Pensiones
En perigo o sistema público de pensións?

As últimas actuacións do goberno do Partido Popular situaron o sistema público de pensións no centro do debate social e político. Analizamos o panorama actual do sistema de pensións públicas dende as propostas que lanzan dúas das forzas políticas galegas da oposición.

Pensionistas manifestación Congreso
Manifestación de pensionistas frente al Congreso de los Diputados Dani Gago

Co gallo das mobilizacións en defensa das pensións públicas quixemos contrastar coas diversas forzas políticas con representación en Galiza as propostas nas que están traballando para garantir o dereito a unhas pensións dignas. Aínda que tentamos contactar repetidas veces con fontes parlamentarias do PPdeG ou do PSdG-PSOE, foi imposíbel falar coas mesmas para coñecer a súa análise da situación. Máis sorte tivemos cos grupos parlamentarios de En Marea e do BNG.

“Faise pedagoxía negativa sobre o sistema de pensións público para crear medo dentro da poboación traballadora”, coméntanos a deputada de En Marea no congreso dos deputados Yolanda Díaz. “O único que buscan é dar saídas a un enorme negocio da banca e das aseguradoras, que superarían os 120.000 millóns de euros. Ademais méntese sobre o sistema de pensións privadas, xa que practicamente todos están dando rendibilidade negativa” continúa. Nisto coincide con Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento galego, quen sinala que “hai un debate sobre a sostibilidade do sistema público de pensións por culpa da banca e das compañías aseguradoras. Necesítase ter atemorizada a opinión pública mostrando a inviabilidade deste”. Esta deputada, ademais, pensa que a caída do sistema público de pensións é evitable pois “no ano 2011, cunha cotización similar ao do último ano, houbo superávit no sistema de pensións”. “Hai que desmontar as mentiras que beben dos intereses ideolóxicos das elites”, conclúe. Neste sentido, as dúas deputadas coinciden coa análise feita polas diversas plataformas de defensa das pensións públicas sobre a privatización das mesmas.

Hai un debate sobre a sostibilidade do sistema público de pensións por culpa da banca e das compañías aseguradoras

Por outra banda, Yolanda Díaz quixo destacar tamén algunhas cuestións sobre a situación económica e a sostibilidade da Seguridade Social. Segundo a deputada de En Marea, hai un problema de ingresos polas políticas de emprego falidas que “foron fomentadas, explicitamente, e executadas primeiro polo PSOE, e logo polo PP”. Algunhas das principais medidas nas cales coinciden En Marea e o BNG “teñen que ver con desgravacións fiscais aos plans de pensións privados, que as grandes maiorías sociais non se poden permitir, ou ás bonificacións e reducións en materia de contratación laboral”. Estes millóns destinados ás bonificacións empresariais -moitas das veces para fomentar emprego precario- servirían para reforzar o sistema público de pensións, xa que significarían uns ingresos de 4000 millóns de euros anuais. A representante de En Marea no Congreso dos Deputados, afirma que estes dous exemplos “non serven para crear emprego e que funcionan coma subvencións directas ao sector empresarial”. Pola súa banda, Montse Prado do BNG salienta que os salarios máis altos -aqueles superiores a 3642 euros- “cotizan á Seguridade Social co mesmo tipo que os inferiores. Calcúlase que por este motivo se deixan de percibir 7000 millóns de euros que serían de dominio público”. En cambio, ao primar as pensións privadas, en mans da banca, esta recibe a xestión dos fondos de pensións da maioría da poboación. Polo tanto son as clases traballadoras de novo as extorsionadas, fronte á inmutabilidade dos privilexios das clases máis altas.

AS PENSIÓNS EN GALIZA

Galiza, despois de Estremadura, ten as segundas pensións máis baixas de todo o Estado español. A pensión media galega é de 783,72 euros ao mes. Montse Prado sinala que están “por debaixo do salario mínimo”. Neste sentido afirma que a situación das pensións nas provincias de Lugo e Ourense é especialmente preocupante “xa que non fan máis que diminuír debido ao mercado de traballo con salarios moi baixos e precarios”. Nunha terra tradicional de mariñeiros e labregos a deputada do BNG sinala que “a vida laboral en Galiza se dá baixo unhas condicións moi duras, polo que as pensións merecen ser remuneradas dun xeito máis elevado”.

Neste senso, a Deputada de En Marea por Lugo -membro da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia- Paula Vázquez Verao, sostén que “co nivel de salarios galegos, con máis dun 50 % da poboación que se declara con dificultades para chegar a fin de mes e o feito de que non exista un mínimo legal de pensión para aboar polas entidades aseguradoras, fará que a maior parte da clase traballadora galega non acceda a pensións dignas”.

Galiza, despois de Estremadura, ten as segundas pensións máis baixas de todo o Estado español

Nas pensións tamén se visibilizan as desigualdades entre os xéneros. As mulleres representan o 50,9 % da poboación da sociedade española e o 51,65 % na galega. En Galiza, 268.348 homes posúen unha pensión contributiva recoñecida, mentres que nas mulleres falamos de 197.041 persoas. Entre outras cousas isto é debido a que a maioría das mulleres con máis de 65 anos de idade non puideron optar a unha xubilación contributiva ao adicar moito tempo na vida ao traballo non remunerado relacionado cos coidados.

O MACHISMO MATERIALÍZASE TAMÉN NAS PENSIÓNS

Por outra banda, a fenda salarial de xénero no conxunto do Estado sitúase nun 23,5 % segundo o último estudo do INE e isto reflíctese nas pensións. Así, a pensión media dos homes é de 997 euros e a das mulleres é de 617 euros, case un 30 % menor. No ámbito galego, as mulleres cobran tan só uns 18 euros máis que a pensión mínima e 280 euros menos que a media estatal. Sobre a fenda salarial, Paula Vázquez sinala que “hai unha tendencia a pensar que a discriminación salarial é directa -igual traballo, distinto salario-, pero tamén é indirecta” e isto, afirma, é “máis difícil de detectar”. A deputada continúa afirmando que “no caso de iguais traballos, esta diferencia dáse nos complementos salariais e nas horas extra debido ao machismo e aos roles de xénero impostos nas nosas sociedades”.

Trátase dunha consecuencia que non é conxuntural, senón que vai implícita no sistema patriarcal sustentado polo capitalismo. Deste xeito preténdese incrementar a dependencia económica das mulleres respecto aos homes, producindo o que se denomina feminización da pobreza. A muller sofre a condición de estar dobremente explotada: no mercado laboral e no traballo doméstico non remunerado. Neste sentido a deputada Montse Prado, do BNG, afirma que neste tema teñen unha responsabilidade evidente os sectores conservadores e o goberno, pois é “invisibilizado desde o momento en que Mariano Rajoy nas súas entrevistas prefire non falar do tema”. E engade que “a fenda salarial é evidente, para evitala nas pensións debería ser eliminada previamente do sistema laboral”.

A muller sofre a condición de estar dobremente explotada: no mercado laboral e no traballo doméstico non remunerado

Con respecto a isto, Yolanda Diaz, sinala que tamén sería aconsellable modificar o artigo 60 da Lei de Seguridade Social, coñecido como complemento de maternidade, imposto pola Ministra Báñez. “Non é máis que unha fórmula natalista que nada ten que ver coa nosa situación demográfica e que non lle afecta á fenda de xénero do sistema de pensións, que no noso país é brutal”, afirma. “Na nosa proposta de lei pedimos que as mulleres, a partir do primeiro fillo, poidan empregar o cómputo para cubrir as carencias de cotización”, continúa. A deputada de En Marea no Congreso, insiste en que o obxectivo ten que ser o de ‘tentar solventar o problema de moitas mulleres que non acadan os 15 anos de cotización mínima para poder teren dereito á pensión, deste xeito pretendemos cubrir eses períodos de cotización e reducilos ata os 6 anos”.

PROPOSTAS CONCRETAS PARA GARANTIR AS PENSIÓNs PÚBLICAS

O grupo parlamentar de En Marea/Unidos Podemos/En Comú Podem presentou fai unhas semanas unha proposta de lei no Congreso dos Deputados para unha reforma integral do sistema público de pensións. Entre as medidas propostas está a de retornar á idade de xubilación dos 65 anos, cunha novidade importante pola que entrarían na xubilación ordinaria aquelas persoas de 61 anos que teñan 35 anos cotizados. Segundo indica Yolanda Díaz, estas “xa pagaron sobradamente as súas pensións. É algo que nunca se deu no noso dereito laboral e aféctalles a milleiros de traballadores, sobre todo porque vai permitir fórmulas de reparto de emprego para incorporar á xente nova ao mercado laboral”.

A proposta de lei presentada procura tamén a revalorización das pensións en conformidade ao IPC, como solicitan as plataformas de pensionistas. Inclúe outro elemento novidoso como é que as persoas poidan elixir as bases de cotización que mais lles favorezan, sen que teña que ser de xeito continúo como ata ao momento. Neste sentido pretenden eliminar o chamado período de carencia específica, xa que consideran esta esixencia coma “arbitraria", xa que “nos obriga a traballar os 2 últimos anos antes da nosa xubilación, sen que exista nada que o xustifique”. Esta proposta leva implícita unha reforma fiscal na cal aumenten as achegas á Seguridade Social das persoas que máis gañan. Para iso, sinalan coma fundamental eliminar o tope ás bases de cotización máximas para garantir un sistema fiscal moito máis proporcional, xa que na actualidade “están sendo os e as traballadoras asalariadas quen están sustentando a día de hoxe o sistema de pensións públicas”. Estiman que esta medida significaría uns ingresos ás arcas da Seguridade Social duns 7000 millóns de euros anuais.

Por outra banda, poderíanse acadar máis de 4000 millóns de euros se os gastos de xestión da Seguridade Social foran imputados á Administración Xeral do Estado, como sucede con outros ministerios. Así coma eliminar as desgravacións fiscais e garantir a revalorización automática das pensións. Coa aplicación destas medidas, xunto coa xa comentada eliminación das bonificacións empresariais, poderíanse acadar os 18.000 millóns de déficit actuais do sistema público de pensións.
En definitiva, o eixo central da proposta do grupo parlamentario pasaría por mudar o artigo 109 da Lei da Seguridade Social, que ten que ver coas fontes de financiamento da mesma. Propoñen manter as fontes tradicionais, mais “ligar o financiamento do sistema público de pensións cos orzamentos xerais do Estado, de maneira directa”.

Pola súa banda o Bloque Nacionalista Galego, basea a súa proposta na mudanza do actual mercado laboral, no que ven imprescindíbel o acceso da xente nova ao mesmo. Achegan medidas como baixar a xornada laboral a 35 horas. Cunha posición diverxente coa de En Marea sinalan que, de entrada, ven posíbel que as pensións poidan ser financiadas polas cotizacións dos traballadores, é dicir, manterían o sistema actual de pensións. Aseguran que “o sistema si funciona” e que co se cotiza “é suficiente para redistribuílo e que sexa rendíbel". Sobre a proposta de que as pensións se financien desde os orzamentos xerais do Estado consideran que “é unha posibilidade, mais é posíbel tamén a través duns salarios dignos”. Pese a todo, ao igual que En Marea, defenden unha revalorización das pensións en función do IPC e baixar a xubilación aos 65 anos. Ademais, propón o cálculo da pensión “entre 10 e 15 anos para escoller entre a totalidade da vida do traballador”' e que a pensión represente, polo menos, un 60 % do salario medio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Trabajar en la jubilación y currar de baja: las nuevas propuestas del Ministerio de Seguridad Social
Los nombres formales son “jubilación flexible” y “baja flexible”. El 31 de julio se aprobó un plazo de seis meses para darle un empujón a la primera; ayer se anunció la creación de un grupo de trabajo para impulsar la segunda.
Tribuna
Tribuna Fumar mata, retrasar la edad de jubilación, también
El 18 de septiembre se escenificó la firma del último acuerdo de pensiones, alcanzado en el diálogo social. Lo firmaron la patronal, CC OO, UGT y el Gobierno de Pedro Sánchez.
Tribuna
En defensa de las residencias públicas No es país para Florencio
Crónica de un debate sobre el desmantelamiento de las residencias públicas en una región pobre y envejecida.
Valencia
Valencia Directo | Se eleva a 158 el número de personas fallecidas por la DANA
Minuto a minuto del segundo día tras la DANA que impactó en València el 29 de octubre. Un total de 155 personas han perdido la vida en la provincia de València y otras tres en Castilla La Mancha y en Andalucía.
Valencia
DANA De 28 unidades de bomberos forestales la Generalitat solo ha movilizado dos para paliar los efectos de la DANA
Desde CC OO denuncian la infrautilización de los equipos de emergencias, derivada de la descoordinación. Recuerdan que una de las primeras medidas de Mazón fue eliminar la unidad de emergencias que nació para coordinar estos servicios.
Opinión
DANA Crónica desde la distancia de un pueblo destrozado, el mío: Benetússer
Desde la distancia y desde la impotencia de ver y escuchar a tus seres queridos narrar cómo lo han perdido todo con la DANA en un pueblo de València.
Opinión
Opinión Qué hacer ante una catástrofe (todo lo contrario de lo que ha hecho Carlos Mazón)
La comunidad científica y la propia historia de València señalan que los fenómenos naturales extremos amenazaban con repetir tragedias como las que tuvieron lugar en el siglo XX. Es hora de señalar a los responsables políticos de la inacción.
Valencia
Apoyo mutuo ¿Qué hacer si quieres ayudar a las víctimas de la DANA desde València?
El tejido social valenciano crea varias iniciativas vecinales para hacer más eficiente y canalizar la solidaridad colectiva.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el abismo Hazte socia de El Salto y te regalamos la primera novela de Sarah Babiker
La responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto ha escrito una novela donde gente corriente imagina escaramuzas frente a un presente en ruinas y reivindica otros futuros. Suscríbete y te la enviamos de regalo y dedicada por la autora.
Valencia
DANA Mazón: de presumir de acabar con el “chiringuito” de la Unidad de Emergencias a tener que dar explicaciones
El Gobierno valenciano de Vox y PP eliminó la UVE nada más entrar en el poder. Tanto por los desastres de la DANA como por el terrible incendio de un edificio en febrero la ciudadanía pide explicaciones.
Biodiversidad
Cumbre de Biodiversidad Enroque de las partes en la COP16 con apenas un día para su clausura
La XVI Conferencia de las Partes en el Convenio de las Naciones Unidas sobre la Diversidad Biológica encara su segunda semana con muchas dudas sobre la posibilidad de adoptar acuerdos efectivos para frenar la pérdida de especies y ecosistemas.
El Salto Radio
El Salto Radio Paraules de dona i exili
Repassem l’experiència de les principals autores de preguererra balears, catalanes i valencianes més enllà de la frontera.
Más noticias
Catalunya
Derecho a la vivienda Sindicat de Llogateres: “La regulación baja los precios, pero tiene una puerta para quien quiera saltársela”
Un nuevo estudio del Sindicato de Inquilinas de Catalunya constata la eficacia de los topes al alquiler, pero advierte del descontrol de los contratos de temporada y por habitaciones.

Recomendadas

Fronteras
Fronteras Cientos de personas refugiadas, incluidas menores, duermen al raso en la isla griega de Rodas
Organizaciones humanitarias denuncian que unas 350 personas refugiadas, algunas de ellas procedentes de Líbano, están durmiendo a la intemperie sin comida, sin agua, sin baños y sufriendo la violencia de las fuerzas de seguridad en Rodas.
Análisis
Análisis Mozambique: la democracia que Occidente prefiere olvidar
Cuando los intereses están mejor asegurados con un gobierno corrupto, las críticas al fraude electoral se limitan a una retórica superficial que no va más allá de gestos simbólicos.
Feminismos
Política De Nevenka al caso Errejón: cuando el feminismo exige de derecha a izquierda
Denunciar en comisaría, anónimamente, individual o colectivamente genera la misma reacción: odio contra las mujeres, independientemente del signo político donde ocurre la violencia.