We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Gentrificación
Familias ameazadas de desafiuzamento en Vigo ante a “inoperancia das institucións”
Estrés, inestabilidade emocional, ansiedade ou desprotección son os sentimentos de moitas das familias do poboado chabolista ao que queren botar do barrio de Navia en Vigo. Levan case un ano aprazando o desafiuzamento. A xuíza que leva o caso considerou as persoas afectadas “familias en vulnerabilidade”. Agora mesmo, o desafiuzamento está paralizado e sen data próxima. Desde a promotora do ximnasio comercial queren reubicar primeiro ás familias. “As institucións non fixeron nada por nós”, lamentan as persoas afectadas.
O desafiuzamento do terreo afecta a 22 persoas e 9 familias. O Concello de Vigo declarouse “sen competencias en vivenda” e a Xunta de Galicia ofreceulles pagar o aluguer dun piso durante dous meses. Pero, “moitos de nós cobramos a RISGA, o Ingreso Mínimo Vital ou temos traballos precarios e temporais; que faríamos despois deses meses?”, cuestiónase Lara P., portavoz das familias e engade: “Quen aluga sen avais nin contratos fixos?”. Como moitos son de etnia xitana, “aféctalles o racismo estructural á hora de alugar un piso, hai quen escoita o seu acento e non quere saber nada deles”, lamenta Carla Leiras, do colectivo de ‘Os Ninguéns’.
As persoas afectadas demandan unha vivenda social, pero segundo o Instituto Galego de Vivenda e Solo —competencia da Xunta— as súas chabolas son consideradas infravivendas e non poden optar á vivenda pública. Como teñen esta designación, tampouco teñen un empadroamento nunha vivenda fixa, senón na zona, non poden inscribirse nas súas actuais residencias, polo que tamén se ven excluídos de moitas axudas sociais, explica Carla Leiras.
“A vivenda é un dereito constitucional, polo que non nos poden deixar na rúa como se fosemos animais”, critica Lara, quen tamén defende que “estivemos organizándonos e manifestándonos desde o Nadal para finalmente obter un abandono institucional”. Lara di que non sabe que van facer "se nos botan de aquí”.
“Non hai vivenda social en Vigo desde hai máis de 2 anos, hai nos arredores, mais non na urbe”, sinala Carla Leiras de ‘Os Ninguéns’
De novo, como non son considerados propietarios ou alugueiros dunha residencia ao uso, non se poden acoller ao programa ‘Reconduce’, que é o que ampara ás persoas desafiuzadas. Pero, “logo vemos pisos baleiros nos barrios da cidade”, apunta Lara. “Daríanos igual ir a outro barrio, o único que pedimos é que sexa en Vigo”. Para Carla Leiras, o problema vén “de que non hai un parque de vivenda pública na cidade de Vigo”.
“Non hai vivenda social en Vigo desde hai máis de 2 anos, hai nos arredores, mais non na urbe”, sinala a de ‘Os Ninguéns’ e lembra que “unhas 4.000 persoas a solicitan na cidade e apenas hai 5 en toda Galiza”. “A xente pensa que a vivenda social é que te regalen un piso, pero é un alugueiro que se axusta aos ingresos da persoa, para mellorar a súa situación económica”, aclara. Carla demanda que esta modalidade de vivenda sexa repartida, “evitando a concentración illada de persoas empobrecidas nas cidades”.
Rocío, familiar de Lara, di sentir medo polo que vai pasar cos fillos das famlias. Tamén asegura ter “moitos problemas de ansiedade causados por esta situación”. “É inhumano o que nos queren facer, ninguén contesta e nós só queremos solucionalo; estamos a favor de pagar por un aluguer social acorde aos nosos ingresos”, defende. Para ela, o peor é “que despois o alcalde se colga medallas por todo o que fai, pero ninguén fala do que non fai”.
“Se estamos aquí é porque non temos outra opción máis digna”, censura Rocío, das familias afectadas
A mesma fonte tamén asegura “pasalo mal” polos comentarios racistas da xente de Vigo nas noticias sobre o desafiuzamento. Nelas, hai quen defende que “o que queren é seguir vivindo sen pagar nada”, mais Rocío argumenta: “Convídoos a vivir aquí; pasamos moito frío en inverno e en verán a calor queda condensada nas casas e non se pode estar”.
De feito, durante os meses de choivas pediron axuda aos servizos sociais para arranxar os teitos, pero como as chabolas son consideradas infravivendas, deixáronnos estar. “Se estamos aquí é porque non temos outra opción máis digna”, censura Rocío.
“Doe que falen sen saber”, apunta Lara. Sobre moitos prexuízos contra as persoas de etnia xitana, coma o suposto machismo, “o mellor é ver quen levou as nosas loitas: dúas mulleres do poboado”, argumenta a portavoz.
O CONTEXTO DA POBREZA
Mais, como chega un a esta situación de pobreza? Máis aló das causas estructurais inherentes ao capitalismo, Carla Leiras sinala que “na nosa cidade é moi habitual rematar nunha situación de pobreza cando botan a alguen da súa vivenda”. O censo de persoas sen fogar en Vigo estipúlase nunhas 165.
Seguindo o índice AROPE as cifras situarían a Vigo en 60 mil persoas en clara situación de pobreza, é dicir, un 20% da poboación
Cos datos do IGE e o umbral da pobreza calculado mediante ingresos medios inferiores ao 60% da media de ingresos do país, saen entre 25 e 30 mil persoas empobrecidas en Vigo. Así, para un fogar unipersoal, o límite da pobreza en Galiza sitúase nos 747,87 euros ao mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos é de 1.121,81 euros.
Sen embargo, a Unión Europea estipula o índice AROPE (Risco de Pobreza ou Exclusión) como o correcto para avaliar a pobreza, exclusión social e desigualdades económicas. Seguindo este índice, “que colle datos máis concretos que o IGE, tendo en conta a quen está por debaixo dos ingresos medios”, segundo Carla Leiras: as cifras situarían a Vigo en 60 mil persoas en clara situación de pobreza no ano 2020. Isto significa que un 20% da poboación está empobrecida.
Porén, “existe xente como os deste caso que ás veces son chabolistas porque non lles queda outra, pero outra están na rúa sen ter nin un teito”, vislumbra a representante de ‘Os Ninguéns’. “A partir de maio chegarán as ordes de desafiuzamento e moita xente quedará na rúa”, subliña.
A mesma fonte asegura que se está a normalizar a precariedade e a pobreza. “As institucións sábeno, pero miran para outro lado, igual que os servizos sociais en moitas ocasións”. Preguntada por se cre que as institucións buscan botar á xente máis empobrecida dos barrios, contesta que “Vigo está sufrindo un proceso de xentrificación, non sei se é o caso de navia, pero sí co do Barrio do Cura. Hai unha actitude de deixar a cidade cunha actitude globalizada, sen solidariedade nos barrios”.
Especulación urbanística
Un fondo voitre aniña no centro de Vigo respaldado polo Concello
O fondo norteamericano Autonomy Capital, do que é fundador o ex directivo de Lehman Brothers, Robert Gibbins, comprou a débeda do proxecto do Barrio do Cura en 2018. Agora, a veciñanza pide non ser abandoada ante a especulación urbanística e quere garantir o seu dereito á vivenda fronte unha posible expropiación do goberno local.
Relacionadas
Opinión
Opinión Violencia estructural y capitalismo financiero: la marginalidad oculta en las Tres Mil Viviendas
Pueblo gitano
Opinión La gran fiesta de Paco León: caricatura al Pueblo Gitano
Sphera
Sphera Disputando las narrativas sobre el pueblo gitano: resistencias al antigitanismo en Hungría
1. Abel Caballero ganó por primera vez la alcaldía, hace no sé cuántos años, prometiendo la construcción de 40.000 viviendas sociales en Vigo. Delirante. El alcalde, digo.
2. El constructor Telmo Martín pasó por el Congreso de los Diputados por la misma época para posar una vez y otra como diputado millonario, el que más (no se sabe que aportara otra cosa a la Cámara). A la vez, Construcuatro, su empresa, vendía al mejor postor (dinero negro en sobres) las viviendas sociales que construía en Navia. Los pillaron, pero ¿sabéis como acabó?
Me parecen cosas complementarias.