Política
Así corrixiu Feijóo a súa postura con Israel: de ser “inimigos extremistas” a lexitimar o sionismo

Un tropezo político do PP na súa etapa como presidente da Xunta desencadeou unha crise diplomática co Estado israelí que acabou por pecharse con acordos comerciais e a oferta de “vantaxes fiscais”.
Alberto Núñez Feijóo en Israel
Visita a la fábrica de Mobileye en Jerusalem de Alberto Núñez Feijóo cuando era presidente de la Xunta de Galicia, en 2018. Foto de la Xunta

No Parlamento de Galicia rara vez hai consensos transversais. Nin sequera cando se trata dunha moción para que a súa lingua vehicular gañe dereitos ou para crear unha comisión de investigación que analice as responsabilidades do fatal accidente ferroviario do Alvia en Santiago de Compostela. En ambas ocasións, o Partido Popular votou en contra e, na segunda, tamén se negou a apoiala o PSdeG. En cambio, si houbo un acordo case idéntico que se repetiu en 2013 e 2014, cando Alberto Núñez Feijóo botaba andar a súa segunda lexislatura como presidente da Xunta. Tratouse dunha declaración institucional na que todas as deputadas e deputados galegos avalaban o “dereito ao retorno” do pobo palestino ás terras ocupadas das que foron expulsados trala masacre que seguiu a creación do Estado de Israel no 1948, trala Nakba.


Ocupación israelí
Directo Decenas de miles de personas se manifiestan en todo el Estado contra el genocidio palestino
Euskadi, Galiza y Catalunya llenan sus plazas de manifestantes contra la ocupación israelí pocas horas después de que Netanyahu haya ordenado la mayor incursión por tierra de las últimas semanas.

A posición do Partido Popular, entón, enmarcouse, a grandes trazos, na senda do antisemitismo que abanderara Manuel Fraga Iribarne e a ditadura franquista da que foi ministro e embaixador que, aínda que puxo da súa parte para o recoñecemento do Estado de Israel, o seu Goberno galego tamén financiou o polémico libro Mentira histórica desvelada (Ejearte, 1994), que negaba o Holocausto. O caso é que aquel manifesto do Parlamento de Galicia era sucinto. Nada agresivo co Estado sionista e apenas viña ratificar o que as Nacións Unidas levaban décadas dicindo, así que non sorprendeu a ninguén. A ninguén excepto ao entón embaixador de Israel en España, Alon Bar, que asumiu aquel texto como un casus belli e decidiu colocar Galiza entre os seus “inimigos extremistas”. A coñecida destreza de Feijóo para navegar sempre que pode na equidistancia fallara. Non só iso. Desencadeara unha crise institucional que nin el viu vir nin moito menos pretendía. Pero aconteceu. E disto hai apenas dez anos. Entón, silencio mediático.

A lexitimación do sionismo disfrazada de “viaxe comercial”

O que pasou despois entre ambos gobernos ata volver normalizar as súas relacións no marco do eixo otanista escapou á opinión pública. E o que non, transcendeu cun perfil moi baixo, como a visita dunha comitiva da embaixada israelí en 2016 ao Parlamento. Todo ata que, a comezos de 2018, o agora líder do Partido Popular anunciou aos catro ventos a creación dunha delegación público-privada que viaxaría a Tel Aviv para “amosar Galiza como un lugar para innovar e de abrir novas oportunidades” e, sobre todo, para “ofrecer vantaxes fiscais”. Representantes de vinte empresas e centros tecnolóxicos, o agora vicepresidente galego Francisco Conde e o propio Núñez Feijóo marcharon entón nunha viaxe pagado con diñeiro público cara ao Estado de Israel. Chegaron a finais de xaneiro e Feijóo e as súas terminais mediáticas empeñáronse en transmitir, diariamente, as potenciais sinerxías entre ambas industrias e, en cada ocasión que se lle presentaba fronte a un micrófono, desfacerse en eloxios cara ao réxime sionista: “Paradigma do saber” foi o epíteto máis ornamentado que utilizou. 

Nos seus anos como presidente da Xunta, Feijóo alardeou de multiplicar por catro as exportacións galegas cara a Israel

O entón presidente da Xunta e o seu séquito comercial visitaron universidades, feiras empresariais, institucións e, non de maneira casual, o Yad Vashem, a organización constituída para preservar a memoria dos millóns de xudeus asasinados durante a Segunda Guerra Mundial que se atopa na Xerusalén ocupada. De feito, a imaxe que o gabinete de Núñez Feijóo se preocupou por emitir ao final da súa “viaxe comercial” foi a súa na Sala dos Nomes do Museo da Historia do Holocausto. Rodeado de máis de medio millar de fotos de vítimas pretendía poñer fin á súa ruta e, en certo sentido, pechar simbolicamente a crise diplomática que abrira.

Resulta complexo acceder aos pormenores das relacións xurdidas daquela viaxe polo opaco dos vínculos empresariais privados entre Galiza e Israel. Tampouco a Xunta tivo a ben responder ás preguntas desta redacción ao respecto. Nin se selaron acordos ou convenios nin en que se sintetizou a inversión pública daquela viaxe e o omnipresente Plan Innova 2020 que o abandeirou. Pero os datos que ofrece o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo son cristalinos. Galiza pasou de sumar 42,3 millóns de euros en exportacións a Israel no 2010, primeiro exercicio fiscal completo no que Feijóo foi presidente, a 173,7 millóns no 2022. É dicir, no seu mandato case que se cuadriplicaron as exportacións co Estado sionista. Principalmente, a través do sector automobilístico, que hoxe supón o 71,3% das exportacións galegas cara ao enclave de Oriente Medio.

O Partido Popular sostivo entón e o mantén agora que Israel “á o único país democrático da súa contorna”

En canto foi anunciada aquela viaxe, as críticas da oposición galega de En Marea, PSdeG e BNG tiveron entón o mesmo denominador común: esixir ao Partido Popular que con esa viaxe non lexitimase a política xenocida de Israel contra o pobo palestino. O PP galego tiña a mesma postura que mantén hoe Xénova: que o Estado sionista “é o único democrático da súa contorna”, aínda que naquel momento recoñecía que as súas relacións diplomáticas tiñan certa marxe de “mellora”. O actual presidente galego e entón vicepresidente, Alfonso Rueda, foi o encargado de esgrimir as hostilidades contra as críticas da oposición suxerindo unha falta de cultura das deputadas e deputados galegos sen carné do PP: “A algúns, e esto é unha recomendación persoa, o que lles conviña era viaxar un pouco máis para decatarse de que é necesario saír ao exterior para promocionar Galiza, o que ten Galiza e todas as súas oportunidades”, respondeu Rueda ás preguntas dos xornalistas do dixital Praza, un dos poucos diarios que aportou un enfoque crítico con aquel intento de intensificar as relacións de Galiza con Israel.

E tras aquel polémico e criticado plan político de Feijóo, o Partido Popular de Galicia favoreceu que o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia fose medio ano máis tarde a Israel solidificar eses potenciais acordos. Tiveron diferentes reunións entre as que destacou a de Technion (Israel Institute of Technology), un dos centros de referencia mundial en novas tecnoloxías. Unha organización duramente criticada por desdebuxar a barreira entre a sociedade civil e militar, especialmente polas súas contribucións fundamentais ao desenvolvemento de tecnoloxías militares que, en fin último, rematan sendo utilizadas para promover a ocupación de Palestina. Daquelas reunións pretendían pechar acordos para acceder a proxectos conxuntos H2020 (Programa Marco da Unión Europea para a investigación e innovación), pero a Xunta tampouco aclarou se esas alianzas públicas se solidificaron.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Genocidio
Ocupación israelí Israel ataca la delegación internacional en la que viajan Colau y Asens en Cisjordania
Efectivos del Ejército sionista han lanzado bombas de sonido y gases lacrimógenos contra el grupo de observadores de derechos humanos en el que viajaban la ex alcaldesa de Barcelona y el eurodiputado cerca de Nablús.
Ocupación israelí
Ocupación israelí 300 personalidades del mundo de la cultura piden a Pedro Sánchez un “embargo integral de armas” a Israel
Una carta al Gobierno español pide el fin de las relaciones militares entre España e Israel, un comercio que “perpetúa la ocupación y financia el genocidio sobre el pueblo palestino”.
Valencia
Valencia Directo | Se eleva a 158 el número de personas fallecidas por la DANA
Minuto a minuto del segundo día tras la DANA que impactó en València el 29 de octubre. Un total de 155 personas han perdido la vida en la provincia de València y otras tres en Castilla La Mancha y en Andalucía.
Valencia
DANA De 28 unidades de bomberos forestales la Generalitat solo ha movilizado dos para paliar los efectos de la DANA
Desde CC OO denuncian la infrautilización de los equipos de emergencias, derivada de la descoordinación. Recuerdan que una de las primeras medidas de Mazón fue eliminar la unidad de emergencias que nació para coordinar estos servicios.
Opinión
DANA Crónica desde la distancia de un pueblo destrozado, el mío: Benetússer
Desde la distancia y desde la impotencia de ver y escuchar a tus seres queridos narrar cómo lo han perdido todo con la DANA en un pueblo de València.
Opinión
Opinión Qué hacer ante una catástrofe (todo lo contrario de lo que ha hecho Carlos Mazón)
La comunidad científica y la propia historia de València señalan que los fenómenos naturales extremos amenazaban con repetir tragedias como las que tuvieron lugar en el siglo XX. Es hora de señalar a los responsables políticos de la inacción.
Valencia
Apoyo mutuo ¿Qué hacer si quieres ayudar a las víctimas de la DANA desde València?
El tejido social valenciano crea varias iniciativas vecinales para hacer más eficiente y canalizar la solidaridad colectiva.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el abismo Hazte socia de El Salto y te regalamos la primera novela de Sarah Babiker
La responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto ha escrito una novela donde gente corriente imagina escaramuzas frente a un presente en ruinas y reivindica otros futuros. Suscríbete y te la enviamos de regalo y dedicada por la autora.
Valencia
DANA Mazón: de presumir de acabar con el “chiringuito” de la Unidad de Emergencias a tener que dar explicaciones
El Gobierno valenciano de Vox y PP eliminó la UVE nada más entrar en el poder. Tanto por los desastres de la DANA como por el terrible incendio de un edificio en febrero la ciudadanía pide explicaciones.
Biodiversidad
Cumbre de Biodiversidad Enroque de las partes en la COP16 con apenas un día para su clausura
La XVI Conferencia de las Partes en el Convenio de las Naciones Unidas sobre la Diversidad Biológica encara su segunda semana con muchas dudas sobre la posibilidad de adoptar acuerdos efectivos para frenar la pérdida de especies y ecosistemas.
El Salto Radio
El Salto Radio Paraules de dona i exili
Repassem l’experiència de les principals autores de preguererra balears, catalanes i valencianes més enllà de la frontera.
Más noticias
Catalunya
Derecho a la vivienda Sindicat de Llogateres: “La regulación baja los precios, pero tiene una puerta para quien quiera saltársela”
Un nuevo estudio del Sindicato de Inquilinas de Catalunya constata la eficacia de los topes al alquiler, pero advierte del descontrol de los contratos de temporada y por habitaciones.

Recomendadas

Fronteras
Fronteras Cientos de personas refugiadas, incluidas menores, duermen al raso en la isla griega de Rodas
Organizaciones humanitarias denuncian que unas 350 personas refugiadas, algunas de ellas procedentes de Líbano, están durmiendo a la intemperie sin comida, sin agua, sin baños y sufriendo la violencia de las fuerzas de seguridad en Rodas.
Análisis
Análisis Mozambique: la democracia que Occidente prefiere olvidar
Cuando los intereses están mejor asegurados con un gobierno corrupto, las críticas al fraude electoral se limitan a una retórica superficial que no va más allá de gestos simbólicos.
Feminismos
Política De Nevenka al caso Errejón: cuando el feminismo exige de derecha a izquierda
Denunciar en comisaría, anónimamente, individual o colectivamente genera la misma reacción: odio contra las mujeres, independientemente del signo político donde ocurre la violencia.