We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Memoria histórica
A Fundación Francisco Franco pide 13 anos de cárcere pola acción no Pazo de Meirás
A Fundación Francisco Franco e familiares do ditador piden ata 13 anos de cárcere a 19 membros do BNG por despregar dúas pancartas no Pazo de Meirás.
Familiares do ditador e membros da Fundación Francisco Franco denunciaron a 19 militantes do Bloque Nacionalista Galego por unha acción de protesta no Pazo de Meirás en agosto de 2017. A denuncia pide penas de entre 3,5 e 13 anos de cárcere para cada unha das persoas que participaron na protesta, que consistiu en despregar dúas pancartas pedindo a devolución a mans públicas da antiga residencia do ditador.
A denuncia, que foi admitida a trámite, acusa aos 19 membros do BNG dos delitos de violación de domicilio co agravante de violencia ou intimidación, castigado con prisión de 1 a 4 anos; crime contra a honra, de 6 meses a 2 anos ou multa de 12 a 24 meses; danos, en modo agravado, con sentencias de 1 a 3 anos de prisión e unha multa de 12 a 24 meses; e odio, de 1 a 4 anos e unha multa de 6 a 12 meses. En conxunto, un máximo de 247 anos de prisión e medio millón de euros en multas.
Entre os denunciados, atópanse tres membros da executiva nacional do Bloque —Bieito Lobeira, Rubén Cela e Néstor Rego—, o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, e o ex-secretario xeral da CIG, Suso Seixo. As declaracións terán lugar en setembro no xulgado de Betanzos. A denuncia foi presentada pola Fundación Francisco Franco, así como Carmen Franco Polo —falecida o pasado decembro— e José Cristóbal Martínez-Bordiú Franco, neto do ditador.
A denuncia foi presentada pola Fundación Francisco Franco, así como Carmen Franco Polo —falecida o pasado decembro— e José Cristóbal Martínez-Bordiú Franco, neto do ditador.
Nun acto celebrado este xoves en Compostela, os acusados defenderon o sentido da acción e reivindicaron que a ocupación simbólica da antiga residencia do ditador traspasada irregularmente á familia Franco "é compartida por unha ampla maioría da sociedade galega". Aproveitaron para mandar unha mensaxe ao novo goberno de Pedro Sánchez para que derogue "de inmediato a lexislación que restrinxe os dereitos liberdades", en referencia directa á Lei Mordaza.
O 30 de agosto do ano pasado, estas 19 persoas descolgaron dúas pancartas dunha das torres do Pazo. Os activistas destacan que a acción foi pacífica e simbólica, que se prolongou durante dúas horas en horario público de apertura da finca e coa presenza da Garda Civil.
Relacionadas
Memoria histórica
La huella de los curas rojos Enrique Gómez: “No se puede decir Señor, Señor, si no es luchando con el otro”
El Salto Radio
El Salto Radio Paraules de dona i exili
Memoria histórica
No olvidamos El mes de los locos
Accion ben feita. Un tema facil de empatizar pola sociedade polo anacrónico, un "mainstream", pero ben feito.