We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Encuesta monarquía
Outros datos da enquisa: Un 71,9% da poboación ve necesario reformar a Constitución de 1978
A sondaxe sobre a monarquía tiña outras 30 preguntas sobre a valoración que fai a cidadanía sobre diversas institucións ou a saúde democrática do réxime. Un 42% da poboación xeral está moi pouco ou nada satisfeita coa democracia do Estado. Ademais, confíase máis na Igrexa que nos partidos políticos.
O Salto, xunto aos 15 medios da Plataforma de Medios Independentes, publicou o pasado luns 12 unha enquisa co obxectivo de analizar a valoración da Casa Real ou a posibilidade dun referendo. O resultado máis destacado foi o de que un 40,9% da poboación votaría pola república e un 34,9% pola monarquía, no caso dun suposto referendo. Mais, a sondaxe incluía outras cuestións de importancia en canto ao funcionamento do englomerado estatal.
Encuesta monarquía
Un 40,9% de la población votaría por la República y un 34,9% a favor de la monarquía en caso de referéndum
Las personas indecisas serían clave en una hipotética consulta. La población cree que, si se preguntase, la monarquía sería la opción más votada. El Salto y 15 medios de la Plataforma de Medios Independientes publican la mayor encuesta sobre la monarquía realizada en el mandato de Felipe VI.
DEMANDA DE RENOVACIÓN
As reivindicacións políticas que se veñen demandando desde hai anos semellan non teren caducado. Un 71,9% da poboación do Estado español está a favor de modificar ou reformar a Constitución. Aínda que na enquisa se recolleron os datos en función da simpatía polos distintos partidos políticos, limintándose aos 5 cunha maior representación no Congreso —e deixando fóra outras opcións e ideoloxías—, a maior parte dos votantes de cada partido está a favor de reformala.
Sorprende que para os votantes do partido de ultradereita Vox e os do PP, a reforma constitucional é necesaria para un 58,5% e un 58,1%, respectivamente. No caso de Unidas Podemos, onde se agruparía o sector “máis de esquerdas” da sociedade, a modificación da Constitución precísase para un abrumador 95,2%. En canto ao PSOE e en Ciudadanos, esixen o cambio nun 87,4% e nun 72%, respectivamente.
SUSPENSO XERAL NAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS
Os elementos hexemónicos que integran a superestructura ideolóxica do Estado (Parlamento, Igrexa, Prensa, Partidos Políticos) están nun declive xeral. A única institución que a poboación xeral valora dun xeito positivo é o Exército, cunha nota de 6,2 (onde 0 é moi pouca confianza e 10 moita).
Organizacións sociais como sindicatos e partidos políticos apenas teñen importancia para os cidadáns preguntados. A enquisa mostra unha clara perda de confianza na política e nos movementos sociais. Pese a perder o suposto referendo, a monarquía ten mellor valoración (cun 4,3) que os Partidos Políticos institucionais (3) e os Sindicatos (3,7). Nunha sociedade supostamente laica, a Igrexa Católica supera os partidos, obtendo un 3,3.
En Marea
Outra vez o desencanto?
Os resultados do 10N de Galiza parecen confirmar a tendencia á desafección do electorado galego coas forzas do antigo espazo das mareas. Diversas voces analizan para O Salto as posíbeis causas do desencanto coa política transformadora
En canto aos medios de comunicación, vense pouco cribles. A mocidade é quen menos confía na prensa. Aínda que non están aprobados en ningunha franxa de idade, entre 16 e 24 anos puntúase con menos dun 4 á prensa.
A DEMOCRACIA ESPAÑOLA NON FUNCIONA
A satisfacción xeral co réxime de 1978 é baixa. Os cidadáns menos satisfeitos son os votantes dos partidos de dereita e ultradereita. Os de Vox, son os que peor valoran a democracia parlamentaria actual, cun 3,3, seguidos polos do PP cun 4,5. Os votantes de Ciudadanos tamén a suspenden, cun 4,9.
Estes datos pódense explicar dado o contexto actual do Goberno de coalición. Os votantes do PSOE son os que mellor valoran a democracia, dan unha valoración dun 6,2. Pola súa banda, os de Unidas Podemos son máis críticos, cun 5,0.
Informe monarquía PMI 2020 by El Salto periódico on Scribd