O prelo
Collige, Kylie Jenner, rosas

A editora Catro Ventos trae á lingua galega Na sala dos espellos, de Liv Strömquist.
O prelo Liv Strömquist
5 may 2024 09:00

Estando a raíña Sissi no cumio da súa beleza, o pintor Franz Winterhalter fíxolle un retrato. O pelo longuísimo, o van estreito, a coroa con estrelas de diamantes... así quedaría inmortalizada Isabel de Austria, que estaba ademais profundamente obsesionada co seu aspecto físico. Co tempo, ese retrato converteuse no seu maior competidor. A beleza e a xuventude son efémeras, e mentres os anos, as imperfeccións e as inseguridades pesaban cada día máis a Sissi, o cadro continuaba igual. Neste caso o cadro serve como representación da imaxe que se construiu a partir da raíña, do seu eu público. Suponse que Sissi é a máis fermosa. Todo o mundo o dá por feito. E é inevitable que ao crear unha expectativa así a xente compare a persoa coa personaxe. Co tempo, Sissi deu en cubrir o seu rostro e recluírse na súa casa para evitar as miradas, e así seguiu ata o día que a asasinaron.

Viñeta 1 Liv Strömquist

Este é unha dos exemplos que nos pon Liv Strömquist en O mundo dos espellos para falarnos da busca e a perda da beleza, dos problemas de autoimaxe e da escenificación da personalidade no espazo público. A banda deseñada comeza falando do caso de Kylie Jenner, a menor da familia Kardashian que, coma nos contos, é a máis fermosa de todas. Kylie, fenómeno das redes sociais, foi tomada como modelo para un novo canon de beleza: rasgos “exóticos” aínda que non o suficiente como para ser percibida coma unha persoa racializada, figura curvilínea, labios grosos e pómulos marcados. O estándar sentado polas Kardashian impulsou en gran medida o emprego entre a xente nova de intervencións de medicina estética. Kylie Jenner converteuse na admiración e a envexa de todes. Ou así era en 2021, cando Strömquist publicou este libro na súa lingua orixinal.

A comparativa entre Kylie e Sissi resulta profética. Durante o último ano, as fotografías dunha Kylie uns anos máis maior, con algo máis de peso e cunhas olleiras lixeiramente marcadas, enchéronse de comentarios de odio (“parece que ten cincuenta anos”, “nótase cando non hai Photoshop”...) e protagonizaron artigos nos que nos explicaban por que o ácido hialurónico fai que a xente envelleza antes de tempo. Sissi e o cadro, unha vez máis. Ben é certo que o perfeccionamento de poses, maquillaxe e iluminación nas fotografías, ademais do emprego de filtros e edición, provocan que a beleza sexa máis efémera que nunca, que dure apenas o tempo que unha publicación en Instagram aparece no feed. O canon creado por influencers coma as Kardashian (e consolidado polas marcas que elas promocionan, todo hai que dicilo) é imposible de acadar á marxe da pantalla.

Viñeta 2 Liv Strömquist

Strömquist reflexiona sobre este fenómeno apoíandose na teoría de autores coma Eva Illouz, René Girard e Susan Sontag, chegando á conclusión de que a explotación da propia imaxe trae consigo un certo grao de empoderamento fronte a tempos anteriores ás redes sociais cando as personalidades públicas, e en especial as mulleres, eran tratadas coma unha ferramenta para o lucro de terceiros coma fotógrafos e produtores. A autora exemplifica isto falándonos de Marilyn Monroe, obxectificada e fetichizada ata a súa morte, e mesmo despois.

Esta obra proporciónanos unha perspectiva histórica da beleza: de Sissi a Kylie Jenner, do desexo mimético no nivel máis individual (a envexa da amiga guapa, a aspiración a parecerse á moza máis fermosa da aldea) ao canon de beleza totalizador na era da información. Ademais, Strömquist recórdanos a vixencia de tópicos literarios coma o Carpe Diem, o Memento Mori, ou o Collige virgo rosas ao dar voz a cinco mulleres de entre 53 e 73 anos que nos falan de como mudou a relación que teñen co seu corpo co pasar do tempo. Todas chegaremos a ese día no que, coma a nai de Brancaneves (si, é a súa nai!), deixaremos de ser a máis fermosa do reino.

viñeta 3 Liv Strömquist

Na sala dos espellos é unha ferramenta de divulgación e de reflexión que, partindo de referentes da cultura pop, achéganos as ideas de grandes pensadores valéndose dun debuxo nidio e traballado. Fermosamente editada por Catro Ventos, convértese na segunda obra de Liv Strömquist que nos chega traducida ao galego. A outra, A froita do coñecemento, foi publicada en pola mesma editorial no ano 2021.

Archivado en: Literatura O prelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Travestis
La literatura no puede tener como fin la propia literatura porque las palabras siempre dicen cosas por lo que hay que decir cosas con ellas.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sidecar
Sidecar Fantasmas de 1968
Las universidades estadounidenses se han transformado paulatinamente en organizaciones policiales y carcelarias público-privadas, que responden ante los benefactores y los políticos, no ante los estudiantes ni el profesorado.
Neocolonialismo
Francia El níquel, la batería detrás del proyecto de recolonización de Macron en Nueva Caledonia
Las protestas de la población canaca se producen contra una reforma electoral que beneficiará aún más a los colonos asentados recientemente en la isla. De fondo están los beneficios de la minería de níquel, que la metrópolis quiere acaparar.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.

Recomendadas

LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.