Migración
A guerra contra migrantes haitianxs en tránsito polas Américas

A migración haitiana no territorio americano é vítima sistemática de violencias que limitan a súa traxectoria polo continente.
Calais y Dunkerque - 19
Un migrante mira desde un puente la situación en una de las carreteras que conducen al Canal de la Mancha en Calais. A lo lejos, una camioneta del CRS, el escuadrón antidisturbios de la policía francesa, bloquea un carril de la autopista para detener a una persona cerca de las barreras anti-inmigrantes. Giacomo Sini
Tradución: Rodrigo Herrera Alfaia
23 ene 2022 09:26

Desde o ano 2021, a violencia estatal contra os corpos racializados de migrantes latinoamericanos, caribeñxs, africanxs, e asiaticxs en tránsito polas Américas intensificouse sen precedentes. A presenza policial e militar nas fronteiras redobrouse, continúase a limitar o dereito para solicitar abeiro e a libre circulación, e cada vez máis migrantes están condenados a  limbos xurídicos e tempos de espera que non rematan. Por iso, as cidades fronteirizas son hoxe cárceres abertas, onde migrantes, adultxs e menores de idade viven en condicións inhumanas ao seren gaseadxs, golpeadxs, detidxs e ata perseguidxs a cabalo e atacados con látegos, como as imaxes neocoloniais da recente barbarie entre Cidade Acuña e Cidade do Río1 o confirman.

Esa violencia  intensificada pretendeu conter o tránsito sur-norte que, como efecto da desvastación pandémica, multiplicouse exponencialmente. Entre xaneiro e xullo, aproximadamente 200 mil migrantes foron detidos na fronteira de México-EE.UU., chegando a récords históricos. Xa non só grupos, familias ou caravanas, senón pobos enteiros en movemento. A os 15 mil migrantes que chegaron á Cidade Acuña e Do Río, debemos sumar 19 mil máis que agora esperan entre Panamá e Colombia para seguir ao norte. Ao redor de 34 mil migrantes, maioritariamente haitianxs, pero tamén venezolanxs, nicaragüenses, hondureñxs e algúns centos de africanxs van ao norte; escapan  da salvaxe desigualdade neoliberal e da pobreza agravadas polo COVID-19, do colapso de sistemas políticos nacionais, da ausencia de sistemas de protección estatal, do racismo sistémico; trátase de 34 mil vidas que co seu movemento claman por un lugar digno e seguro onde vivir, pero que poderían  ser encarceradas, devoltas ou deportadas, mesmo quen buscan protección internacional, como os máis de 2 mil haitianxs xa deportadxs desde EE.UU. a Porto Príncipe, e os deportadxs desde o sur de México tamén a Haití.

O que sucede entre Cidade Acuña e Do Río é incomprensible fóra dun momento histórico en que a tensión entre mobilidade e control se intensificou nos corredores migratorios das Américas. Os 15 mil migrantes que intentan cruzar o Río Bravo non saíron de ningures: veñen transitando polo camiño migratorio desde a Rexión Andina e desde o Cono Sur ao norte, atravesando, polo menos, once fronteiras latinoamericanas, zigzagueando a letalidade do control externalizado e internalizado. Os seus tránsitos foron prolongados: meses e incluso anos resistindo e resistindo a diversas formas de violencia.

A presenza policial e militar nas fronteiras redobrouse, continúase a limitar o dereito para solicitar abeiro e a libre circulación, e cada vez máis migrantes están condenados a  limbos xurídicos e tempos de espera que non rematan.

Que a maior economía do mundo —cuxa política intervencionista leva devastado historicamente Haití ante o silencio cómplice do resto de países das Américas— force a miles de haitianos a retornar ao país máis empobrecido do continente, hoxe afundido nunha profunda crise social, política, económica e sanitaria, é o epítome da guerra que en tempos de paz —como dixera Nancy Scheper-Hughes— foi declarada contra migrantes empobrecidos e solicitantes de asilo/abeiro. En 1915, Haití foi primeira vez intervido militarmente por EE.UU. ata 1934, e desde entón esa política non parou. En Haití, como no resto dos nosos países, o intervencionismo estadounidense tivo consecuencias socio-económicas devastadoras. Por iso a consigna “We are here because you were there/Estamos aquí porque vós estivestes alá”, explica as migracións durante máis de seis décadas de latinoamericanxs e caribeñxs a EE.UU. por rutas irregularizadas desde o sur.

Hoxe as loitas migrantes de haitianxs interpelan e desafían ao réxime global do control migratorio e fronteirizo, a súa (in)mobilidade espiu de xeito explícito a violencia política, o racismos sistémico e a salvaxe desigualdade existente arredor do acceso e as condicións en que se produce o movemento a través do continente americano. O deterioro das economías suramericanas ocasionado pola pandemia e as expectativas xeradas polo triunfo do presidente Joe Biden, ante unha posible mudanza do rumbo da política migratoria estadounidense (que nunca chegou), son elementos centrais para entendermos a actual revitalización dos movementos migratorios de haitianxs. Con todo, os seus tránsitos e loitas non son novos. Polo contrario, un longo camiño de desigualdades políticas, racializadas e sexualizadas, levan marcando as experiencias e traxectorias de boa parte da diáspora haitiana  no sur de América durante a última década e, con particular forza, desde a mediados do 2010.

Deste xeito, a expulsión masiva de haitianxs vía voos de deportación arribando á Haití desde EE.UU. e México é apenas a superficie dunha realidade moito máis complexa chea de violencias sociais, políticas e legais. Para nosotrxs, as imaxes deses voos son devastadoras porque confirman que elxs foron empurrados a unha itinerancia transcontinental por meses e anos. A precarización das súas condicións vitais en países latinoamericanos, que non garantiu as súas condicións de vida elementais lles levou a emprender a ruta ao norte para só rematar sendo un obxectivo máis da máquina de expulsión e “desfeitabilidade” de migrantes que hoxe son EE.UU. e México.

Eses miles de haitianxs que aterraron en Haití son familias enteiras, mozos, adultos e mulleres con nenxs. A maioría cobre a súa faciana, entre cansos, tristes e asañados, nese forzado arribo ao país do que tanto loitaron por saír; un territorio de desigualdades históricas e estruturais extremas, de intervencionismo militar e político estadounidense, actualmente baixo unha crise política xeneralizada tras o asasinato do ex-presidente Jovenel Moïse en xullo deste ano e unha escalada de violencia mafiosa con bandas criminais disputándose con lume e sangue o poder das rúas. Circunstancias ás que se deben engadir a crise sanitaria xerada pola pandemia, e todas as vulnerabilidades e complicacións derivadas do novo tremor que tivo lugar na rexión sur do país en agosto deste mesmo ano.  

Hoxe as loitas migrantes de haitianxs interpelan e desafían ao réxime global do control migratorio e fronteirizo.

Moitxs delxs contraeron débedas para viaxar ou venderon parte ou todos os seus bens para facelo. Agora enfrontarán unha situación aínda máis difícil da que viviron antes de emigrar de Haití. De moitxs delxs tamén dependen outrxs, familiares, nenxs, e adultxs maiores que depositaban as súas esperanzas en que aquelxs que viaxaban puidesen chegar ao “destino” e, desde alí, axudarlles. Esa é a forma de funcionamento da diáspora cuxos membros desde os distintos polos de asentamentos están en constante comunicación e coidado. Moitxs de elxs tamén veñen dun longo tránsito espacial que inclúe o cruzamento de ata doce fronteiras latinoamericanas para chegar a EE.UU. En moitos casos, este tránsito espacial tamén implica un tránsito temporal, curto ou longo en diversos países suramericanos.

Aínda que cada experiencia migratoria é particular,  a través dos testemuños de haitianxs en tránsito, podemos constatar que os seus proxectos migratorios iniciaron nalgún momento da última década, en un (ou varios) dos países suramericanos. Post-tremor 2010, os países suramericanos “abriron” a súas portas para recibir a migrantes haitianos. Foi o caso, por exemplo, de Brasil e Ecuador que outorgaron visados humanitarios. Porén, a “irmandade” suramericana tivo caducidade: pouco a pouco no sur de América, de xeito xeneralizado, foise limitando o dereito ao abeiro mentres que nalgúns países os procesos de regularización migratoria para haitianxs tiveron máis atrancos. A irregularidade migrante entre haitianxs multiplicouse na rexión, o que os confinou no extenso mercado laboral informal suramericano que, xunto co racismo sistémico neses países, remata por rachar ás súas expectativas e soños dunha vida mellor.

A violencia simbólica e física, das que moitos foron vítimas só pola cor da súa pel, demostra un legado colonial non resolto nos nosos países que ten nefastas afectacións presentes contra a poboación migrante haitiana. Ademais, desde antes da pandemia xa se adoptaran no sur de América prácticas racialiazadas dirixidas á poboación haitiana co fin de reducir a súa presenza na rexión. É o caso, por exemplo, do “Sistema Virtual de Rexistro Turístico” imposto a haitianxs en Ecuador en 2015, os visados de turismo en Chile e Arxentina en 2018, os “voos humanitarios” de retorno desde Chile a partir do 2018 e os rexeitamentos nas fronteira dentro dos diferentes aeroportos de Arxentina, Ecuador, e Chile durante a última década.

Os tempos pandémicos deron carta branca para que se configurase un estado de excepción de facto en materia migratoria, lexitimando en varios países un xiro estatal antimigrante. Entre as medidas excepcionais consta: a negación de ingresos a quen supoña un “risco sanitario”, suspensión de regularización migratoria e limitación na solicitude de asilo/abeiro. No 2021, no corredor do norte quedou exposta unha distinción tallante entre as formas militarizadas e bélicas do control á mobilidade polo espazo terrestre, é dicir, o control aos migrantes en tránsito.

No caso haitianos, a hiper-precarización das súas vidas, o constante enfrontamento ás formas de racismo, a imposibilidade de enviar remesas a Haití e a intensificación do xiro anti-migrante, levounos a emprender tránsitos ao norte  na procura dun lugar máis seguro onde vivir. Xa que logo, xs migrantes haitianxs pasaron de experimentar as violencias no sur ao longo das súas estancias e percorridos, a habitar as violencias presentes no seus tránsitos ao norte. Ante o inzamento deses tránsitos, a resposta estatal foi máis control e máis violencia. Ao se mover pola fronteiras latinoamericanas, xs haitianxs son golpeadxs, maltratadxs, humilladxs, extorsionadxs e asaltadxs. Elxs atravesan espazos onde os abusos sexuais a mulleres e nenas se converteron na moeda habitual e onde o racismo aparece en cada paso que dan, obrigándoos “por ser negrxs” a pagar máis para cruzaren as fronteiras, para se desprazaren internamente, para comeren, para durmiren, en definitiva, para viviren.

Foi desde este aciago 2021, que as arrepiantes escenas dos tránsitos sur-norte de haitianxs multiplicáronse incesantemente. O seu cruzamento pola selva do Darién, entre Colombia e Panamá, sen dúbida é un dos treitos máis complexos e violentos na ruta a EE.UU. Nese cruzamento , os gobernos colombiano e panameño acordaron un sistema de cotas (un novo ensaio de “fluxos controlados”) e desde Colombia dispúxose un “transporte humanitario” para mobilizar haitianxs que atravesan desde Ecuador e así achegalxs á selva de Darién. Este non deixa de ser un claro xesto de “humanitarismo” que institucionaliza a disposición de corpos racializados para roubalos, violentalos e desaparecelos nun dos cruzamentos fronteirizos máis mortíferos do mundo.

Os tempos pandémicos deron carta branca para que se configurase un estado de excepción de facto en materia migratoria, lexitimando en varios países un xiro estatal antimigrante.

Entre os miles que sobreviviron a Darién, chegaron a México, país cuxas fronteiras convertéronse en espazos de espera forzada. Desde o 2021, elxs empezaron a acumularse en Tapachula, fronteira sur mexicana, nunha espera interminable. Sen resposta nin información por parte da Comisión Mexicana de Axuda ao Refuxiado (COMAR), xs haitianxs optaron por organizarse en catro caravanas distintas e consecutivas. Transcorrían os derradeiros días de agosto, cando fomos testemuñas das escenas de brutalidade da Garda Nacional mexicana e de axentes migratorios adestrados militarmente para impedir o movemento das caravanas en prol de “protexer” axs haitianxs. Redadas durante a madrugada, en hoteis en pousadas, tamén os golpeaban e trepaban neles. Nin sequera nos gobernos máis declaradamente neoliberais houbera tanta represión anti-inmigrante. A saída dxs migrantes e solicitantes de abeiro foi a avanzar pouco a pouco, a través de vías alternativas, ata a fronteira norte con EE.UU.

Elixiron un porto fronteirizo que era pouco empregado, o de Cidade Acuña e Cidade do Río, onde a lente do fotógrafo Paul Ratje (Axencia AFP), revelounos outra postal da supremacía branca estadounidense, nesa ocasión a cabalo e con látego na man. Algunxs miles foron deportadxs, outrxs atópanse en centros de detención privados en EE.UU e outrxs repregáronse en varias cidades mexicanas, entre elas Monterrey e a mesma Cidade de México, futuros centros da diáspora haitiana. Mentres que, a quen lle permitiron selectivamente o ingreso ao territorio estadounidense, atópase hoxe baixo unha vixilancia criminalizante que, entre outras prácticas, obrigaxs a empregar unha torneceleira  electrónica para ser axexados mentres esperan a resolución das súas solicitudes de asilo/abeiro.

O que aconteceu no 2021 é unha proba irrefutable de que o custo humano do tránsito irregularizado a través das Américas importa pouco ou nada ao Estados involucrados. Desde o punto de vista dos intereses estatais e as lóxicas institucionais dominantes da “migración segura, ordenada e regular” que tanto pregoan os organismos internacionais, en que a defensa dos dereitos humanos e a protección se converte en argumento para violentarlxs; as vidas destas persoas non importan, son prescindibles, a súas historias e desexos son irrelevantes, o que lles ocorra no seu presente e futuro sinxelamente non importa.

Sen resposta nin información por parte da Comisión Mexicana de Axuda ao Refuxiado (COMAR), xs haitianxs optaron por organizarse en catro caravanas distintas e consecutivas.

A militarización e peche de fronteiras, baixo o argumento sanitario e os discursos de “combate á migración ilegal” e cun modelo “ordenado e humano”, agocha os procesos lexislativos diferenciais que están por riba da base de desigualdade de acceso ao movemento que posúen migrante haitianxs e outros grupos “non desexables” que, a pesar e en contra de todo, mobilízanse a través de distintos réximes fronteirizos nas Américas. A decisión de emprender a ruta cara a EE.UU. nun contexto de pandemia e peche xeneralizado de fronteiras terrestres, expresa de xeito radical o carácter autónomo e antirracista destes movementos. Nun contexto gobernado polo mandato da inmobilidade dos corpos racializados, o seus procesos de mobilidade e de “desobediencia espacial”, pousan as necesidades humanas por riba e por fóra das políticas de mobilidade dominantes e de calquera intento por disuadir ou conter a procura dun horizonte máis xusto e digno para vivir, e xa non só para apenas subsistir.

Os días de protesta no centro de Tapachula, así como as caravanas migrantes que lograron avanzar decenas de kilómetros a contracorrente, actualizaron a pegada da negritude en movemento que non se vía desde a Asemblea de Migrantes Africanos e Africanas de 2019 en México. No seu andar, as caravanas entoaban consignas en kreyòl (crioulo haitiano) e a cada paso rexeitaban o racismo institucional e o cotián, que os asocia inevitablemente   á pobreza e á miseria como parte da lóxica neocolonial. Polo contrario, ao se gañaren o espazo (nas estradas de Chiapas e os medios de comunicación), lograron temporalmente desfacerse da imaxe de vítimas e deron a coñecer a súa loita, valentía e obstinación.

A resistencia dáse no espazo terrestre, no carreiro, na ruta que hoxe é o espazo da disputa. En todo o camiño do norte, desde o Cono Sur, a Rexión Andina e ata a fronteira entre México e EE.UU., as batallas migrantes están nas súas mobilidades colectivas para se protexer na ruta, no seu inesgotable traballo esencial e nas comunidades dixitalizadas que crearon unha epidemioloxía popular migrante materiliazada en cociñas comunitarias, repartición de víveres, vivendas comúns, en casas que se arman e desarman na ruta, en familias espontáneas que se configuran para crear un auto-abeiro, no conxunto de coñecementos partillados para atravesar e sobrevivir, no coidado colectivo de nenos e a vixilancia médica compartida. Os migrantes crearon así territorios de protección e solidariedade en movemento para soster a súa vida en tránsito.

A barbarie en Cidade Acuña e Do Rio, e todo o que leva sucedendo nos camiños migratorios ao norte, ten una explicación histórica relacionada cos impactos do intervencionismo postcolonial, do racismo sistémico, da desigualdade sistémica neoliberal e do réxime de control fronteirizo nas Américas. Ante esa barbarie, a neutralidade non é unha opción. A loita migrante exíxenos hoxe máis que nunca unha solidariedade radical e incondicional, unha solidariedade transnacional que se contaxie da súa forza histórica e rebeldía contra a aciaga violencia do presente.

1 Cidade Acuña (Coahuila, México) e Cidade do Río (Texas, EE.UU.) son cidades fronteirizas no límite norte da República Mexicana. 

Tradución de Revista Común (México)

Artigo orixinal: https://revistacomun.com/blog/la-guerra-contra-migrantes-haitianxs-en-transito-por-las-americas/

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Migración
Derechos Humanos Cientos de personas migrantes denuncian la falta de citas para conseguir derecho de asilo en Granada
Cientos de personas migrantes se manifiestan en Granada ante la falta de citas para pedir el derecho a asilo, una problemática que se extiende por todo el Estado
Fronteras
Migración en primera persona “Nos tratan como si no fuéramos personas”
Participante del curso 'Las migraciones en el centro: contra la deshumanización de las fronteras', de la Escuela de Periodismo Crítico de El Salto, Jamal relata su experiencia migratoria desde que llegó a Melilla siendo un menor.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Más noticias
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño

Recomendadas

Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.