We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Vigo
Caballero enchufa a dúas sobriñas de Carmela Silva no seu gabinete cobrando 85.000 euros ao ano
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de formalizar a contratación a dedo de dúas sobriñas da expresidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, por algo máis de 85.000 euros ao ano para este curso político. Ámbolos dous, coñecidos colaboradores mutuos e pesos pesados do PSdeG na provincia de Pontevedra. Pagadas as súas nóminas cos recursos municipais, unha delas foi contratada para esta lexislatura como directora do gabinete en Alcaldía, cun salario anual de 50.768,90 euros e a outra como secretaria particular do alcalde por 34.968,92 euros anuais. Un total de 85.737,82 euros ao ano que, se esgotan os catro anos de exercicio como parece previsible, costarán ás arcas públicas, en conxunto, 342.951,28 euros.
Vigo
Alcalde de Vigo Abel Caballero simulou un concurso público de 1,9 millóns para pagar un concerto xa acordado con Guns N'Roses
Todo queda na casa. E é que as sobriñas de Silva teñen unha relación familiar completa con altos cargos do equipo de Caballero. Son fillas de Javier Pardo, cuñado da expresidenta da Deputación de Pontevedra e colocado tamén por Caballero no 2011 como xefe de gabinete, posto herdado agora por unha das súas fillas. Segundo o seu currículo público, Pardo é “responsable de acción sindical no sector de alimentación de CC.OO. en Vigo”, aínda que leva trinta anos en excedencia e quen coñece o sindicato por dentro explican ao Salto: “Pardo foi un máis na estratexia do PSOE de facerse co sindicato colocando os seus cadros, pero aquí ninguén lle recorda traballo relevante algún dentro da organización”.
Caballero, Silva e Pardo forman un triángulo de poder no que as familias das mans dereita e esquerda do alcalde de Vigo saen especialmente beneficiadas grazas aos postos a dedo
Pardo foi tamén concelleiro de obras e, logo das eleccións municipais do 28 de maio, Caballero converteuno no segundo tenente alcalde, encargado das áreas de Fomento, Obras, Auga, Transporte Público e Limpeza. Un triángulo isósceles de poder formado cos máis altos cargos do consistorio. Con Caballero no ángulo agudo do vértice e Silva e Pardo no lado base. Beneficiando de forma evidente á familia de ambos.
De feito, antes de que Carmela Silva perdera o seu posto de presidenta na Deputación de Pontevedra en favor do Partido Popular, empregou por primeira vez a unha das dúas sobriñas como a súa secretaria de gabinete durante a presidencia da Deputación de Pontevedra. Segundo o seu currículo, feito público pola propia institución, declara non ter traballado nunca en ningún outro lugar que non fora para a súa tía dende que rematou o seu bacharelato de ciencias sociais.
Política
Exclusiva O candidato do PP en Mondariz construíu sen licenza e con fondos da UE catro pistas de pádel
Condenas por enchufar (tamén) á súa cuñada
Non pasaron apenas dous meses dende que o alto funcionario do Concello de Vigo condenado como responsable do enchufe dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal, Francisco Javier Gutiérrez Orúe, entrara na prisión do Dueso (Santoña), pero as redes familiares da expresidenta da Deputación volven verse beneficiadas polo clientelismo do Partidos Socialista de Galicia. Desta volta, cun mecanismo menos sofisticado.
Gutiérrez cumpre agora condea polo chamado popularmente como 'caso cuñada'. A condena que lle foi imposta en primeira instancia en febreiro do 2019 colocábao como responsable dun delito continuado de prevaricación, malversación de caudais públicos e falsidade documental ao realizar un plan para que a cuñada de Carmela Silva, Vanesa Falque, realizase traballos ficticios contratados polo Concello de Vigo á empresa Imesapi. Un suposto traballo que a sentenza da sección 5 da Audiencia Provincial de Pontevedra e sostida polo Supremo deixou claro que nunca se realizou, porén a cuñada da expresidenta da Deputación de Pontevedra si percibiu eses 108.000 euros.
Non pasaron nin dous meses dende que un alto funcionario do Concello de Vigo entrou no cárcere, condenado como responsable do enchufe dunha cuñada de Carmela Silva nunha concesionaria municipal
O desenvolvemento daquel xuízo foi esperpéntico. A cuñada de Silva deu plantón ao tribunal e estivo ilocalizable durante semanas para que se lle puidera notificar por escrito a súa comparecencia como testemuña no xuízo ata que foi levada por dous axentes da Policía Nacional. Citada como testemuña, nin sequera como imputada. Mais para entón Falque adoecía dunha mala memoria e declarou ante o xuíza fiando evasivas: “No me acuerdo de nada”. Como explica a crónica xudicial daquela altura, a súa actitude obrigou ao presidente da sala a darlle varias chamadas de atención e advertirlle que podía incorrer nun delito de obstrución á xustiza. Todo iso ata que concluíu que conseguira o traballo que non fixo e polo que cobrou 108.000 euros enviando un currículo á empresa que a contratou.
Con todo, a xuíza alegou a prescrición do delito no contrato de Vanesa Falque pero antes afirmou que “as relacións de parentesco da investigada” coa entón tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, influíran na súa contratación. O alto funcionario do Concello, gobernado xa entón por Abel Caballero, defendeu en todo momento que nunca tratara de impoñer a contratación da cuñada de Silva, mais o outro condeado, o xerente da empresa Imesapi, Ramón Comesaña, si que recoñeceu que recibira instrucións de contratala a ela, pero sen lembrar de que boca saíran as ordes.
Logo de coñecerse a sentenza do Tribunal Supremo na que se confirmaba a condena a cinco anos e tres meses de prisión e nove anos de inhabilitación ao alto funcionario do Concello de Vigo, por unha banda, cadros do PSOE galego en Vigo tentaron facer unha recollida de sinaturas coa axuda dalgunhas das asociacións de veciñas e veciños da cidade para pedir o indulto alegando a extensa militancia do condeado no Partido Socialista e en UXT. Pero o propio código ético do PSOE impide que sexa outorgada esta medida de graza e, seguindo o criterio da Fiscalía, foille denegada polo Ministerio de Xustiza.
Cadros do PSOE galego en Vigo tentaron facer unha recollida de sinaturas coa axuda dalgunhas das asociacións de veciñas e veciños da cidade para pedir o indulto alegando a extensa militancia do condeado no Partido Socialista e en UXT
Mentres, a oposición na Deputación, representada polo Partido Popular, tivo que acudir ao xulgado para que o Goberno provincial celebrase un pleno extraordinario que o PSOE bloqueara para pedir responsabilidade política. Nese pleno avalado pola xustixa e celebrado logo dun pleno ordinario, a retransmisión en directo cortouse casualmente para a cidadanía e os medios de comunicación que a seguían de xeito telemático, mais a acta do pleno dá conta de como Silva negouse a tomar partido algún e mantivo o silencio.
Nunha entrevista naquela altura publicada por Faro de Vigo e preguntada por este caso, Silva chegou a dicir: “Xa me gustaría que se pronunciasen sobre as súas sentenzas de corrupción [o PP], que son múltiples e variadas. Eu non me vou a enfangar na lama, que é onde sempre estiveron cómodos Rueda e Feijóo, os artífices desta persecución. As calumnias son calumnias, a única verdade é unha sentenza firme do Tribunal Supremo que di que a presidenta da Deputación de Pontevedra, primeira tenente de alcalde de Vigo, nin sequera estivo neste proceso. Son unha persoa intachable, sábeo todo o mundo”.