ASalta
Falemos da menopausa

Concibiuse histórica e culturalmente como un declive na vida das mulleres. É preciso falar do climaterio e da vellez para romper estigmas e construír novos modelos de envellecemento.
10 may 2021 07:31

A Ana Barbeito, ás veces, danlle sufocos durante as reunións de traballo. A ela non lle importa. Levántase, sácase a chaqueta e, se o precisa, sae da sala un momento. “Non o escondo, digo abertamente que é pola menopausa”, explica. A Begoña Pérez tenlle acontecido algo semellante na oficina na que traballa e, ás veces, os seus compañeiros rin. “Hai un descoñecemento xeral sobre o que lle acontece ás mulleres durante a menopausa, aínda se toma como un insulto”, explica Benita Martínez, matrona e vogal da Asociación Galega de Matronas.

Inés Pérez, de 41 anos, aínda non chegou ao climaterio. Aínda así, escoita atentamente as experiencias da súa irmá Begoña e da súa amiga Ana. Entre as tres conversan con soltura e confianza, sen que sexa preciso case facer preguntas. Falan de como sobrelevar algúns dos síntomas que comparten, dos cambios corporais que experimentan co paso do tempo e de como aceptarse a unha mesma. Benita Martínez, matrona do centro de saúde de Vilalba, explica que moitas mulleres chegan á consulta cando as súas regras comezan a tornar irregulares con certo medo. “Culturalmente a menopausa enténdese como o declive das mulleres, como un retroceso”, afirma Benita Martínez.

“Moitas mulleres xa levan toda unha vida coidando da familia, dos fillos, e, culturalmente, pídeselle que agora pasen a coidar da xente maior, e iso é moi duro.”

Anna Freixas, psicóloga e escritora feminista, explica que sempre houbo  certa consideración de que a menopausa era o principio do fin. Non obstante, para ela é tan só o principio do fin da idade reprodutiva: “Despois da menopausa aínda nos queda a metade de vida activa, tendo en conta que entre os cero e os 20 tampouco somos moi activas. Non pode ser que ás mulleres nos deixen cunha vida activa de tan só 20 anos”. Anna leva tempo traballando no campo da xerontoloxía crítica feminista.  “Isto é o estudo da vellez dende un punto de vista crítico, facendo fincapé en que esta etapa da vida non só supón aspectos negativos, e dende unha visión feminista porque é preciso puntualizar todo o que lle acontece ás mulleres por ser mulleres e por ser maiores”, explica Anna Freixas. Benita Martínez resalta as imposicións culturais ás que se ven sometidas moitas mulleres cando chegan a esta etapa vital: “Moitas xa levan toda unha vida coidando da familia, dos fillos e, culturalmente, pídeselle que agora pasen a coidar da xente maior, e iso é moi duro”.  Ela anima ás mulleres que van a súa consulta a que se tomen a menopausa como unha metamorfose, unha etapa de cambio vital: “Agora son eu a que importo, agora é tempo de coidarme a min mesma”. Segundo ela, moitas mulleres, a partir da menopausa, “invisten a enerxía e a creatividade que antes dedicaban á crianza a outras tarefas como escribir, pintar, traballar en hortos urbanos, etc.”

A Asociación Española para o Estudo da Menopausa – AEEM- defínea como unha condición que se acada cando xa pasaron máis de doce meses dende a última regra. Segundo esta asociación, a perda hormonal non acontece dun xeito brusco: “Na maioría das mulleres acostuma darse un primeiro período, coñecido como premenopausia, no que se desenvolve unha transición cara a menopausa, durante un tempo aproximado duns cinco anos”.  Ana atópase nesta fase. “Levo tres anos con desaxustes menstruais, e sen a regra dende outubro”, conta.

Begoña comezou coa menopausa dun día para o outro, cando tiña 42 anos, despois dunha operación na que lle tiveron que sacar os ovarios, o útero, as trompas e dez centímetros de recto: “A noite despois da operación, empecei a ter moita calor; pensei que tiña unha febre alta pero os médicos dixéronme que en realidade eran os sufocos da menopausa cirúrxica”. Ela levaba toda a súa vida sangrando moito durante a menstruación e con problemas intestinais. Sempre a diagnosticaron de colon irritable ata que descubriron que o que realmente lle acontecía era que tiña endometriose, e tivo que someterse a esta operación logo de que lle detectaran un quiste.

Antes da pandemia da Covid-19, Benita Martínez participaba en grupos e xuntanzas de mulleres na etapa do climaterio: “Os temas que agora tratamos en consulta antes levábanse aos grupos, e as mulleres atopaban alí un espazo para compartir o que lles estaba acontecendo e como o vivían”. Non todas as mulleres presentan a mesma sintomatoloxía. De feito, segundo datos da Asociación Española para o Estudo da Menopausa, un 25% das persoas apenas presentan síntomas. “Outras poden experimentar insomnio, cambios de humor, pensamentos confusos, etc.”, explica Benita Martínez. Non obstante, nun informe da AEEM recalcan que “aínda sucedendo os síntomas no mesmo momento e coa mesma intensidade en dúas pacientes, a percepción destas pode ser moi diferente e está condicionada por aspectos sociais, culturais e psicolóxicos”.

“A incitación á enfermidade trátase de convencer a persoas que están completamente sas de que, senón toman determinado medicamento, van a estar moi enfermas.”

Aínda que si existe medicación para paliar os problemas derivados da menopausa, Benita Martinez asegura que o tratamento non é a mellor opción: “O mellor sería probar cun cambio de hábitos, mellorar a alimentación, a actividade física, etc.”. Ademais, recalca que o tratamento non se pode ver  como unha solución ante os síntomas da menopausa, xa que esta é unha etapa vital coma calquera outra, senón que vai máis relacionado coas circunstancias persoais e outros tipos de medicación que pode estar tomando esa muller nun momento determinado. “Se imos ao médico e nos presenta a posibilidade do tratamento hormonal substitutorio, nós podemos aceptalo ou non”, explica Benita.

menopausa 2

Cando a Ana lle ofreceron a posibilidade de medicarse, dixo que non: “Eu véxoo como unha etapa da vida e, a pesar de que ás veces si que teño síntomas, vounos levando máis ou menos ben e prefiro non medicarme”. Ao falar sobre este tema, Anna Freixas menciona o concepto de disease mongering, que se pode traducir  do inglés como incitación a enfermidade. “Trátase de convencer a persoas que están completamente sas de que, senón toman determinado medicamento, van a estar moi enfermas”, explica Anna Freixas.  Para ela, o negocio da industria farmacéutica e da clase médica intentaron durante moito tempo “convencer ás mulleres de que o tratamento hormonal substitutorio era a solución para os posibles problemas que lles puidera causar a menopausa sen ter en conta os seus efectos secundarios na súa saúde”. De feito, O colectivo Agreal  Luchadoras, de mulleres afectadas polo fármaco para a menopausa Agreal, seguen loitando para que se recoñeza “a orixe dos seus trastornos psiquiátricos e neurolóxicos por consumo desmesurado dun fármaco, Agreal, que estaba indicado para persoas con esquizofrenia pero que se lle ofreceu a mulleres con sufocos da menopausa, sas e por máis de tres meses”.  Na actualidade, este colectivo ten pendente un proceso contra a Audiencia Nacional, o Ministerio de Sanidade, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e a farmacéutica Sanofi-Aventis.

“Moitas mulleres din que senten falta de desexo cando realmente o que acontece é que non queren ter relacións sexuais normativas porque lles molesta e se senten presionadas polas súas parellas.”

Anna Freixas relaciona tamén este concepto da disease mongering coa comercialización de fármacos como Addyi, indicado para paliar a falta de desexo sexual en mulleres premenopáusicas. O principio activo deste medicamento é un composto inicialmente concibido para tratar a depresión. “Estas pastillas non teñen en conta onde reside o desexo feminino, que é de cintura para arriba, non de cintura para abaixo”, asegura Anna Freixas. Se ben é certo que os cambios hormonais que veñen coa menopausa poden producir alteracións no desexo sexual, para Anna Freixas é fundamental ser consciente de que, para as mulleres, “é moi importante a relación que teñen coa outra persoa”. No seu libro Sin reglas explica os resultados dunha investigación realizada a partir das testemuñas de 729 mulleres de entre 50 e 82 anos. A través deste libro, Anna pretende desmontar mitos e entender mellor a sexualidade das mulleres unha vez remata a súa idade reprodutiva. “Hai que ter en conta que aos 50 ou aos 60 moitas relacións levan xa 20, 30 ou 40 anos; manter o desexo durante 40 anos é moitas veces imposible, pero mantéñense outras cousas importantes na sexualidade como o vínculo, o cariño, a sensualidade, etc.” Por outra banda, o 14% das entrevistadas no seu libro optarían por unha parella sexual que non se corresponde coa súa orientación sexual declarada. “Vivimos nunha sociedade dunha heterosexualidade obrigatoria e moitas mulleres que seguiron este patrón despois danse conta de que se equivocaran”, explica Anna.

Benita Martínez explica que “o coito, cando entras nesta etapa, pode chegar a ser doloroso e non te podes limitar a dicir que usen un lubricante”. Para ela é importante escoitar o que realmente teñen que dicir as mulleres neste sentido: “Moitas mulleres din que senten falta de desexo cando realmente o que acontece é que non queren ter relacións sexuais normativas porque lles molesta e se senten presionadas polas súas parellas”. Anna Freixas coincide con Benita Martínez ao respecto deste tema: “As mulleres que renegocian a relación coas súas parellas ou inician relacións novas non teñen falta de desexo. De feito, no traballo que eu realicei moitas mulleres din que o seu desexo aumentou, pero isto é porque houbo cambios na súa vida. Se na túa vida non acontece nada, dende logo a sexualidade non se vai estimular aos 50”. Segundo esta escritora, a sexualidade das mulleres sempre se viu como algo negativo e, na vellez, está aínda máis estigmatizada. “Isto ten como obxectivo que os homes se poidan desprender das mulleres da súa mesma idade e emparellarse con mulleres máis novas. Sen embargo, as mulleres que fan o mesmo denomínaselles mulleres puma; eles, que toda a súa vida foron de cacería non se lles chama nin pumas, nin tigres, nin elefantes”, explica Anna Freixas.

“O mandato da beleza é inalcanzable, non podemos ser sempre novas porque a vida ten un programa ao longo do que os nosos corpos mudan.”

Susan Sontag dixo nun dos seus artigos que mentres os homes maduran, as mulleres envellecen. “O modelo de muller ideal sempre estivo baseado no que lle gustaba aos homes. Por iso é moito máis fácil ter a autoestima baixa cando non es nova e non estás delgada”, explica Benita Martínez. Ana conta que ela agora se sinte cómoda e acepta o seu corpo tal e como é: “Eu a día de hoxe acepto as miñas engurras, as miñas canas... Paseino peor, se cadra, entre os 35 e os 40 anos, cando me empezou a cambiar o corpo e tiña máis complexos, agora dáme igual”. Begoña conta que a ela lle están empezando a saír cada vez máis canas e que os seus as veces lle din que unha muller con canas parece que nunca vai arranxada. “Que se vaian afacendo”, respóndelles. Cáennos os dentes, vennos a regra e márchanos. Os corpos mudan. É un proceso natural. “Un dos maiores problemas das mulleres a todas as idades é o desagrado do propio corpo. As nenas de seis e sete anos xa non se gustan. O que pasa é que na vellez este problema é maior. O mandato da beleza é inalcanzable, non podemos ser sempre novas porque a vida ten un programa ao longo do que os nosos corpos mudan”, explica Anna Freixas.

Para Anna Freixas é importante falar cada vez máis sobre a vellez para que, deste xeito, as mulleres novas poidan pensar no que isto supón, porque é algo que nos acontecerá inevitablemente a todas. “É importante que existan outras vellas nas que fixarse para crear un novo modelo de envellecemento”, explica Anna. Isto implica tamén mudar o modelo residencial que viña primando ata o momento, a través do que moitas persoas maiores quedaban coa opción de vivir na casa das fillas ou en residencias, perdendo gran parte da súa privacidade e intimidade. “As vellas de agora xa non se deixan levar a unha residencia ou á casa dos fillos. Poden optar por esas opcións, mais non acostuman ser a que elas prefiren. As mulleres queren vivir soas ata que poidan. Unha gran parte da solución está en mans dos concellos e do Estado a través de servizos de atención domiciliaria que lles permita ás mulleres seguir vivindo soas nas súas casas”, explica Anna Freixas.

Sexualidad
Sexo a partir de los 60

Anna Freixas es una de las psicólogas que más ha aportado al desarrollo de la gerontología feminista. En su último libro, Sin reglas, desmonta varios de los mitos y tabúes en torno a cómo viven la sexualidad las mujeres mayores.

Dende a Asociación Galega de Matronas, Benita Martínez anima a deixar de lado “a cultura da dor, na que parece que se non sofres non está ben” e incita ás mulleres a vivir a menopausa como unha época de cambio e transformación. “Temos que facer o que nos apeteza sen remordemento, esquecer o que nos levan impoñendo ao longo de toda a nosa vida e dicir finalmente o que pensamos, atrevernos a cultivar as cousas boas, a desfrutar”, afirma Benita Martínez. O discurso social e cultural que se veu construíndo ao redor da menopausa e do envellecemento das mulleres sempre foi negativo. Imos vivir enfadadas cos nosos corpos durante 50 anos? Anna Freixas teno claro: “A contrapartida de envellecer é morrer. Se non queres envellecer, a única solución é morrer. Eu prefiro envellecer”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Más noticias
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño

Recomendadas

Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.