Música
Silvio Rodríguez: “Ás veces é difícil achegarse a eses temas tan obviamente políticos dun xeito que non sexa... vulgar”

En Para la espera, o novo disco de Silvio Rodríguez, o trobador cubano retorna á icona de si mesmo volvendo a ser home só con guitarra. Nesta entrevista fala sobre as 13 cancións que o compoñen.

Silvio Rodríguez
No seu novo disco, Silvio despídese de amigos como Aute o Luis Sepúlveda. Foto: Gabriel Guerra Bianchini.
TRADUCIDO POR O SALTO GALIZA
13 jun 2020 08:36

Tamén Silvio Rodríguez vai enmascarado estes días. É o único distinto que resalta nel cando chega á porta dos estudos Ojalá, en La Habana. Polo demais, podería tratarse dun momento calquera. Ten o pelo tan curto como o adoita levar. Agora que a pandemia mantén a tantos afastados das tesoiras de barbeiro, o seu costume de pelarse el mesmo coa máquina librouno dunha posible melena involuntaria mentres dura o illamento pola covid-19.

Entra ao estudo e saúda batendo os cotobelos. Vexo de cerca a caveira e a flor tatuadas na súa man dereita, a súa marca. Como din, “co puño pechado non se pode dar a man”, pero o saúdo ten algo fraternal, algo de rapeiro. Detrás do cristal dos seus anteollos creo ver que o divirte.

Cos puños pechados tamén se pode xogar. Agochar algo pequeno nunha man, pechar as dúas e entrecruzalas para que alguén probe sorte e escolla, tratando de adiviñar cal esconde a prenda, ás veces aínda sen saber que é. A expectativa, a promesa dunha sorpresa posible, crean fascinación. A iso canta Silvio en “La adivinanza”, o primeiro sinxelo en ver a luz como adianto do seu novo disco, Para la espera.

Como manda o protocolo vixente, sepárannos case dous metros durante esta entrevista, que se propón ser algo semellante ao making of das 12 cancións e unha peza instrumental que conforman o disco. O seu único autor e intérprete conversa comodamente e saca os zapatos, deixando ver unhas medias vermellas a raias.

Música
Silvio Rodríguez: en busca del unicornio

Silvio Rodríguez es el artífice de una obra extensa y plena de hondura, estrechamente vinculada a su apasionante biografía, que nos descubre a un artista sustantivo e inquieto, con poderoso ascendiente intergeneracional. De pocos músicos puede decirse lo mismo.

Despois de Amoríos (2015) onde o acompañou un formato ao estilo jazz band, Silvio volveu ser trobador con guitarra. Regresa á icona de si mesmo. Escribiu e compuxo os temas, todos primeiras versións; toca y canta só el. “Ás veces un non sabe ben de onde saen as cancións. Creo que esta é dunha foto. Sempre que a canto, esa foto é o que vexo”, conta sobre a canción “La adivinanza”.

Con dirección de Eduardo Tito Delgado, Silvio foi con Diákara a un monte filmar un videoclip para “El Güije”. Alí rodeounos un grupo de nenos. “E quedou esa imaxe onde Tito, unha persoa marabillosa, tenlles as mans postas así —di Silvio cruzando as súas—, quedou esa cara dos nenos...”.

No disco, Silvio tamén toca o baixo, a percusión e fai as segundas voces. O seu é asubío metade alegre metade melancólico que soa en “Aunque no quiero, veo que me alejo”, “unha canción medio esotérica: é un tipo que morre e deixa unha mensaxe á súa amada no espello”, di.

“Conteo atrás” é a historia sobre alguén que debía coller un tren e fóiselle, “cheo de xente máis puntual”. “Chegou tarde, pero non se quere escusar”, explica Silvio. “El di ‘xa aprendín, non me pasa máis’. Pretende ser unha especie de ‘non me xustifico, ‘non quero exceso de bondade’... Non quero que sexan brandos comigo cando me xulguen”.

É unha declaración?
É unha metáfora de moitas cousas, tanto persoais como colectivas. Pero o que repito nesta canción é a necesidade, a vontade de aprender e de ser autocrítico en calquera circunstancia adversa, sexa momentánea ou transcendente; por iso di e repite o compromiso de non equivocarse ao día seguinte, aínda que con isto non pretende xustificarse nin un “exceso de bondad al hacer (el) conteo atrás”. É algo que lle pode pasar a calquera.

Que é “la cosa”?
É algo que está aí, pendendo. Eu non quixera que chegara. Oxalá nunca chegue; pero por momentos parece que viñera. “La cosa” que reescribe o pasado.

Só tres cancións do disco non son inéditas. “Viene la cosa” é unha delas, cantada varias veces nos concertos nos barrios, que xa suman 109 ao longo de máis de dez anos. “Jugábamos a Dios” é outra. “Fíxena para Afinidades —conta—, unha película de Pichy [Jorge Perugorría] e Vladimir Cruz sobre a corrupción. Entón quixen compensar ese tema con algo da inocencia orixinal, de que chegamos a isto pero antes fomos doutra maneira, tivemos outro pasado”.

“Si Lucifer volviera al paraíso” tamén trata sobre o desvío, o destino que non foi, o que puido ser outra cousa ou tomar un camiño diferente. “A min sempre me fascinou esa historia de que Lucifer fora un anxo. Disme que o máis malo que hai... fora un anxo, ¡¿un anxo?!”, di Silvio coa intensidade de quen pronuncia unha mala palabra.

Por que che fascinou?
Descubrir que o símbolo do mal, Lucifer [portador da luz], foi primeiro un dos arcanxos de Deus; isto, e o feito de que despois adoptara o nome de Satán [opoñente ou adversario], fíxome pensar que este tema crucial da cultura cristiá —que en diversos sentidos herdamos— vén dunha diferenza de opinións, dun fillo que se rebela aos preceptos paternos, dun feito xeracional. Ese é un tema. Que non se detén aí, porque continúa coa posibilidade de que o suposto diaño de tempos gloriosos xa non sexa tal senón máis ben “un pobre diaño” do que algúns fan mofa. Pasa na vida en moi diferentes direccións, sobre todo a quen ten o costume de alardear, do que sexa.

“Noche sin fin y mar”, escrita en 2017, está adicada a Luis Eduardo Aute porque o seu amigo, falecido en abril, ten unha historia propia coa canción. “Eu estaba tocando a súa guitarra porque Miguel, o seu fillo, levábaa ao hospital para tocarlle mentres estivo en coma. Cando cheguei co doutor Calixto Machado, neurólogo cubano que foi decisivo na súa recuperación, púxenme a cantarlle “Noche sin fin y mar”, e nese momento espertou”.

“Modo Frigio” soñouna. “Hai cancións que soño. E cando estaba escribíndoa pareceume que podía ter sido unha canción de Alberto Cortez. Estiven agardando a velo para mostrarlla pero non me deu tempo, de súpeto marchara”.

“Pois ás veces —retoma— pásame iso: pensar ‘esta puido ser unha idea de Fulano, ou de Mengano’ e síntoo como unha presenza nese momento. Esta lembroumo porque é dramática. Nunca viches a Alberto Cortez en escea? Fascinaba, convertíase noutra cousa, era un perfecto animal de escea. Eu quería velo para dicirlle: ‘Cona, fixen unha canción como as túas’, pero morreu e non puiden dicirllo, non a puido coñecer. Ao mellor tampouco lle gustaba. Iso tamén pode pasar”.

Música
Eliades Ochoa: “El que se asome al son tiene que ir como alumno”

El guitarrista y sonero Eliades Ochoa se reconoce portador del inmenso legado de la música cubana y un embajador de su país al frente del Cuarteto Patria, primero, y del laureado proyecto Buena Vista Social Club, después.

É a primeira vez que Silvio Rodríguez lanzará un disco soamente en plataformas dixitais; pero quere “que a xente de Cuba o teña, que o copien, que o graven. Quero regalarlles este disco aos cubanos”. 

“En xeral —resume— o disco está cheo de cancións que, aínda que haxa sentimentos afíns, son moi distintas entre si, e iso é algo que me comprace. Iso e que non hai violencia. Son cancións introspectivas, suaviñas, aínda que nunca me gustaron as cancións bonitas”.  

Cales son as cancións bonitas?
Esas que son así, melódicas… Non as persigo, nin as odio tampouco, mais desconfío un pouco do bonito, por principio. No disco tamén hai cancións un pouco raras, e hai ata algo lúdico como ‘Los aliviadores’ que é unha canción familiar para a miña filla Malva e o meu neto Diego. Eles naceron ao mesmo tempo e criáronse cunha relación máis de irmáns que de tía e sobriño. Sempre pensei que o doutor Schweitzer, de quen se dicía que camiñaba moito como médico misioneiro en África, debeu ter unhas dores de pés e de costas terribles, e xogo con iso na canción.

“Danzón para la espera” de onde vén o título do disco, “é unha desas cancións —conta— que un comeza a facer mais que se demora nela, e logo polo que a comezou xa perde o sentido”. 

Por que a empezaches?
Empecei a facela cando os Cinco aínda estaban presos. Eu quería facer unha canción sobre iso: pero ás veces é difícil achegarse a eses temas meramente políticos dun xeito que non sexa… vulgar. Porén, sempre lle quedou esa auréola de esperanza; así que a retomei agora co que estamos a vivir e o feito de que todo o mundo estea agardando e agardando. 


Estás a compoñer algo nestes días de corentena?
Non toquei a guitarra [confírmano unhas unllas moi curtas]. Pásoa escribindo, pintando, atendendo ao blogue e desfrutando da miña familia. 

“Hai moitos pensadores de distinto calibre e tendencias reflexionando sobre o que estamos a vivir. Eu, persoalmente, non penso que o mundo vaia mudar moito. Imos tratar de volver ser nós, para ben e para mal. Xa estamos mal acostumados e mal feitos, e hai moitos intereses con poder”. 

“Después de vivir” é desas cancións misteriosas… misteriosa ata para min, porque fala de despois de vivir. Ocurréuseme un día e graveino: iso de que houbera un tempo entre saír da vida e entrar na morte”, afirma o músico. O ambiente solitario dese umbral teno o disco. Pódese “escuchar la escena” de Silvio gravando só no estudo. Ou ter a visión da portada de “Rodríguez”, onde aparece a súa sombra proxectada sobre o fondo do escenario. Trobador no seu elemento, limpo, sen filtros, nin máis compañía que a guitarra. 

“Falando obxectivamente —explica— é máis cómodo tocar con músicos, porque podes concentrarte máis na interpretación vocal. Autoacompañarse, aínda obtén un resultado máis persoal, multiplica a responsabilidade, son funcións máis simultáneas, é máis complexo. Adoito traballar moito con músicos por esa razón. Porque intento que o ensamble chegue ao grao de comprenetración que alcanzo coa guitarra. Se se traballa adecuadamente pódese ter moi bos resultados. Os meus compañeiros músicos a miúdo sofren esa obsesión que teño, mais o certo é que o entenden e traballan comigo nese sentido”.

Silvio detivo a produción dos discos polas medidas impostas para previr a propagación da covid-19. Agarda retomar o traballo cando pase o illamento en vigor. Seguirá igual a vida? Como é o mundo que está por vir?

“Hai moitos pensadores de distinto calibre e tendencias reflexionando sobre o que estamos a vivir. Eu, persoalmente, non penso que o mundo vaia mudar moito. Imos tratar de volver ser nós, para ben e para mal. Xa estamos mal acostumados e mal feitos, e hai moitos intereses con poder. Si creo que é posible que todo isto nos axude a reflexionar sobre a liberdade e a transparencia”, di o que ten ao seu cargo dende fai dez anos a pequena república democrática, que é un blogue persoal, foro de comentarios incluído. 

“Non teño o que hai que ter para estar 24 horas adicado ao público. Necesítome, necesito ter recunchiños propios para facer o que teña ganas de facer”. 

Segues sentíndote co control do teu blogue?
Non, eu son agora un servidor público [risos]. Comecei sendo o dono e agora estou na función do colectivo. Non me desagrada iso, pero lémbrame por que nunca me atraeu a política. Non teño o que hai que ter para estar 24 horas adicado ao público. Necesítome, necesito ter recunchiños propios para facer o que teña ganas de facer. Cos anos un cada vez máis quere soamente facer o que ten ganas de facer.

Como entra o público niso?
Nunca me gustou o público, os escenarios. Eu saín porque entendín que debía e porque quixen facelo, e si, pode que collera algún vicio diso. Un era máis novo e necesitaba probar cousas, probarse cousas, e iso está ben se un ten algo interesante que dicir; pero tampouco é ‘o máis grande’, hai cousas moito máis grandes. 

Con todo, é unha afirmación instalada na cultura que o público é o máis grande que ten un artista.
O público é o que fai o artista; pero ao mesmo tempo tamén hai grandes artistas sen moito público, e persoas que non son nin artistas e si o teñen. A escena e a relación co público teñen moito extra artístico que infúe. Nos concertos nos barrios por exemplo, iso é distinto, porque non é propiamente “un público” senón persoas que están nas súas casas, e somos nós os que imos. Eu quero ir alí a partillar, ninguén pagou para vernos. Nese sentido os barrios rachan esa dinámica do espectáculo, e é o apaixonante. 

Que música estás a escoitar estes días?
Emmerson, Lake & Palmer, un trío británico dos 70 que despois se fixo cuarteto. Escoito música antiga, de cámara, sinfónica… para distintos instrumentos, cancións antigas. Rara vez escoito trobadores. Aproveito porque cando estou traballando escoito menos música. Nese momento estou enfocado no que estou a gravar. E despois de tanto traballo, cando o remato non o escoito máis nunca. 

“Non hai cancións preferidas, eu escollo o meu repertorio. Nunca cantei cancións coas que non estivera de acordo, ese foi o criterio”. 

E como funciona ese cansancio de escoitar o mesmo tantas veces cando se trata das túas cancións propias preferidas, ou as que cantas en concerto?
Non hai cancións preferidas, eu escollo o meu repertorio. Nunca cantei cancións coas que non estivera de acordo, ese foi o criterio. Sempre que me poida conciliar con ela, cántoa. Un pódese chegar a aburrir un pouco, é verdade, pero volve a elas se cre nelas. A algunhas, cando lles pasan por enriba os anos, comezas a atoparlles ángulos que non vías antes.

Silvio Rodríguez publica nuevo disco, ‘Para la espera’
Silvio Rodríguez publica nuevo disco, ‘Para la espera’. Foto: Gabriel Guerra Bianchini.

Con cal, por exemplo?
Pasoume cunha canción que fixen para un documental. Eu… non é que non estea dacordo, pero é que falaba de cousas que despois non aconteceron. É onde canto: “te convido a creerme cuando digo futuro”.

O futuro de Cuba?
Non só o futuro dos cubanos, senón do mundo. Nos anos 60 e 70 semellaba que o que viría ía ser distinto. Había un terceiro mundo procurando, e semellaba que chegaríamos a un lugar onde habería menos prexuízos, menos guerra, que se ían aproveitar os recursos en cousas máis nobres. Por cantas guerras pasamos nos últimos 50 anos? Canto foi o gasto en armas e aparatos para destruír á xente? E non hai para onde ir! Custaríame traballo cantala agora. Agora hai que cantar outra cousa. 

“Preguntándome aún, cual sería la absoluta, profunda y rotunda verdad” escóitase en “Modo frigio”. Co paso dos anos sintes que fuches achegándote a “la verdad”?
Estamos sempre procurando verdades. Tampouco son un obseso da verdade, bástame que haxa algunhas verdades básicas, que son útiles. A solidariedade é unha verdade, ser capaz de poñerte ao lado do outro. A compaixón, que nos fai verdadeiramente humanos. Pero, a verdade, parécese ao que escribiu Eduardo Galeano sobre a utopía, citando a Fernando Birri: serve para camiñar. A verdade é ir, é camiñar, a intranquilidade, non conformarse. En Cuba non somos nada perfectos, e un dos nosos grandes problemas foi a idea de “xa chegamos”. Para algúns agora o único que hai que facer é defender o poder. Foi espantoso porque nos enquistou. Todo o que cristaliza é morte.

“Tic y tac, tic y tac, tic y tac, del reloj”, di “Modo frigio”. É recurrente o tema do tempo no disco: Devir, ciclos, preguntas sen contestar, o inalcanzable, nostalxia da inocencia, unha sombra ao espreito. E pecha cunha “Página final” instrumental. Xogando ao simbólico. 

“Para la espera”... dunha páxina final?
“Para la espera” é simplemente unha frase que extraín da canción “Danzón para la espera”, e que ten que ver co presente, nada máis. Esa sinxeleza é a explicación. A portada diseñeina eu, cunha fotografía de Daniel Mordzinski e tampouco ten ningún significado especial. Os pés están aí porque non me couberon abaixo. Existen cousas que parecen moi ben pensadas, que en realidade son accidentais. 

O disco mesmo foi casual, agrega. “Eu non me propuxen facelo, son cancións que naceron tomando a nota no estudio, como ensaios que eu fago, e estes eran os temas que tiña gravados e máis terminados como concepto”. Silvio estaba traballando nun disco “máis grande, máis complexo”, pero as circunstancias obrigaron a facer unha pausa.

Adicou “Para la espera” a sete amigos que morreron entre marzo e abril de 2020, a distintas idades, por distintas razóns, e en distintos lugares do planeta: Tupac Pinilla, Juan Padrón, o propio Luis Eduardo Aute, César López, Luis Sepúlveda, Marcos Mundstock e Óscar Chávez. “Excelentes creadores que o mundo perdeu”, describe na nota do disco. 

“Foi tremendo —lamenta—. E todos así: un detrás do outro, os dous últimos meses. Tupac e Padroncito, os primeiros en partir, foron inmensos para min. Tupac ademáis era o meu editor, unha mente brillante, e Padroncito era o meu amigo dende principios dos sesenta, nos tempos do semanario Mella. César López, un referente da nosa poesía e patriotismo; Luis Sepúlveda, un gran escritor e unha persoa marabillosa; Marcos Mundstock, un imprescindible dese monumento á intelixencia que é Les Luthiers; Óscar Chávez, un xograr mexicano, compañeiro de tantas boas cousas”. 

É tamén un disco sobre a morte?
O disco é anterior, pero si ten que ver coa morte. Non é que sexa o tema central, pero por aí pasa… de vez en cando. Vaste decatar. O que si che garantizo… é que o que fixo o disco está vivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sidecar
Sidecar Fantasmas de 1968
Las universidades estadounidenses se han transformado paulatinamente en organizaciones policiales y carcelarias público-privadas, que responden ante los benefactores y los políticos, no ante los estudiantes ni el profesorado.
Neocolonialismo
Francia El níquel, la batería detrás del proyecto de recolonización de Macron en Nueva Caledonia
Las protestas de la población canaca se producen contra una reforma electoral que beneficiará aún más a los colonos asentados recientemente en la isla. De fondo están los beneficios de la minería de níquel, que la metrópolis quiere acaparar.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.

Recomendadas

LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.