencialisimo.

A autora non ten medo a levantar críticas ao movemento feminista, pois entende que facelo non supón unha detracción do mesmo, senón un xeito de fomentar a súa transformación.

Así, ao facerse preguntas sobre temas delicados e complexos que tenden a trivializarse nas redes sociais, a autora convídanos a meditar sobre estes antes de desligarnos definitivamente do que as veces parece ser un campo de batalla en que a compaixón e a escoita parecen estar completamente ausentes.

“A cada pouco lémbrome a min mesma: o recoñecemento dos privilexios que teño non supón a negación do xeito no que fun e son marxinada, non todo o que sufrín. (...) Debemos satisfacer a necesidade de ser oídos e vistos impedindo que se oia e se vexa aos demais? Ou é que un privilexio nega de maneira automática o valor do que a persoa privilexiada ten que dicir? Ignoraremos, por exemplo, o que teñen que dicir os homes brancos?”

Mala feminista xorde dun lugar moi semellante á Vivir unha vida feminista, de Sara Ahmed. Nestes libros, ambas autoras cavilan sobre os erros e as contradicións do feminismo. Expondo sempre o seu lugar de fala, Roxane Gay non ten medo a levantar críticas ao movemento feminista, pois entende que o facer non supón unha detracción do mesmo, senón un xeito de fomentar a súa transformación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Historia
Romanticismo, poesía y república Espronceda: el republicano revolucionario que conspiró contra los Borbones
El poeta romántico extremeño fundó una sociedad revolucionaria para derrocar a la monarquía de los Borbones e instaurar una república, por la que fue detenido y condenado
Poesía
O prelo Nomear a dor
Unha palabra ou un dedo teu na nosa cona non bastarán para sandarnos, o anti-manual de anatomía de Emma Pedreira.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.