Memoria histórica
Recuperando a memoria de catro represaliados polos falanxistas en Bértoa

Atopan no cemiterio de Bértoa as primeiras evidencias dos posibles restos de Francisco Miguel Fernández, Juan Boedo, Andrés Pinilla e Pedro Pinilla, represaliados polos falanxistas no ano 36.
cemiterio bértoa 2
Traballadores comezan as labores de exhumación no cemiterio de Bértoa Elena Martín
21 sep 2023 06:00

Carballo amence soleado. Semella que a néboa, que cobre todo o camiño desde Compostela ata esta vila coruñesa, concedeu unha tregua xusto enriba do cemiterio de Bértoa, onde arqueólogos traballan desde as nove da mañá levantando o chan con pas e maquinaria. Buscan os restos de catro persoas: Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, secuestrados e asasinados por falanxistas no ano 36.

“Todo comezou por unha muller, Trini, que agora ten 95 anos e que era coñecida do meu pai”, conta Basi Pacoret, profesora prexubilada de galego don instituto de Carballo. “Ela coñecía a familiares dos represaliados e foi testemuña de como viñan aquí, a esta zona do cemiterio, deixar flores. Viuno todo”.

Trini, entón unha nena, nunca esqueceu eses familiares que se achegaban día tras día ata o cemiterio de Bértoa. Sobre todo a Syra Alonso, muller do pintor Francisco Miguel Fernández Díaz. “Ata que un día Syra deixou de vir porque tivo que fuxir exiliada a México”, conta Pacoret, emocionada. “Entón foi ela a que, cando se decatou de que xa ninguén deixaba flores, viña sempre ata o cemiterio, collía uns ramos do campo do lado, e colocaba ela as flores para que non se esquecera o que sucedeu aquí”.

E, tras máis de 80 anos, e grazas ao traballo da Asociación da Recuperación da Memoria Histórica de Galicia, a lembranza comeza desenterrarse. “Trini foi a que nos levou ata aquí, pero Carmen García Rodeja foi a que moveu todo”, explica Pacoret.

Trini, entón unha nena, foi testemuña de como familiares dos represaliados viñan a esta zona do cemiterio deixar flores.

Carmen García Rodeja, voceira da ARMH de Galiza, observa as labores de exhumación ao lado de Dolores e José Manuel, familiares de Juan Boedo Pardo. “Estas persoas son vítimas de desaparición forzada. Foron sacados da súa casa ou do cárcere e foron asasinados en Queo de Arriba, en Morgade”, conta. “O cura de entón, o pai Coello, decidiu que foran enterrados aquí, con caixa e velados. Sabemos que foron enterrados neste cemiterio entrando a man esquerda. Pero, que pasa nos cemiterios? Que hai sempre moito movemento de terras, axustan o territorio, fixeron uns nichos, sacaron ósos para colocar alí... Entón nunca se sabe exactamente se van aparecer ou non, pero imos intentalo”, explica García Rodeja.

Ao seu lado, José Manuel e Dolores están pendentes do traballo dos arquéologos. O sol avanza e vai calor. El era sobriño de Juan Boedo, un traballador da compañía coruñesa de gas e electricidade, que tiña actividade sindical. Tiña 28 anos e dous fillos cando foi asasinado en Queo de Arriba. “Sentimentalmente estamos contentos e conmovidos”, di Dolores, muller de José Manuel. “Conmove o corazón porque isto trae lembranzas tanto familiares como de por que estamos aquí”. José Manuel, sentado ao seu lado, fala menos. “Eu non o cheguei a coñecer —morreu no 36 e eu nacín no 43— pero si tiven relación cos seus fillos ata que tiveron que emigrar a América”. Para José Manuel, atopar os restos do seu tío “serían o peche fundamental desta situación”.

—Gustaríame que se recuperaran os restos e poder poñelos cos do meu pai —conta.
—O seu irmán —engade Dolores.
—Queríao moito e sei que lle gustaría descansar xunto del —remata José Manuel.

Cemiterio bértoa 3
Exhumación na parroquia de Bértoa, en Carballo Elena Martín

Ademais de Juan Boedo, na fosa esperan atopar a Andrés Pinilla Fraga, conserxe de 52 anos; a Pedro Pinilla Calvete de 21, mecánico e fillo de Andrés; e ao pintor, ilustrador e posuidor dunha librería de arte, Francisco Miguel Fernández Díaz, unha vangarda das artes galegas no seu momento.

Carmela Galego, tamén presente na exhumación, é historiadora da arte e experta na figura de Francisco Miguel. “Fixen un traballo de investigación sobre el, pero realmente obsesioneime un pouco”, di cun sorriso. “El era pintor, debuxante, artista, escritor, gravador... A min o que máis me sorprende del e a súa capacidade de cambio de rexistro”. Galego explica que Francisco Miguel foi “unha figura tremendamente importante tanto para a cultural local como para a universal, e quedou absolutamente borrada”. “Xunto coa súa muller, Syra, coa que facía un tándem artístico precioso, viaxou a lugares clave cando había que estar, como París”, conta Galego. “E se ves a súa cronoloxía, facía cousas moito antes que outros artistas coñecidos. Por exemplo, foi surrealista en 1921, anos antes que Dalí”.

Carmela Galego denuncia o “borrado” desta figura, como doutras, que aínda hoxe se loita por recuperar. “Foi eliminado pola maquinaria franquista, pero tamén ao conseguir meter medo no subconsciente colectivo, feito que fixo que a xente o rexeitara e o esquecera”. Galego recorda que incluso agora, décadas despois, “a súa figura non se estuda na única facultade de historia da arte de Galiza, a de Santiago”.


Francisco Miguel artista galego
Francisco Miguel, artista galego de vangarda represalido por falanxistas no 36

Por iso, esta exhumación non é só do seu corpo, senón tamén da súa memoria. “Eu sempre digo que a vangarda galega nos foi arrebatada”, denuncia Galego. “Por iso, isto é case que exhumar esa vangarda, para que a xente deixe de dicir que a Galiza sempre chega todo tarde. Porque despois descobres figuras como a de Francisco Miguel e dis «Ah! Si que existiu, pero está nunha fosa».

“É moi importante que non se esqueza o que aconteceu”, comenta Basi Pacoret. “De feito, eu traballei toda esta temática o ano pasado coa rapazada, porque non se lles informa o suficiente disto, e é fundamental que coñezan todo este padecemento brutal e que vexan a importancia de recuperar a nosa memoria histórica”. Para Pacoret, a resposta das nenas e nenos “foi excepcional”. “Implicáronse moito. Fixeron un traballo e unha cuña para radio fantástica. E, sobre todo, aprenderon que isto existiu e que non o podemos esquecer porque forma parte das nosas vidas. E para os familiares... non quero nin pensalo”.

Nun momento dado, unha veciña de Carballo entra enfadada no cemiterio, preocupada porque di “que non se deberían tocar os mortos”. Basi Pacoret, consciente desta reacción por parte dalgunhas veciñas, asegura que o problema “é que están mal informados”. “Se se informa ben e se lles explica que non se vai quitar nada de aquí, seguro que moitas persoas non reaccionarían así”, reflexiona.

“É fundamental que a rapazada coñeza todo este padecemento brutal e que vexan a importancia de recuperar a nosa memoria histórica”

Os traballos continúan con cada vez máis persoas observando desde un lado do cemiterio. Pero estes traballos adoitan levar días, cando non semanas, ata conseguir atopar algún indicio. “Sexa como sexa, estamos moi agradecidas á ARMH, e a Carmen que se puxo en contacto con nós. Tamén á toda a xente que, cunha ética incrible e un respecto inmenso, están intentado recuperar as persoas que están aquí enterradas”, comenta Dolores. Carmela Galego engade que “hai que agradecer a toda a xente que leva anos tirando e tirando para que isto non se esqueza”.


cemiterio bértoa 4
Familiares das vítimas e veciñas asisten á exhumación do cemiterio de Bértoa Elena Martín

Carmen García Rodeja, pola súa banda, asegura que a Asociación vai seguir exhumando sempre que haxa demanda de familiares. “Nós cremos que o Estado, o goberno, ten que facer unha lei de fosas e un plan de fosas que organice o que se vai exhumar, o cando e o como. Como cando planificas unha liña de tren. Primeiro pensas cara onde queres que vaia e, a partir de aí, valo planificando. Non fas cachiños de vías de tren, senón que o fas cun plan, cun criterio, escoitando as necesidades das persoas...”. Porque para García Rodeja, “escoitar aos familiares é o primeiro”. “E, despois, se hai fosas que non se sabe quen está enterrado nelas, pois poderiamos facer como en Asturias e identificar eses lugares como un Lugar de Memoria, e polo menos queda como iso”.

García Rodeja remata lembrando que este “é un traballo voluntario”. “Subvencionámolo coas cotas de socios e socias, e veñen xente de todas partes para axudar. Pero son todos voluntarios, cousa que ás persoas non lles entra na cabeza, pensan que nos paga alguén”, asegura García Rodejo. “Facemos moitas cousas distintas como investigación, estamos agora cun tema de deportacións en Galiza, facemos homenaxes a presos... . En fin, facemos moitas cousas que teñen que ver con recoñecemento e posta en valor da xente que foi ocultada e abandonada. Queremos acabar con ese manto de néboa que houbo sobre estas persoas porque as familiares, por medo, nunca quixeron falar”.

O sol segue brillando e cada vez está máis alto. Dolores e José Manuel, xunto co resto das persoas que observan as labores de exhumación, seguen esperando que se atope algo. “Esperamos aquí, coa voz quebrada, porque a estas alturas da vida, a importancia xa é máis sentimental que doutra natureza”.

E a espera dá os seus froitos. Hoxe, dous días despois do inicio da exhumación, atopan evidencias que parecen coincidir coas dos catro represaliados: “No lugar que señalara Trini atopamos os primeiros restos e evidencias de violencia, como un proxectil de bala de 6,35 mm”, contan desde a ARMH. “Os familiares están moi emocionados pola descoberta”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Historia
Romanticismo, poesía y república Espronceda: el republicano revolucionario que conspiró contra los Borbones
El poeta romántico extremeño fundó una sociedad revolucionaria para derrocar a la monarquía de los Borbones e instaurar una república, por la que fue detenido y condenado
Ocupación israelí
Ilán Pappé “Netanyahu y la extrema derecha israelí buscan una limpieza étnica en Gaza”
Este historiador israelí pone en duda que las presiones internacionales consigan frenar el genocidio aunque reconoce en conversación con El Salto que se está produciendo un cambio en la opinión pública mundial.
Memoria histórica
Memoria democrática El rechazo a la Ley de la Concordia se hace visible en las calles de València y Alicante
Asociaciones memorialistas del País Valencià se movilizan por la legitimación del franquismo en la Ley de la Concordia, que califican como un retroceso en la memoria histórica.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.