O prelo
O hibisco púrpura: os custos da liberdade

A primeira novela da autora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichieda dá luz aos clarescuros dunha sociedade marcada polo colonialismo.
2 oct 2021 11:14

Para lermos nun texto, para sentir que realmente aprehendemos o mundo a través da literatura, fai falta unha escrita que consiga retratar a complexidade da realidade. A prosa de ChimamandaNgozi Adichie ten esa cualidade. As súas novelas e relatos curtos logran derrubar os grandes estereotipos que as sociedades occidentais construímos sobre a vida e os problemas sociopolíticos de todo o continente africano e, neste caso particular, de Nixeria. Mais, ademais, a autora logra abordar con mestría temas tan complicados como a relixión ou o intricado sentimento de amor e rancor cara a un pai que recorre habitualmente á violencia para impoñer a súa autoridade.

A historia segue a Kambili durante os últimos anos da ditadura militar de Abacha. Ela e máis o seu irmán maior, Jaja,  son os únicos fillos dun empresario millonario que, ademais de ser demócrata, estar comprometido coa súa comunidade e ser dono do único periódico de oposición á ditadura, é un fanático católico que impuxo unha sorte de réxime patriarcal e teocrático na súa casa, onde a súa autoridade está fundamentada na relixión e mantida a través da violencia física. É a través dunha breve estancia coa súa tía Ifeoma que Kambili e Jaja descobren outro xeito de vida: abren os ollos á realidade material xeral de Nixeria fóra da súa mansión de mármore e entran en contacto cunha afectividade que non está baseada nun dogmatismo que coarta a liberdade.

Chimamanda Ngozi Adichie naceu en Engu, Nixeria, en 1977. Estudou medicina e farmacia na Universidade de Nixeria e, aos 19 anos, gañou unha beca para estudar comunicación e ciencias políticas en Estados Unidos. Graduada da Universidade de Yale e doutora en Letras Humanas Honoris Causa pola Northwestern University, Chimamanda N. Adichie, ten varios libros publicados, dos que destacan, sobre todo, Americanah (2013) e Todos deberiamos ser feministas (2014).

A súa primeira novela publicada no 2003, O hibisco púrpura, que gañou a aclamación do escritor Chinua Achebe, unha das grandes figuras da literatura africana, dá conta do impacto das estruturas sociais como a clase e o xénero, mais tamén das implicacións do colonialismo histórico na actual Nixeira. Nese sentido, Chimamanda N. Adichie logra o que describía hai un par de anos nunha entrevista á autora irlandesa Sally Rooney: conseguir representar de xeito implícito esas estruturas sociais que nos definen e que de principio poden parecer moi abstractas ou difíciles de comprender na súa totalidade; describir como estas pesan nas relacións sociais. En O hibisco púrpura, sobre todo na primeira parte, Adichie non fala explicitamente das estruturas, mais podemos lelas a través das limitacións e da comprensión do mundo das personaxes.

Ao longo do libro, entre as descricións dos castigos do padre de Kambili, Eugene, vemos a violencia patriarcal exercida cara á familia enteira, incluído á muller deste empresario, quen se ve obrigada a permanecer en silencio na súa propia casa. A través do avó, Papa-Nnukwu, e do rexeitamento que este sofre por parte do seu fillo Eugene, aparecen representados outros conflitos da sociedade nixeriana pos-colonial, como o reforzamento dunha xerarquía cultural sobre outra a partir de la evanxelización cristiá.

A autora sinala sutilmente o peso destas estruturas nas distintas prácticas cotiás das personaxes. Por exemplo, cando Kambili e Jaja pasan uns días na casa da súa tía, descobren o traballo artesanal e tradicional da cociña. Aprenden dos seus curmáns como limpar e cociñar certos alimentos e como aproveitar ao máximo outros; descobren unha comida coa que nunca tiveron contacto dentro da súa mansión. Neste caso, é a través da gastronomía e do acto mesmo de cociñar que se ve reflectida, por exemplo, a diferencia de clase e, unha vez máis, a pegada colonial.

O hibisco púrpura tamén fala da ditadura militar que gobernou Nixeria desde 1983 até 1999. Chimamanda dá conta da persecución política aos intelectuais e do desmantelamento progresivo da universidade, tema que tamén aborda en Americanah. A personaxe da tía Ifeoma, que xustamente é profesora da universidade, é despedida por cuestións políticas logo de pasar unha longa tempada sen impartir aulas. Unha vez desempregada, sen diñeiro para manter ós seus tres fillos, decide recorrer á emigración.

A visión que ofrece Chimamanda N. Adichie sobre o racismo institucional, que exhibe como sistemático e azaroso, muda a perspectiva que adoitamos ter da migración africana cara ao Norte global. Damos conta do cansado, do carácter forzoso destes movementos migratorios e comezamos a miralos máis como un exilio cheo de dor. A autora complexiza e humaniza a narrativa: “marchar para atopar unha vida mellor”.

A novela divídese en catro capítulos. Cada un marca a temporalidade da acción, pois a narrativa non é cronoloxicamente lineal. Comezamos, de feito, polo clímax, no Domingo de Ramos, o momento de maior tensión familiar. Logo retrocedemos ao pasado, despois volvemos ao punto de inicio para, finalmente, rematar no presente. Esta estrutura axuda á autora a crear un arco de personaxe para cada un dos integrantes da familia e, sobre todo, para a narradora: Kambili. Podemos observalo, sobre todo, en como vai mudando a súa descrición da violencia que exerce o seu pai contra ela, contra súa nai e contra o seu irmán. Por medio de Kambili, ademais, a autora retrata o complexo que pode ser estar relacionada afectivamente cun violentador. A moza vese inmobilizada pola contradición, por un sentimento no que están mesturados o odio e o amor cara o seu pai. A súa nai e o seu irmán, pola contra, axudan a equilibrar esta confusión sentimental, que podería levarnos a maliterpretar o discurso de Adichie, e toman unha clara posición contra o abusador.

Así, O hibisco púrpura toca unha longa listaxe de temáticas. Sen dúbida, a súa lectura nútrenos ao ampliar a nosa comprensión doutras realidades culturais. Tamén edúcanos ao romper estereotipos, ao amosarnos como se vive realmente nos países que temos estigmatizado até o cansancio desde hai séculos e tamén ao aludirnos cando dá conta das pegadas do colonialismo na sociedade nixeriana actual. Igual que Kambili, a novela fainos saír da nosa burbulla, no noso caso cultural, para abrirnos os ollos e facernos a medrar.

Esta novela foi traducida ao galego por Moisés Barcia e saíu do prelo da editorial Rinoceronte.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación
Educación Cómo 15 años de PP en la Xunta de Galicia han aniquilado la oferta de material educativo en gallego
El decreto de plurilingüismo, impulsado por Feijóo y Rueda, ha castellanizado todas las etapas educativas y restringido el mercado a las editoriales gallegas: ya no hay libros de Tecnología en gallego.
Nacionalismo galego
Galeguismo Mercedes Docampo, a muller desterrada que axitou o feminismo no Partido Galeguista na Segunda República
No 90 aniversario da pronuncia dun dos discursos feministas de maior calado no seo do Partido Galeguista, recuperamos a memoria dunha muller que acabaría por inspirar a participación política de miles de mulleres en Galiza.
Redes sociales
Redes Sociais TikTok, a plataforma dos novos creadores de contido en galego
Conversamos con catro creadoras de contido en galego no TikTok para coñecer a súa percepción sobre a lingua nesta ferramenta.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.