Especulación urbanística
Un fondo voitre aniña no centro de Vigo respaldado polo Concello

O fondo norteamericano Autonomy Capital, do que é fundador o ex directivo de Lehman Brothers, Robert Gibbins, comprou a débeda do proxecto do Barrio do Cura en 2018. Agora, a veciñanza pide non ser abandoada ante a especulación urbanística e quere garantir o seu dereito á vivenda fronte unha posible expropiación do goberno local.

O Barrio do Cura tras o derribo
O Barrio do Cura tras o derribo Miguel Núñez

Era o ano 2004. O ex-xogador do Celta de Vigo; Valery Karpin, o tamén futbolista Míchel Salgado (ou máis ben o expresidente do Real Madrid Lorenzo Sanz e a súa sociedade mercantil SanSanz) e coa axuda do político José Crespo (PPdeG) mercaron a maior parte das parcelas do Barrio do Cura, pegado ao Casco Vello da cidade. Presentaron un proxecto en sociedade cun orzamento de 130 millóns de euros xunto ao arquitecto Alfonso Penela. A obra buscaba unha remodelación total para o barrio, transformando as 350 vivendas en apartamentos de luxo, peonalizacións, unha praza pública, zonas verdes e incluso unha grande área comercial de 12.000 m2.

Por diferencias co Concello de Vigo sobre a porcentaxe adicada á vivenda protexida, a obra ficou paralizada. No 2007, a burbulla inmobiliaria estoupou orixinando a crise financieira internacional no sistema capitalista en 2008. Valery Karpin S.L & Asociados víronse fortemente golpeados polos desequilibrios desta crise. Pediran un préstamo de 15 millóns de euros para afrontar a hipoteca da zona ao banco Santander e ao BBVA. A súa débeda elevouse aos 35 millóns polos intereses bancarios.

Tras varios intentos de subastas xudiciais de bens a Karpin por mor de impagos acumulados, no 2018 o fondo de investimento de risco norteamericano Autonomy Capital Spain S.L, da que é dona Autonomy Global Opportunities (con sede en Luxemburgo), comprou a débeda do proxecto do Barrio do Cura para facerse co 80% da propiedade da zona. Barrio do Cura desarrollo S.L é a empresa que opera esta área viguesa. Tras ela, está como administrador o tamén fundador de Autonomy Capital (en 2003) e ex directivo de Lehman Brother Holdings, Robert Gibbins, quen posúe activos inmobiliarios por valor de 5.000 millóns de euros. Ademais, tamén figura como administrador solidario de ambas empresas o directivo vigués David Ventoso Rañón.

Unha zona do Barrio do Cura antes da demolición
Unha zona do Barrio do Cura antes da demolición Miguel Núñez

A través da especulación e da promotora madrileña Gestilar —creada en medio da crise en 2009 por Javier García Varcárcel e asociada ao banco Morgan Stanley e cun activo de 3.000 millóns de euros en 2018— intentan retomar o proxecto para os 23.564 m2 do barrio, de 55.780 m2 edificables para unhas 405 vivendas e 300 de obra nova en tres edificios.

A partir desta compra, aparece un persoeiro clave no desenvolvemento especulativo do Barrio do Cura: o inversor Alfonso Ventoso Castro. O ex xerente de promocións da constructora Mario Puentes S.L, foi comprando os apartamentos e as diferentes parcelas colindantes aos veciños da zona. O prezo inicial do metro cadrado estipulárano en 1.250 euros. 

A especulación a mans de Alfonso Ventoso, quen operaba en nome do fondo Autonomy Capital, causou rivalidades e tensións entre a veciñanza

Segundo fontes consultadas, aos veciños anciás da zona aseguróuselles que se non vendían nese momento ían ser expropiados, polo que “malvenderon pisos con vistas únicas na cidade, onde podes ver tanto as Illas Cíes como a Ponte de Rande”, relata Jose Antonio Carrasco, propietario do Bar Casa Roucos, situado na zona. Pola contra, outros veciños aguantaron máis. “A un do terceiro do meu edificio déronlle 140.000 euros por 80m2. A outro, por 47m2, 130.000 euros hai poucos meses por un baixo, foi pura especulación”, censura. Isto, causou rivalidades e divisións entre a veciñanza, facendo que as defensas —polo xeral— fosen máis individuais que colectivas.

Jose Antonio Carrasco
Jose Antonio Carrasco, nun momento da entrevista no histórico Bar Casa Roucos. Miguel Núñez

Para presionar aos propietarios os novos compradores non selaron as portas, polo que entraron ocupas ás vivendas. Estes eran xente con problemas de drogodependencia e, nalgúns casos, con procesos xudiciais de por medio. Houbo quen quedou só no edificio cos ocupas. “Pasei medo na miña casa cun fillo”, lamenta un veciño. “Ventoso dicía que non lle deixaban tapar as portas, pero unha vez vendidos todos os apartamentos, enladrillou as portas con esta xente dentro. Ata tivo que vir a policía e bombeiros para sacalos”, relata.

Okupa asilo Vigo
Unha persoa sen recursos no asilo que había no barrio do cura. Miguel Núñez

Quen non quería vender o piso podía permutar a súa vivenda, mais perdendo o 20% da superficie do orixinal. “Chegáronnos a ofrecer pisos en barrios a quilómetros deste, non ten sentido que te boten da túa casa por intereses económicos privados e quedes peor do que estabas”, critica Hugo Pérez, outro veciño afectado da zona, que aínda mantén a súa vivenda.

desaloxo okupas 2
Desaloxo das persoas que ocupaban os edificios da rúa Llorente (Barrio do Cura) e aos que lles deron 20 minutos. Miguel Núñez

Unha vez construídos os case 450 apartamentos de luxo —de 100m2 de media—, Gestilar véndeos, como mínimo, por 400.000 euros, “máis de 4 veces o prezo de compra”, afirma Jose Antonio. Ademais, outro dos puntos de obtención de grandes beneficios é a construcción de case 1.400 prazas de garaxe subterráneas en varias plantas: dúas para os edificios da zona, outra de uso público e outra para a nova área comercial. Estas prazas non estaban no proxecto inicial de Karpin e “á veciñanza non nos ofreceron ningunha”, reproba Hugo Pérez.

Ademais, segundo as fontes consultadas, o proxecto adicará menos dun 10% da obra á vivenda protexida, cando o prometido inicialmente era o 30%. Segundo a Marea de Vigo, “só 36 residencias das máis de 400 se adicarán a este tipo de vivenda”.

OS INTERESES DO CONCELLO de vigo

A obra conectará cunha vía soterrada a rúa Torrecedeira co Paseo de Alfonso XII, unha pretensión histórica para as distintas corporacións municipais da cidade. Mais, tendo en conta os proxectos urbanísticos “faraónicos” de Abel Caballero, o alcalde da cidade (PSOE), esa nova rúa conectaría co inicio do túnel de 400 metros —cunha inversión pública de 18 millóns de euros— que está a construír por debaixo do centro da cidade. Ademais dos 130 millóns de euros estimados do investimento privado da obra, 19 irían para a urbanización das rúas.

Con todo, no 2008 houbera unha anulación na modificación do PXOM que permitía demoler edificios históricos declarados Ben de Interese Cultural (BIC) da cidade. Seguindo a lei vixente, unha vez anulado ese plan, eses edificios recuperaron o seu vigor e a súa catalogación previa establecida no PXOM de 1993. “O Concello de Vigo quere facer unha formulación contraria cunha lei sen antecedentes e desprotexendo estes edificios históricos”, sinala Marta Mondéjar, avogada que levou as alegacións en defensa dos veciños dun edificio contra o proxecto.

O goberno vigués busca axilizar a construcción da obra modificando o PXOM de 1993 e cambiando o PERI actual, descatalogando os edificios do Barrio do Cura como pertencentes ao Casco Vello e polo tanto, de BIC. 

“Presentamos un recurso a urbanismo que segue sen resposta oficial, aínda que pensamos que está estimado, pero sen cambios no que van facer”, explica Hugo Pérez, que tras a demolición do 85% do barrio, é veciño dos 4 edificios da zona que seguen en pé, representando o 17,58% das vivendas habitadas na actualidade. Neste caso, a veciñanza si que se uniu contra o fondo norteamericano e a promotora. “Os motivos polos que se quere modificar o PERI non se sosteñen, alegan solo non consolidado cando os edificios teñen mínimo 80 anos”. A propia Xunta de Galicia indicou no pasado mes de maio que a modificación puntual do PXOM está fóra do marco legal.

“É moi probable que o Concello de Vigo poida expropiar as nosas vivendas argumentando o uso para o ben común”, explica Hugo Pérez, veciño da zona

O goberno vigués quere facer unha rotonda e prolongar as rúas na baixada de San Francisco. “A pesares das nosas alegacións, é moi probable que o Concello de Vigo poida expropiar as nosas vivendas argumentando o uso para ‘ben común’, como xa fixo noutras ocasións”, explica o mesmo veciño. Ante esta situación, quédalles “ir ao xulgado e que se dictamine unha saída”, pero Hugo subliña que “existe o risco de que nos paguen aínda menos do que ofrecía a promotora nun principio”. 

“A nosa demanda é non rematar peor do que estamos por culpa dun fondo voitre estranxeiro”, destaca Jose Antonio Carrasco, a quen lle queren demoler o seu bar Casa Roucos, punto de encontro da esquerda galeguista na cidade a finais do franquismo e durante a transición. Deste xeito, “fronte ao esquecemento do Concello polos seus veciños, só podemos seguir loitando”, sinala Hugo.

IGNORAN O PATRIMONIO HISTÓRICO

A zona do Barrio do Cura está case integrada no Casco Vello da cidade. Tendo en conta que no pasado foi unha zona castrexa “seguro que ten restos arqueolóxicos de interese” afirma María, unha das representantes da asociación Vigo Histórico. De entrada, “xa había minas de auga e túneis antigos”.

A alegación que se presentou por medio da avogada Marta Mondejar —ás que se suman un total de 56 por toda a veciñanza— tamén contempla que do “pouquísimo” que se protexe nas obras polo Concello é unha calexa en Santa Marta, considerado antigo extramuros da cidade. En cambio, “na construcción proxéctase unha ampliación vial enorme para que pasen vehículos, destruíndo ese mesmo patrimonio”, defende Mondejar.

Sendo unha zona BIC, sempre que a veciñanza quixo “mover unha tella”, tivo “mil trabas” para facelo, polo que desde Vigo Histórico se cuestionan “por que, se vén unha empresa de fóra pode derrubar os edificios, e aínda con máis facilidades e sen respectar as normativas vixentes”. 

A zona debería respectar unha transición arquitéctonica, tendo en conta que se pasa dunha zona máis nova (Torrecedeira) ao Casco Vello. Mais, “para aproveitar ao máximo a posibilidade de construcción de plantas fan os edificios con tellado chá, nunha zona que hai casas con teitos a dúas augas. Non é un ensanche da cidade, senón a zona histórica”, defende María.

Nun barrio céntrico onde hai anos houbo hortas ecolóxicas, a súa decadencia e deterioro nos últimos 20 anos é evidente. “Non podemos ir en contra do progreso”, recoñece María, “pero as cousas pódense facer pensando na sostibilidade ecolóxica e con participación e implicación cidadá. Non todo vale”.

A área comercial que se quere construír de  14.000 m2  (2.000m2 máis que o proxecto de Karpin) está feita “para socializar a través do consumo”. Segundo o propio documento da obra “o terciario comercial servirá á zona para fomentar a vida social durante o día”. Moitos veciños considérana innecesaria, xa que o Centro Comercial A Laxe se sitúa a menos dun quilómetro do Barrio do Cura. “Veremos se desta volven a enfocalo aos turistas e aos pasaxeiros dos cruceiros”, critica María quen tamén subliña que “os veciños do Casco Vello non temos supermercados na zona”.

Pedro Román
Pedro Román, un veciño da zona diante das obras do Barrio do Cura. Miguel Núñez
“As administracións destruíron coa súa xestión urbanística un patrimonio histórico de Vigo que nin se deu a coñecer”, critica María de Vigo Histórico

Un veciño da zona, Pedro Román, apela á responsabilidade dos arquitectos que “calan e fan este estropicio urbanístico para non ver perxudicado o seu nome coas administracións públicas. En Vigo outra vez vemos coma se aceita case todo o que se propón sen pensar nas consecuencias nin dialogando coa cidadanía”.

“Estamos ante outro pelotazo urbanístico das mans das administracións viguesas”, defende a asociada a Vigo Histórico, subliñando que “destruíron coa súa xestión urbanística un patrimonio histórico de Vigo que nin sequera se deu a coñecer”. Pedro Román pregúntase que se en teoría é para aumentar benestar social, “se marchan os veciños de toda a vida obrigados, que mellora hai?” De todos modos, haberá que ficar atentas, xa que na actualidade, as obras están paradas e no mes de marzo Autonomy Capital obtivo un descenso no valor total das súas inversións do 20%.

Barrio cura
O Barrio do Cura antes do derribo un día de néboa. Miguel Núñez
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Desahucios
Desahucio en Carabanchel El movimiento de vivienda de Madrid vuelve a parar el desahucio de Ana María, en Carabanchel
Como hace 15 días, la vecindad organizada ha vuelto a parar el desalojo de la mujer que vive en un piso de la Agencia de Vivienda Social de la Comunidad de Madrid.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Organizaciones que impulsaron la marcha del 13-O denuncian la falta de respuesta ante la crisis de vivienda
Más de 40 organizaciones critican que Ayuso “se dedique a echar balones fuera” y que las propuestas del Gobierno central sean “insuficientes e inadecuadas” para hacer frente a la subida del precio de la vivienda y del alquiler.
Valencia
Valencia Directo | Se eleva a 158 el número de personas fallecidas por la DANA
Minuto a minuto del segundo día tras la DANA que impactó en València el 29 de octubre. Un total de 155 personas han perdido la vida en la provincia de València y otras tres en Castilla La Mancha y en Andalucía.
Valencia
DANA De 28 unidades de bomberos forestales la Generalitat solo ha movilizado dos para paliar los efectos de la DANA
Desde CC OO denuncian la infrautilización de los equipos de emergencias, derivada de la descoordinación. Recuerdan que una de las primeras medidas de Mazón fue eliminar la unidad de emergencias que nació para coordinar estos servicios.
Opinión
DANA Crónica desde la distancia de un pueblo destrozado, el mío: Benetússer
Desde la distancia y desde la impotencia de ver y escuchar a tus seres queridos narrar cómo lo han perdido todo con la DANA en un pueblo de València.
Opinión
Opinión Qué hacer ante una catástrofe (todo lo contrario de lo que ha hecho Carlos Mazón)
La comunidad científica y la propia historia de València señalan que los fenómenos naturales extremos amenazaban con repetir tragedias como las que tuvieron lugar en el siglo XX. Es hora de señalar a los responsables políticos de la inacción.
Valencia
Apoyo mutuo ¿Qué hacer si quieres ayudar a las víctimas de la DANA desde València?
El tejido social valenciano crea varias iniciativas vecinales para hacer más eficiente y canalizar la solidaridad colectiva.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el abismo Hazte socia de El Salto y te regalamos la primera novela de Sarah Babiker
La responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto ha escrito una novela donde gente corriente imagina escaramuzas frente a un presente en ruinas y reivindica otros futuros. Suscríbete y te la enviamos de regalo y dedicada por la autora.
Valencia
DANA Mazón: de presumir de acabar con el “chiringuito” de la Unidad de Emergencias a tener que dar explicaciones
El Gobierno valenciano de Vox y PP eliminó la UVE nada más entrar en el poder. Tanto por los desastres de la DANA como por el terrible incendio de un edificio en febrero la ciudadanía pide explicaciones.
Biodiversidad
Cumbre de Biodiversidad Enroque de las partes en la COP16 con apenas un día para su clausura
La XVI Conferencia de las Partes en el Convenio de las Naciones Unidas sobre la Diversidad Biológica encara su segunda semana con muchas dudas sobre la posibilidad de adoptar acuerdos efectivos para frenar la pérdida de especies y ecosistemas.
El Salto Radio
El Salto Radio Paraules de dona i exili
Repassem l’experiència de les principals autores de preguererra balears, catalanes i valencianes més enllà de la frontera.
Más noticias
Catalunya
Derecho a la vivienda Sindicat de Llogateres: “La regulación baja los precios, pero tiene una puerta para quien quiera saltársela”
Un nuevo estudio del Sindicato de Inquilinas de Catalunya constata la eficacia de los topes al alquiler, pero advierte del descontrol de los contratos de temporada y por habitaciones.

Recomendadas

Fronteras
Fronteras Cientos de personas refugiadas, incluidas menores, duermen al raso en la isla griega de Rodas
Organizaciones humanitarias denuncian que unas 350 personas refugiadas, algunas de ellas procedentes de Líbano, están durmiendo a la intemperie sin comida, sin agua, sin baños y sufriendo la violencia de las fuerzas de seguridad en Rodas.
Análisis
Análisis Mozambique: la democracia que Occidente prefiere olvidar
Cuando los intereses están mejor asegurados con un gobierno corrupto, las críticas al fraude electoral se limitan a una retórica superficial que no va más allá de gestos simbólicos.
Feminismos
Política De Nevenka al caso Errejón: cuando el feminismo exige de derecha a izquierda
Denunciar en comisaría, anónimamente, individual o colectivamente genera la misma reacción: odio contra las mujeres, independientemente del signo político donde ocurre la violencia.