Balea Cultural
Lil Nas X: Evidenciando o conservadorismo da industria do country

Un rapaciño de 19 anos de Atlanta (Georgia) removeu a crítica do xénero máis conservador da historia da música. Lil Nas X tivo a ousadía de combinar, nun tema de menos de dous minutos, o country co trap.

Cuberta de Old Town Road. Balea Cultural
Cuberta de Old Town Road. Lil Nas X (Columbia Records)
27 abr 2019 12:00

No ano 2016, as típicas loitas por saber cal diría a crítica que foi o disco do ano deberían ter sido moito máis conflitivas do que foron. Neses doce meses, lanzaron novos álbumes Nick Cave & The Bad Seeds, Radiohead, Bon Iver, Solange, A Tribe Called Quest, Frank Ocean e un longo etcétera máis. Ademáis, foi o ano no que publicaron os seus últimos discos David Bowie e Leonard Cohen, tamén dunha calidade excepcional. Con todo, quen conseguiu máis eloxios por parte da crítica foi o sexto disco de Beyoncé, Lemonade.

Balea Cultural
‘This is America’ e a necesidade de inmiscirse socialmente

Ao centrar a mirada no artista e o seu séquito, non vemos todo o que está a pasar detrás deles. Vehículos da policía ardendo, a morte personificada a cabalo, disturbios, xente sendo perseguida... Todo o que se tenta ocultar está aí, á vista, aínda que nos obriguen a mirar cara outro lado.

Tratábase dun disco conceptual, no que mediante historias —que deron lugar a unha película— Beyoncé, de maneira persoal, metía aos ouvintes de cheo na súa vida. E todo isto facíao de maneira moi atrevida: non se pode definir Lemonade nun só estilo musical, tendo temas de rhythm and blues contemporaneo, pop, rap, rock, psicodelia e, incluso, country, como é o caso de Daddy Lessons.

Na 59º gala dos Grammy, no ano 2017, Beyoncé e o seu sexto álbum recibiron nove nomeacións, gañando soamente dúas: mellor álbum urbano contemporáneo e mellor vídeo musical. Non debería sorprender a ninguén que os Grammys non celebren o que o resto da crítica, pois levan facendo anos (e anos, e anos...) o que queren, e ata o día de hoxe Beyoncé gañou só 23 dos 63 aos que estivo nomeada. Mais o quid da cuestión hoxe non é ese, senón o que pasou con aquel Daddy Lessons: os Grammys non aceptaran a súa inscrición a mellor tema de country.

Non debería sorprender a ninguén que os Grammys non celebren o que o resto da crítica, pois levan facendo anos (e anos, e anos...) o que queren

No tema, Beyoncé fala do que ela mesma aprendeu do seu pai e o seu antigo manager. Tamén, fala de Biblias, armas de fogo e da segunda emenda da Constitución dos Estados Unidos (portar e usar armas, e esas cousas). Temáticas que, dende a mofa, ben poderían ser incluídas nun tema de country. Na parte estritamente musical, o pecado de Beyoncé para que Daddy Lessons non fora definible como country foi engadir nela unha guitarra acústica, cornos e palmas a maiores de todo o que define ao xénero como tal.

Poderiamos deixalo como unha anécdota máis, pero fai ben pouco un rapaciño de 19 anos de Atlanta, Georgia, volveu facer que algo nos cheirase mal á hora de falar do xénero musical máis conservador da historia da música: Lil Nas X tivo a ousadía de combinar nun tema de menos de dous minutos o country con —agárrense— o trap!

Fotograma  Lemonade de Beyoncé Balea Cultural
Fotograma do filme do Lemonade de Beyoncé. HBO
Sendo honestos, ao falar de Lil Nas X non estamos a falar dun xenio da música, dun prodixio que coas súas propias habilidades reinventara o xénero musical, nin moito menos. De feito, se atendésemos a calidade, deberiamos continuar conversando sobre Beyoncé. A base na que se mesturan os estilos con tanto tino non é de Lil Nas X, senón dun adolescente holandés apodado como YoungKio. Lil Nas X atopou a canción na plataforma BeatStars, rapeou sobre ela e pronto se fixo viral grazas ao ton cómico co que rima no tema. De feito, se atendemos ao resto de temas do artista, veremos que a calidade é menor, e a capacidade para incluso elixir as bases deixa moito que desexar.

Pero o rapeiro de Atlanta soubo levar as redes, e a viralización levouno a lugares insospeitados incluso para el, Old Town Road, en marzo de 2019, chegou a tres listas de Billboard simultáneamente: Billboard Hot 100, Hot R&B/Hip Hop e Hot Country. Na lista de country, de feito, debutou no posto número 19, un feito histórico para unha canción dunha mestura de estilos tan atrevida e para un artista negro. Ao mesmo tempo, conseguía un contrato con Columbia Records (fogar de Beyoncé, Solange, ou Vampire Weekend, entre moitos outros).

Old Town Road, en marzo de 2019, chegou a tres listas de Billboard simultáneamente

Antes definimos o country como un xénero musical conservador, e agora é o momento de avanzar nesa idea atendendo aos feitos: atendendo ao posto 19 histórico nas listas do tema de Lil Nas X, Billboard tirou abaixo da lista o tema por “non ser suficientemente country”. Ante un tema que cumpre as normas básicas do estilo musical, aínda que se mesture con outro estilo musical, só nos queda tentar entender as verdadeiras razóns que fixeron que esta decisión saíra a adiante.

Nun primeiro lugar, sempre se adoita poñer como causa probable a cor da pel de Lil Nas X, pois a diferenza do que adoita ser habitual na música country, o rapeiro de Atlanta, ao igual que Beyoncé, é negro. Os tiros van por aí, mais deberiamos tentar facer unha análise un pouco máis elaborada.

[Vídeo: Old Town Road – Lil Nas feat. Billy Ray Cyrus] 

A música trap, igual que o reguetón ou o hip hop, levan unha asociación pexorativa relacionada coa concepción clásica dos xéneros musicais e os artistas que durante toda a historia levan facendo este tipo de música. Así, aínda que hoxe en día sexan estilos musicais cada vez máis tratados por artistas de todos os países, cunha revaloración musical obvia, seguen a ter unha visión negativa en certas industrias e sectores musicais como pode ser o country.

De feito, se atendemos á “pureza” do estilo musical dos violíns, as guitarras e os banjos, veremos que non houbo problemas para que nas súas listas se mesturase o estilo musical con estilos coma o pop ou folk, e tampouco houbo ningún fallo en entender que o estilo musical debía evolucionar e incluír instrumentos eléctricos e aceptar o aumento de progresividade no xénero. O problema con incluír influencias musicais máis afastadas do estándar é o elemento clasista e racista que os eruditos do xénero musical levan cargando nas súas costas moito tempo, orixinando un estilo musical incapaz de evolucionar máis alá do que catro imbéciles sexan capaz de facer cunha guitarra eléctrica.

O problema con incluír influencias musicais máis afastadas do estándar é o elemento clasista e racista que os eruditos do country levan cargando nas súas costas moito tempo

Por outra banda, debemos atender ao feito histórico que conseguiu Lil Nas X: despois de case un século sen novidades reais, cunha industria musical antiga e conservadora, apareceu un rapaz que sabía mover as redes sociais e conseguiu un son máis moderno do que calquera outro artista puido facer: foi capaz de chegar ás clases populares, e, de repente, rebentou as listas máis importantes do country en Estados Unidos.

Lil Nas X fixo aparecer dende a nada unha canción moderna, fora dos controis discográficos, e por uns segundos levantou da súa poltrona aos xefazos das discográficas dun dos estilos musicais máis lucrativos de todo o mundo. Ante a incapacidade dunha mellor alternativa, decidiron xogar sucio e apartalo das listas do estilo.

Lil Nas X foi capaz de chegar ás clases populares, e, de repente, rebentou as listas máis importantes do country en Estados Unidos

Dende aquela, son moitas as voces que se ergueron tanto para defender e criticar a Lil Nas X. Aqueles con máis luces souberon recoñecer que a canción si era country, e quedaron aos pés do tema, pois os dous minutos merecían calquera loanza que chegase. Billy Ray Cyrus, máis coñecido a día de hoxe por ser o pai de Miley Cyrus, pero con dous albumes e un sinxelo na cima do top de country de Billboard, realizou un remix do tema para recoñecelo como parte do xénero e tentar que o tema saíra nas listas. Non o conseguiron, pero o resultado é fantástico.

Balea Cultural
O día que mataron a Laura Palmer
O 8 de abril de 1990, a televisión mudou para sempre: 35 millóns de persoas viron desde as súas casas o episodio piloto de Twin Peaks.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.