Literatura
Cristina Sánchez-Andrade: “Casares soubo fusionar a tradición oral cunha clara vontade experimental”

Conversamos coa escritora Cristina Sánchez-Andrade sobre a súa tradución da obra de Casares ao castelán para a editorial Impedimenta, así como dos posibles puntos en común entre a súa novela 'Las Inviernas' e 'Vento Ferido'.
28 mar 2023 13:00

Como se vive cando todos os paradigmas da vida comunitaria foron dinamitados?, como se medra en medio do terror?,  como se aprende a violencia?, que nos dá sentido e como reencontralo?

Vento Ferido  é a ópera prima de Carlos Casares (Ourense, 1941-2002). A súa primeira edición (1967, Editorial Galaxia) tivo un intento de censura ao pouco de saír do prelo. E é que Vento Ferido reconstrúe a memoria do que supuxo a devastación da longa noite de pedra – a metáfora coa que Celso Emilio Ferreriro se refire á ditadura franquista e coa que titula o seu célebre libro de poemas, o cal, por certo, tamén librou a censura do réxime franquista-.

Composta por doce breves relatos, Vento Ferido retrata unha Galiza de mediados do século, en medio da violenta vórtice da represión. Cunha prosa por un lado intimamente ligada á tradición oral e, por outra, con claras influencias de Kafka, Faulkner, Pavese ou Duras, Carlos Casares abriuse paso entre a Nova Narrativa Galega e hoxe lévanos alén dos montes verdes e paisaxes baixo a choiva para mergullarnos no corazón doente dunha sociedade quebrada.

Conversamos coa escritora Cristina Sánchez-Andrade (Santiago de Compostela, 1968) sobre o seu traballo de tradución da obra de Casares ao castelán para a editorial Impedimenta, así como dos posibles puntos en común entre a súa obra Las Inviernas e Vento Ferido.

Ademais de ser escritora, tes experiencia como tradutora desde o inglés. Vento Ferido é a túa primeira tradución do galego?
Efectivamente, Vento Ferido é a miña primeira tradución do galego e, nese sentido, faime moitísima ilusión. Aínda toda a familia do meu pai é galega e temos unha fonda vinculación con Galiza, sempre vivín en Madrid, e polo tanto nunca falei esta lingua. Por iso non diría que é a miña lingua nai, pero si teño unha conexión moi especial e emotiva coa mesma. Encantoume a experiencia, traducir a Casares é sempre un pracer. Aprendín moito do seu estilo e do xeito que ten de construír as historias.

Gran parte de narrativa galega do século XX tomou como referencia a tradición oral. Como traducir relatos que se sustentan tanto en recursos da oralidade?, que desafíos particulares implica?
É precisamente o que me atrae máis deste libro. Como Casares soubo fusionar a tradición oral cunha clara vontade experimental. A sensación cando lin estes relatos era a de estar nun bar ao redor dunha mesa camilla ou nun faladoiro escoitando unha conversa. Todo elo revestido sutilmente de técnicas que, ao menos no momento en que o libro foi escrito, eran innovadoras en España, como o monólogo interior, os xogos de perspectivas ou a fragmentación do texto. O desafío sempre á hora de traducir é trasladar a voz e a mirada propia do autor, que soe a Casares e non a calquera outra cosa.

Por que, de toda a ampla obra de Casares, elixir a súa ópera prima?, que hai nela de vixencia no contexto actual?
A idea de traducir este libro xurdiu dunha conversación sobre literatura galega entre Enrique Redel, o editor de Impedimenta, mais eu, aproximadamente hai un ano. Os dous coincidimos en ser entusiastas deste libro e a verdade é que nin pensamos empezar con outro. Gústanos tanto que non había dúbidas de que tiña que ser o primeiro. Enrique até sabía parágrafos de memoria dalgúns dos contos! Pero o bo é que, a pesar de ser un libro que ten xa máis de cincuenta anos, continúa a ser fresco e accesible ao público actual.

Casares contaba que nunha ocasión Risco o levou a súa casa e lle mostrou o álbum de Nós coas láminas de Castelao. Nunca antes oíra falar de Castelao. A partir de entón, creo que se fraguou nel a súa vontade de denuncia política.

No posfacio de edición de Impedimenta tamén mencionaches que en Vento Ferido hai unha vontade experimental do autor. En que consiste esta experimentación?
Basicamente Carlos Casares, como outros autores galegos, estaba a ler nese momento a Camus, Faulkner, John Dos Passos, Marguerite Duras. Vese a influencia destes autores, sobre todo de Camus. Pensa que na España autárquica dos 50 o 60, o que se facía era todo moi chan e que a experimentación era moi atrevida.

En Casares a prosa é dislocada, con alternancia de puntos de vista, superposición de planos ou rupturas temporais, que semella unha especie de balbucido. Brota dos contos de Vento Ferido, ademais, unha intensidade doutra natureza, que só logran os grandes escritores: a que roza zonas profundas do noso inconsciente. Todo iso a través dunha prosa que foxe de longas explicacións, que suxire e que nos convida a meternos na pel das personaxes para sentir con elas cousas tan belas e arrepiantes como «unha pena negra», «o sangue todo cheo de formigas» ou «un niño de avespas no corazón».

En todo caso, integrouno tan ben co autóctono (basicamente a tradición oral) que non só soubo dar cun estilo e voz propios, senón que desde o principio tivo a aceptación do público.

O xénero literario (relatos curtos), o uso da oralidade, o carácter de denuncia política en pleno franquismo...  desde a túa perspectiva hai unha influencia directa entre a narrativa de Castelao e Vento Ferido?
A través de Vicente Risco, a quen coñeceu nos faladoiros do café Parque, en Ourense, Carlos Casares estivo moi vinculado á Xeración Nós, na que estaba Castelao. Casares contaba que nunha ocasión Risco o levou a el e a outros mozos a súa casa e lles mostrou o álbum de Nós coas láminas de Castelao. Nunca antes (estarían nos anos 50) oíra falar de Castelao. A partir de entón, creo que se fraguou nel a súa vontade de denuncia política.

Falando de Castelao, a súa colección de contos Cousas tamén foi traducido recentemente ao castelán pola editorial Asteroide. Por que cres que espertou un interese por traducir clásicos da literatura galega do século XX?
Non o sei. O que si teño claro é que aínda hai moito por facer. Fica toda unha serie de autores galegos absolutamente marabillosos que deberían ser rescatados e traducidos ao castelán. Mira, cando na miña propia escrita queren atopar nexos coa literatura galega, por ignorancia, os críticos sempre terminan falando de Valle Inclán e de Cela. Pero e Rafael Dieste, Anxel Fole, Xosé Neira Vilas, Manuel García Barros, Cunqueiro, Castelao? Eses son os que me interesan de verdade e dos que ninguén fala! Na Galiza por suposto soan (outra cousa é que se lean moito, ao menos fóra do colexio) pero no resto de España son descoñecidos. E é unha mágoa.

O tema da memoria interésame moito desde o punto de vista literario. Creo que, ao igual que en Casares, hai unha intención de reflectir até que punto o réxime franquista fabricou unha única maneira de pensar, de sentir, de ser.

A túa novela, Las Inviernas, na que o testemuño oral, ao igual que en Vento Ferido, fai unha alusión á cultura espiritual galega, lévase ao cabo no rural galego. Ao respecto da túa escrita e do teu traballo traducindo a Casares, como abordar e escribir sobre estes temas e contexto, sobre esta Galiza sen pechala nun estereotipo, na imaxe que se adoita ter dela, de pobo máxico e pouco civilizado?
Persoalmente, a min non me importa caer no estereotipo de pobo máxico. Gústame isto como material literario, encántame ler Os pazos de Ulloa ou Los gozos y las sombras e atopar estes aspectos. Outra cousa é que se poidan abordar outros moitos aspectos, loxicamente. Aínda que os contos de Casares poderían situarse no rural galego, nada nos fai pensar que non podan desenvolverse nunha cidade. E na miña novela Las Inviernas, as irmás acaban de volver de Inglaterra e hai moitas alusións á vida alá, incluso ao cine de Hollywood.

Outra relación que existe entre a túa obra e Vento Ferido, é que en ambos textos hai un tratamento do que supuxo a ditadura na sociedade. Que papel pode cumprir a literatura como ferramenta de memoria histórica?
O tema da memoria, en xeral, interésame moito desde o punto de vista literario. Creo que, ao igual que en Casares, hai unha intención de reflectir até que punto o réxime franquista fabricou unha única maneira de pensar, de sentir, de ser. Neste sentido, creo que tanto as personaxes de Casares como as miñas, revélanse fronte a uniformidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación
Educación Cómo 15 años de PP en la Xunta de Galicia han aniquilado la oferta de material educativo en gallego
El decreto de plurilingüismo, impulsado por Feijóo y Rueda, ha castellanizado todas las etapas educativas y restringido el mercado a las editoriales gallegas: ya no hay libros de Tecnología en gallego.
Nacionalismo galego
Galeguismo Mercedes Docampo, a muller desterrada que axitou o feminismo no Partido Galeguista na Segunda República
No 90 aniversario da pronuncia dun dos discursos feministas de maior calado no seo do Partido Galeguista, recuperamos a memoria dunha muller que acabaría por inspirar a participación política de miles de mulleres en Galiza.
Redes sociales
Redes Sociais TikTok, a plataforma dos novos creadores de contido en galego
Conversamos con catro creadoras de contido en galego no TikTok para coñecer a súa percepción sobre a lingua nesta ferramenta.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.