Ilustración
Xico Paradelo: “Unha lingua existe se é útil”

Entrevistamos a un dos referentes da banda deseñada en galego.

Xico Paradelo
O debuxante Xico Paradelo. Óscar Pinal
18 dic 2019 12:00

Non hai dúbida de que a banda deseñada é un xénero literario moitas veces esquecido e categoricamente discriminado tanto polo mundo editorial, que non recoñece o seu valor literario, como polo mundo artístico que o desmerece como expresión artística. A historia da banda deseñada galega non só nos amosa o errados que están estes prexuízos, senón que ademais amosa o vínculo que ten coa loita pola preservación e normalización da lingua galega. Falamos con Xico Paradelo (1967, Ourense), un dos escritores e debuxantes detrás do Colectivo Pestinho, referente fundamental na historia do cómic galego, xénero que é moito máis grande e máis importante do que se adoita coñecer.

Pouco se estuda sobre a tradición da literatura gráfica en Galiza aínda que Castelao era debuxante. Vostede coñece a tradición? Como iniciou?
Si, Castelao é un dos grandes referentes, é un precursor do que actualmente entendemos como banda deseñada. Despois veu a guerra civil e cortou unha tradición que estaba a ter gran éxito. Do seguinte referente do que podemos falar é de Isaac Díaz Pardo que nos anos 50 empezou a facer “carteis de cego”.

Que eran os carteis de cego?
Noutra época en Galiza e noutros lugares da península, gañabas a vida indo ás feiras cantando historias “truculentas”; tocábase algún instrumento e acompañábanse cun cartel de cartón que chamaban cartón de cego no que un axudante ía debuxando as escenas que o cego lle ía contando. Iso realmente era unha banda deseñada porque se contaban as historias a través de debuxos. Xa a finais dos anos 60, Xaquín Marín con Raimundo Patiño experimentaron con esas mesmas técnicas e remataron por facer banda deseñada como a coñecemos hoxe. Considérase que eles son os que crearon a banda deseñada moderna galega.

“Castelao é un precursor do que actualmente entendemos como banda deseñada”

E podemos atopar mulleres nesta historia?
Non había moitas mulleres que debuxasen nin que fosen humoristas. Evidentemente o machismo que había naquela época influíu nisto. Esa era unha profesión de homes e por desgraza tamén o eran a maioría dos lectores de cómics. Aínda así, cada vez hai máis mulleres que se están a incorporar. As temáticas tamén até hai pouco tempo eran moi masculinas: homes musculosos que salvaban mulleres.

Nesa tradición Pestinho tivo un papel importante, en que contexto se formou?
O Colectivo Pestinho está formado por tres amigos: Xose Manuel Moxón, Miguel Carvalho e eu mesmo. Aos tres gustabanos moito debuxar e contar historias e faciamos algúns cómics. Cando tiñamos 16 anos empezamos a ir á Casa da Cultura de Ourense. Daquela facer un cómic era innovador e vangardista e por iso o director da Casa da Xuventude pediunos que fixeramos un cómic para unha revista e despois nos deu a oportunidade de sacar a nosa revista de banda deseñada. Decidimos sacala pero logo vimos que nós os tres non dabamos feito e fixemos unha reunión aberta para outros autores e debuxantes. Xuntámonos e fundamos o Colectivo Frente Comixario. O colectivo Pestinho despois tivo proxectos propios como a Historia da lingua en banda deseñada.

“O galego pasaría de ser una lingua rexional con 3 millóns de falantes a ser unha lingua internacional con case 300 millóns de falantes, que son os falantes do portugués no mundo”

Para que facer unha historia da lingua?
Nos anos 90, a banda deseñada estaba enganchando a moita xente nova á que podías achegar debates, ideas ou conceptos que en texto quedaban moi aburridos e moi abstractos. En cambio, a banda deseñada, coas imaxes e as caricaturas parece que é máis sinxelo que a xente se anime a ler e a mensaxe é máis fácil de colocar. Nós daquela estabamos entrando nunha época da defensa da lingua galega dentro dos colectivos reintegracionistas e necesitábamos dar luz a esta proposta da lingua, porque nos aquí tiñamos (e temos) o problema de que o goberno non traslada toda a información ás escolas. Nós o que pediamos era que nos centros de ensino se dera esta información porque os cidadáns teñen dereito a coñecer outros puntos de vista. Hai quen di que o galego e o portugués son dúas linguas diferentes, mais hai outro punto de vista que di que son a mesma. Nós pensamos que iso é un potencial para Galiza porque o galego, tal como o contempla o goberno actual e a Real Academia Galega, pasaría de ser una lingua rexional con 3 millóns de falantes a ser unha lingua internacional con case 300 millóns de falantes, que son os falantes do portugués no mundo. Iso muda completamente a perspectiva da lingua. Queriamos trasladar isto e a forma que nos pareceu máis axeitada era a banda deseñada. O Colectivo Mendinho, que era un grupo reintegracionista, preguntounos se estariamos dispostos a adaptar a historia da lingua galega a cómic e dixemos que si inmediatamente. Puxémonos a traballar e xurdiu esa banda deseñada que tivo perto de seis mil exemplares vendidos, que naquela época era moitísimo para un cómic en galego.

Xico paradelo (2)
Xico Paradelo. Óscar Pinal
Que papel cumpre a literatura gráfica na normalización da lingua?
Primeiro, conseguir que se lea. Se ti sacas unha boa banda deseñada en galego e consegues que a xente —especialmente a xente nova— a lea, contribúe porque unha lingua existe se é útil. Claro, aquí temos que competir cunha lingua moi poderosa que é o castelán que inunda todo. A xente que lle gusta a banda deseñada encontra que case todo está traducido ao castelán. Temos que conseguir sacar mellor material en galego. Hoxe en día hai algunhas editoriais como Retranca, Demo, El patito, e a escola de cómic de Pontevedra “O Garaxe Hermético”, que están a sacar moitos títulos en galego e teñen unha importancia grande porque conseguen que no cómic, que é una forma de lecer que moitas veces está próxima á xuventude e á infancia, se normalice que se lea en galego. Demo Editorial está a sacar moitos títulos en galego que están chegando aos institutos e ás librerías, e que permiten que a xente poda ler en galego de forma normal.

En que condicións se encontra a produción da literatura gráfica na Galiza hoxe?
O problema do cómic galego é que temos moitísima xente boa que está traballado, pero non temos industria. A industria está fóra de Galiza. Nin o goberno nin as editoriais tradicionais galegas apostan pola banda deseñada. Entón a banda deseñada vive sempre nunha permanente loita por non desaparecer. O noso cómic ten moitísimo potencial. Temos grandes autores e unha escola de cómic consagrada mais á maioría dos nosos autores cóstalles moitísimo chegar a fin de mes e colocar os seus cómics; mesmo a maior parte da súa obra non a podemos ler en galego aínda que sexan galegos. Non porque eles non queiran, senón porque non hai editoriais nin espazos suficientes en Galiza. 

Archivado en: Ilustración
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Memoria histórica
Contra el olvido La cárcel-museo de Badajoz
De cárcel a museo, del dolor al olvido, de la COPEL al arte de vanguardia sobrevolando nuestra memoria.
Pacifismo
La Colmena Si quieres la paz, prepara la paz
Extremadura ha sido siempre cantera para los Señores de la Guerra, carne para bayoneta y tierra de cementerio para batallas.
#44892
19/12/2019 2:31

Esa sala de exposicions da Casa da Xuventude de Ourense está agora tapiandose... Pouco a pouco vaise desfacendo este céntrico lugar de encontro da xuventude..

0
0
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Más noticias
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño

Recomendadas

Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.