Feminismos
A casa do pai: as condenas que herdamos

A última novela da autora vasca, Karmele Jaio, reflexiona sobre os mandatos da masculinidade e a transmisión xeracional do réxime de xénero, e como afectan a nosa vida cotiá até hoxe.
27 sep 2022 11:13

Sempre comeza cunha lembranza. O punto de inflexión, o momento en que tomamos consciencia das estruturas sociais, das violencias que exercemos ou que vimos exercercidas sobre outras; o recoñecemento do machismo, da violencia de xénero. Todo se asenta e cobra sentido co recordo de telo visto, de sentilo na nosa pel, de mirar o rostro do pasado e asumir que todos aqueles discursos machistas sempre estiveron presentes, que medraron connosco, coa nosa familia, e colléronse a nós na escola.  

Asumir aquela transmisión cultural que pasou de xeración en xeración até chegar até nós abre a oportunidade para cuestionarnos, para preguntarnos como vivimos con esa carga?, que pegada deixaron na nosa identidade e como influíron no noso xeito de relacionarnos? 

A escritora e xornalista Karmele Jaio (Gasteiz, 1970), conta cunha prolífica obra literaria composta por diversos xéneros. Coa súa primeira novela, Amaren eskuak [As mans da miña nai] (2006) irrompeu no panorama da literatura vasca contemporánea ao gañar seis premios, entre os que destaca o Premio Euskadi de Prata e o English Pen Award. No 2015 foi nomeada membro correspondente de Euskaltzaindia [Real Academia de la Lengua Vasca]. Conta con tres libros de relatos. Algúns deles foros seleccionados para a antoloxía Best European Fiction 2017. 

A súa última novela, A casa do pai, foi galardoada co Premio 111 Akademia (2019) e co Premio Euskadi de Literatura en euskera (2020). Tras ser traducida xa a outras catro linguas, este ano saíu da prensa galega baixo o selo da editorial Hugin e Munin.  

Nesta novela, Karmele Jaio reflicte sobre os roles sociais que pensamos que debemos seguir, dos que queremos afastarnos e sobre os que seguimos sen apenas darnos de conta. A autora indaga sobre a reprodución da violencia e expón a pregunta: é o suxeito verdadeiramente capaz de librarse da influencia da súa contorna? 

A casa do pai céntrase nun período de inflexión do matrimonio composto por Jasone e Ismael. El, escritor afamado, atópase de súpeto nun período de bloqueo creativo que é acompañado por pesadelos, mentres ela, por outra banda, ao súas fillas marchar da casa e así verse librada das tarefas de coidado, comeza un proceso de re-descubrimento persoal a través da escrita.  

“Ao comezar a escribir sentín que o corpo me chamaba dende o fondo do mar, e este ano escribín as dores que o corpo narraba, e así puiden contemplalas no plano físico, miralas aos ollos, preguntarlles que me queren. Naquelas palabras escritas dei en recoñecer dores que non reparara até daquela. E de súpeto sentín que alguén me abatanara o corpo durante anos. Anestesiada”.  

Con todo, Karmele Jaio escolle tres personaxes para narrar a historia. Xunto a eles está Libe, a irmá de Ismael e mellor amiga de Jasone. Esta personaxe dá ao texto unha perspectiva que funciona como contrapunto do matrimonio máis ben tradicional, pois a súa loita política relacionada co movemento feminista sempre estivo por diante do papel que lle estaba marcado no eido familiar e social.  

Mais, alén do vencello familiar, estas personaxes están vinculados polo seu contorno sociopolítico. Os telexornais transmiten novas de violencia sexual e a crítica feminista a opresión heteropatriarcal está sempre presente. O relación particular que cada quen garda con esa realidade é onde a autora comeza a construír os distintos conflitos internos sobre o que son en contraposición do que eles desexaban devir. 

A presencia da violencia arredor das personaxes fai que o texto nos pregunte directamente como afecta a violencia de xénero a vida cotiá?, como inza a nosa vida e invade os nosos sonos? Para facerlle fronte ao presente, a escrita xoga un papel fundamental ao longo da novela. Mentres que o home vive o bloqueo, Jasone volve a escribir e toma a escrita como un proceso case terapéutico. O baleiro contraposto coa afluencia de palabras é tamén un xeito de cuestionar desde onde se escribe –o xa coñecido lugar de enunciación-, por que se escribe e como facelo sen perder o compás ético.  

“Quizais por iso é perigoso escribir. É unha marea perigosa. Porque fai visibles as rochas agochadas no mar. E porque o que aparece non sempre lle gusta a quen escribe. Porque, cando baixa a marea, desaparecen as palabras cotiás e aparecen as palabras de chumbo, transportadas algunha vez ao fondo do mar polo peso da autenticidade.” 

Son poucos os diálogos que aparecen na novela. A novela constrúese desde o silencio e a partir de pensamentos e sensacións subxectivas. O mundo interno das personaxes transforma a realidade segundo a súa interpretación. De modo que o que non se di, como nos grandes dramas de Pinter, é xusto o que nos transmite os conflitos internos.  

As temáticas abordadas no texto abundan e escorregan polas mans. Jaio atende a reprodución da a vida após a crianza, a relación cos nosos maiores e as pexas da muller creadora no heteropatriarcado deste século.  

“Tes que sacalo todo para recoñecer o lugar no que aprendiches a mirar o mundo, para descubrir o que hai debaixo (...) Só así darás aberto novos camiños, cambiar o rumbo. E, se tes sorte, algún día, a bandada de paxaros hache ir detrás”. 

A casa do pai avoga pola toma de consciencia do recoñecemento da herdanza dun pasado que non quixemos para nós, pero que, con todo, aprehendemos. Abandonar os desexos polo mandato dos coidados; aprehender e reproducir a masculinidade que te feriu e que agora fire aos demais. A toma de consciencia para rachar o patrón.  

Coa publicación desta novela que se inscribe na literatura vasca contemporánea, a editorial Hugin e Munin, mantén o equilibro interesante de editar tanto novelas escritas do século XIX e XX, como aquelas da nosa contemporaneidade sen perder o cariz de crítica social que caracteriza as súas escollas. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Historia
Romanticismo, poesía y república Espronceda: el republicano revolucionario que conspiró contra los Borbones
El poeta romántico extremeño fundó una sociedad revolucionaria para derrocar a la monarquía de los Borbones e instaurar una república, por la que fue detenido y condenado
Poesía
O prelo Nomear a dor
Unha palabra ou un dedo teu na nosa cona non bastarán para sandarnos, o anti-manual de anatomía de Emma Pedreira.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.