We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Eventos
Festa do Salto, porque o xornalismo libre ben merece unhas cuncas
O venres 13 de decembro O Salto Galiza celebra unha festa en Compostela.
Celebramos unha festa no barrio de Sar de Compostela o venres 13 de decembro. A partir das 19:00 hrs anímate a pasar polo Centro Social Autoxestionado de Sar (Curros Enriquez, 28) se queres coñecer máis sobre este proxecto de xornalismo cooperativo.
Ademáis de ver algúns dos últimos traballos audiovisuais nos que estamos a traballar, poderaste facer co último exemplar da nosa revista mensual. Do mesmo xeito poderás gozar dun pequeno concerto de Zeltia e Hugo Franco, dúas figuras do novo folk que se está a facer en Galiza e dun Dj Set a cargo de DSIMONE (produtor de sons urbanos).
Anímate a vir e a compartir coa xente que facemos posíbel este medio unhas cuncas (teremos tamén comida a prezos populares.