Feminismos
Campus do Medo: “Oxalá chegue o día en que non teñamos que loitar polo dereito a sentirnos seguras”

As estudantes da USC alzan a súa voz para reivindicar un campus máis seguro e para deixar de ter medo volvendo a casa cando se pon o sol.

Treboadas compostela 8m
Manifestación 8M no campus sur. Jorge Garnelo
12 feb 2020 07:43

Hai dous anos xa do famoso traballo de fin de grao de Jessyca Ocampo, Mapa do Medo, que abría a porta a que mulleres, primeiro de Galiza pero despois de todas partes, relatasen os lugares e as formas nas que foran acosadas, atacadas, agredidas física ou verbalmente e mesmo asasinadas. Un mapa aterrador que amosa unha realidade constante e naturalizada en todo o mundo. Por ese mesmo mapa nomeouse o Campus do Medo, unha asemblea aberta non mixta que busca facer visíbel os problemas que atopan as estudantes cando volven ás residencias ou á casa na noite compostelá. “Buscamos que se dea solución aos problemas que xorden nos campus na noite polo feito de ser rapazas. Estamos cansas de pasar medo ao volver a casa cando anoitece”, contan desde este grupo.

Decenas de rapazas conforman esta asemblea aberta onde se busca dar solución a unha situación que fai que a volta a casa sexa o peor momento do día para moitas delas. “O Campus do Medo naceu xa hai dous anos a través de estudantes que durmían en residencias e vivían unha situación bastante complicada á hora de volver polas noites porque o campus estaba súper escuro, non había vixilancia; son sitios apartados de zonas con xente...”, explican. Unhas reivindicacións que, aínda que levan tempo existindo, aínda están a medio resolver. Por iso, este grupo de rapazas acabou por reunirse e incluso formar un grupo de whatsapp para protexerse unhas a outras.

“Buscamos que se dea solución aos problemas que xorden nos campus na noite polo feito de ser rapazas"

“Hai pouco creamos uns grupos de whatsapp de zona norte e zona sur para ir acompañadas a casa pola noite e estar máis tranquilas. Creámolo en novembro do 2019. É un xeito de autoxestión, a idea á que en cada zona as rapazas poidan avisar «ei, vou voltar a casa dentro de media hora, alguén ven? Estou en tal zona». E, se alguén do grupo ten o mesmo percorrido, poden ir xuntas e protexerse mutuamente”. O grupo, pechado só para mulleres e controlado para que non entre quen non debe, ten xa media centena de estudantes que así se senten máis seguras. “Nace precisamente para evitar que pasen casos de acoso e violencia. É mellor previr que curar”, engaden.

campus do medo anuncio whatsapp
Campaña para animar ás mulleres a unirse ao grupo de whatsapp do Campus do Medo.

Tras anos de traballo, o pasado decembro conseguiron unha primeira vitoria ao poder falar abertamente das súas reivindicacións no pleno municipal, pedindo “máis iluminación no campus, e máis seguridade e protección”, propostas integradas dentro do proxecto Compostela: territorio das mulleres. Tamén unha liña de bus nocturna que faga o mesmo percorrido da liña 15 durante o día, e con posibilidade de “paradas de socorro, para que o bus pare cerca da túa casa ou residencia se sentes inseguridade ou acoso”.

A USC respondeu podando árbores que tapaban as luces do campus, e contratando a un organismo de seguridade, como o das residencias, que patrulle polas noites. Con todo, por medo á contaminación lumínica, chegaron ao acordo de establecer “unha senda segura pola que se poida circular cando se camiña pola universidade cando está escuro, xa que haberá seguridade”, contan desde a xerencia da USC. Aínda así, Campus do Medo explica que esta “senda segura” non funciona tan ben como debería. “Os traballadores de seguridade do campus están moi descontentos con este servizo, xa que “o que a USC chamou senda segura, obriga aos traballadores, que antes ían xuntos nun mesmo coche, a dividirse en dous, polo que teñen que conducir e vixiar ao mesmo tempo. Porén, non poden actuar por separado, teñen que esperar ao compañeiro para poder facer algo, o que ralentiza todo o proceso”, contan desde a asemblea aberta. A iso, din, “súmaselle a demanda que teñen en formarse en temas de xénero para saber actuar no caso de agresión, formación que aínda non se lles concede”.

Desde o Campus do Medo concordan en que a USC ten que preocuparse máis polas súas alumnas “creando protocolos taxantes e efectivos contra este tipo de situacións. A protección e a denuncia á violencia machista debería ser un requisito indispensábel dentro da universidade. As mulleres somos a metade do alumnado, e nunha institución pública como esta deberíamos podernos sentir protexidas”. Por outra banda, fan notar que falta moita formación dentro da universidade, onde hai “só unha rapaza dedicada aos casos de violencia de xénero que apenas ten apoio nin recursos”. Preguntada a USC, nin sequera tiña moi claro se existía un protocolo de actuación para casos de violencia machista.

"A protección e a denuncia á violencia machista debería ser un requisito indispensable dentro da universidade”

Sexa como sexa, desde o Campus do Medo pensan seguir loitando para facerse escoitar e conseguir as súas reivindicacións. “Seguimos a manter o contacto con concello para preguntar sobre os avances que vai habiendo. Tamén temos una reunión pendente co CIM (Centro de Información á Muller) de Santiago, para trazar posibles lazos”, comentan desde a asamblea. “Imos comezar un proceso coa Valedora do Pobo este xoves, para poder abrir unha investigación e ver que axentes (Concello, Universidade...) fallaron no pasado e están fallando no presente de cara a conseguir os nosos obxectivos”, prosiguen. 

O que teñen claro desde o Campus do Medo é que o ideal sería que estas reivindicacións nin sequera se necesitasen. “Estamos desexando que non exista porque non sexa necesario. Por agora existe porque o é. Eu síntome orgullosa de militar e loitar por esta causa, pero oxalá chegue un día en que non teñamos que loitar por sentirnos seguras, temos dereito a non ter medo”, conclúen desde o Campus do Medo. Por iso, mentres se necesite, elas seguirán loitando para que ningunha muller máis teña que acelerar o paso, facer que fala polo móbil ou defender a súa vida só por querer volver a casa cando, como ou por onde queira.



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Sphera
Sphera Vídeo: ¿Qué nos jugamos en políticas de igualdad en las próximas elecciones europeas?
El Parlamento Europeo aprobó hace unas semanas una directiva sobre violencia contra las mujeres. Las políticas públicas contra las violencias machistas son un asunto sobre el que las instituciones europeas pueden incidir. Pero hay otros.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.