Memoria histórica
Arquivada a primeira querela contra crimes do franquismo trala chegada da nova Lei de Memoria

O asasinato do sindicalista galego Moncho Reboiras continúa impune porque a xustiza considera que os crimes do franquismo non poden ser xulgados pola súa prescrición e a Lei de Amnistía, pese aos cambios introducidos pola nova norma.
Moncho Reboiras
Moncho Reboiras tiña 25 anos cando a policía franquista o matou a tiros polas costas en Ferrol.
Tradución: Alma López
13 abr 2023 09:00

O 12 de agosto de 1975, o sindicalista e líder de Unión do Povo Galego (UPG) Moncho Reboiras era asasinado tras recibir tres disparos da policía franquista. Un operativo de 300 axentes da policía armada e da Brigada Político Social despregara unha operación para acabar co movemento sindical en Ferrol e acordoara o edificio onde se atopaba Reboiras, quen desde había un ano desenvolvía a súa loita na clandestinidade. A operación saldouse coa morte do mozo e histórico sindicalista, con 25 anos de idade, desangrado no portal número 27 da actual rúa Terra.

Case 50 anos despois, os seus familiares presentaron unha querela polos feitos, denunciando a 24 membros da Brigada Político Social. Consideran que se trata dun asasinato realizado nun contexto de represión social e ataque sistémico á poboación civil e que é, polo tanto, un delito de lesa humanidade. Esta querela, presentada trala entrada en vigor da nova Lei de Memoria Democrática, volveuse encontrar cos mesmos argumentos utilizados antes da chegada da norma: o Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol ditou o sobresemento libre e o arquivo da causa, ao entender que os feitos están prescritos e que isto non se altera coa nova Lei de Memoria Democrática. 

A principios de febreiro, e despois de que o Senado aprobase en outubro a nova norma, vítimas do franquismo, integradas na coordinadora CEAQUA, presentaban cinco novas querelas  por crimes cometidos durante a ditadura. Unha delas era a da familia do líder sindicalista galego. A primeira destas querelas, presentada polas torturas que sufriu Carles Vallejo  na comisaría de Via Laietana, foi ratificada polo Xulgado de Instrución número 18 de Barcelona para abrir unha posible investigación. No caso de Reboiras non houbo a mesma sorte.

“Non hai vontade para aplicar o dereito internacional sobre os crimes do franquismo, o dereito internacional que establece que os delitos de lesa humanidade non prescriben”

“Non hai vontade para aplicar o dereito internacional sobre os crimes do franquismo, o dereito internacional que establece que os delitos de lesa humanidade non prescriben”, resume Irene A. Francés, avogada do equipo xurídico de CEAQUA Galiza, quen lembra que a presentación destas querelas ten como obxectivo comprobar ata onde dá de si a nova lexislación para acabar coa impunidade dos crimes que se realizaron durante a ditadura.

No auto, a xuíza argumenta que España non ratificou a Convención sobre a imprescritibilidade dos crimes de guerra de lesa humanidade, adoptada e aberta á firma, ratificación e adhesión pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1968. “Esta é unha das nosas principais loitas –expresa Francés—. A convención cristalizou un principio que é preexistente, polo menos desde Nuremberg. Se os xulgados e tribunais aplicasen realmente o dereito internacional entenderían que estes crimes son imprescritibles. Este convenio só foi ratificado por 11 países, pero son crimes que se sancionaron de maneira histórica”, explica a letrada.

Por outra banda, a nova Lei de Memoria Democrática establece un marco que, en opinión da avogada de CEAQUA Galiza, a xuíza pasou por alto. Así, o artigo 2 establece que todas as leis do Estado español, incluída a Lei de Amnistía, se interpretarán e aplicarán en conformidade co dereito internacional e consuetudinario, segundo o cal os crimes de guerra, de lesa humanidade, xenocidio e tortura teñen a consideración de imprescritibles e non amnistiables. “Neste auto, isto queda en papel mollado e non argumentan por que non o tiveron en conta”, expresa Francés.

Por outra banda, o artigo 29 da mesma lei di que o Estado garantizará o dereito á investigación das violacións dos dereitos humanos ocurridas con ocasión da guerra e a ditadura, así como que se garantizará a tutela xudicial efectiva das vítimas. “A xuíza andou con pés de chumbo sobre isto. Usar a Lei de Amnistía para inadmitir a trámite todo o proceso xudicial vai en contra do dereito internacional convencional e consuetudinario, concretamente contra o dereito internacional humanitario, segundo o cal os crimes de guerra, de lesa humanidade, o xenocidio e a tortura teñen a consideración de imprescritibles e non amnistiables, tal e como establece o artigo 2 da lei”, quéixase Francés.

80 querelas arquivadas

Antes da entrada en vigor na nova Lei de Memoria Democrática, desde CEAQUA impulsaron un total de 80 querelas contra os crimes do franquismo, todas elas arquivadas. Despois dos correspondentes recursos e de ir esgotando a vía xudicial interna, moitas están a día de hoxe en instancias internacionales.

Esta é a situación de Rosa García Alcón, quen sufriu torturas durante sete días na antiga Dirección Xeral de Seguridade, sita na madrileña Porta do Sol. O seu caso, arquivado no xulgado de primeira e segunda instancia, chegou ata o Tribunal Constitucional por vulneración do acceso á tutela xudicial efectiva. Este tribunal non aceptou este recurso. Finalmente, a súa historia escalou ata o Comité de Dereitos Humanos da ONU, onde moitas destas vítimas esperan un pronunciamento contundente.

“Estamos na mesma situación que antes. Os compromisos que lleva impresos a lei quédanse en papel mollado”

“Estamos na mesma situación que antes. Os compromisos que lleva impresos a lei quédanse en papel mollado”, afirma Irene A. Francés. “Hai dereito, o problema é que non hai vontade política. O dereito internacional está aí e hai unha normativa nacional que debería de permitir o acceso á tutela xudicial efectiva. Estase vulnerando o dereito de acceso á xustiza das vítimas, e iso significa que hai que esgotar a vía interna e logo ir a instancias internacionais”, denuncia esta avogada, para quen os crimes do franquismo seguirán durmindo en absoluta impunidade mentres non mude a aplicación das normas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Antropoloxía Progreso ou diversidade: desafíos no coidado dos bens comunais
Unha mirada biopolítica sobre o impacto das asimetrías no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes para as diferentes formas de vida no planeta.
Medio ambiente
Estrea 'Altri: a sede insostible', un documental sobre os futuros efectos da fábrica de celulosa proxectada na Ulloa
Este venres 24 de maio, O Salto e Xarda estrean un proxecto audiovisual sobre como unha multinacional portuguesa pretende destruír recursos naturais e sociais no corazón de Galiza coa creación dunha pasteira dez veces máis grande que ENCE.
Genocidio
Tribuna 18 noches en el lado correcto de la historia
VV.AA.
Entre infantilizaciones y denuncias de radicalización, desde la Acampada por Palestina de Madrid reclamamos con voz propia una ruptura de relaciones con Israel.
Desigualdad
Desigualdad Gary Stevenson: “Permitimos que el debate económico esté dominado por ricos y eso conduce a una idiocracia”
El londinense pasó de ser el 'trader' más rentable de uno de los mayores bancos del mundo a convertirse en un activista contra la desigualdad y contarlo todo en su primer libro.
Elecciones
Elecciones europeas La izquierda lleva sus cuentas pendientes a unas Europeas que ponen a prueba el contraataque de Sánchez
El Partido Popular y Vox plantearán una campaña en clave nacional contra el “sanchismo”. El presidente del Gobierno ha salido reforzado en las encuestas tras las elecciones catalanas pero no superará al PP según una reestimación de datos del CIS.
Extractivismo
Extractivismo Varela y su arena: una lucha por la supervivencia en Guinea Bissau
En una pequeña localidad de Guinea-Bissau, un grupo chino, apoyado por actores senegaleses y el propio Estado guineano, planea explotar los recursos minerales y la arena de la región.
Medio ambiente
Estreno 'Altri: a sede insostible’, un documental sobre los futuros efectos de la celulosa proyectada en A Ulloa
Este viernes 24 de mayo, El Salto y Xarda estrenan un proyecto audiovisual sobre cómo una multinacional portuguesa pretende destruir recursos naturales y sociales en el corazón de Galicia con la creación de una pastera diez veces más grande que ENCE.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Palestina
William Schabas “Vemos cómo el derecho internacional puede usarse a favor de los estados del Sur Global”
Este abogado analiza la trascendencia de la solicitud de órdenes de detención contra Netanyahu y Gallant tomada por el Tribunal Penal Internacional en el marco del genocidio llevado a cabo por Israel en Palestina.
Extrema derecha
Opinión “La alianza global de los patriotas” y el oxímoron “anarcocapitalista”
Tanto la extrema derecha de Milei como la de Abascal pueden confluir en que la ‘libertad’ sea reducida sólo al privilegio de acumular, en un ‘fascismo de mercado’.
Genocidio
Genocidio La Corte Internacional de Justicia ordena a Israel detener la ofensiva de Rafah de manera inmediata
El Tribunal de la ONU da un nuevo aviso al Gobierno de Netanyahu y le ordena detener la ofensiva de Rafah ante la constatación de que sus anteriores órdenes no han sido cumplidas.
Barcelona
Espacio público El Parque de Louis Vuitton y el vecindario fuera del Güell
Cientos de vecinos se manifestaron contra la privatización que el Ayuntamiento de Jaume Collboni ha hecho del parque público más emblemático de Barcelona para acoger un desfile de la marca de lujo francesa que patrocina la Copa América de vela.
Arte
Arte El arte visual de Mahmoud Alhaj ilustra la huella de la violencia de Israel en Palestina
El artista Mahmoud Alhaj expone en Barcelona su proyecto ‘Violence 24/7’, una alegoría visual sobre los efectos que la ocupación israelí tiene en los sujetos, la conciencia y la geografía palestina.
Más noticias
Palestina
Palestina Cientos de estudiantes toman la Universidad Humboldt de Berlín en apoyo a Gaza
La ocupación de la institución, renombrada “Instituto Jabalia” en honor al campo de refugiados de Gaza, termina con el desalojo de la policía 30 horas después.
Explotación laboral
Derechos laborales Condenan a Marina Beach por despedir a una trabajadora que se quejó por whatsapp
La trabajadora pidió por el grupo de chat de la empresa que cubrieran las necesidades básicas de material que tenían los empleados y fue despedida.
Minería
Mineras contra el territorio La minera que provocó un conflicto en Groenlandia irrumpe con proyectos en Castilla y León y Extremadura
La polémica compañia australiana ETM, protagonista del convulso proyecto de Kvanefjeld (Groenlandia), tras los planes extractivistas de Villasrubias y El Payo (Castilla y León ) y Salvaleón, en la extremeña Sierra de Gata.

Recomendadas

Sanidad pública
Conciliación en entredicho Enfermeras denuncian que hospitales madrileños están bloqueando reducciones de jornada
De cara al próximo verano grandes hospitales de la Comunidad de Madrid están impidiendo que las profesionales del sector de la enfermería acumulen horas para poder librar días enteros, derecho adquirido que va en retroceso.
Fake news
Investigación Así se financia la desinformación en Murcia: ‘OkDiario’ y ‘EsDiario’, los favoritos de López Miras
El Gobierno murciano ha repartido más de 240.000 euros a medios de desinformación en los dos últimos años. De ellos, Eduardo Inda se ha embolsado casi la mitad y EsDiario 54.355 euros.