Elecciones
“Podemos será o único que manteña un imposto ás grandes fortunas galegas como a de Amancio Ortega”

A candidata de Podemos á Xunta de Galiza Isabel Faraldo sostén que o seu partido será o garante da ruptura das “redes clientelares que afogan o país” e que se entran no Parlamento, será decisivo na recuperación dunha sanidade pública de calidade.
Isabel Faraldo - 2
A candidata de Podemos á Presidencia da Xunta Isabel Faraldo. Dani Gago

Aínda que as enquisas apuntan a que conseguir un acta de deputada é pouco probable, Isabel Faraldo (A Coruña, 1966) é optimista: “Déronnos tantas veces por mortas, que non nos vai asustar que o volvan intentar facer”. A candidata de Podemos á Xunta de Galiza defende que a súa formación está a reconstruírse no país e aspira ser a chave que permita o primeiro goberno galego progresista en cinco lustros. 

As bases da súa estratexia para mobilizar o voto de esquerdas na última semana de campaña serán a defensa dun refortalecemento da sanidade pública, a defensa do medioambiente ante os grandes conflitos socias do momento e a aplicación dun sistema fiscal “máis xusto” e que redistribúa a riqueza.

Agás as europeas de 2014, chegamos ás primeiras eleccións dende que se fundou Podemos onde haberá papeleta exclusiva do partido en Galiza. En cambio, tamén son nas que peor proxección teñen, sempre segundo as enquisas. Entendo que é unha boa nova para a militancia a nivel interno, pero cre que tamén o é para ensanchar o espazo electoral?
Cóntoche unha anécdota. Nunha asemblea a nivel de toda Galiza que fixemos hai pouco, unha compañeira levantou a man e dixo: “Durante dez anos, eu votei a Podemos, pero nunca collendo a papeleta de Podemos”, máis alá de, efectivamente, as eleccións europeas de 2014. É a primeira vez. Creo que iso é moi significativo. Primeiro, a nivel identitario e, segundo, a nivel da reconstrución dun partido que tivo un caudal enorme e que desperdiciou, non el, senón toda a etapa das confluencias e alianzas que non resultaron como tiñan que resultar. Neste momento, Podemos ten un proxecto propio. Estamos en vías e con ánimo de defendelo, pero claro vamos empezar dende moitos chanzos atrás. Creo que con convicción e con compromiso, seremos quen de sacar este proxecto adiante.

Hai agora dous meses, o 62,36% da militancia de Podemos Galicia rexeitou concorrer en coalición con Sumar ás eleccións malia un preacordo entre as direccións das que vostede formaba parte. Que foi o que pasou?
Dicir que había un preacordo é como dicir que se chegou a un consenso e iso non foi así. Había un acordo que para nós era xa naquel momento precario é pobre e así o expuxemos nas mesas de negociación, e nós tiñamos a obriga de que fora militancia quen se pronunciara e foi a propia militancia a que veu o que nós tamén estabamos a ver: era un acordo que ninguneaba e ocultaba a forza que somos. Eramos como unha especie de exército invisible no que a nosa militancia non ía ter capacidade algunha de decisión. Tiñamos xa unha candidatura refrendada polas bases no caso de que o acordo con Sumar non chegase e aquí estamos.

“Votei en branco na consulta sobre a coalición de Sumar e Podemos en Galicia. Non podía apoiar un proxecto no que non cría”

En que medida afectou que un dos editoriais de Canal Red pedise o voto explicitamente ao BNG?
Evidentemente, todo inflúe, pero non creo que iso fose determinante. Se miramos para atrás, hai un percorrido ao longo de todo un ano no que á militancia de Podemos vai observando como o seu partido queda ninguneado e apartado. Creo que o vivido desde xullo foi bastante significativo a ese nivel. O feito de que as nosas dirixentes e deputadas víranse na obriga de ter que pasar para o grupo mixto pois pesa bastante. Non creo que fora só ese editorial, digamos, táctico, senón que hai moitos máis elementos nos que poñer o foco.

Vostede votou nesas primarias?
O voto é secreto, pero mira vouche ser moi sincera: votei, pero o meu voto foi en branco. Non era capaz de votar en contra dunha coalición na que xuntar forzas, pero por outra parte tampouco podía apoiar un proxecto no que non cría nin me vía facendo unha campaña na que non tiña plena convicción.

Que lectura fai Podemos sobre a reconciliación de Anova co BNG?
Anova foron compañeiros de camiño nun momento no que Podemos estaba no punto máis alto da onda. Neste momento, pois Anova volve á casa. Creo que pouco máis teño que dicir. Se cadra, era o esperado.

“Malgastouse o caudal do que foron as 'mareas' por non estar todas a unha e pagámolo caro”

Pregúntollo doutro xeito. É un fracaso para o espazo político das mareas?
Foi un fracaso. Malgastouse o caudal do que foron as mareas por no estar todas a unha e pagámolo caro. Era un todo con vós, pero sen vós. Esa sensación de non estar unidas realmente, de que eran só unións para gañar unhas eleccións, pois fixo o bastante dano. Pensa que tivemos once cidades rebeldes que se perderon. Tivemos unha chea de representantes nos diferentes parlamentos autonómicos e se perderon. Todo iso influíu. Ademais do esgotamento propio de Podemos polas loitas internas e, sobre todo, a influencia dos ataques dos medios de comunicación.

Atendendo á demoscopia, o escenario é complexo para que Podemos acceda a un acta de deputada no Parlamento galego, queda unha semana de campaña. Cales van ser as claves estratéxicas para apelar ao voto da esquerda e conseguir esa mobilización?
O que mellor nos representa é o lema da campaña: defende as túas ideas. Creo que frontes os tacticismos electoralistas e sobre todo tendenciosos dalgunhas enquisas, pois temos que seguir defendendo o que somos. Temos un proxecto transformador, un proxecto valente. É un proxecto que di o que outras calan. Por exemplo, Podemos será o único que manteña un imposto ás grandes fortunas galegas como a de Amancio Ortega. Máis alá de ser temporal, ten que ser definitivo. Ademais temos que romper con esa fiscalidade protectora dalgunhas grandes fortunas. Poñendo un imposto ás empresas de máis de 100 millóns, suporía, cunha reforma fiscal, poder ingresar só en Galiza uns 1.600 millóns de euros. Imaxina o que iso suporía para os servizos públicos desta terra nosa.

Análisis
Análise Que di (e que non) o barómetro do CIS sobre Galiza?
Os mesmos datos do Barómetro a permiten realizar outra lectura na que o PP parte con máis vantaxe e o BNG superaría o rendemento que lle outorga o Centro de Investigacións Sociolóxicas.

Cal é a diagnose que fai logo de 15 anos de gobernos do PP. Primeiro de Alberto Núñez Feijóo e agora de Alfonso Rueda?
Vímolo na última crise dos pellets. En Galiza temos unha fundación que é o Centro Tecnolóxico do Mar. Unha fundación creada con fondos públicos e dirixida pola tía do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. De súpeto, chega un desastre medioambiental precisamente baseado nunha das áreas nas que traballa, que é a influencia dos microplásticos no mar, e nin se lles ve nin aparecen. Inoperancial total. E logo, contratan a unha empresa de marketing vinculada ao PP para a limpeza das praias. Que nos ensina isto? As súas redes clientelares que afogan o país e que se sinten impunes para todo. Esta é a situación que estamos na obriga de romper en Galiza.

Isabel Faraldo - 1
A candidata de Podemos á Xunta. Dani Gago

Cales son as prioridades para Podemos en Galiza?
Falo como traballadora e como cidadá e sosténdome nos informes do Defensor do Paciente: a sanidade pública en Galiza está na UCI. Isto son vidas humanas. O recorte de 2.000 millóns conseguiron que teñamos a Atención Primaria máis saturada do Estado, poñer contra as cordas as Urxencias e sobrecargar, máis aínda, a un persoal que está no límite. Temos 40.000 intervencións cirúrxicas en espera. Temos máis de 9.000 persoas esperando pola súa primeira cita en saúde mental. Temos un servicio de ambulancias externalizado, os técnicos de ambulancias absolutamente saturados e con 129 ambulancias para toda Galiza coa nosa dispersión poboacional. É urxente revertir esta situación ampliando así investimentos na sanidade pública e facendo ademais un plan de separación entre a atención primaria e a atención hospitalaria.

A nivel medioambiental vivimos tempos convulsos e todo semella de que irán a peor. Unha implantación descontrolada da enerxía eólica, a apertura de proxectos mineiros, a prórroga de ENCE, a xestión do desastre dos pellets... Como debería enfrontar un goberno progresista esta problemática?
Xusto aí é onde se ve a necesidade absoluta de botar ao PP do Goberno. Ademais citas un dos sectores onde se ve máis esa xestión e nepotista. As macroeólicas. Nós non estamos en contra das eólicas, todo o contrario. Pero é que estamos vendo que non se está controlando o impacto sobre o territorio e aínda por riba enterámonos de que os informes de impacto ambiental estanos a facer os técnicos das propias empresas. Non debemos esquecer que a exconselleira de Medio Ambiente con Feijóo, Beatriz Mato, ten hoxe unha cadeira no consello de administración de Greenalia, unha das grandes adxudicatarias destes parques. Ademais de ser unha das grandes produtoras de eletricidade e ter unha das facturas máis caras.

Que Galiza cre que virá despois do 18F se a dereita abandona a Xunta?

Unha Galiza plural, unha Galiza fermosísima porque se vai quitar o gris de enriba. Vaise quitar esa cultura nefasta de redes clientelares. Dígoo moito porque me doe pensar que todo o potencial de Galiza queda nun negocio para catro. Vén unha Galiza alegre e plural. Ímolo ver o 18 de febreiro.

O Salto medra contigo
O Salto medra contigo Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais
Depois das eleccións do 18 de febreiro, a deriva conservadora e neoliberal do país continúa. Por iso, ofrecémosche seguir traballando en contidos críticos que fiscalicen o poder político e económico. Para iso, precisámoste. Subscríbete ao Salto.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Estrea 'Altri: a sede insostible', un documental sobre os futuros efectos da fábrica de celulosa proxectada na Ulloa
Este venres 24 de maio, O Salto e Xarda estrean un proxecto audiovisual sobre como unha multinacional portuguesa pretende destruír recursos naturais e sociais no corazón de Galiza coa creación dunha pasteira dez veces máis grande que ENCE.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
juabmz
11/2/2024 23:08

Podemos fala claro, se lles entende o que din, o seu leguaxe é palpábel. Outros que tal bailan son os da comparsa Los Colgados. Escoiten, escoiten: https://www.youtube.com/watch?v=lmuMsyfUb5Y

0
0
Especulación inmobiliaria
Especulación inmobiliaria El PSOE retira la Ley del Suelo ante la oposición de sus socios y del PP
La falta de acuerdo con el PP y el voto contrario de Sumar, Podemos, Junts y ERC lleva al gobierno a retirar una reforma que facilita los pelotazos urbanísticos, según las críticas de sus aliados parlamentarios.
Catalunya
Catalunya PSC, Junts, PP y Vox tumban la regulación de los alquileres de temporada en el Parlament catalán
El decreto que regulaba los precios de alquiler de temporada y habitaciones ha estado en vigor menos de un mes. Ha sido la primera votación tras las elecciones del 12 de mayo en Catalunya.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Instituciones, fondos buitre e inmobiliarias se dan cita en Madrid en plena crisis de vivienda
Decenas de organizaciones sociales suman sus fuerzas contra la feria inmobiliaria SIMA, un evento que reúne desde el martes a fondos de inversión e instituciones públicas para promocionar el uso de la vivienda como activo financiero.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Recortes
Educación Huelga educativa contra los recortes, el distrito único y el retroceso del valenciano
La Plataforma en defensa de la enseñanza pública, que agrupa a los principales sindicatos de docentes y tejido educativo, desarrolla hoy la primera huelga de la era PP-Vox.

Últimas

Análisis
Análisis AI Act: un reglamento nuevo para afianzar el orden racial y colonial de siempre
La nueva normativa de Inteligencia Artificial establece una “regulación paralela” en función de quienes son las personas afectadas, algo observable en los usos que se prevén en contextos fronterizos y policiales.
Salud
PRECARIEDAD ALIMENTARIA El Gobierno Vasco adjudica medio millón a una empresa sancionada por servir alimentos en mal estado
La empresa sevillana Plataforma Fermar acumula cinco multas por ofrecer comida en mal estado en residencias para mayores y en centros para menores de edad en Madrid, ha recibido tres millones del Gobierno Vasco para las cárceles.
Cine
Obituario Roger Corman, rey de la serie B, administrador de la cultura ‘freak’ (y sus sesgos)
El autor de ‘El péndulo de la muerte’ dirigió un buen número de películas reivindicables y produjo algunas joyas peculiares dentro de sus pequeños imperios del cine ‘low cost’.
Más noticias
Análisis
Análisis Ventajas e inconvenientes de coger la motosierra
Hagamos un ejercicio de imaginación y cojamos esa motosierra y veamos lo que pasa con la economía.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Una demanda colectiva contra CaixaBank intenta anular 16 cláusulas abusivas en contratos de alquiler
El Sindicat de Llogaters lleva a la justicia a esta entidad financiera, a la que acusa de abusos sistemáticos en pisos de protección oficial levantados con subvenciones públicas por la Obra Social de la Caixa.
Palestina
El 28 de mayo España, Irlanda y Noruega anuncian el reconocimiento oficial de Palestina como Estado
El 28 de mayo, Palestina será oficialmente un Estado para España, Noruega e Irlanda. Los tres países han anunciado esa fecha como la del reconocimiento oficial de Palestina como Estado.
Fake news
Investigación Así se financia la desinformación en Murcia: ‘OkDiario’ y ‘EsDiario’, los favoritos de López Miras
El Gobierno murciano ha repartido más de 240.000 euros a medios de desinformación en los dos últimos años. De ellos, Eduardo Inda se ha embolsado casi la mitad y EsDiario 54.355 euros.

Recomendadas

Cine
Cine y vivienda ¿Dónde están los desahucios en las películas españolas?
Con excepciones señaladas como ‘En los márgenes’ o ‘Antidisturbios’, el conflicto de la vivienda sigue ausente de las ficciones que aspiran a retratar nuestro presente.
Genocidio
Genocidio Karim Khan: el tipo duro que ha puesto contra las cuerdas a Netanyahu y de los nervios a Biden
La decisión de la Fiscalía del Tribunal Penal Internacional de solicitar órdenes de detención contra los jerarcas israelíes responsables de la masacre de Gaza genera división entre los países europeos e indigna al gobierno de Estados Unidos.
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.