O prelo
Beatriz Núñez: “A lectura pode servir para reconstruír o relato histórico que a ditadura nos negou”

Beatriz Núñez é a directora de Espazo Lectura, unha asociación dedicada a achegar a literatura galega á comunidade do rural.

Beatriz Núñez
Xornalista
7 mar 2020 07:04

Alí onde coinciden os montes, as fincas, as cadras, algúns castros e o río, atópase unha vella escola de pedra. Mais non é calquera escola. Hai uns anos estaba en condición de abandono, como tantas outras nas aldeas do rural galego. Agora é unha casa de lectura remodelada pola mesma xente da parroquia. Ten unha biblioteca infantil só con materiais en galego e é sede de círculos de lectura aos que asisten persoas de toas as xeracións.

O proxecto chámase Espazo Lectura e atópase en Gondomar. Falamos coa presidenta da asociación sobre o que é a mediación de lectura nun presente galego no que cada ano a impresión de libros na nosa lingua diminúe, e sobre a lectura coma ferramenta de cambio social. 

Como xurde Espazo Lectura?
Xordeporque un grupo de pais e nais decidimos reunirnos para contarlles contos aos nosos fillas e fillos. Eramos familias moi sensibilizadas co tema da lectura. Iamos a “Libros para soñar” en Vigo pero, claro, ir dende Gondomar até la sempre é moito lea e decidimos mellor facelo na nosa aldea. Ao principio fomos ao consello para pedir que se abrira a biblioteca municipal os luns pola tarde para contar eses contos. Tamén era unha maneira de dinamizar a biblioteca municipal que naquel momento, non tiña nada.

Logo sumáronse os voluntarios, xente que viña a cantar, avós... E en 2008, que é cando se constitúe legalmente a asociación, empeza a haber outro tipo de actividades. Se da continuidade a outros clubs, xa non só a actividade Contomar, a actividade fundacional de Espazo Lectura. 

Como comprende Espazo Lectura a mediación de lectura?
A mediación é moitas cousas. Cando se fai unha actividade de contacontos, hai que ter moito coidado cos libros que se empregan. Non pode valer calquera cousa. Nós cremos que coa literatura infantil fixemos un gran traballo de mediación: que as familias puideran achegarse a textos e albumes ilustrados de calidade. Por alí hai unha mediación e un achegamento importante. Porque a xente grazas a isto vai coñecendo a propia literatura infantil e xuvenil. E vai coñecendo os recursos que a sociedade oferta coma as bibliotecas... E logo, tamén é parte da mediación incorporar outros clubs de lectura para outras idades, coma para adultos, así coma achegar formatos e xéneros que ao mellor non lías. Dispoñemos dunha biblioteca da que moitas editoriais son socias protectoras e nos achegan as novidades e nos valorámolas para os diferentes clubs. Logo quedan alí. Iso tamén é unha oferta e un privilexio na zona rural.

Falta ampliar o concepto biblioteca como centro cultural, como un centro dinamizador onde se teñen acceso a miles de contidos e onde se fan moitas cousas e todas as persoas teñen cabida, dende os bebés ata as persoas maiores.

Como fixeron vostedes para que a xente da zona rural se achegara ao voso proxecto?
Iso é algo que as veces nós aínda temos que seguir traballando porque algunhas persoas seguen véndonos coma “os culturetas”. Pero os nenos son un vínculo que nos achega moitísimo ás familias que por se mesmas non irían aos círculos de lectura. Nese sentido, os nenos mobilizan. As familias implícanse moitísimo. Esa é a maneira que a nós permitiunos chegar a xente que, por exemplo, lía mais non lía en galego, cousa que é moi común aquí. 

E a través dos nenos todo é máis sinxelo porque, a través deles empezas a vincularte coa xente e a tirar prexuízos. Así pérdese ese medo e gañas vinculación afectiva. Hai que traballar os afectos, as vinculacións porque doutro xeito é moi difícil. Se ti non che consideras competente, aínda que che guste ler, xa tes un autoconcepto. Hai que romper ese estigmas e amosarse próximos.

Entón consideran que o traballo da difusión e mediación da lectura require de traballo afectivo, emocional ou ten beneficios para a autoestima das persoas...
Por suposto. Ninguén fai nada se non atopa un clima de acollida e séntese a gusto. Porque é algo que non é o teu traballo. Non tes que ir alí a aguantar a esa señora porque é a túa xefa. Tes que sentirte acollido e que haxa respecto, afectos e liberdade. 

A liberdade de non sentirse na obriga a ir, a falar, a ter que ler o libro. Hai moita xente que non se sente cómoda falando aínda que sexa un grupo de 15 persoas. Nisto axuda un montón é a presencia das autoras. Mais é moi importante que a xente se senta respectada. Non formular preguntas  directas coma “ti que opinas”.

Para vostedes en que radica a relevancia da lingua nun contexto de crises lingüística?
Nós, dende o momento que nos constituímos, centrámonos na lectura en galego, na difusión do libro e a lectura en lingua galega. Os nosos fillos de pequenos xa eran galego falante e era minoría aínda no medio rural. Os meus fillos eran os únicos que falaban galego na primaria. Entón decidimos fomentar a lectura e facer a nosa parte do traballo porque esta non é só unha cuestión escolar, senón tamén social. Nós, que somos amantes da lectura, queremos que as súas lecturas se fagan en galego porque, na medida que haxa lectores de lingua galega, haberá produción de libros en lingua galega. E a competencia lingüística de nosos fillos aumentará se nós fomentamos a lectura en galego.

Algunhas persoas seguen véndonos coma “os culturetas”. Pero os nenos son un vínculo que nos achega moitísimo ás familias que por se mesmas non irían aos círculos de lectura.

A idea é: queremos fomentar a lectura e a lectura en lingua galega. Por suposto que nós estamos a favor de que se lea en outras linguas. Algunhas veces facemos actividades nas que  temos lido en francés, inglés, catalán e outras linguas minorizadas... Hai que compensar a balanza, non sempre ler en castelán. 

A nosa biblioteca é unha biblioteca en lingua galega. Non hai nada máis. Consideramos que ten que ser así e así o facemos. Algunhas veces lemos contos que están en castelán que consideramos que teñen que ser lidos polos nenos e os traducimos.

Hai unha tendencia dos gobernos centrais e autonómicos de non facerse responsables de servizos básicos, coma neste caso é o coidado o fomento da lingua. Ante este panorama, a responsabilidade está a ser tomada por a sociedade civil e a iniciativa privada. Que opinas sobre isto ao ser ti mesma membro dunha destas ONG’s?
Eu creo que as iniciativas da sociedade civil sempre van por diante dos políticos. Ese tamén é o noso caso. Dixémoslles: se ti non me ofreces o que deberías ofrecerme, pois procúromo eu. Non debería ser así porque hai leis que obrigan aos gobernos a primeiro, coidar a lingua. E coidar a lingua é incidir en todos os aspectos nos que a lingua está promocionándose, en uso. Se a lingua se mantivo ata agora foi pola xente que a mantivo a través da oralidade e a escritura. 

Que opino das administracións? Que non fan o traballo que deberían facer. E que non prestan atención ás iniciativas que hai. Por exemplo, nós somos unha iniciativa completamente privada. Nós vivimos das cotas dos socios, non temos ningunha subvención. Houbo un ano que o intentamos. Ao final deunos tanto traballo para 300 euros que os propios membros do colectivo dixeron: compensa mellor poñer 30 euros cada un e non pasar este traballo. 

Que importancia teñen os procesos de mediación de lectura no contexto de Galicia que, por unha banda ten unha ampla e antiga tradición literaria e, pola outra, vive unha precarización da lectura e das humanidades en xeral?
Mira, en Galicia fan unha diferencia fundamental as bibliotecas escolares. Alí hai unha esperanza porque se incide nos pequenos. Pero logo debería haber esta parte que facemos nós que é implicar ás familias, de que todos sexamos conscientes que é responsabilidade de todos. Se ti como pai defendes o ámbito deportivos nas escolas porque sentes que é un beneficio importante para a saúde das nenas, pois igual coa lectura. Todos os procesos de mediación son fundamentais, tanto nos pequenos como nos maiores.

Aquí está fallando o concepto das bibliotecas. Por exemplo, a xente da universidade entende por biblioteca unha sala de lectura, unha sala de estudio. Falta ampliar o concepto biblioteca como centro cultural, como un centro dinamizador onde se teñen acceso a miles de contidos e onde se fan moitas cousas e todas as persoas teñen cabida, dende os bebés ata as persoas maiores. Iso é o concepto que eu teño de biblioteca, non un almacén de libros. Senón un lugar de encontros onde se crean sinerxías culturais. Esa é a mediación.

Os nosos políticos non son conscientes de que  ese é o camiño. Non interesa formar unha cidadanía crítica. Se ti che convertes nunha persoa que é capaz de ver todo isto, non me interesas.

Como pode incidir a mediación da lectura nos procesos de memoria histórica?
Nós temos tratado este tema infinidade de ocasións. Por exemplo, invitamos a Montse Fajardo que escribiu Invisibles que é un libro de relatos de mulleres maltratadas. E tamén temos lido textos sobre as mulleres na represión franquista. Cando nós lemos uns deste textos, nos axuda a reconstruír e a falar. Cousa que aquí non sucedeu. Aquí non se falaba de nada disto pero hai que reconstruír esa memoria,  e cal é a mellor maneira? Pois falando. E se temos un texto, mellor. 

A nosa biblioteca é unha biblioteca en lingua galega. Non hai nada máis. Consideramos que ten que ser así e así o facemos.

Eses 40 anos de represión e do nacional catolicismo anularon consciencias. E logo iso de engancharse a un liberalismo capitalista provocou que a sociedade se tornara acrítica. Se lemos un texto nel que se tratan eses temas, tamén estamos mirando atrás, xerando consciencia social e relendo a nosa historia. A lectura sirve para construír un imaxinario ou un relato histórico. Por iso necesitamos que alguén narre esas historias e que as lectoras lean esa historia que se nos negou. 

Tiveron problemas cos pais e nais que non queren que os seus fillos se acheguen a ese tipo de lecturas?
Algunha vez tivemos un problema e nós sempre recollemos e reflexionamos sobre ás críticas pero tampouco podemos negar a realidade onde hai nenos que morren de fame, hai nenas violadas ou que as casan con homes maiores. Nós non podemos meter ao noso neno dentro dunha burbulla e que pense que todo é perfecto.

Con todo isto do pin parental: se eu non lle dou oportunidade ás persoas que na súa casa teñen unha situación terrible a que teñan un espazo no que poidan escoitar outras cousas... que lles damos, que lles ensinamos? Eu creo que é fundamental para unha sociedade afrontar os problemas, as barbaridades de cara. Intentando coidar aos nenos pero dándolles un espazo para que poidan liberarse diso. Se ti tes un neno abusado e maltratado e este escoita a un contacontos que di que se pode dicir que non... ao mellor estás abríndolle unha porta, unha saída, tendéndolle unha man. Non se trata de asustar. Falar libera e abre portas. Non tes que obrigar a ninguén a falar. Pero os temas e os textos ben tratados abren portas que non sabes a onde poden levar a esas persoas e todo o que sexa romper cadeas é fundamental. E a lectura é para iso o mellor, porque ti constrúes a túa personalidade co esas outras vidas que les. 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
O prelo Nomear a dor
Unha palabra ou un dedo teu na nosa cona non bastarán para sandarnos, o anti-manual de anatomía de Emma Pedreira.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.
Pensamiento
¿Leer? Manifiesto por la no lectura
Otro punto de vista sobre la lectura en el contexto de la sociedad de mercado, atomizada, frágil, y del tiempo homogéneo y vacío.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Más noticias
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño

Recomendadas

Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.