ASalta
Beatriz Avelaira: “Violencia obstétrica é violencia machista á que se suma unha mala praxe médica”

Varias asociacións feministas galegas poñen en marcha unha unha reclamación telemática conxunta para denunciar os casos de violencia obstétrica nos hospitais galegos.
Bea Arrolos de Teta
Beatriz Aveleira Paraje, da asociación Arrolos de Teta.
8 abr 2021 12:00

Beatriz Avelaira Paraje é profesional sanitaria e forma parte da asociación ourensá de axuda e promoción á adaptación maternal Arrolos de Teta. Esta asociación —xunto á Marcha Mundial das Mulleres, Petra (Maternidades Feministas), e Materfem (Maternidades Feministas Galegas)— decidiu poñer en marcha unha reclamación telemática conxunta para denunciar os casos de violencia obstétrica que se dan tanto no Complexo Hospitalario de Ourense como no resto de Galiza.

Segundo a ONU —que recoñeceu a súa existencia como algo sistémico no ano 2019— a violencia obstétrica é “o maltrato e a violencia contra a muller nos servizos de saúde reprodutiva, con especial fincapé na atención do parto”. Porén, desde estas asociacións feministas denuncian que a sanidade galega segue sen recoñecer unha realidade que, pola contra, cada ano máis mulleres se atreven a denunciar. Para Beatriz, como para o resto das asociacións, esta acción conxunta formada por “reclamacións consensuadas, e despois presentadas de xeito individual por cada muller” a través da unidade de rexistro do SERGAS “son fundamentais”. Por unha banda, porque “poñen a violencia obstétrica enriba da mesa”, pero ademais, porque se son moitas as mulleres que relatan a súa experiencia, como van poder seguir afirmando que a violencia obstétrica non existe?

Maternidad
Iria Pinheiro: “Eu non parín, a min paríronme"

"Anatomía dunha serea" é unha obra de teatro que fala, en primeira persoa, da dura experiencia de violencia obstétrica que sufriu a actriz Iria Pinheiro.

Cal é o obxectivo detrás desta reclamación telemática conxunta?
Ao principio era unha reclamación local dirixida ao CHUO. Agora, o obxectivo final é máis amplo e é o de sempre: colocar a loita contra a violencia obstétrica na axenda política. Que se respecten os dereitos fundamentais das mulleres durante os procesos obstétricos, e que se cumpran as leis sanitarias actuais. E esta violencia afecta tamén ás crianzas, porque elas teñen o mesmo dereito a ser paridas sen violencia e sen ser separadas sen motivos médicos das súas nais.

Despois, entre os obxectivos que podemos ir acadando co tempo, están o de crear un Observatorio sobre a violencia obstétrica e que haxa protocolos públicos e ferramentas para facilitarlles ás mulleres que pasan por isto que poidan denunciar. Dándolles apoio para que non se sintan soas. Todas coñecemos alguén que pasou por isto —senón nos mesmas— e negalo xa é violento en si mesmo.

O obxectivo final é colocar a loita contra a violencia obstétrica na axenda política; que se respecten os dereitos fundamentais das mulleres durante os procesos obstétricos e que se cumpran as leis sanitarias actuais

Que pasos seguíchedes ata agora e cal foi a resposta do Sergas?
Fixemos unha primeira reclamación co gallo do 25N. Era un decálogo con dez puntos que estaban relacionados coa violencia obstétrica nas súas múltiples vertentes, e onde incluímos outros temas relacionados con ela. A resposta que recibimos por parte do Sergas foi moi curta e un despropósito. O único que fixeron foi repetir que en Ourense non ocorría nada disto, que se seguían os protocolos marcados. Tamén puxeron a escusa da Covid, porque agora está moi presente para que todo valga. En resumo, o que fixeron foi invisibilizar o problema, negando que aconteza para así non ter que esforzarse en solucionalo. Dicindo case que somos unhas tolas.

Ante isto decidimos que había que denunciar de novo, porque unha contestación así non era válida. Non se pode negar por sistema que se vulneran os dereitos das mulleres nos hospitais e quedar tan tranquilos. Por esa razón, fixemos unha segunda reclamación a principios deste ano 2021 —hai uns meses xa—, e aínda non recibimos resposta. Esta segunda reclamación era bastante máis extensa e implicaba outros servizos. Enviámola ao comité de ética do hospital, á dirección de enfermaría, á xerencia e á comisión de lactancia materna. A comisión de lactancia non ten constancia desta reclamación, pero sabemos que o resto dos servizos si a recibiron e, aínda así, a día de hoxe seguimos agardando unha contestación.

Pensas que a sociedade é consciente deste tipo de violencia?
O que acontece coa violencia obstétrica e exactamente o mesmo que acontece co maltrato no fogar: a sociedade é consciente de que existe, pero ninguén fala dela. Alegan non vela ou pensan que é algo no que non hai que meterse. É un segredo a voces. Mais, ao final a orixe de todas estas violencias é sempre a mesma: un sistema patriarcal onde as mulleres non son consideradas aptas para a toma de decisións sobre os seus corpos e procesos reprodutivos.

Tamén é importante ter en conta que a violencia obstétrica é unha violencia machista á que se suma unha mala praxe médica. E, aínda que a violencia obstétrica non está tipificada en si como delito, tanto a violencia como a mala praxe médicas si que o están. Aínda así, para as profesionais médicas, sobre todo, é moi complicado asumir que a violencia obstétrica se dá, porque sería recoñecer que elas son parte do problema. Mais, se non asumes que este problema existe, como o vas poder solucionar? É imposible.

O que acontece coa violencia obstétrica e exactamente o mesmo que acontece co maltrato no fogar: a sociedade é consciente de que existe, pero ninguén fala dela

Que papel ten o persoal da saúde?
Creo que o persoal sanitario na súa globalidade ten a responsabilidade total na existencia da violencia obstétrica—desde as persoas que traballan nas consultas ata á xerencia—, porque son eles quen exercen a violencia e actúan con mala praxe. O que está claro é que en ningún caso se pode responsabilizar a quen sofre. Mais, como digo, entendemos que é moi duro asumir que se forma parte desta realidade. Eu son profesional sanitaria e son consciente disto, pero coñezo persoas que non asumen o seu papel nesta problemática.

Tamén é verdade que existen moitas situacións diferentes. Hai un modelo de atención moi xerárquico, xornadas laborais interminables, quendas moi longas e complicadas, sófrese de moito estrés... e entendemos que todo iso pode levar a que se dean certas situacións. Por outra banda, os protocolos e as guías non están actualizados, séguese traballando en moitos sentidos pola vella escola —por dicilo dalgún xeito— e parece que non importa a actualización do persoal. Ademais, como non é obrigatoria, moitos profesionais aos que se lles ensinou a exercer de determinada maneira repiten patróns.  Pero, isto non pode ser escusa para que esta violencia siga existindo, haberá que actualizarse. Ademais, no propio sistema sanitario a violencia obstétrica fai que aumenten as consultas diversas a nais por problemas derivados destas malas praxes.

ASalta
“Raxáronme sen avisar”: relatos de violencia obstétrica (I)
As prácticas inxustificadas ou non consentidas e o trato deshumanizado antes, durante e despois do parto segue sendo unha realidade para moitas mulleres que maternan en Galiza.

Pero hai profesionais que si se implican, non?
Por suposto. Hai profesionais implicadas, xente moi activa neste momento que está moi comprometida contra a violencia obstétrica e que asume o seu papel. Son xente moi valente, porque intentar mudar esta situación non é doado. Moitas incluso sofren problemas psicolóxicos, ademais de represalias laborais por manifestarse. Para mostra o caso do hospital comarcal de Verín onde o xinecólogo xefe do servizo está pendente da resolución dun expediente aberto. Pero fai falta máis xente que se atreva a denunciar o que acontece nos paridoiros e consultas.

Ten todo isto que ver con que non se deixe que as mulleres sexamos donas dos nosos corpos?
Si. É importante dicir que a violencia obstétrica engloba moitísimas situacións que teñen que ver coa sexualidade e a reprodución. Desde as consultas nas que a muller di que está buscando un embarazo ou un determinado método anticonceptivo; cando hai interrupción voluntaria ou involuntaria do embarazo; no propio embarazo, o parto, o puerperio, a lactancia materna, etc. En todas elas, as mulleres teñen que aturar comentarios, malas palabras e actos médicos que vulneran os seus dereitos. Relízanse probas sen pedir consentimento, non se informa de nada... Hai incluso cuestionamentos morais, que non sei a que veñen porque se supón que un profesional sanitario ten que ser obxectivo. Opinións continuas sobre se es moi nova ou moi vella para ter un fillo, se pesas moito ou pouco, se es heterosexual ou homosexual —xa non te conto coa transexualidade, a de violencia que pode haber aí—. E claro, ti vas á consulta pensando que van saber como tratarte, e esperas que te coiden e expliquen as cousas, e o que atopas é todo o contrario. E todo isto sempre tratando ás mulleres como tolas e esaxeradas cando preguntan ou teñen dúbidas. Botando en cara que pensamos que todo ía ser moi bonito e non é así

O que acontece é que a muller perde totalmente a autonomía e a capacidade de decidir o que quere facer co seu corpo

Ao tempo, vaise patoloxizando o que é natural. Deshumanízase o acompañamento e a atención, e medicalízase unha barbaridade. Ao final, o que acontece é que a muller perde totalmente a autonomía e a capacidade de decidir o que quere facer. Mentres, ao mesmo tempo, se lle esixe que estea informada e teña un plan de acción. Eu traballo en sanidade e non se me pasa pola cabeza esixirlle a un paciente que saiba como actuar ante a súa enfermidade. A labor dun sanitario, o que primeiro se nos ensina, é a pedir consentimento do que se vai facer. É básico. Entón por que nos procesos obstétricos das mulleres non se fai? A conclusión á que chegamos é que non queren que sexamos donas dos nosos corpos.

E por que é tan difícil denunciar?
Primeiro, porque para que unha muller denuncie ten que ser consciente do que lle pasou, e moitas das que pasaron por un episodio de violencia obstétrica non se dan conta. Teñen depresión post-parto ou problemas psicolóxicos, e non saben por que. E, cando si son conscientes, é algo moi duro asumir que fuches vítima de violencia.

A isto se lle suma que as mulleres teñen medo, non teñen datos, as historias clínicas non están completas. Moitas solicitan acceso ao seu historial clínico para poder denunciar legalmente e decátanse de que faltan datos, e iso á hora de tomar accións legais dificulta bastante, porque é a túa palabra contra a palabra dun profesional ao que se lle presupón que non ten intención de facerche mal. E ao non haber datos nas historias clínicas, en moitas ocasións ás mulleres teñen que someterse a peritaxes forenses, o que implica unha dobre violencia: non só non se confía na palabra da muller, senón que se ten que someter unha vez máis a que se manipule o seu corpo para probar que o que está dicindo é certo. En Ourense, por exemplo, din que non se realiza a manobra de Kristeller, mais hai uns meses unha nai da miña asociación sufriu este procedemento. Esta rapaza agora reclama o seu historial clínico para facer unha denuncia legal e non aparece que iso pasara, polo que ten que someterse a unha peritaxe forense. E por que non anotan que iso aconteceu? Por algo será. Probablemente porque non se respectaron os protocolos e non o queren recoñecer.

Moitas solicitan acceso ao seu historial clínico para poder denunciar legalmente e decátanse de que faltan datos, e iso á hora de tomar accións legais dificulta bastante, é a túa palabra contra a palabra dun profesional 

E dicides tamén que xogan “a carta do bebé morto”?
Si, utilizan a morte do bebé como ameaza para atallar calquera dúbida, invalidando ademais o que sentimos alegando que todo se fixo pola vida do noso bebé. O que penso que pretenden con iso é que sintamos que somos desagradecidas e que estamos agredindo ás profesionais que si exerceron a súa labor como é debido.

Obviamente que, en canto buscas un embarazo, ti o que queres é ver ao teu fillo ou filla san, e arriscarías o que fóra por iso. Pero non se pode dar prioridade sempre á vida do bebé vendo á nai como algo secundario, un simple recipiente onde a vida xorde. Porque entón parece que dá igual que as nais queden traumatizadas se o bebé está ben. Non pode ser. Hai mulleres que quedan con secuelas moi graves tanto físicas como psíquicas. Desde o punto de vista fisiolóxico, por exemplo, hai mulleres que despois dun parto con instrumentalización teñen problemas de incontinencia urinaria ou fecal e dor durante as relacións sexuais. E desde o punto de vista psicolóxico e emocional, moitas quedamos marcadas, porque sentes que non se respectou a túa opinión, a túa autonomía, a túa capacidade de decidir. Ademais, como cres que se sente unha persoa que non pode saír de casa porque ten incontinencia ou que xa non pode desfrutar da súa sexualidade? É moi duro.

A pesar de todo, cada vez máis mulleres están sendo conscientes da violencia obstétrica.
Si. Como dato, no ano 2020 unha matrona, Laia Casadevall, fixo un estudo sobre a percepción que tiñan as mulleres sobre a atención durante o parto en concreto, e os datos son bastante impactantes. Por exemplo, un 38% das mulleres tiñan a percepción de que sufriran violencia obstétrica e un 44% percibiran que se lles practicaran intervención innecesarias. Despois, que isto é o que a min máis me aterra, un 83,4% tiña a percepción de que non foran informadas polos profesionais, e non se lles pedira un consentimento informado, para realizar certas prácticas. Son unhas cifras espantosas, tendo en conta ademais que foron moitas ás mulleres ás que se lles realizou esta enquisa. Que indica isto? Que se realizan practicas porque si —vías, tractos vaxinais...—, coa escusa de que son eles os que saben. Sen explicar como ou por que as fan, que efectos secundarios pode ter, que complicacións ou que beneficios aportan.

Enquisas como esta son moi ilustrativas, mais, xusto ao contrario, chama a atención a opacidade da información que teñen nos hospitais. Cando buscas datos de partos vaxinais, cesáreas, etc. é moi complicado conseguilos. E serían fundamentais para mellorar e mudar esta realidade. Mais, non sei porque motivo, non son datos públicos. É todo moi opaco.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

ASalta
Fotogalería 11 mulleres, 11 historias
Mulleres diferentes contan en primeira persoa por que o feminismo é importante todos os días do ano.
ASalta
“Coñecer o ciclo é importante para ser máis comprensivas”
A menstruación continúa a ser un tabú e, en moitos países, afecta de xeito grave a que as nenas poidan acceder a unha educación de calidade.
#87253
14/4/2021 16:10

https://vimeo.com/68196686
Un video inspirado en el libro "Por un nacimiento sin violencia"

El autor fue un médico francés, Laboyer, que se ha interesó por disminuir en el niño el trauma del nacimiento. Laboyer plantea ¿quien ha pensadoen evitarle al niño la tortura de su primer contacto con el mundo? La hiriente luz, los agudos sonidos, la brusca entrada del aire en los pulmones, el vértigo, el frío, el contacto con la ropa o telas e incluso con metales (cuando lo que necesita es el contacto de todo su cuerpo con el cuerpo de la madre)... todos estos son suplicios innecesarios de un sistema sanitario opresivo, ideado desde el poder. Apartar al niño de la madre, con la excusa de medirle y pesarle, etc. es lo que de hecho puede asegurar enfermedades, inmunodeficiencias o o trastornos psicológicos en el futuro. Aplicarle liquidos médicos en los ojos abiertos a la fuerza es directamente una tortura propia de sádicos.

En su obra el doctor Laboyer sugiere un nuevo método para ayudar al niño a nacer disminuyéndo su sufrimiento. Siguiendo su sistema, a los pocos minutos del parto, el recién nacido abre los ojos, sedespereza, juega con sus manos, sonríe y se duerme placidamente.

Cuando un niño llega al mundo, lo primero que hace es llorar, ¿acaso el llanto del recién nacido no es un símbolo de dolor? Ante el llanto los asistentes: ¡llore! ¡llore! Exclama alguien; por que para ellos el llanto es símbolo de bienestar; indica que el cuerpo esta funcionando bien. Pero recordemos que el hombre no es solo un cuerpo. El llanto es la expresión del sufrimiento; sin embargo nadie se preocupa por esto y aun mas el niño es tratado casi como un objeto. Hay que hacerle una serie de procedimientos de rutina sin pensar en lo que él está sintiendo. ¿Por qué?

0
0
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.