Colonialismo
As festas coloniais do verán

Saqueo, clasismo, racismo e sexismo: pura diversión. Consecuencias da mitificación da emigración.

Mariachis Avión
Actuación dun grupo de mariachi durante a Festa Mexicana de Avión. Sara Guerrero Alfaro
12 oct 2019 09:00

Indiano, substantivo. Persoa que marchou como emigrante para América e volve rico.

O camiño para chegar a Avión ben poidera ser unha atracción turística en si. Poderíase incluso anunciarse co lema: Veña coñecer unha estrada rural galega auténtica! Porque o ten todo: interminábeis curvas, camiños demasiado estreitos e montes verdes de telón de fondo en todas as direccións. Non importa en que cidade próxima se estea, o percurso até a aldea sempre dura máis dunha hora. Así que teriamos que pór a advertencia en letras pequenas: Non recomendábel para persoas susceptíbeis ao mareo.

Poidera semellar que o intrincado camiño fose só unha ferramenta para elevar aínda máis as expectativas sobre o que se vai achar no destino. Porque Avión é unha das aldeas galegas máis renomeadas polas luxosas mansións construidas entre os montes ourensáns que compoñen o seu territorio. Por toda Galiza corren os rumores de que hai casas tan extravagantes que até hai unha con forma de avión; que hai máis bancos que bares e que eses millonarios que saen nas noticias adoitan escoller a aldea para as vacacións.

Por toda Galiza corren os rumores de que hai casas tan extravagantes que até hai unha con forma de avión

Para consolación dos curiosos que queren constatar os rumores cos seus mesmos ollos, cada verán Avión dalles unha excusa perfecta: a súa festa mexicana. Esta celebración xurdiu como un xeito de reder homenaxe a México, ese país no que a maioría dos emigrantes de Avión construiron as súas fortunas. Con todos estes factores, non é de extrañar que a festividade alcanzara notoriedade na prensa peninsular, xa que ademais é sabido que foi continuamente concurrida por magnates multimillonarios.

Así, cando agosto chega, a praza da igrexa adórnase con bandeiriñas de papel picado de cores, baixo os que os mellores restaurantes mexicanos de Galiza ofrecen unha ampla oferta gastronómica: tamales, flautas, tacos de cochinita pibil, tacos al pastor, quesadillas… As bandas de mariachis non poden faltar; amenizan a verbena animando ao seu público a cantar a viva voz “Cielito lindo” e outras tantas cancións representativas de México até que os sorprenda a madrugada.

***

Do mesmo xeito que outras festas homónimas que se celebran cada verán en Boal e La Palma, Ribadeo conta coa súa propia Festa Indiana. Segundo as testemuñas dos asistentes, a festa é toda unha experiencia que simboliza a irmandande dos emigrantees da península e Cuba.

Unha reportaxe de TVE documentou imaxes da festa de La Palma deste ano. A través da secuencia de imaxes, podemos ver as rúas ateigadas de xente vestida con traxes brancos do século XIX. Tras un corte, o vídeo lévanos á estancia dunha casa onde un home se está a preparar para encarnar a personaxe máis popular da festa: a Negra Tomasa. Podemos ver como pinta a súa pel de negro e como, cun lapis de beizos vermello carmín, deliña os beizos para facelos desproporcionadamente grosos. Mentres o home explica cun sorriso que o seu rol é imprescindíbel na festa, procede a se vestir. Como cada ano, o vestiario consiste nun vestido de rumbera de cores exóticos e un turbante con plumas. O segmento remata co home saíndo sorrinte á rúa travestido como cubana (ou polo menos da idea que ten delas).

O vídeo lévanos á estancia dunha casa onde un home se está a preparar para encarnar a personaxe máis popular da festa: a Negra Tomasa

O vídeo avanza e destacan dous momentos máis. O primeiro. No medio das típicas entrevistas que fan aos asistentes para amosarnos o ben que o pasan, dá testemuña unha muller branca no seu elegante vestido branco. Ao seu carón, en completo silencio e coa cabeza baixa, podemos ver á súa acompañante: unha muller de pel oscura vestida como servente da época que desprende unha sensación de incomodidade.

O segundo momento consiste na imaxe dunha multitude totalmente branqueada polos disfraces e o talco que adoitan lanzar polo aire durante a xornada. Todas as persoas bailan ao ritmo de música cubana tradicional e divírtense cun espectáculo de monicreques as tamaño real que representan mulleres negras voluptuosas vestidas cos seus turbantes e vestidos de cores.

***

A figura do home indiano (sic) estivo no imaxinario social desde a conquista de América. Incluso no Século de Ouro as obras artísticas axudaron a mitificar o indiano na bagaxe cultural; porceso que se reproduciu até hoxe en día a través dos medios de masas.

A idea de facer fortuna en América trascendeu a través dos séculos de xeito que a historia da emigración peninsular non pode omitila como un factor que mobilizou —e segue a mobilizar— a milleiros de persoas cara ao sul global. Francisco Durán, profesor titular de Análise Xeográfica Rexional da USC, comenta que a figura do indiano influiu sobre todo no primeiro momento migratorio galego do século XIX. Porén, as inclinacións desta empresa ainda poden atoparse até mediados do século XX. “A idea de facer as américas está aínda moi presente até incluso os anos 50, na temperá emigración a América, porque era o espellismo do indiano”.

A carón da figura do indiano, mitifícase —e ás veces se confunde— a figura do emigrante, como poden testemuñar os monumentos aos emigrantes que con frecuencia se poden ver nas cidades galegas. Sen embargo, ao falar sobre aqueles emigrantes galegos que fixeron fortuna en América, José Cardesínm doutor en Historia e profesor catedrático da UDC, menciona que a “emigración a América é ao comezo unha emigración cara ao sector primario e secundario. É dicir, vaise a traballar ao campo, á construción ou ao sector dos servizos. Só unha pequena minoría pode voltar a Galiza con diñeiro para montar un negocio. Os que fan diñeiro son os grupos que están estreitamente emparentados. Cando vemos os emigrantes retornados de México na zona de Avión, semella que todos fixeron diñeiro. Mais non, son unha pequena minoría mais que está moi concentrada xeograficamente”.

O espellismo dunha migración cara ao sul exitosa rematou ocultando as partes máis escuras do proceso migratorio. Un claro exemplo disto é o feito de que incluso en Galiza, que en vésperas da crise do 29 contaba soamente co 10% da poboación total do estado español mais que proporcionaba o 60% dos emigrantes, se celebre puntualmente a aqueles emigrantes que acadaron facer diñeiro. Quere dicir, hai unha tendencia a gardar silencio sobre todas as outras persoas migrante; omítense e demerítanse os coñecementos, sacrificios e valores que conleva calquer proceso migratorio, e alábanse o poder económico e a riqueza material.

Deste xeito refórzase a mitificación dunha figura colonial que pervive, que se move nas sombras e sae á luz entre vítores e aplausos nas festas que din ser unha “homenaxe” ao país de acollida, ou ben, un símbolo de irmandade entre nacións.

O espellismo dunha migración cara ao sul exitosa rematou ocultando as partes máis escuras do proceso migratorio

Mais non hai que esquencer que a familia de “indianos” de máis renome de Avión, os multimillonarios Vazquez-Raña, estiveron vinculados desde hai décadas con escándalos de corrupción da política mexicana —cuestión que poderia explicar a visita de polo menos tres ex-presidentes de México a Avión— nin que actualmente o empresario máis novo e exitoso da familia, Olegario Vázquez-Aldir, forma parte do consello asesor para asuntos económicos do presidente mexicano en turno. De tal xeito que mentres a festa de Avión rende “homenaxe” a México, a mansión de Sanchez Raña álzase maxestuosa no alto do monte de enfronte, financiada con diñeiro público do pobo mexicano, como algunha vez as catedrais españolas se ergueron con ouro azteca.

E, que hai que dicir da festa indiana de Ribadeo, aquela que predica simbolizar a irmandade entre a poboación emigrante española e a cubana, mentres que tanto o entretemento como os disfraces máis ben convirten a celebración nun símbolo claro de racismo? Refírome ao feiro de que as persoas españolas vistan de branco, mentres que as “cubanas” —negras— aparezan cousificadas e representadas de xeito exótico co único obxectivo de divertir aos brancos.

Saqueo, clasismo, racismo e sexismo son as compoñentes que se avivan en varias festas do verán, as que, no canto de celebrar os froitos da emigración como se xactan de facer, celebran a colonia en pleno 2019.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Migración
Derechos Humanos Cientos de personas migrantes denuncian la falta de citas para conseguir derecho de asilo en Granada
Cientos de personas migrantes se manifiestan en Granada ante la falta de citas para pedir el derecho a asilo, una problemática que se extiende por todo el Estado
Fronteras
Migración en primera persona “Nos tratan como si no fuéramos personas”
Participante del curso 'Las migraciones en el centro: contra la deshumanización de las fronteras', de la Escuela de Periodismo Crítico de El Salto, Jamal relata su experiencia migratoria desde que llegó a Melilla siendo un menor.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
#47925
24/2/2020 11:11

Viche Sempre Xonxa, non? pois nesa estamos.

0
0
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.