O prelo
O infinito nun xunco: vivirmos no relato

Irene Vallejo lévanos pola fantástica viaxe da historia do libro, esa historia colectiva e sen fronteiras que comezou hai máis de 30 séculos e que non remata nunca.
29 may 2021 10:00

Cantos séculos, cantas mans, cantas mentes e cantos sacrificios foron precisos para que puidésemos coller un libro, para que hoxe o vexamos como un obxecto máis e non o que noutrora foi: un luxo cobizado por monarcas, o motivo de empresas mortais e o único xeito de deixar para o futuro unha testemuña dos que foron logo silenciados.

A historia dos libros é moito máis cá historia que aprendemos sobre as diferentes formas que tomou, a evolución dos materiais que se usaban para a súa escritura e a invención do prelo. É máis que datas e nomes. É a historia das revolucións, das perdas, dos anhelos, das utopías humanas: é a epopea da nosa especie. Cada libro que existe hoxe é a herdanza directa dun milleiro de persoas de todo o mundo ás que lles foi a vida no ímpeto de transmitir e legar relatos.

Irene Vallejo (Zaragoza 1979) é doutora en filoloxía clásica. Colabora con medios como El País ou o Heraldo de Aragón con textos de divulgación da literatura clásica. Ademais da investigación filolóxica, é escritora de ficción e de ensaio. Conta con varias novelas publicadas e premiadas, mais foi o seu ensaio O infinito nun xunco, a obra que irrompeu con forza no mercado literario até o punto de conseguir máis de seis edicións do texto en menos dun ano de ser publicado. Este libro, entre moitos outros certames, gañou o Premio Nacional de Ensayo no 2020. En galego, foi publicado por Edicións Xerais na súa colección de ensaio. A tradución estivo a cargo de María López Suárez, experta en filoloxía galega.

En O infinito nun xunco, a autora relata os 30 séculos da historia do libro como se dunha fábula se tratase e nós, as lectoras, lémola coa mesma ansiedade e afán coa que lemos unha historia de aventuras. Mais o libro non é valioso só por ser unha proeza en termos narrativos, senón que Irene Vallejo axúdanos a entender por que a literatura é tan importante na nosas vidas: é o refuxio da nosa fráxil memoria, a reafirmación da nosa identidade, o compás cara á utopía; é o vínculo co noso pasado e co noso futuro, sitúanos no tempo presente e axúdannos a atravesalo. Nese sentido, con O infinito nun xunco, Irene Vallejo humaniza a historia, sácala tanto da repisa empoada, coma da vitrina de cristal, e ofrécenola con humildade. 

“Na Francia de 1973, a Asemblea Nacional revolucionaria confiscoulle á monarquía o palacio do Louvre con todas as súas obras de arte para convertelo nun museo. Foi un novo símbolo radical. Os revolucionarios querían abolir a idea de que o pasado era propiedade dunha soa clase social. A revolución francesa expropioulles a historia aos aristócratas (...) Escóndese aquí un atractivo paradoxo: que todos poidamos amar o pasado é un feito profundamente revolucionario”. 

O ensaio está dividido en dous partes: «Grecia imaxina o futuro» e «Os camiños de Roma». A pesar de que, en xeral, a autora vai reconstruíndo a historia de xeito cronolóxico, na realidade, desde o primeiro momento, xustapón tempos e espazos. Por exemplo, para  lograr transmitirnos o afán de Alexandre Magno por querer crear a súa propia lenda, Vallejo toma fragmentos do diálogo que manteñen Sam e Frodo en As dous torres da saga de O señor dos aneis, diálogo que, ademais de remitirnos a Magno, como suxire a autora, resoa no fondo do noso propio e humano espírito.

“Pregúntome se algunha vez nos incluirán en cancións ou lendas. Xa sei que estamos vivindo nunha lenda, pero refírome a se nos poñerán en palabras relatadas a carón do lume oi lidas nun gran libro con letras vermellas e negras, dentro de moitos anos. E a xente dirá: si é un dos meus contos favoritos”.

Do mesmo xeito, Irene Vallejo afástase do cadrado que pode ser o ensaio en termos de xénero e o seu texto reivindica e corporiza o seu carácter libre, onde a liberdade significa saltar con gracia entre os datos históricos, debates intelectuais actuais, lendas milenarias e a experiencia persoal e subxectiva da autora, a súa propia relación cos libros.

“Durante os anos humillantes [do acoso escolar], ademais da miña familia, axudáronme catro persoas que nunca vin: Robert Louis, Michael, Jack, Joseph. Máis adiante descubriría que son máis coñecidos polos seus apelidos: Stevenson, Ende, London e Conrad. Grazas a eles aprendín que o meu mundo é só un dos moitos mundos simultáneos que existen, incluídos os imaxinarios. Grazas a eles descubrín que podía almacenar fantasías acolledoras e gardalas no meu cuarto interior para buscar abeiro cando alí fóra aumentase a sarabia. Esa revelación cambiou a miña vida”.

Pois O infinito nun xunco non conta a historia de xeito morno, impasible nin formal. Non. As palabras da autora emanan a súa paixón, transmítenola, contáxianola. Non se limita a dar nomes, citar textos. O seu libro está atravesado pola imaxinación: recrea escenarios, acende as nosas mentes e logra acurtar a distancia entre nós e a xente que nos precedeu hai miles de anos. Irene Vallejo fai que nos sintamos -porque o somos- herdeiros directos dunha gran tradición que seguimos construíndo con cada libro que lemos, con cada palabra que escribimos.

Ademais, a autora aproveita o relato do pasado para explicarnos varias cousas do noso presente. A historia lo libro dá conta, de xeito paralelo a moitas outras cuestións, de como se concretou Europa como unha unidade, como unha identidade colectiva. Con todo, e como se podería esperar desde que se le o índice do libro, O infinito nun xunco limítase a contar a historia do libro do continente europeo. Asia e o Medio Oriente só son mencionados en termos pasados. Aínda así, a propia autora recoñece esa limitación e deixa claro que a historia da transmisión literaria é moito máis ampla e o continente europeo non é o centro da arte nin o berce da literatura.

“Sen traducións, seríamos outros. O noso antigo hábito de traducir tendeu pontes, amalgamou ideas, orixinou unha conversa polifónica infinita e protexeunos dos peores perigos do nos chauvinismo aldeán, ensinándonos que a nosa lingua é unha máis -e, en realidade, máis dunha-.”

Así este monumental ensaio exsuda amor polos libros, que se pode traducir como o amor e fe pola humanidade. Pois, como ela mesma di na súa derradeira publicación: Manifiesto pola lectura, “custodiar as palabras significa tamén custodiarnos e velar polo mañá, fronte ás incesantes ameazas do tempo, a morte e o silencio”.

O infinito nun xunco é, sen dúbida, unha das publicacións máis relevantes e emocionantes dos últimos anos. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Historia
Romanticismo, poesía y república Espronceda: el republicano revolucionario que conspiró contra los Borbones
El poeta romántico extremeño fundó una sociedad revolucionaria para derrocar a la monarquía de los Borbones e instaurar una república, por la que fue detenido y condenado
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Ocupación israelí
Ilán Pappé “Netanyahu y la extrema derecha israelí buscan una limpieza étnica en Gaza”
Este historiador israelí pone en duda que las presiones internacionales consigan frenar el genocidio aunque reconoce en conversación con El Salto que se está produciendo un cambio en la opinión pública mundial.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.